EXIT XORNAL DE GALICIA Suplemento de lecer 23 de xaneiro de 2009 Número 7
2 exit
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2008
P PORTADA
Pasaporte bizarro
as iconas do movemento
o festival
los santos
cambrecore fest
O trío dinámico de Sada é a santísima trindade dun movemento do que renunciaron desde o seu comezo
Leros Fulci, dos Rockin´Kies, leva varios anos organizando un festival nos montes de Pravio
galician bizarre as bandas máis extremas do gruperío galego fan empanadas, SON RÁPIDOS, tocan nos antros máis insospeitados, non teñen disco, están cabreados e, SOBRE TODO, ADORAN o cocido CUCARACHA SANTOS. SADA Líder de Los Santos
Afastados do gafapastismo e do apirolamento xeneralizado imperantes na música, algúns grupos galegos ofrecen unha alternativa musical diferente. Rafa Anido converteuse no voceiro involuntario do movemento que se deu en chamar Galician Bizarre, que naceu coa idea de editar un recompilatorio homónimo coas bandas que fan unha música con personalidade propia. Anido, un verdadeiro alquimista musical, espírito inquedo que militou en bandas como Jiménez del Oso ou Los Iribarnes, fala da realidade de levar a cabo o ansiado proxecto “en breve”. O gurú, que toca a batería en Jiménez Los Santos, tamén exerce como solista á fronte de Señor Anido, onde canta “en galego precristiano”, un idioma que emite de forma tántrica a través do seu subconsciente. A denominación non abrangue un estilo, nin un lugar xeográfico concreto, senón máis ben unha ausencia total de actitude e un amor absoluto pola música. Varias características, ao parecer, deben reunir os grupos do antimovemento. Primeiro, afastarse desa afectación tan característica de moitas bandas, que se toman tan en serio a si mesmas. Segundo, declarar abertamente o amor pola aldea, xermolo de locais de ensaio e
dador dos froitos da vide. Terceiro, afastarse por completo do nepotismo da “escena local” das cidades e toda a trapallada circundante, porque os grupos bizarros tocan sempre nas festas das aldeas, preferentemente. Cuarto, falar sempre mal das outras bandas. Quinto, poñer calquera concerto como excusa para realizar rutas gastronómicas, arte na que Rafa Anido é un verdadeiro mestre. Sexto, adorar a Los Santos como o que son: os salvadores do rock and roll galego. E sétimo, tocar unha vez ao ano na Molinera. Se non tocaches no muíño de Cao, o panadeiro melómano, non tocaches en ningures, rapaz. A indumentaria e o estilo son aspectos secundarios. Só importa a esencia. Bandas como Jiménez Los Santos, THE, Novedades Carminha, Telephones Rouges, Schizophrenic Housewives, Megaloves, Tetra & Freek ou Franc3s compoñen un movemento do que, na maioría dos casos, renegan. Velaí a súa grandeza. Baixo etiquetas como punk-twist, post-punk, ponk, celallo ou puch acóchanse un romanticismo a proba de bombas e, sobre todo, unhas ganas de molestar que se agradecen nos tempos que corren. O Galician Bizarre estende os seus brazos por Vigo, A Coruña, Santiago, Milladoiro, Carballo, Muros, O Grove, Sada... contaminándoo todo ao seu paso. Dentro do univer-
hai un requisito imprescindible que toda banda que se considere bizarra debe asumir: aproveitar os concertos para realizar rutas gastronómica
so dos solistas, destaca poderosamente a proposta do Pichichi Musical, un compositor que foi erixido por moitas das bandas citadas nunha das súas referencias musicais do panorama actual da música que se fai en Galicia, que non só é folk. “Recibín moitas críticas negativas pola miña música pero tamén me felicitaron moitas persoas, así que eu tiro para adiante”, asegura o Pichichi. O futuro do Galician Bizarre é incerto, e así é como debe ser. Algunhas voces aseguran que só se trata dunha recua de pirados que non son en absoluto orixinais. E teñen toda a razón do mundo.
trapalleiros, sucios, rui
Unha pequena mostra dalgunhas das bandas que compoñen o heteroxéneo movement
Tetra & Freek
Jiménez Los Santos
Cutres e sofisticados á vez, Tetra & Freek considéranse “renovadores da música”, Juan Diego, Antolín e Nico, inventores do “ponk”, unha mestura de tecnopop e “actitude punh” que recorda a Mc Namara. Influenciados por Camilo Sexto e Ritchie Blackmore, entre outros, o seu espectáculo inspírase no cabaré de mediados do século XVII. Están preparando o seu primeiro traballo, El co-PONK bendito, que verá a luz.
A piques de editar o seu primeiro traballo con Discos de Mierda, Cris, Rafa e Quique perpetran un rock enérxico lanzando consignas como “Te voy a taladrar”. Influenciados por Teengenerate, Mad Virgins ou Black Flag, Jiménez Los Santos incorporaron hai pouco a Jrucho á banda, que se encarga de tocar o casiotone. Rafa Anido, pola súa banda, acaba de lanzar o seu primeiro videoclip na rede co seu proxecto en solitario.
Santiago
A Coruña
exit 3
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2008
O CBGB GALEGO
MESTURA DE ESTILOS
A MOLINERA
PICHICHI MUSICAL
Cao rexenta A Molinera, o templo do bizarrismo galego, un muíño da Peroxa, en Ourense, reconvertido en sala de concertos
O polifacético compositor do Milladoiro foi elevado aos altares do underground polas bandas que militan no Galician Bizarre
idosos e bastante friquis
to musical antiestético
Novedades Carminha Franc3s Vigo
Carballo
THE
Jarri, Carlangas e Xavi recoñecen tocar para ligar. Fillos do punk dos setenta, aseguran ser o grupo favorito de Marichalar e recoñecen a súa débeda co posdadaísmo máis agresivo. Cun son próximo aos primeiros Siniestro Total, o grupo rebosa frescura sen tentalo en ningún momento. Os punkis de Lalín, as mulleres católicas e a súa condición de sementais son algunhas dos temas tratados nas súas letras.
Practicantes dun ruidismo sen complexos, María, Patuki e Alberto pasean as súas proclamas surrealistas cunha desgana incendiaria. A piques de ver a luz a súa terceira maqueta, a banda promociónase a través de Internet con audacia e confesa a súa admiración por Sonic Youth, My Bloody Valentine, Einstürzende Neubauten ou Triángulo de Amor Bizarro, a banda que tan boas relacións mantén co improvisado colectivo Galician Bizarre.
A banda está composta por dúas guitarras e unha batería. Jrucho, Miguel e Brais apostan por un rock contundente e minimalista sen renunciar á experimentación. As súas cancións hai que escoitalas a todo volume. “Galician Bizarre é unha Galicia con ganas de facer ruído”, aseguran estes tres gentlemen muradáns que, en pouco menos de dous anos, xa gañaron o respecto e a admiración de todo o underground galego.
