ACTIVIDADE “FOL” – 3ª AVALIACIÓN “Seguridade e Hixiene”
1.- Busca a norma mais importante en materia de riscos laborais en España, indica a data do B.O.E. no que se publicou e a páxina web onde a atopaches.
2.- Como se define “risco laboral”.
3.- Onde aparecen regulados os dereitos e obrigas de empresarios e traballadores fronte aos riscos laborais.
4.- Sinala cales das seguintes afirmacións corresponden a obrigas do empresario e cales a dereitos e obrigas dos traballadores, e xustifica por que: •
Avisar que unha instalación está en mal en estado.
•
Poñer o casco na obra.
•
Organizar un curso de primeros auxilios.
•
Elaborar un plan de evacuación e comunicalo.
•
Informar de cómo se usa unha nova máquina.
•
Avaliar o risco existente nun novo posto de traballo nun almacén de madeiras.
•
Facilitar unha revisión médica aos traballadores dunha industria química.
•
Eximir a unha traballadora embarazada de levantar cargas pesadas.
5.- Concepto de saúde según a Organización Mundial da Saúde (OMS).
6.- ¿Cales son os danos derivados do traballo?.
7.- Define accidente laboral e enfermidade profesional.
8.- Cales son as condicións de traballo ou factores de risco que poden xerar riscos para a saúde. 9.- Clasifica os seguintes casos segundo o grupo de factores de risco ao que pertenzan: •
esforzo de levantar unha caixa do chan.
•
Un pintor enriba dunha escada.
•
Manexo dunha serra circular para cortar.
•
Traballo dun vixiante nocturno.
•
Manexo dunha carretilla elevadora por parte dun menor de idade sen experiencia.
•
Uso de ácido corrosivo nun laboratorio.
10.- Enumera e describe a secuencia de accións para levar a cabo unha avaliación das condicións de traballo nunha empresa.