Exit #9 - 06/02/09

  • Uploaded by: Xornal de Galicia
  • 0
  • 0
  • December 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Exit #9 - 06/02/09 as PDF for free.

More details

  • Words: 4,878
  • Pages: 8
EXIT

2 exit

P PORTADA

Dende a tumba

xornal de galicia. Suplemento de lecer. 6 de febreiro de 2009

primeira xeración

segunda xeración

escravos útiles

Cereeeebros!

Os zombis naceron como servidores dun xenio do mal, como o Cesare do Gabinete do Doutor Caligari

George Romero sentou canon cos cadáveres de andar torpe. O gusto polo encéfalo veu pouco despois

o discreto encanto da morte vivente os moitos rostros dos vellos zombis

famosos de volta O historietista suízo Frederick Peteers mantén un blog no que especula sobre como serían algúns personaxes coñecidos se saísen das súas tumbas coma mortos viventes Frederick Peteers é ben coñecido polos afeccionados ao cómic por ser o autor de Pílulas azuis, RG, e Lupus. Pero á parte de escribir obras premiadas no Salón de Angoulême, o autor suízo ten un pasatempo en internet: debuxar a famosos convertidos en zombies. En portraitsofthelivingdeads.blogspot.com sube regularmente encarnacións macabras de xente como o Papa Bieto XVI, Paris Hilton, Elvis Presley, Winston Churchill ou Mobutu Sese Seko. A última ao peche desta edición era Carla Bruni.

Un bo día, o veciño cambia e quere comer o teu cerebro. Semella que non se esgotan as formas de contar esta mesma historia A. losada. A CORUÑA [email protected]

Os zombis son como as chaquetas de coiro, nunca pasan moito tempo sen estar de moda. Algo hai neses cadáveres andantes que fascina a directores, debuxantes, escritores e deseñadores de xogos, que non deixan de sacalos da tumba. No pasado ano asistimos á estrea comercial de REC, un filme de Jaume Balagueró e Paco Plaza, que conta unha praga zombi coa linguaxe da televisión e que mesmo tivo un remake nos EUA. Unha idea semellante tivo George A. Romero, un dos pais do morto vivente clásico, que estreou a súa quinta película sobre o tema, Diary of the Dead, moi crítica co papel dos medios de comunicación que observan pero non interveñen. Tamén hai que destacar a produción televisiva inglesa Dead Set, na que os participantes dun imaxinario Gran Hermano, encerrados como están na casa-plató, non saben que os zombis están a asolar o Reino Unido ata que chegan ata eles. E nos mundos virtuais, xogos coma Left 4 Dead, que nos pon na pel dos sobreviventes a un ataque de resucitados, condenados a cooperar entre eles, ou Dead Space, a loita dun soldado futurista nunha nave espacial chea de mortos viventes ben rabudos. A mesma his-

toria, distintos enfoques. O zombi é un monstro con moitas caras. É ameazador, pero non tanto como para non poder vencelo coa intelixencia –nos mais dos casos–. Foi un coñecido en vida, pero agora so lle interesa comer o noso cerebro, é o noso reverso escuro, aquilo no que nos converteremos ao morrer. Tamén é unha praga, que destrúe os cimentos da civilización e volve perigosos os lugares familiares. En fin, toda una mina para o drama. mitoloxía cambiante Aínda que as lendas europeas están inzadas de mortos que regresan do alén, o termo zombi ten a súa orixe no vudú haitiano. Supostamente eran cadáveres aos que os meigos bokor reanimaban para telos como escravos, un concepto que fascinou a escritores pulp como H.P. Lovecraft –que tratou o tema en Herbert West, Reanimador–. Nos anos 30, a folclorista Zora Neale Hurston deduciu que se trataba en realidade de persoas drogadas, e nesas ideas consideradas hoxe sen base científica sustentáronse ducias de películas, mellores e peores, entre as que destaca o filme de 1943 I walked with a zombie, de Jacques Torneur. Porén, o concepto de zombi tal e como o entendemos hoxe –cereeeebros–, quedou establecido por George A. Romero en 1968, no filme A noite dos mortos