Muros
os choqueiros do rock and roll xa están aquí a meirande parte das bandas ofrecen a súa música de balde por internet cucaracha santos. SADA Líder de Los Santos
Novedades Carminha, banda de punk viguesa elegante, hortera e posdadaísta
Chuck Berry ou Little Richard, lendas vivintes, inventores do rock and roll, seguen vivos. Mentres, o seu legado vai sendo terxiversado por grupos que nada teñen que ver co espírito orixinario da música. A subversión, a diversión e a irreverencia quedaron substituídas polo mero consumismo, o esnobismo e a pretensiosidade. En Galicia, un fato de iluminados reivindican esa volta ás orixes. Eternos incomprendidos, como todos os grandes artistas de comezos de século, os integrantes do Galician Bizarre apostan polo baleiro como resposta ante un mundo que os abafa. Varias das bandas implicadas no proxecto da edición do cedé, que acumula xa preto de dous anos de retraso e vai camiño de
converterse nunha entelequia, mesmo optaron por autoeditar a súa música. Novedades Carminha, por exemplo, sacou ao mercado unha casette, Grandes Éxitos, unha homenaxe á frescura musical, ás cintas de gasolinera e ao humor máis irreverente. E Los Santos puxeron á venda na súa web o “pene drive” do baixista. Os choqueiros do rock and roll tocan en pequenas salas, procuran facer todo o ruído que poden e organizan festivais á mínima. O Cambrecore Fest, en Cambre, A Festa da Crica, en Sada, o Kintrón, no Milladoiro, son varias das citas ineludibles dos seguidores dunha relixión que cada día gaña máis adeptos. En Internet pódense atopar facilmente as webs das bandas que, na maioría dos casos, ofrecen a súa música de balde.
4 exit
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
m música
Ao vivo
the hollywood combo
bruno T. Ford
son americano
no babel
The Hollywood Combo é un dos grandes do 50’s Rhythm & Blues. Estarán na Fábrica de Chocolate
O ex compoñente de Río Bravo estará o sábado no Pub Babel, de Lugo, ás 23:30 horas
volve o artista ‘maldito’ do rock Elliott murphy presenta en ferrol ‘notes for the underground’, o seu novo disco Natalia arias. A coruña
[email protected]
Estaba destinado a ser unha gran estrela, pero preferíu dar as costas á industria e gozar da cercanía do público. Elliott Murphy, un clásico do mes de xaneiro, visita España para presentar o seu trixésimo disco, Notes for the Underground. Coma os anteriores, é un álbum de produción propia que levará por un cento de pequenas salas, demostrando que o seu é o directo. O disco, que presenta en Galicia no Teatro Jofre de Ferrol, é unha volta ás orixes, cun son que recorda moito ao Aquashow (Polygram, 1973) que o catapultara á fama. Quen sabe se, como explicou hai pouco nunha entrevista, por retomar a súa vella Stratocaser do 61 para poñerse a preparar os temas. Considerado un dos compositores máis cultos e apasionados do rock, este neoiorquino “expatriado da Gran Mazá” colaborou con grandes do talle de Tom Waits, Patti Smith, Bob Dylan, Lou Reed ou Bruce Springsteen, co que non perde ocasión de subir aos escenarios para tocar “Better Days”. romance con europa Pero lonxe destes astros, o artista maldito do rock, como moitos o denominan, non enche estadios, senón que toca para unha pequena lexión de incondicionais e preserva a aura dos vellos músicos ambulantes. É parte do prezo que ten que pagar por asumir as rendas da súa carreira musical, un feito que, por outra parte, contribuíu a afianzar a súa relación con Europa; tanto, que dende 1989 vive en París. O seu idilio con este lado do Atlántico comezou en 1972. Despois de gañar o concurso de bandas de
Nova York, conseguíu unha primeira viaxe a Europa que o levou a tocar en París, Roma ou Ámsterdam. Logo veu a súa sinatura no libreto que acompañaba ao disco en directo da Velvet e o Aquashow. Discos e máis discos, dous cambios de residencia e unha carreira, ás veces irregular, ata que se reavivou definitivamente grazas a Beauregard (Koch, 1998), un traballo no que volvía a retomar un son máis acústico e íntimo.
«Notes for the underground» Elliot Murphy
LAST CALL, 2008
Notes for the Underground publicouse este verán e foi gravado no estudio Franklin, en Le Havre (Francia). Da produción artística encargouse o propio Murphy e, xunto con el, estiveron músicos como o seu incondicional Oliver Durand, guitarrista que dende hai anos o acompaña nas súas xiras. Son once cancións de diversa velocidade, estado anímico e orientación, ao máis puro estilo do rock americano.
Elliott Murphy nunca deixa descansar a guitarra
O fillo dun hosteleiro de Long Island a quen importaban máis as sesións de baile de The Ronettes, Jay and The Americans ou The Seeds que o negocio familiar, rematou despuntando tamén como xornalista e escritor. Frío y eléctrico (Ediciones Clip), a súa primeira novela, viu a luz en 1989. E a esta seguiron outras
como El león duerme esta noche (1990), un libro de relatos que foi escribindo ao longo da década dos 90, ou Donde las mujeres están desnudas y los hombres son ricos (Celeste Ediciones, 1996). Ademais, Murphy colabora con diversas publicacións musicais como Rolling Stones, Spin ou Mucchio Selvaggio.
sábado 24
Teatro jofre 00.00 horas. 9/15 euros. Ferrol
exit 5
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
Meu
los coronas
no clavicémbalo
na mardi gras
Os coruñeses Meu actuarán este domingo no Pub Clavicémbalo, de Lugo, ás 22 horas
Los Coronas, todo un clásico, tocarán na sala Mardi Gras, da Coruña, o sábado ás 22.30
propostas de fin de semana venres 23
phantom club
Iguana Club. 00.00 horas. 5 euros Vigo
A formacion funk composta por arxentinos, vigueses, tudenses e un francés celebra o aniversario do seu primeiro disco, Funksiona!, amais de presentar un novo videoclip con imaxes da xira realizada no 2008.
sábado 24
the blows
Sala Mondo. 22.00 horas. Vigo
The Blows sorprenderon co seu debut, Upskirts (Pupilo, 2008), un disco con once temas no que as guitarras están no centro. Teñen demostrado en directo que son un dos grupos máis potentes do momento.
sábado 24
pacífico + zIa
Fábrica de Chocolate. 22 horas. 8 euros Vigo
O directo dos gañadores do Maketon Estrella Galicia non é para persoas sensibles. Estarán tamén en Melide (venres, Sala 600) e Bueu (domingo, Pub Aturuxo).
sábado 24
Tachenko
Café Pop et Torgal. 22.30 horas. 6 euros Ourense
Os zaragozanos Tachenko, a banda composta por ex integrantes dos míticos El niño gusano, fará gala do seu peculiar estilo pop nun concerto acústico no Café Pop et Torgal de Ourense.
sábado 24
Supa scoopa + mystic frecuency worm Habana 20. 22 horas. 5 euros Vigo
O cuarteto madrileño conta con músicos de longa traxectoria, que formaron parte anteriormente de formacións como Glow, La Dolorosa ou Yoghourt Daze, entre outras.
antes tres e agora catro
NN
H
Hoxe pincha...
