Fol-riscos

  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Fol-riscos as PDF for free.

More details

  • Words: 1,275
  • Pages: 4
ACTIVIDADE “FOL” – 3ª AVALIACIÓN “Seguridade e Hixiene”

1.- Busca a norma mais importante en materia de riscos laborais en España, indica a data do B.O.E. no que se publicou e a páxina web onde a atopaches.

A Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais. Lei ordinaria, Lei de Prevención de Riscos Laborais. BOE nº 269 10-10-1995. Páxinas web consultadas: • •

http://www.insht.es/InshtWeb/Contenidos/Normativa/TextosLegales/LeyPrevenc ion/PDFs/leydeprevencionderiesgoslaborales.pdf http://www.boe.es/boe/dias/1995/11/10/index.php

2.- Como se define “risco laboral”. O artigo 4.2 da Lei 31/1995 de 8 de novembro de Prevención de Riscos Laborais define “risco laboral” como “a posibilidade de que un traballador sufra un determinado dano derivado do traballo. Para calificar un risco dende o punto de vista da súa gravidade, valoraranse conxuntamente a probabilidade de que se produza o dano e a severidade do mesmo”. 3.- Onde aparecen regulados os dereitos e obrigas de empresarios e traballadores fronte aos riscos laborais. Os dereitos e obrigas de empresarios e traballadores fronte aos riscos laborais aparecen regulados no CAPÍTULO III Dereitos e obligacións (do artigo 14 ao artigo 29, incluidos)

4.- Sinala cales das seguintes afirmacións corresponden a obrigas do empresario e cales a dereitos e obrigas dos traballadores, e xustifica por que: •

Avisar que unha instalación está en mal en estado.



Obriga do traballador. O artigo 29.2.4 di que os traballadores deben “informar de inmediato ao seu superior xerárquico directo, e aos traballadores designados para realizar actividades de protección e de prevención e, no seu caso, ao servicio de prevención, acerca de calquera situación que, ao seu xuízo, entrañe, por motivos razoables, un risco para a seguridade e a saúde dos traballadores”.



Poñer o casco na obra.



Obriga do traballador, regulada polo artigo 29.2.2, que di que os traballadores deben utilizar de forma adecuada os medios de protección que lles facilite o empresario.



Organizar un curso de primeros auxilios.



Obriga do empresario, regulada polo artigo 20, segundo o cal, tendo en conta o tamaño e a actividade da empresa, o empresario deberá tomar as medidas necesarias en materia de primeiros auxilios, contratando persoal cualificado para levar a cabo esta tarefa e proporcionando o material necesario para o cumprimento da mesma.



Elaborar un plan de evacuación e comunicalo.



Obriga do empresario, regulada tamén polo artigo 20, que indica que o empresario, tendo en conta o tamaño e a actividade da empresa, deberá tomar medidas en materia de evacuación dos traballadores, contratando persoal cualificado para levar a cabo esta tarefa e proporcionando o material necesario para o cumprimento da mesma.



Informar de cómo se usa unha nova máquina.



Obriga do empresario, regulada polo artigo 17.1, segundo o que o empresario debe adoptar as medidas necesarias para que os equipos de traballo sexan adecuados e estean adaptados de tal forma que garanten a seguridade e a saúde dos traballadores que os utilicen.



Avaliar o risco existente nun novo posto de traballo nun almacén de madeiras.



Segundo o artigo 15.1.b, é unha obriga do empresario “avaliar os riscos que non se poidan evitar”.



Facilitar unha revisión médica aos traballadores dunha industria química.



Obriga do empresario que, segundo o artigo 22.1, deberá “garantir aos traballadores a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ao traballo”, sempre e cando o traballador preste o seu consentimento.



Eximir a unha traballadora embarazada de levantar cargas pesadas.



É unha obriga do empresario adoptar as medidas necesarias para evitar a exposición da traballadora ante un posible risco para a súa seguridade ou para a súa saúde, segundo o artigo 26.1.