os resucitados caníbales logran facer terrible un contorno normal e poñen en entredito as relacións sociais e persoais. E, á parte, son bos para dar sustos

viventes, que se centraba nas tensións entre as vítimas do ataque, deixando a ameaza zombi nun segundo plano. A idea foi tan boa que pouco variou en anos, pero nos 80 rematou por ser parodiada por esaxeración, en cintas como Evil Dead, de Sam Raimi, ou Braindead, de Peter Jackson. Quedou esquecida a idea de Romero dos zombis como autopsia social ata que a rescataron no cambio de século dous autores fora do cine: Max Brooks, na súa novela Guía de supervivencia zombi, e Robert Kirkman, no cómic Los muertos vivientes –que ten tanto éxito que o levou a facer en Marvel unha miniserie con versións zombis dos superheroes–. Ambos teñen moito que ver o actual revival do xénero.

NOS VIDEOXOGOS ZOMBIS NA MESA Quen fantasease algunha vez con que facer en caso de holocausto zombi, pode probar as súas teorías co xogo de rol Zombie. All the flesh must be eaten. En taboleiro, está o Zombies!! que simula a fuxida dunha cidade infectada

Os mortos viventes son convidados habituais en consolas e PC. Entre as novidades, está a quinta entrega do xogo que os puxo de moda, o Resident Evil –que sae este mes– e o último proxecto de Valve, o Left 4 Dead, no que non hai outra que coooperar para vencer

O cine n lagueró Rec. A no

exit 3

xornal de galicia. Suplemento de lecer. 6 de febreiro de 2009

terceira xeración

cuarta xeración

corre, corre

poderes incribles

Con 28 días despois chegaron os zombis veloces, fortes e agresivos. Xa non é tan doado fuxir deles

Cuspen ácido, estouran en lume, derruban paredes a golpes... Naceron para ser antagonistas nos xogos

Amando de ossorio, o xenio galego da serie b dirixíu una tretraloxía sobre uns temibles zombis templarios cegos

LETRA MORTA

NTES VIÑETAS VIVE NAS CARTELEIRAS

non quedará sen zombis nos vindeiros anos. Baó e Plaza andan coa segunda parte da súa exitosa ovela Guerra Mundial Z , de Max Brooks, tamén terá filme, dirixido por Marc Forster

a: The Lectura recomendad ic de cóm o ad, De ng lki Wa ito mo ten , an rkm Ki t Rober do xéneque ver co rexurdir hai que ro zombi. Tampouco nte The ira del o sar pa xar dei rld ou zombies that ate the wo no do Zombiosis, ambienta Pirineo aragonés

O xénero dos cadáveres qeu andan, como tal, non chegou a literatura ata os 90, pero a súa foi unha entrada con forza e ventas. Destaca o nome de Max Brooks, o exitoso autor de Guerra Mundial Z e a Guía de supervivencia zombi.

Non todo o cine de zombis naceu nos EUA nin todas as delirantes historias sobre templarios saen da pluma de Dan Brown. Un coruñés, Armando de Ossorio, escribiu no libro de ouro da serie B coa súa tetraloxía de filmes adicados a uns templarios cegos que saían das súas tumbas para asexar aos vivos. Ossorio, falecido xa en 2001, traballou nos últimos anos do franquismo con orzamentos escasos, actores amateurs e efectos especiais improvisados, e a súa obra constitúe unha auténtica rareza dentro do cine español. A saga comeza con La noche del terror ciego (1972), na que unha moza desaparece nunha vila rural moi galega, con narcotraficante incluído. Varios amigos dela acuden a buscar o seu rastro e descubren a ameaza

duns guerreiros medievais sen ollos. A cinta tivo un sorprendente éxito na época, que levou a facer unha segunda parte con máis orzamento, El ataque de los muertos sin ojos (1973). Non é unha continuación ao uso, e conta como os guerreiros zombis, agora identificados como templarios, atacan a vila mentres está en festas, deixando só uns poucos sobreviventes. Continúa a historia con El buque maldito, onde a acción pasa a un barco fantasma, e La noche de las gaviotas, que afonda na orixe dos mortos sen ollos. Os dous primeiros filmes, considerados os mellores da tetraloxía –ou, cando menos, os máis divertidos–, tiveron unha desigual edición en DVD nos últimos anos. Unha luz no legado de esquecemento que lle quedou a Amando de Ossorio.