Adrián Pérez
CatPeople. Voz e guitarra
the unfinished sympathy tocan en capitol como adianto do seu quinto traballo Natalia arias. a coruña
[email protected]
The Unfinished Sympathy prepara novo disco para febreiro. Como preludio deste quinto traballo, a banda barcelonesa ofrecerá unha serie de concertos por distintas salas, entre elas, a Capitol. Levan oito anos en activo e logo de varios cambios –empezaron como trío– este será o primeiro álbum no que contarán co Iban Puigfele ao baixo e Joan Colomo como guitarra. Os dous chegaron á banda no 2006, tras a gravación de We Push You Pull, o primeiro traballo que The Unfinished Sympatht editou con Subterfuge Records tras abandonar o selo que os vira nacer, BCore.
De sobra coñecidos como unha das mellores bandas de rock actuais, contan a co privilexio de ter gravado duas Peel Sessions nos estudos da BBC –a primeira en 2001, cando o propio Peel os convidou durante unha visita a Barcelona con motivo do Sónar, e a segunda despois de gravar An Investment Logistics, considerado o mellor disco de 2003 pola revista Mondo Sonoro–. Porén, foron traballos como Rock For Food (2004, BCore) e We Push You Pull (2006, Subterfuge Records) os que confirmaron definitivamente á banda e os que xustifican os eloxios que recollen de prensa e público. dous discos esenciais Rock For Food, que deron a coñecer con “This Living Kills”, é un álbum dos que se gozan aos poucos, a pesares da súa efervescencia e contundencia, e no que dan unha visión triste e realista da vida na cidade. Acollido como mellor dico de 2004 por Rock Zone, deu paso a unha época de actividade frenética da banda, que percorreu toda a xeografía española acadando a primeira fila da escea independente. Logo da presentación de The Loveless Curse, encerráronse para prepar We Push You Pull; cambio de discográfica e a mellor gravación ata a data da banda catalá. En Santiago estarán acompañados polos madrileños Nothink, outra banda de proxección con letras en inglés, e A pedir de Milkhouse, que contan cunha nova incorporación, Luis Bao, ex-Dama na batería. sábado 24
Sala capitol 21 horas. 15/18 euros. Compostela
Comezamos a proposta de Adrián PD (CatPeople) cun hit bailable de Depeche Mode, “It´s no good”, do seu disco Ultra. Un tema movido e electrónico, e unha boa forma de quentar a pista. Para seguir, algo máis sensual, un corte de medios tempos: “Closer”, de Nine Inch Nails. É unha peza máis sexi e unha forma de alternar e de meter un momento máis tranquilo á sesión. Logo, un grupo que non podía faltar, Radiohead. A proposta neste caso é “Myxomatosis”, un tema que non se soe escoitar moito pola noite e cun son case tan enfermizo coma o seu título. A voz de Thom Yorke soa tan desgarrada que parece que a toma se fixo nada máis levantarse da cama. Para descubrir novos grupos: LaisingDreiden, unha banda de Nova York formada por dous afroamericanos a modo de Bob Marley “gafipasta” e cercanos ao postpunk. O tema sería “Glass Corridor”. Para Adrián é importante ir descubrindo novos grupos á xente e iso é algo que se está a perder nas sesións e que habería que recuperar. E “When the music is over”, pouco máis queda que apagar as luces e marchar para a casa coa melodía dos Doors na cabeza. l
6 exit
p pantallas
Cine
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
UNHA TRAS OUTRA
solvente actor
HOFFMAN EN RACHA
COLIN FARRELL
Volve obter unha nominación por La duda, esta vez para os Bafta, os premios do cine británicos
Despois de gañar o Globo de Ouro ao mellor actor cómico, roda con Neil Jordan Ondine
AMERICAN BEAUTY, versión 2.0 DICAPRIO E WINSLET COMPARTEN FILME DE NOVO ONCE ANOS DESPOIS DE ‘TITANIC’, SÓ QUE NESTA TROCAN A FELICIDADE POR UNHA RELACIÓN ROTA Víctor Paz morandeira. a coruña
[email protected]
Revolutionary Road supón a volta á pantalla grande da que hai máis dunha década fora a parella de moda: Leonardo Dicaprio e Kate Winslet. As cousas como son. Dende Titanic moito choveu, e pode que moitas admiradoras de Leo queden defraudadas ao ver un filme avinagrado, máis maduro e realista que o conto de fadas que era aquel. Esta película é a cuarta do realizador norteamer ic a no Sa m Mendes, que sorprendía hai máis ou menos
Leonardo Dicaprio e Kate Winslet dan vida aos Wheeler, unha parella en proceso de autodestrución
dez anos a crítica e público coa súa ópera prima, American Beauty. O filme protagonizado por Kevin Spacey garda evidentes paralelismos coa súa última proposta. Se no seu debut, o cineasta presentaba un sobreactuado pai de familia na crise dos 40, cun ton de falso melodrama que non cría ninguén; en Revolutionary Road baixa a idade da parella afectada polo conformismo até os trinta e pico e confírelle á fita unha aura de dramón, pero o conflito segue a ser exactamente o mesmo. Unha parella que vive nas aforas de Connecticut, os Wheeler, pre-
O RESULTADO XERAL PRODUCE UN TEDIO INSUFRÍBEL. PORÉN, CÓMPRE VELA POR UNS ACTORES QUE REMOVERÁN EN CALQUERA AS INQUEDANZAS INTERIORES E OS SOÑOS FRUSTRADOS
gúntase que vai ser da súa relación cando ve que están a caer nun estado acomodaticio, con casa, fillos e un traballo que non responde a nada do que lle pedían á vida. PROFUNDO PESIMISMO Os primeiros minutos son exemplares, cunha estrutura narrativa que alterna os flashbacks co incerto momento actual. Mendes parece querer facer sufrir ao espectador e envía progresivamente a esta parella que se ama profundamente
a un lugar sen retorno de destrución mutua, no que non colle ningún atisbo de esperanza. A sensación de angustia está ben transmitida, é insoportábel, pero non é grazas a un realizador que se mostra monótono co ritmo, senón a uns actores en estado de graza, que salvan un filme moi irregular que resulta, por momentos, un verdadeiro tostón. Winslet está un tanto esaxerada nalgunhas esceas, pero aguanta ben o tipo nun papel dificilísimo. Leonardo Dicaprio borda o rol do marido frío e aparentemente alleo a unha
exit 7
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
animación
NOVO ROBIN HOOD
biopic dunha estrela
para adultos
RUSSELL CROWE
steve mcqueen
O filme de animación israelí Waltz With Bashir, de Ari Folman, está nominado aos Oscar
Interpretará ao ladrón de Sherwood nunha fita de Ridley Scott que leva o nome de Nottingham
A vida do mítico actor será obxecto dunha adaptación da que aínda non se coñecen os detalles
«revolutionary road» Sam Mendes LEONARDO DICAPRIO, KATE WINSLET, MICHAEL SHANNON
Os Wheeler viven nas aforas de Connecticut. A súa casa representa todo o que sempre xuraron rexeitar: unha vida baleira e acomodaticia. Deciden marchar vivir o seu soño a París, pero ao marido propóñenlle un ascenso que lle costa rexeitar. Os problemas agrávanse tremendamente.
