O Traballo En Equipo

  • June 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View O Traballo En Equipo as PDF for free.

More details

  • Words: 573
  • Pages: 2
O TRABALLO EN EQUIPO A vida empresarial baséase moito no traballo en equipo. O traballo en grupo é fundamental pois ofrece a posibilidade de que se compartan ideas, se consensen, se debatan. A algunhas persoas non lles gusta traballar en equipo pois consideran que non todos realizan o mesmo esforzo. O grupo debe estar equilibrado, non pode haber moitos no grupo, nin tampouco poucos. Todos deben contribuír a el pois o que algúns non ven claro os outros si o ven. Por tal motivo imos realizar este cuestionario para que coñezades o voso grao de participación en equipo: AVERIGUA AS TÚAS DEBILIDADES. PREFIERES FACER AS COUSAS COA TÚA XENTE OU ARRÉGASTE TI SÓ PARA RESOLVER OS TRABALLOS, PROXECTOS...? 1. Eu no equipo son un dos que: a. Nin se me ve b. Participo no que podo c. Son superlíder 2. Cando hai que facer un traballo no equipo, o que fago é: a. Sempre me toca a min b. Aporto o meu gran de area c. Diso encárganse os demais 3. Cando debemos tomar unha decisión en grupo: a. Xa decidirán outros por min b. Encántame iso de decidir c. Farase o que eu diga 4. Aportar opinións e informacións ao equipo para que funcione é moi importante, por iso eu: a. Opino pouco b. O que eu penso é válido c. Eu son a información 5. Quen de todos estes eres? a. Case sempre estou pasivo e calado b. Sempre teño algunha boa idea c. Quero que se faga o que eu diga 6. Cando hai un problema no equipo eu: a. Entérome moi poucas veces b. Escoito aos demais e aporto algunha solución c. Sempre levo a contraria

a)Se optaches por esta clase de respostas, dáte conta de que pasas desapercibido no grupo e que tes que participar máis. b)Se as túas eleccións están nesta liña, vas por bo camiño, era un bo compoñente de equipo, pero non te confíes e segue demostrando as túas boas maneiras. c)Ti debes ser o equipo, sen ti nada funciona. Reflexiona e descobre que nun bo grupo de amigos de equipo de traballo todos participan e entre todos se decide. Mellora as túas habilidades.

CASOS A RESOLVER: 1) Ana é moi paradiña, a súa participación en equipo é moi escasa e moitos dos traballos da clase fainos sola. Que poderiamos facer para que forme parte do noso grupo?

2) María, Miguel e Luis teñen que facer un traballo para Historia. Miguel e María traballaron e prepararon o traballo, Luis non fixo nada. O profesor ponlles a mesma nota a todos. Que poderiamos facer para evitar isto? -Non facer caso da situación -Explicarlle a Luis que debe colaborar igual que calquera membro -Pedirlle ao profesor que o cambie de grupo -Se non traballa, peor para el, non aprenderá nada. -Falar co profesor e explicarlle cal foi a actitude de Luís.

3) Bruno é un dos mebros do equipo de fútbol. O seu problema é que non ten problemas. Di si a todo, incluso cando alguén se mete con el non reacciona. Sempre acata o que os demais din e parece non ter ideas propias. Cal é a nosa proposta?

4) No noso equipo de traballo todo funciona moi ben, bueno case todo. Jorge e Adrián sempre queren saírse coa súa e levar adiante as súas propostas. Son moi simpáticos pero son tan tozudos que parece que o equipo so sexan eles. Cal é a nosa proposta?

Related Documents

O Traballo En Equipo
June 2020 5
Traballo Word
June 2020 5
Traballo Fani
June 2020 12
Especies Traballo
June 2020 12