4 exit

xornal de galicia. Suplemento de lecer. 6 de febreiro de 2009

m música

Ao vivo

meu no garufa

the blows na fin de semana

sen saír da casa

por salas galegas

A banda coruñesa Meu está este sábado no Pub Garufa para facer gala do seu estilo power pop

The Blows están o venres no Pub d’Anton rock, na Laracha, e o sábado no Planeta, de Sarria

standard, pero pouco normais o novo disco dos bilbaínos we are standard sela a súa aposta polo baile e a electrónica NATALIA ARIAS. A CORUÑA [email protected]

Os biscaíños We Are Standard levan unha carreira meteórica. Déronse a coñecer en 2006 con 3.000V-4.000W (Mushroom Pillow) e cando aínda se facían chamar Standard, e en pouco tempo lograron colarse no cartel do FIB e gañar o Ojo Crítico de RNE. Agora volven saltar aos escenarios con cambio de nome e cun son renovado, máis ácido e tóxico. A formación chega a Galicia para presentar o seu disco homónimo (Mushroom Pillow), que leva nas tendas dende Nadal. Están esta fin de semana en Pontevedra e Vigo e volverán o día 20 de febreiro para debutar na sala Capitol, de Santiago. Será a súa primeira visita aos escenarios galegos co novo nome, nos que amosarán por que están considerados un dos mellores directos do momento, grazas ao protagonismo da percusión, coas súas dúas baterías enfrontadas, e unhas guitarras que

«we are standard» We Are Standard

MUSHROOM PILLOW, 2007

We Are Standard é un traballo de nove cortes e 42 minutos de duración. Editado en Londres baixo a tutela de Andy Gill, cada parte de cada instrumento foi gravada en solitario, convertendo o traballo de estudio nun verdadeiro exercicio de superación. O resultado, un son impecable.

Os biscaíños We Are Standard déranse a coñecer hai tres anos cun nome máis curto: Standard

foron gañando potencia a medida que a banda se consolidaba. O novo de We Are Standard é toda unha aposta internacional. Gravado en Londres baixo as ordes de Andy Gill (Gang Of Four), foi elixido nada máis presentarse como o mellor álbum do 2008 pola audiencia da MTV. Nese momento, a banda presentou tamén un maxi-single en vinilo que incluía “The last time”, o corte que serviu para presentar aos Standard renovados e que deixou entrever

a súa aposta por temas de baile, amais do seu paso a terreos máis electrónicos. O disco componse de nove temas no que os hits se encadean para construír un álbum do que se presaxia un bo envellecemento e co que a banda ten intención de ir a por todas. Para este mes, queda pendente aínda a presentación do segundo single, “The first girl who got a kiss without a please”, que comezará a soar pronto en todo o mundo.

venres 6

sala karma

23.00 horas. 12/15 euros. Pontevedra sábado 7

sala mondo

20.00 horas. 12/15 euros. Vigo

o rapeiro que medrou tote king visita santiago coa intención de amosar que xa deixou de ser unha promesa redacción. a coruña [email protected]

O sevillano Tote King rapeará esta fin de semana en Santiago as letras do seu exitoso disco T.O.T.E., do que se publicou unha edición especial o pasado Nadal e que está a ser un dos máis importantes da escea do hip hop nacional. Con este álbum o andaluz deixou de ser considerado coma unha promesa e gañou un

sólido lugar na escea do rap patrio e comezou a exportar a súa música a países coma Alemaña, Austria e Holanda, onde xa realizou unha xira no año 2005. Este novo disco é tamén un cambio de rumbo na súa carreira, xa que a produción é americana na súa totalidade e o estilo que amosa, moito máis maduro e afianzado. Tote King comezou a súa andaina musical en

venres 6

sala mondo

22.00 horas. 12/15 euros. Vigo sábado 7

sala capitol

21.30 horas. 12/15 euros. Compostela

Sevilla, onde formaba parte da banda Alta Escuela coa que logrou editar un disco en 1998 titulado en En pie de vuelo que non chegou a acadar moita notoriedade.