situación que se resiste a admitir. A súa mirada esquiva e o seu porte de home orgulloso xa fan todo o traballo. Con iso xa non lle fai falla nin falar. A credibilidade e a dor que transmite son absolutas, demostrando así, unha vez máis, que é un dos mellores actores da súa xeración. Destaca tamén o esquizofrénico de Michael Shannon. A súa presenza turbadora cando visita aos Wheeler deixa dúas esceas claves no filme, os nós de trama. O tipo é directo e intelixente, case un oráculo. Así como felicita á parella pola súa decisión de fuxir a París na súa primeira visita,
denuncia que o marido acepte un ascenso e quede a vivir nos EUA na segunda, o que propiciará a destrución total da parella. Aquí está o drama do filme, que apela a todos aqueles que persigan un soño na vida: o medo a se deixar devorar por unha sociedade que parece ternos preparado un futuro de fotocopia. O arrebatador final ten sentido, pero vese vir ás leguas. O resultado xeral produce un tedio insufríbel. Porén, cómpre vela por uns actores que removerán en calquera as súas inquedanzas interiores, os seus soños frustrados.
UN AMOR QUE TODO resiste
d
desde melmac
True Blood
María VALDERDE y juan diego BOTTO SOn una pareja que soBREVIVE a la GUERRA CIVIL V.p.m. VIGO
[email protected]
Un anarquista lucha contra los fascistas en la Guerra Civil Española. Desaparece al final del conflicto sin dejar rastro. Su mujer lo busca hasta encontrarlo en la dura posguerra, pero ambos han cambiado y la relación ya no es la misma. “Es una historia de amor épica que va más allá de la guerra. Habla de cómo el amor puede superar todos los obstáculos”, comenta el actor Juan Diego Botto, que da vida al marido casado con María Valverde. “Nos entendimos muy bien. Es una chica muy joven y yo asumí el rol de hermano mayor. Tiene muchas ganas, inquietud, talento y la humildad que todos necesitamos para encarar el trabajo”, añade el argentino, deshaciéndose en halagos a su compañera de trabajo. El actor defiende, además, la recuperación de la memoria histórica a través del cine: “En mi opinión, se han hecho pocas películas sobre la Guerra Civil, y me extraña que no se hagan más, porque en los últimos dos años la película más taquillera ha sido la que hablaba del conflicto. Es el caso de Trece rosas y Los girasoles ciegos”. Después de esta defensa, cita los temas que cree se debían tratar y que están en la película: “Habla de la represión durísima que sufrió Madrid y de los exiliados españoles que sufrieron el periplo terrible a Francia, en los campos de concentración”. Recordando su trayectoria como intérprete desque que debutara en Los motivos de Berta con José Luis Guerín en 1985, Botto cita un momentos que marcó su carrera: “Hay puntos de inflexión. Historias del Kronen fue uno. A partir de ahí, empecé a trabajar de manera fluída”. Con Armendáriz ya ha trabajado tres veces desde entonces. Ahora, se prepara para repetir con Aristarain, con el que rodará en breve en Buenos Aires.
JUDITH MUÑOZ. crítica
«la mujer del anarquista» Marie Noëlle e Peter Sehr JUAN DIEGO BOTTO, MARÍA VALDERDE, IVANA BAQUERO
Botto da vida a un abogado anarquista que lucha contra los fascistas en la Guerra Civil española. Desaparece al final del conflicto sin dejar rastro hasta que la mujer (Valverde) da con él, pero ambos cambiaron con el paso de los años y la relación ya no puede ser igual.
Juan Diego Botto interpreta a un anarquista que lucha contra el fascismo
¿Qué es True Blood? Es una serie de vampiros que no va de vampiros, o al menos no va solo de ellos. La campaña de marketing nos ha vendido una serie sobre chupasangres que conviven con humanos, de manera más o menos pacífica, gracias a una sangre sintética elaborada en Japón. Dicha sangre se vende embotellada en bares y supermercados. La cosa tiene su gracia ¿no? Pero True Blood es mucho más. Por un lado es una serie sobre la aceptación de uno mismo tal como es y, por otro lado, la aceptación de los demás tal como son, aunque no se asemejen a nosotros. Es toda una declaración de intenciones sobre la tolerancia y el eterno debate de la integración de otros pueblos en nuestra, a veces errática, sociedad. A todo esto se le suma una de las más bellas historias de amor que cualquier serie nos haya dado. Un amor entre vampiro y humana. No piensen en últimos filmes como Crepúsculo, no piensen en nada que hayan visto o sentido a través de una pantalla. Esta historia las supera. Cada vez que Sookie y Bill se encuentran lo demás deja de tener sentido. Todo esto es True Blood, espero que no os parezca poco. La segunda sesión llega este verano. l
8 exit
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
a axenda
Fin de semana
sala mondo
sala capitol
the blows
Noite de rock
A Sala Mondo de Vigo acolle un concerto deste grupo galego que cultiva o rock e o new wave nos seus temas
O conxunto catalán The Unfinished Sympathy chega a Compostela para protagonizar unha noite rockeira
arte
mañá
veNRes 23
Pintura moi visual
tarde A película El Otro é un drama sobre a historia dun avogado que nunha viaxe topa cun home morto. Aproveita a ocasión para mudar de identidade e de vida, tomando o nome do falecido. O actor arxentino Julio Chávez protagoniza o filme. Consultar carteleira
os sustos de sempre
Un diario no que o autor reflexiona coa xente que o rodea e co mundo. A obra de José Manuel G. Trigo bota man dunha fina ironía para facer un repaso por distintas vivencias ocorridas durante o ano 2007. Galaxia. Viaxe do Corazón. 12 euros.
Para pasalo de medo diante da tele da cas DVD Grandes clásicos do cine de terror. A que saiu ao mercado o ano pasado vén volume que inclúe Maniac, Dr. Cyclops, K The Uninvited, The Brute Man e The am escolma dos mellores sustos que produ dounidense nas décadas dos 30 e dos 4 Todos en versión orixinal subtitulada en Absolute Distribution. 36 euros. animación
o asasinato d
A terceira tempada de S DVD. O clásico “Alguén provocar garagalladas de Paramount. 19 euros.