5.- Concepto de saúde según a Organización Mundial da Saúde (OMS). A OMS define a saúde como “un estado de completo benestar físico, mental e social, e non só a ausencia de lesións ou enfermidades”. 6.- ¿Cales son os danos derivados do traballo?. Segundo o artigo 4.3 do CAPÍTULO I, son danos derivados do traballo “as enfermidades, patoloxías ou lesións sufridas con motivo ou ocasión do traballo”.

7.- Define accidente laboral e enfermidade profesional. Accidente laboral: lesión violenta que sofre o traballador no seu lugar de traballo como consecuencia do desenvolvemento da actividade. Os accidentes laborais está ligados ás condicións de seguridade do traballo. Enfermidade profesional: enfermidade contraída a consecuencia do traballo, producida pola acción dos elementos e substancias indicadas no Cadro de Enfermidades Profesionais (CEP – Real Decreto 1995/1978 do 12 de maio).

8.- Cales son as condicións de traballo ou factores de risco que poden xerar riscos para a saúde. 1. Factores de risco derivados das condicións de seguridade. Poden ser estructurais ou derivados do manexo de equipos. Os factores de risco estructurais teñen lugar nos espazos de traballo, onde o traballador leva a cabo as súas tarefas, mentres que os factores de risco derivados do manexo de equipos prodúcense como consecuencia do manexo directo do material de traballo. 2. Factores de risco derivados das condicións ambientais. Poden ser axentes físicos (unha iluminación inadecuada, o aumento ou descenso da temperatura, os ruídos, as vibracións ou as radiacións), axentes químicos (gases, aerosois, vapores, monóxido de carbono, barbitúricos, ácedos, fibras sintéticas...) ou axentes biolóxicos (bacterias, fungos e virus). 3. Factores de risco derivados da carga e da organización do traballo. A carga de traballo pode ser física (posturas incómodas, esforzo físico, manipulación, transporte...) ou mental (traballos que esixen moita atención e concentración) e pode ser un factor de risco. Os factores derivados da organización están relacionados coa duración da xornada laboral, as quendas, o tipo de tarefa, o ritmo de traballo ou o estilo de dirección, aínda que tamén debemos ter en conta as características do traballador (idade, aptitudes, actitude...).

9.- Clasifica os seguintes casos segundo o grupo de factores de risco ao que pertenzan: • •

esforzo de levantar unha caixa do chan. Factor de risco derivado da carga física.

• •

Un pintor enriba dunha escada. Factor de risco derivado das condicións de seguridade: estructural.

• •

Manexo dunha serra circular para cortar. Factor de risco derivado das condicións de seguridade: manexo de equipos.

• •

Traballo dun vixiante nocturno. Factor de risco derivado da organización do traballo.

• •

Manexo dunha carretilla elevadora por parte dun menor de idade sen experiencia. Factor de risco derivado das condicións de seguridade: manexo de equipos.

• •

Uso de ácido corrosivo nun laboratorio. Factor de risco derivado das condicións ambientais: axentes químicos.

10.- Enumera e describe a secuencia de accións para levar a cabo unha avaliación das condicións de traballo nunha empresa. 1. Avaliación inicial dos riscos para a seguridade e a saúde dos traballadores, tendo en conta a natureza da actividade, as características dos postos de traballo e dos traballadores que desempeñen a actividade. Avaliación da elección dos equipos de traballo, das substancias químicas e do acondicionamento dos lugares de traballo. En caso de que se produzan cambios nas condicións de traballo, actualizarase esta avaliación ou, en todo caso, revisarase. Se é necesario, levaranse a cabo controles periódicos das condicións de traballo e da actividade dos traballadores. 2. Se os resultados desta avaliación amosasen factores de risco, o empresario realizará as acción preventivas necesarias para eliminar ou reducir e controlar tales riscos. Estas actividades preventivas serán planificadas polo empresario, que terá que respectar o prazo para levalas a cabo, a designación de responsables, os recursos humanos e os materiais necesarios para executalas. Se os controles periódicos amosasen a inadecuación das accións preventivas, estas deberán ser modificadas. 3. Se as medidas de prevención adoptadas resultan insuficientes, producíndose danos para a saúde dos traballadores, o empresario deberá levar a cabo unha investigación para detectar as causas destes feitos. (Artigo 16 da Lei 31/1995 do 8 de novembro).