EXIT 5

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 6 de febreiro de 2009

P PANTALLAS

Cine

EXTRAS Á VENDA

RENOVACIÓN

MÁIS WATCHMEN

LARA CROFT

Zack Snyder sacará o 24 de marzo un DVD cun documental e un filme de animación que complementan a historia de Watchmen

Os estudios queren unha nova entrega da aventureira tridimensional. Megan Fox podería substituír a Jolie

EL CURIOSO CASO DE BENJAMIN BUTTON David Fincher BRAD PITT, CATE BLANCHETT, TILDA SWINTON, JULIA ORMOND

Un avellentado Brad Pitt polos prodixios da maquillaxe

A ESENCIA DO MELODRAMA O DIRECTOR DE ‘SEV7N’ FIRMA UNHA APARATOSA REFLEXIÓN SOBRE O IMPACTO DO PASO DO TEMPO VÍCTOR PAZ MORADEIRA. A CORUÑA ví[email protected]

Cando Fincher presentou en Cannes Zodiac, algúns dixeron que se instalaba nun aburguesamento impropio do realizador de El club de la lucha. Olvidaban os críticos con este director tan técnico, que provén da publicidade, que Alien 3 e The Game son perfectos exemplos de rendición á industria e, así e todo, teñen algo que os diferencia do produto standard saído de Hollywood. Como ocorría co protagonista de Zodiac –o mellor do director até a data–, Fincher ten un carácter reite-

rativo, unha personalidade de eterno retorno que mellora con cada nova etapa e que pulula cal pantasma por toda a súa filmografía. Con ese filme, o director de Denver puña un punto na súa carreira, facendo unha radiografía do xénero policíaco e mudando cara a un estilo de corte máis clásico visualmente, pero dunha posmodernidade radical na súa estrutura interna. O ESQUEMA REITERADO Se naquela un Jake Gyllenhaal obsesivo toleaba sen poder coñecer a identidade do asasino, volvendo unha e outra vez ao mesmo punto, na

súa última fita, rodada a unha velocidade de lóstrego, Button avanza na historia –movéndose polo mundo, experimentando– para volver sempre ao terreo familiar, á casa da nai e aos brazos da súa amada, onde todo cobra un amargo sentido. Pero para un home que medra ao revés –nace co físico dun vello e morre co aspecto dun adulto–, a dor que lle produce saber que acabarán por ter que coidar del cando non sexa máis que unha larva inútil coa experiencia dun home adulto, atorméntao. Entende que a súa relación co mundo, e coa muller que ama especificamente, é imposíbel. É ca-

É CARACTERÍSTICO DO XÉNERO PLASMAR AS EROSIÓNS QUE O TEMPO PRODUCE NOS PERSONAXES. BUTTON É A PERSONIFICACIÓN DESE DRAMA E A SÚA AMADA UN ESPELLO QUE O COMPLEMENTA

Benjamin Button (Brad Pitt) naceu “en circunstancias inusuais”, como di el. Chega a este mundo con aspecto de vello, pero vaise del co físico dun bebé. Medra ao revés. O impacto que isto ocasiona na súa vida persoal, chea de idas e vidas á casa familiar e á súa amada (Cate Blanchett), centran a historia da nova proposta do realizador de Zodiac e El club de la lucha.

racterístico do melodrama plasmar as erosións que o tempo produce nos personaxes. Button é a personificación dese drama e a súa amada un espello que o complementa. Lamentablemente, Fincher cae no estancamento por acumulación e, ao contrario que en Zodiac, autoanúlase. Button queda nun filme curioso, un prodixio técnico que avellenta a Pitt e Blanchett até límites insospeitados e rodada cunha planificación perfecta en cada plano. Porén, non se debe interpretar coma un fracaso, senón como a preparación da obra mestra que, en breve, Fincher está destinado a facer.