documental
tranvía teatro
Un xornalista nacido no exilio no ano 1962 tenta recuperar as súas raíces. O seu pai, o político español Jordi Solé Tura, unha figura clave durante a transición española, viuse obrigado a exiliarse pola súa militancia antifranquista. Tras unha vida complexa plagada de experiencias apaixonantes, agora Jordi ten que enfrontarse á loita contra os efectos do Alzheimer. Ao longo da cinta aparecen como protagonistas personaxes da historia recente de España como Santiago Carrillo, Jorge Semprún, Jordi Pujol ou Manuel Fraga. O documental, que ten unha duración de 80 minutos, está dirixido por Albert Solé e baseado nun relato de Eileen Chang. Teatro principal. Rúa Nova, 22. Ás 20.15horas.12 euros. Santiago de Compostela
O ciclo Escena Contemporánea conti Noroeste cunha representación da co Tranvía Teatro, que leva ás táboas a o A rúa do inferno. As vidas de tres mul cadansúas penas e alegrías, pasan ao nunha fábula de apariencia sinxela qu espectador e afonda na condición do Teatro Arteria Noroeste. Rúa Bispo Peláe 21.00 horas. 9 euros. Santiago
teatro
inmigrantes na emi
un repaso pola historia
o camiño a seguir na vida
A boa persoa de Sezuán, escrita por Bertolt Brecht e adaptada polo portugués Nuno Cardoso, pretende ensinar a elixir entre ser bo ou progresar. Teatro Principal. Rúa da Paz. Ás 20.30 horas. De 6 a 12 euros. Ourense
noite Manuel Gómez Pereira constrúe este filme centrándose nos problemas da adolescencia de David e María. Os dous rapaces namóranse pero a vida os golpea cando María descobre o secreto do seu mozo. Consultar carteleira
unha análise da vida con ironía
O filme alemán, dirixido por Rudolf Thome, afonda nas relacións sociais. María e Marquad, dous pintores que comparten a súa vida, amosan a realidade dunha ruptura amorosa. Marquad desaparece para visitar á súa filla e a un amigo. Mentres, María descoñecedora do paradoiro da súa parella dase de conta de que o amor entre eles rematou. Deixa o traballo que estaba a rematar e inicia un cadro que chamará Lo visible y lo invisible. Edición con subtítulos. Lo visible y lo invisible. 11,95 euros.
Mudar de vida
El juego del ahorcado
dvd
‘lo visible y lo invisible’
cinema
peli
libro
dvd
A coruñesa Tatiana Medal leva ao Centro Social Caixanova a súa obra galadoada pola Real Academia Galega de Belas Artes. Centro Social Caixanova Até o 15 de febreiro Entrada libre Policarpo Sanz, 24-26. Vigo
sába
a rúa do inferno
documental
O cineasta Xosé Lois Ledo Andión es Inmigrantes no país da emigración. R veñen buscar un futuro mellor a Galic Teatro Principal. Rúa Nova, 21. 21.00 horas espectáculo
en directo
fábrica de indie e powerpop
Dous grupos vigueses actúan esta noite no local de La Fabrica de Chocolate Club. Maryland acude á sala para presentar os temas que conforman o seu novo disco. Inerttes incluirá na súa actuación as súas cancións de estilo indie e powerpop. A entrada ao concerto costará seis euros e pode mercarse hoxe mesmo na taquilla do local. La Fabrica de Chocolate. Rúa Rogelio Abalde, 22. Ás 22.00 horas. 6 euros. Vigo concierto
Los coronas
Los Coronas tocan esta noite na Coruña. Sala Mardi Grass. Travesia de la Torre,8. Ás 22.30 horas. 12 euros. A Coruña
entre o teatro e a
A compañía Trashumantes ofrec corazón aberto, nun espazo no danza se atopan. Crónica da dunha velada de insomnio du tras hora mantén a súa loita atopar algún xeito de non Sala Nasa. Rúa Cabo San Lo ras. De 9 a 7 euros. Santiag concerto
elliot murp jofre
O cantante Elliot Murphy pr Ferrol Notes For The Underg seu único concerto en Galicia Teatro Jofre. 20.30 horas. De 9 a 1
EXIT 9
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
SALA WOODSTOCK
IGUANA CLUB
HOMENAXE
MÚSICA FUSIÓN
A Sala Woodstock, en Portonovo, acolle esta fin de semana un tributo á mítica banda Dire Straits
Phantom Club chega á Iguana Club de Vigo para presentar o seu mellor funk-rock ao público
ADO 24
E
sa, nada como o pack de A colección de ‘thrillers’ n de sacar un segundo King of the Zombies, mazing Mr. X, unha uciu o cinema esta40 do pasado século. castelán.
DE KENNY, 3
South Park xa está en matou a Kenny” volve e humor negro.
DOMINGO 25 LIBRO
UNHA VIDA NUN RELATO Presencia, libro do escritor Arthur Miller, recolle pequenos relatos sobre a vida cargados dun punto nostálxico. Tusquets. Presencia. 17 euros DVD
O MÉXICO DE BUÑUEL O polifacético director español Luis Buñuel recolleu nesta obra cinematográfica a produción que desenvolveu o cineasta durante a época na que traballou en México. Esta etapa transcorreu entre os anos 1947 e 1956, e nela Buñuel céntrase en plasmar situacións en contra das convencións sociais e morais da época. A obra esta inzada de imaxes de erotismo e intriga que se achegan ao xénero do melodrama e amosan os modelos sociais do país. O español emprega a súa habitual ironía e o surrealismo que o caracteriza para contar a súa historia. Edición de coleccionista. La etapa mexicana. 29,95 euros
EXPOSICIÓN
Trinta anos plásticos
A expresión plástica do artista Manuel Facal repásase en 62 obras dende os anos 70. Centro Social Caixanova Retrospectiva de Manuel Facal Entrada libre Ourense
TEATRO
inúa no teatro Arteria ompañía aragonesa obra de Antonio Onetti lleres comúns, con o plano protagonista ue apela ao sorriso do o ser humano. ez, 7 (Parque de Vistalegre) .
COS PÉS NA TERRA COMPAÑIA D2
A compañía teatral D2 leva á Sala Santart de Santiago de Compostela a súa primeira creación coreográfica titulada Cos pés na terra. A proposta escénica recréase na imaxe e na linguaxe. Os intérpretes son Begoña Cuquejo e Fran Rivero. Sala Santart. Ruela de Brión, 5, bajo. Ás 18.00 horas. 5 euros. Santiago de Compostela TEATRO DO ANDAMIO
A PREGUIZA
IGRACIÓN
strea o documental Reflicte a vida dos que cia. s. 3 euros. Santiago
DANZA
ce un monólogo a o que o teatro e a noite aberta é o relato unha muller que hora a por volver durmir e por n se perder a vida. ourenzo, 51-53. 21.30 hogo
PHY NO
resenta en ground, no a. 15 euros. Ferrol
A compañía herculina Teatro do Andamio escenifica unha comedia sobre o dereito a facer o vago. Manolo, o protagonista, decide un luns non volver traballar e non facer nada. En tres días o seu mundo vense abaixo. Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos, 1. 19.00 horas. 5 euros. A Coruña
DISCO
Bryan Estepa
O australiano de orixe filipina volver facer gala dasúa ourivaría pop no novo album que condensa un lustro en solitario. Sunday Best Bryan Estepa Popboomerang Records 15 euros
EN DIRECTO
PACÍFICO E ZÍA
O rock pop dos madrileños Zía e o son alternativo de ton indie e powerpop dos vigueses Pacífico mestúrase na noite de Bueu. Aturuxo Bar. 21.00 horas. 8 euros. Bueu CINEMA
REVOLUTIONARY ROAD
Leonardo Dicaprio e Kate Winslet poñen cara a un incisivo retrato sobre un matrimonio norteamericano da década dos 50. Dirixida por Sam Mendes, Revolutionary Road é a adaptación cinematográfica da novela de Richard Yates. Poden dúas persoas rachar coa rutina sen romper entre elas? Esa é a pregunta á que trata de responder o filme dramático que se estrena na gran pantalla. Consultar carteleira.