OUTRAS ESTREAS EL DESAFÍO: FROST CONTRA NIXON Director

RON HOWARD

Actores

FRANK LANGELLA, MICHAEL SHEEN, REBECCA HALL, TOBY JONES

Adaptación da obra teatral de Peter Morgan sobre a serie de entrevistas que David Frost lle fixera a Richard Nixon.

EN EL SÉPTIMO CIELO

DIETA MEDITERRÁNEA

Director

Director

ANDREAS DRESEN

JOAQUÍN ORISTRELL

URSULA WERNER, HORST REHBERG, HORST WESTPHAL, STEFFI KÜHNERT

OLIVIA MOLINA, PACO LEÓN, ALFONSO BASSAVE, ROBERTO ÁLVAREZ

Unha muller de máis de 60 anos vive felizmente casada co su marido. Séntese atraída por outro home que a fai sentir moza de novo.

Trío amoroso entre fogóns. Semella unha versión castiza de Sin reservas, feita con ingredientes puramente españois e menos presuposto,

Actores

Actores

6 EXIT

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 6 de febreiro de 2009

L

REVELACIÓNS EN FRANCIA

O CÓMIC QUE NON PUIDO SER

PRATT INÉDITO

LER OU NON

Cómic

‘THE PRISONER’ BY KIRBY

Os lectores franceses terán este ano dúas novas aventura do Sargento Kirk e a versión de Pratt de Sandokan

Dato friqui: a mítica serie de ciencia ficción dos 70, The Prisoner, estivo a piques de ter unha versión en cómic de Jack Kirby

CANDO AS CONVICCIÓNS FORXAN ERROS

L

LER CON NENAS

Un soprido

MONTSE PENA PRESAS. CRÍTICA

BD BANDA E DARGAUD PUBLICAN ‘AS SERPES CEGAS’ EN FRANCÉS, GALEGO E CASTELÁN A. LOSADA. A CORUÑA [email protected]

As serpes cegas é unha historia sobre fanatismos, sobre como adoita ser mellor dobrarse que rachar e como unhas conviccións demasiado inflexibles poden crear monstros. Un home vestido de vermello chega a Nova York, en 1939, buscando a Ben Koch, un ninguén que só é importante porque incumpriu un pacto. Koch, pola súa banda, é un cazador cazado, pois á súa vez está a peneirar as rúas na procura do seu amigo Curtis Rusciano, o home que o introduciu no sindicalismo comunista e, coma el, veterano das Brigadas Internacionais da Guerra Civil española. Pouco máis se pode contar do argumento deste álbum, guionizado por Felipe Hernández Cava, pois descubrir o que pasa exactamente é un dos maiores praceres da súa

lectura. Entre flashbacks e monólogos, a trama desvélase peza a peza, movida por uns personaxes de moralidade gris que levan os seus erros até as últimas consecuencias. Neste xogo das adiviñas, o guía para o lector son as viñetas debuxadas por Bartolomé Seguí, con trazo groso e expresivo é unha cor maxistral e chea de vida. Escolleu para esta historia unha narrativa pausada, inzada de primeiros planos, de movementos e trucos eficaces que logran amenizar os constantes diálogos que fan avanzar a trama. TAL COMO ERAN Os escenarios fican en segundo plano, pero non por iso esquecidos. Seguí documenta a Nova York de 1939 e a Barcelona de 1936 con moita atención aos detalles, aos ambientes e aos anuncios que daquela se penduraban nas paredes. Filmes de Clark Gable nunha cidade, e na outra chamamentos a afiliarse aos anarquistas do POUM. Nacida como serie das páxinas da revista galega BD Banda, As serpes cegas, chamou a atención do xigante editorial francés Dargaud, o que fi xo que se presente agora en tomo antes de rematar as súa publicación

Unha das páxinas de ‘As serpes cegas’, obra de Bartolomé Seguí

seriada. Editada en galego, francés e castelán, ten a honra de ser a primeira colaboración franco-galega no mundo da banda deseña. En resumo, un traballo recomendable de dous veteranos do cómic español, forxados en revista como Cairo ou El Víbora. En solitario ou como membro do colectivo El Cubri, Hernández Cava asinou traballos como Lope de Aguirre: La expiación, El artefacto perverso ou Berlín, 1931. Seguí, pola súa banda, conta cunha ducia de albumes, como El sueño mexicano, Cohibas Connection ou Lola y Ernesto.

O volume chama de inmediato a atención polo seu oco no medio que remite directamente ao seu título, Sopra neste furadiño. A obra, tirada do prelo por Edicións Embora, é froito do esforzo do consagrado autor Antón Cortizas e do pintor Leandro Lamas, por sorte cada vez máis implicado na ilustración de libros para os máis novos. O texto sorprende polo ritmo e polo humor dos seus versos, unha incitación constante a que o lectorado se anime a soprar polo furado. Un soprido que provoca que os elementos da ficción se movan ou cobren vida (potenciando así a imaxinación de quen le), pero que, amais, é un instrumento moi válido para que mestras e mestres traballen co alumnado a pronuncia de certos fonemas. As imaxes, coloristas e de formas dondas, amosan a capacidade de Lamas para dirixirse a este público. Xoíña poética e goce estético para a infancia. 

As serpes cegas

Felipe Hernández Cava, guión Bartolomé Seguí, debuxo. EDITORIAL: BD BANDA PÁXINAS: 72 COR PREZO: 14 €

BREVEMENTE En pocas palabras

Los bajos de la alta cocina

La máscara de la muerte

EDITORIAL

EDITORIAL

EDITORIAL

ASTIBERR

GOURMANDIA

PLANETA

PÁGINAS

PÁGINAS

PÁGINAS

160 COR

172 COR

208 B/N

PRECIO

PRECIO

PRECIO

17 ¤

25 ¤

6,95 ¤

Jason

Tres historias do humorista surrealista noruego, sobre problemas de adolescencia, zombis e triángulos amorosos. Alguén dá máis?

Álvarez Rabo

Volve Álvarez Rabo cun cómic realizado por encargo do chef Andoni Luis Aduriz, para o décimo aniversario, no que o dependente enmascarado do Corte Inglés non perde nin gota do seu humor bestia e corrosivo.

Yoshinori Natsumi

Unha historia de Batman en Xapón, debuxada por un xaponés, en sentido oriental, e para o mercado americano. Toda unha curiosidade

EXIT 7

XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 6 de febreiro de 2009

V

VIDEOXOGOS

Lecer binario

SÓ QUEDA RESIGNARSE

CURIOSA PROMOCIÓN

XOGO TRAMPULLEIRO

TAMÉN NA INTERNET

En www.hangmancheat.com pódese xogar, ou cando menos intentalo, ao aforcado. Proba a entrar, a ver se gañas

Unha empresa de impresoras de Dallas fixo tarxetas que imitan o panel de Google para dicir que están na rede

e

eLIFE

We See Further

ANONYMOUS. [email protected]

Os personaxes de Ryu e Ken, renovados visualmente para a última xeración de consolas

O GRANDE ARCADE DE LOITA QUENTA PUÑOS O CUARTO STREET FIGHTER DESEMBARCA CON MOITAS EXPECTATIVAS EN XBOX 360 E PS3 O DÍA 20 DESTE MES LOGO DE NOVE ANOS DE AUSENCIA REDACCIÓN. A CORUÑA [email protected]

Hai algúns momentos na historia dos videoxogos que marcan un antes e un despois. Se non se poden entender os xogos de puzzles sen Tetris, ou os de plataformas sen Mario, tampouco se tería popularizado o arcade de loita sen unha saga imprecindíbel: Street Fighter (1987). Nun momento no que as salas de xogos eran algo, un lugar onde se reunir cos colegas para botar uns vicios nas maquiniñas, xorde unha recreativa que o vai cambiar todo. Street Fighter 2 –houbo moitas ver-