FILME
Unha da Guerra Civil
Juan Diego Botto e María Valverde encarnan o drama humano da Guerra Civil dende a mirada dun heroe libertario que loita contra Franco coa palabra, na radio, e coa forza, nas trincheiras. La mujer del anarquista Consultar carteleira
10 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
E EXTERIORES
Viaxes
REABERTO AOS TURISTAS
PARADORES Á ÚLTIMA
MERCADO DE TOKIO
ESCAPARATE VIRTUAL
Os turistas volven visitar o mercado de pescado de Tsukiji (Tokio), logo de que se prohibira o acceso
A rede hoteleira de paradores vén de crear unha canle en YouTube e un perfil en Facebook
MALTA, UN MEDITERRÁNEO DE CINEMA UN ARQUIPÉLAGO CHEO DE COR E LUZ QUE É PLATÓ NATURAL PARA MULTITUDE DE FILMES MÓNICA SEQUEIRO.A CORUÑA
[email protected]
Malta é moito máis que un lugar para aprender inglés e tomar o sol. É moito máis que unha illa no medio do Mediterráneo. De feito, constitúe un arquipélago, aínda que o único coñecido en España sexa a vitoria por 12-1 naquel famoso partido de fútbol. Tamén está o falcón maltés, pero esa é outra historia. O mellor de Malta é que ten moito que ver pero en pouco espazo. Un total de 253 quilómetros da illa principal que poden percorrerse perfectamente en coche, aínda
que con moita atención para se enfrontar a temerosidade coa que se conduce neste país, e pola esquerda, como os ingleses. A influencia inglesa neste enclave é tal que ata os autobuses foron herdados do poderoso Imperio Británico, que mantivo a súa soberanía nesta illa ata o 1964, cando os malteses acadaron por fi n a súa independencia. Estes buses, a tamaño reducido, constitúen un dos souvenirs máis típicos de Malta, pero o que realmente hai que mercar como agasallo son os marabillosos e saborosos queixos de cabra da illa de Go-
zo, envasados en frasquiños de cristal, ou o seu licor de froitas.Aínda que o mellor que se pode levar desta viaxe son os recordos. Dun baño na Lagoa azul, dunha caña nas terrazas de Sliema, dun paseo polas rúas da cidade do silencio, Mdina, a antiga capital maltesa. Pola noite discotecas cheas de xente en Saint Julians ou Saint George’s Bay, a carón do mar. E despois, pola mañá a pasar a resaca a praia, onde o sol e a area queiman no verán, pero a auga relaxa e lembra coa súa cor os mellores paraísos do Caribe. O problema é que hai que madrugar se se queren visitar algúns monumentos ou para ir de tendas, porque estas pechan a partires das seis da tarde. Ademais é indispensable levantarse cedo para coller o ferri e visitar as outras dúas illas habitadas do arquipélago: Gozo, a da ninfa de Calipso, e Comino, onde está a Lagoa Azul, unha visita imprescindible. TERRA DE PELÍCULA Para quen quere pasar de horarios e de edificios, existe unha ruta alternativa para ver Malta, baseada en todos os escenarios de filmes que
hai repartidos pola súa xeografía. Os maiores lembrarán títulos como Os canóns de Navarone, Furia de titáns ou O expreso de medianoite. Entre as máis recentes están Gladiator ou Troia. Preto do escenario da primeira, rodada en Punta Delimara, está Marsaxlokk, un típico pobo pesqueiro ao que paga a pena achegarse calquera domingo, para asistir ao mercado ao aire libre semanal, comer un bo peixe e ver como os veciños da localidade xogan ao bingo baixo un toldo.
PRÓXIMO DESTINO:
IRLANDA
¿Viaxaches algunha vez a Irlanda? ¿Que tal che foi? Envíanos as túas fotografías, os teus consellos, os teus lugares preferidos ou o que queiras a
[email protected].
ELIXIR O ORZAMENTO
Dúas formas diferentes de viaxar 1
2
MOCHILA
MALETA
DESTINO
DESTINO
MALTA
MALTA
PRESUPUESTO
PRESUPUESTO
200 euros
600 euros
Os voos baratos dende Madrid ou Barcelona permiten chegar ao aeroporto de Luga por poucos cartos. As ofertas máis económicas están nos 20 euros, ida e volta, aínda que hai que conxugar ben as datas. Para gozar da auténtica luz e o clima do Mediterráneo, convén ir no verán. En calquera hostal ou pensión se poden atopar habitacións por menos de 20 euros a noite, con almorzo incluído. Para recorrer a illa, o mellor é o bus, a partir de 38 céntimos.
Hai tempo que este arquipélago mediterráneo entrou nas ofertas turísticas das axencias de viaxes. Así que cando chegan as vacaciones é doado poder ir ás illas con todo xa preparado, o avión, o hotel, e ata as excursións en barco. Pero tamén hai que deixar lugar á improvisación e percorrer nalgún momento o territorio maltés sen guía nin destino. Para isto o ideal é alugar un coche, que custa entre 16 e 28 euros ao día, á parte de ter coidado en ir pola esquerda.
Para todos os petos PENSIÓN BUCANEERS
En Bugibba. Aloxamento e almorzo. www.buccaneers.com.mt 16-18 €
HOTEL VALENTINA En Saint Julian’s Bay. www.hotelvalentina.com/
27-38 €
CASTILLE HOTEL
En A Valetta. www.hotelcastillemalta.com
42-55 €
THE PALACE
En Sliema. www.thepalacemalta.com
80-200 €
EXIT 11
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
VIAXES DE AVENTURA
VACACIÓNS PAGADAS
DESTINO HIMALAIA
AUSTRALIA EXÓTICA
India quere converter o Estado de Sikkim no novo destino turístico do Himalaia para 2009, logo do descenso de viaxeiros cara a Darjeeling
Os responsables de Turismo de Queensland (Australia) pagan 75.000 euros por coidar as illas da Gran Barreira durante seis meses
T
TIRO CON ARCO
Para todos os públicos
2
1
1 Un dos bastións da Valetta, sobre o mar Mediterráneo 2 Rúa de Mdina, a cidade do silencio, que foi a antiga capital do arquipélago 3 A Lagoa azul, na illa de Comino, onde só pode se chegar en barco 4 O pobo pesqueiro de Marsaxlokk, e as típicas barcas mariñeiras de Malta 5 A catedral de San Pablo, cun dos dous reloxos a deshora, para o demo
Uns mozos practican este deporte con dianas
3
DAR NO ALBO: UNHA PROPOSTA DE LECER CON PUNTERÍA EMPRESAS DE AVENTURA E CLUBS DE TIRO AXUDAN A INICIARSE NA PRÁCTICA
5
4
CON NENOS CASIÑAS A MEDIDA
O POBOADO DE POPEYE, SEN ROBIN WILLIAMS
O plató principal da comedia-musical de Robert Altman, Popeye, segue montado en Malta. Este filme sobre o mariñeiro devorador de espinacas, interpretado por Robin Williams, foi rodado en 1980. Os nenos gozarán cun paseo polo pobo pesqueiro artificial de Sweethaven, feito á súa medida máis que á dos maiores. Un conxunto de destartaladas casas de madeira colgadas no cantil de Anchor Bay, co mar de fondo, para que os pais non se aburran.