sións, sendo a Turbo (1994) a máis extendida no Estado español– era de doado manexo e divertido coma ningún outro. Propuña unha tanda de combates entre varios guerreiros de todo o mundo, cada un deles coas súas habilidades, cunha estética de manga occidentalizado que fixo escola no mundillo. INFLUENCIA SEN IGUAL Despois desta inflexión no xénero, virían outros tantos, case tan famosos coma este, pero que non deixaban de ser copias con escasas novidades. Aquí inclúense o Mortal Kombat, o Killer Instinct ou in-

cluso o Tekken, aínda que este xa era moito máis evolucionado e lucía uns gráficos en 3D máis propios dos tempos que corren. Por aquí van os tiros para o próximo Street Fighter, que sae para PS3 e XBox 360 o día 20 deste mes. Aparecido o xullo pasado en Xapón, o que propón esta nova parte da saga é a introdución duns gráficos de última xeración, moito máis espectaculares que os anticuados 2D, pero manténdose fieis ao espírito. Desta maneira, o manexo será básico e gardará todos os ingredientes que converteron á saga en asequíbel, ao tempo que lonxeva.

UN ÉXITO EN TRES ETAPAS

Píxeles que marcaron

A primeira parte da saga sae en 1987 en recreativas. É moi sinxela, pero apuntaba maneiras.

O nacemento da lenda

A fama chega coa segunda entrega. A súa versión Turbo dá a volta ao mundo en 1994.

Continuar a tradición

Tres anos despois, unha terceira parte ve a luz nas salas de xogos e en Dreamcast.

AS NOVIDADES DA SEMANA

FALLOUT 3: OPERATION ANCHORAGE +18 anos, descarga, 360, PC

Primeira expansión descargable do famoso shooter xélido.

KILLZONE 2

BIRTH OF AMERICA 2

+18 anos, 64,95€, PS3

+3 anos, 29,95€, PC

CHRONO TRIGGER +12 anos, 39,95€, DS

Din que marcará un punto de inflexión na PS3. Espectacular xogo de tiros futurista

Estratexia puro estilo Age of Empires que se centra no nacemento histórico dos EUA

Square renova para a portátil de Nintendo un clásicos de rol, xénero no que son expertos

La última novedad de Electronic Arts para PC se llama Mirror’s Edge, título que ya tiene un par de meses en el mundo consolero. El caso es que la aparente originalidad del juego, quizá se quede en aparente, y en algunos mentideros de Internet no se pinte todo tan de color rosa. Y es que de EA tenemos el Crysis, juego en primera persona, orientado principalmente a un solo jugador, con un personaje masculino enfrentándose a una invasión de alienígenas. Si le ponemos una pata de cabra en la mano, estaríamos hablando de la inconfundible saga Half Life de Valve. Por otro lado también está el Battlefield Heroes, título multijugador online por equipos basado en múltiples roles, estética desenfadada estilo dibujos animados y orientado al jugador casual, en línea totalmente contraria a los anteriores Battefield, pero curiosamente demasiado similar al Team Fortress 2 de... vaya, otra vez Valve. Y ahora llega Mirror’s Edge, juego de habilidad para un solo jugador, con una protagonista femenina inmersa en una distopía y que básicamente lo que tiene que hacer es escapar. ¿Hay algo en el catálogo reciente de Valve que suene parecido a esto? ¡Oh! vaya, pues si que lo hay, se llama Portal. ¿Qúe podría ser lo próximo en Electronic Arts? Déjenme adivinar, cooperativo, multijugador, y con muchos, muchos, muchos... eh... infectados.... 

axenda Fin de semana

veNRes 6 música

concerto

are you standard?

O primeiro disco de We Are Standard publicouse en varios países europeos e en Estados Unidos. Gañaron o Premio Ojo Crítico en España e gravaron o seu segundo disco baixo a tutela de Andy Gill, de Gang of Four. Sala Karma. Marqués de Riestra, 32.Ás 23.00 horas. 15 euros, 12 anticipada. Pontevedra ao vivo

directo

Pop clasico, melodías limpas e toques un pouco californianos para estos baioneses capaces de desconcertar ata aos máis fieis seguidores. La Casa de Arriba. Iglesias Esponda, 7 .Ás 23.00 horas. 3 euros. Vigo