Actividades lúdicas PARQUE DE PLAYMOBIL
É a segunda fábrica máis grande do mundo de xoguetes desta marca e a única na que se pode ver como se fan. En Industrial Estate, Hal Far. www.playmobilmalta.com
MUSEOS DO XOGUETE
Un na Valetta, na rúa Republic Street, 222, e outro na illa de Gozo, na rúa Gnien Xibla, 10 , en Xaghra. Coleccións de xoguetes antigos. Coches e bonecas que fascinarán tanto aos nenos como aos maiores.
Aínda que pouco ten de novidade a caza con arco e frechas –dátana os expertos en máis de 25.000 anos de antigüidade–, as empresas de turismo de aventura acolleron esta actividade como propia entre o catálogo de propostas que ofrecen aos seus afeccionados ao risco. Como actividade, está deseñada para gozar dos contornos naturais, polo que tamén é posible reconvertela en modalidade de pesca nos ríos galegos ou “campionato de grupo” para os amigos ou compañeiros de traballo que estean dispostos a meterse no papel de Robin Hood. O prezo ronda os 10 euros á hora, tempo durante o cal o usuario dispón dun arco, varias frechas e un obxectivo para demostrar a súa destreza e capacidade. Empresas como Galitur, en Ourense, ofrecen ademais monitores para iniciarse na especialidade de tiro con diana, que se incluíu nos xogos olímpicos por primeira vez en 1900, en París –aínda que se suspendeu en
distintos anos e as reglas actuais son do ano 92–. En Galicia, non é estrana a práctica amateur desta práctica. Así que, quen decida optar por iniciarse nesta aventura, poderá dispor duns 38 clubes de amantes do deporte espallados polas catro provincias. É o caso do Club Sílex, das Pontes, creado no ano 90. Outra opción pode ser a de acudir ao Club de Tiro con Arco de Santiago de Compostela, no que ofrecen información sobre cursos, competicións, eventos, enlaces e modalidades específicas como as de poleas ou arco recurvo.
GALITUR SPORT Progreso, 60, 13 988 269 544 www.galitursport.com CLUB SÍLEX As Veigas (As Pontes) 661 408 973 www.arcosilex.org FEDERACIÓN GALEGA DE TIRO Avda. Castelao s/n 981 314 165 www.fgta.es
12 exit
B barra e mesa
Comer
xornal de galicia. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
cociña galega no xapón
Nouvelle cuisine
Mostra
madrid fusión
O galego Xosé Torres Cannas, do restaurante Pepe Vieira, amosou en Tokio platos tradicionais galegos
Os mellores cociñeiros do mundo danse cita esta semana en Madrid para estudar novas técnicas e receitas
non amoles máis: como aquí, en ningures A DIETA ATLÁNTICA PISA FORTE E RóUBALLE TERREO Á FAMOSA, e oficial, DIETA MEDITERRÁNEA ANA CAMIÑO. a coruña
[email protected]
Peixe, mariscos, ovos, verduras en cantidade e unha alta inxesta proteínica fan da dieta atlántica unha opción alimenticia cada vez máis coñecida en España, que fai fronte á archicoñecida e galardoada dieta mediterránea. Os nados a carón do océano Atlántico teñen,
disque, unha das mellores dietas do mundo. Entre eles, os galegos. De todas as características que fan única esta alimentación e que a diferencian doutras, especialmente coa súa rival directa, a mediterránea, destaca a de que quen lle dá uso, literalmente, “goza da comida como un dos maiores placeres”. Poderíamos parar aquí mesmo de explicar por que os galegos comemos dieta atlántica e non mediterránea, cando com-
partimos a maioría dos alimentos cos do outro extremo do mapa. Únese o gusto pola sinxeleza na preparación dos alimentos coa fin de manter as súas propiedades de sabor e, especialmente, as nutritivas. Aquí reside a nova clave. Nutritivamente, a dieta atlántica supera as cualidades da mediterránea, ao disminuír a inxesta de graxas e aumentar o consumo de froitas e verduras, tranto en cru coma cociñadas. As verduras e hortalizas, máis próximas ao grelo ou as verzas que ás espinacas, moito máis mediterráneas, son parte esencial da comida atlántica, sustentada en gran parte no que poderiamos denominar “formato guiso”, ese po-
taxe a base de hortalizas e patacas no que todo, ou case todo vale. Representa a combinación das características desta dieta: unha base de hortalizas e patacas que se combina con carne ou peixe. Todo cociñado a lume lento, durante moitas horas, pola paciente galega que dedica a mañá enteira, fronte á cociña, a preparar a mellor comida. Por riba da carne, quen practican o atlantismo gastronómico, prefiren o peixe. Azul ou branco, as fresquísimas pezas que se exhiben a diario nas lonxas á beira do atlántico son ben dignas, dende logo, de seren cociñadas. Xunto coa pescada ou a sardiña, ben galega, completamos o menú semanal cunha inxesta de mariscos, cefalópodos e moluscos dos que dan boa conta os mariñeiros galegos, que rescatan sempre parte das capturas para o fogar. Berberechos, mexillóns, chocos, calamares e o máis célebre, o pai das feiras galegas, o polbo, converten ao mar no protagonista absoluto da dieta atlántica. A pouca carne que se consome, a maioría roxa, provén de explotacións caseiras que multiplican a calidade das reses que logo lucen nos escaparates dos restaurates. Escaparates, por certo, bo exemplo do gusto atlántico por comer.