Durante o último trienio, os madrileños Adrede foron conquistando o lamacento espazo creativo no que conviven especies de natureza tan distinta coma o rock, o flamenco ou o funk, a base de concertos e múltiples escenarios. Iguana Club. Rúa Churruca, 14. Ás 00.00 horas. 10 euros. Vigo

o toque Niño y pistola

a cabalo entre o rock e o funk

UN directo sen licencias

Son excéntricos, publican as súas cancións con licencia de Creative Commons e encabezaron a lista do mellor do 2008 deste suplemento. The Homens, a formación galega xurdida a fins de 2004 e integrada por Xocas (batería), Roi (baixo e voz) e Martin Wu (guitarra e voz), leva o seu power pop a Melide esta fin de seman a . Sala 6 0 0 . Rú a Me l i d e d i Lugano s/n. Ás 00.30 horas. 3 euros. Melide

sábado 7 teatro

música

Teatro Aforo pon en escea a peza de Leonel García Laborde, Eloxio da Loucura, na que arremete contra a estupidez da man de Erasmo. Fórum Metropolitano. Rúa Monelos, s/n. Ás 20.30 horas. 4 euros. A Coruña

Consolidado non xa como unha promesa, senón coma toda unha realidade, Tote King fíxose, cun único LP ata a data, cun merecidísimo lugar na escena hip hop. O novo disco T.O.T.E supón un drástico cambio no seu estilo, con produción americana na súa totalidade. Estará en varias salas galegas esta fin de semana, en Vigo na Mondo e en Compostela na Capitol. Sala Capitol. Rúa Concepción Arenal, 5. Ás 21.30 horas. 15 euros, 12 anticipada. Compostela

hip hop de sala

Unha crítica á estupidez

festival

con lingua

A Nasa acolle, dentro do ciclo Fálame-Entendo, o directo dos portugueses Peste & Sida. Sala Nasa. Rúa Cabo San Lourenzo, 51. Ás 21.30 horas. Compostela

concerto

lamatumbá, un grupo dos que enchen escenario

Dende a creación da formación orixinal en 1998, Lamatumbá leva un longo camiño percorrido no que compartíu escea con grupos como Barón Rojo ou intérpretes como Manu Chao. A agrupación galega lanzou o ano pasado Paraguas Universal. Sala 600. Rúa Melide di Lugano s/n. Ás 23.30 horas. 6 a 8 euros. Melide

domingo 8 dvd

cine

teatro

Un carismático profesor fachendea de ser todo un sedutor de alumnas, aínda que nunca deixa que se acheguen moito a el. Todo cambia no momento no que coñece a Consuela Castillo. Estrea en DVD do último filme da directora catalá Isabel Coixet, Elegy. Elegy. Divisa Red. 14, 50 euros

Logo de deixar a Casa Blanca, Richard Nixon permaneceu en silencio durante tres anos. En 1977, sorprendeu a todos ao elexir ao británico David Frost como o seu confesor na única entrevista na que contestaría preguntas sobre o seu último mandato e sobre o famoso caso do hotel Watergate. Consultar a carteleira

Unha parella vén de mudarse. O apartamento é pequeno e incómodo, e reina o caos; pero o peor dos problemas é que ten un home invisible. Javier Daulte dirixe ¿Estás ahí?, protagonizada por Paco León. Teatro Principal. Rúa da Paz, 9. Ás 19 horas. 6 a 12 euros. Ourense

A arte de seducir

o duelo de Nixon e david frost

ola, andas por aí?

cómic

humor negro con moito sangue

Jerry Frissen, guionista belga afincado nos Ánxeles, asina Los zombis que se comieron el mundo, unha historia de humor negro ambientada no ano 2064 na cidade estadounidense que acolleu ao autor. Los zombis que se comieron el mundo. Norma. 18,50

Related Documents

Exit
May 2020 22
Exit
November 2019 36
Nt 060209
May 2020 12
Exit #9 - 06/02/09
December 2019 16

More Documents from ""

Parrilla 22.04.2009
April 2020 1
Parrila Tv Martes
May 2020 0
May 2020 0
May 2020 0
June 2020 0
May 2020 0