Durante cincuenta anos foi estanco, cantina, e almacén de sal, agora é un lugar agradable onde comer, cear ou tomar un café cunha torta caseira. Nun contorno natural privilexiado, pero tamén cunha coidada decoración, que non esquece detalle. Os pratos protagonistas son os da gastronomía tradicional do
Eume, como os peixes, entre eles a robaliza salvaxe, que preparan con arroz. Tamén hai un lugar preferente para as sardiñas, afumadas ou lañadas. E non falta a costrada, unha empanada de varios pisos con capas de carnes e mariscos, que é típica da zona. Para o postre non queda nin sitio, pero paga a pena facerllo.
t
toma nota
Guiso de calamares con mexillóns o que precisas 12 calamaretes medianos 12 mexillóns 1 cebola 2 dentes de allo 1/2 pemento verde 1/2 pemento vermello 2 patacas medianas 1 vaso de viño branco 2 vasos de auga Aceite Pementa branca Pirixel picado Sal
como facelo
Para comezar, debes picar toda a verdura moi fina e poñela a sofritir nunha pota con aceite. Nese momento, bótaselle o sal e déixase fritir ata que estea pochada. Cando tome cor, engade os calamares limpos y troceados, sen os tentáculos. Refoga todo e engade o viño e a auga. Incorpora as patacas peladas e troceadas, sal, e deixa cocer a lume maino uns 40 minutos. Engade os mexillóns limpos e espera ata que se abra –un par de minutos será suficiente–. Mentres tanto, frite os tentáculos, engádelles pirixel picado e vérteos no guiso. Bo proveito e feliz comida atlántica! l
unha opción
Cantina Río Covés situada nunha pequena enseada a carón de pontedeume, este restaurante serve tanto para gozar da boa mesa, como do bo viño e dunha magnífica vista. Na súa terraza, ou no interior, pódense comer platos tradicionais cun toque de modernidade
víctor jove
Recomendacións costrada 14 euros
migas de bacallao con verza galega 11 euros
torta de amÉndoa con froitos secos 14 euros
EXIT 13
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
M MODA
Tendencias
NUN FILME DE R. J. CUTLER
DE VARVATOS
VOGUE ESPIDA
FRANZ FERDINAND Á MODA Franz Ferdinand pon cara á campaña Spring summer 2009 de John Varvatos, con imaxes en Nova York en branco e negro
The September Issue, filme de R. J. Cutler, desvelará os grandes segredos da revista de moda máis prestixiosa, Vogue
NON PENSES, DISPARA! OS SEAREIROS DAS CÁMARAS LOMO ESTÁN POR TODO O MUNDO. NON DEIXAN DE TIRAR FOTOS. FAN COMPETICIÓNS E TEÑEN MESMO UN IDEARIO PROPIO NATALIA ARIAS. A CORUÑA
[email protected]
Nunha época na que todo se mide en megapíxeles, a música se escoita en Ipod e s series se ven online, pódese estar á última sen abandonar a brecha dixital. As regras son simples: non pensar, disparar e, sobre todo, non facer caso das regras. Son algunhas das consignas do movemento lomográfico, que conta xa con máis de 500.000 seareiros en todo o mundo. Tolos pola fotografía que se resisten a deixar a cámara analóxica. Que hai que facer? O primeiro, adquirir unha cámara Lomo e un carrete –dende 40 euros en diante pódese mercar unha de múltiples obxectivos, subacuática ou con efecto ollo de peixe–; o segundo, soltarse, ser espontáneo e non pensar nos resultados; tirar fotos sen mirar polo visor e sen preocuparse polo resultado ou pola técnica, porque, en calquera caso, as imaxes que se obteñan estarán cheas de cores saturadas, bordos difuminados e movemento. Se quedas fascinado, a cousa non remata aí, porque po-
derás formar parte do club. A Sociedade Lomográfica Internacional conta con 50 lomoembaixadas en trinta países distintos. Organiza eventos internacionais cada dous ou tres anos e campionatos de fotografía en cada sede, amais de por internet (www.lomography.com). En Madrid e Barcelona, Lomo ten tendas propias e galerías, pero, ademais, pódense mercar modelos tan codiciados como as míticas Holga ou L-CA –que está a piques de desaparecer– por internet (www. lomospain.com) ou en tendas que como Cascanueces, na Coruña.
AS LOMO USÁBANSE PARA FOTOGRAFAR DOCUMENTOS NA URSS, DE AÍ A LUMINOSIDADE DA LENTE. ALGÚNS DIN QUE ERAN AS CÁMARAS DA KGB
TODA UNHA HISTORIA Lomo era unha marca de cámaras soviéticas que se empregaban para fotografar documentos, algúns din que pola KGB. O goberno da URSS fabricounas masivamente e distribuíunas entre a poboación, pero coa caída do muro deixaron de producirse ata que en 1991 dous estudantes vieneses as redescubriron e conseguiron poñer de novo en marcha a fábrica de San Petersburgo. Dende o 2006, as Lomo veñen, como case todo, de China, pero o movemento, lonxe de desaparecer, segue a medrar cada día.
CADUCADO PERO ORGULLOSO
COMMON
PEOPLE As tendencias non só as marcan os deseñadores. Todos temos roupa da que non nos despegamos, aínda a risco de chiste. Tamén podes facer de coolhunter pola rúa. Envíanos as túas propostas, mellor con foto, a
[email protected].
Luis de Soto
Pablo Castiñeiras
María Cortijo
23 años. Estudante
35 años. Drack queen
26 años. Socióloga
Gafas de pasta, xersei de rombos, perrera ladeada. Case sacado dun instituto americano dos 50. Mándovos a miña proposta casposa.
Non se pode dicir que o meu look de festa sexa o máis convencional; pero dende logo ninguén negará que, de noite, capto todas as miradas.
Mándovos a foto dun dos moitos friquis que te podes atopar cando comeza a saír o sol na rave do Solsticio de verán, en Amsterdam. A foto é do 2007.
14 EXIT
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
L
TEBEO ESPAÑOL DE SEMPRE
O NOVO DE PACO ROCA
BAKER DE BALDE
LER OU NON
Cómic
AS RÚAS DE AREA
Kile Baker vén de publicar no seu blog, para consulta gratuíta, I Die at Midnight e o comezo de Special Forces
O gañador do Premio Nacional de Historieta en 2008 traballa xa nunha nova serie, que sairá directamente para Francia
CARL BARKS, RECEITA ACEDA PARA DONALD
L
LER CON NENAS
Conto recuperado MONTSE PENA PRESAS. CRÍTICA
PLANETA RECOMPILA POR PRIMEIRA VEZ EN CASTELÁN, TODA A OBRA DO MESTRE DOS PATOS A. LOSADA. A CORUÑA
[email protected]
Carl Barks (1901-2000) foi leñador, remachador nun taller ferroviario, granxeiro e recolector de cirolas, e tamén debuxou de 1942 a 1966 os cómics do Pato Donald que asinaba Walt Disney. Non creou ao célebre palmípedo, pero moldeou a súa personalidade e fi xo nacer á súa moza Daisy, ao avarento Tío Gilito (Uncle Scrooge) e aos Golfos Apandadores (Beagle Boys). Aínda que está considerado por críticos e profesionais como un dos mestres do humor en viñetas, foi un ilustre descoñecido para o público. En España, os nenos dos 80 e os 90 puideron ver o seu traballo nos cadernos Don Miki, e inspirou a serie de televisión Patoaventuras. Agora, por vez primeira en castelán, Planeta de Agostini comeza a publicar unha recompilación cronolóxica das súas historias, a Biblioteca Carl Barks. Forneceu aos personaxes dun aire de galopíns moi afastado dos doces protagonistas dos autonomeados clási-
cos da Disney. O seu Donald non é o parvo irado das curtametraxes, senón un pícaro teimudo, que sempre busca o camiño doado e sempre fracasa. Vive rodeado doutros patos que simbolizan sentimentos moi humanos, como a incorruptible avaricia do Tío Gilito ou a vaidade do seu curmán, Narciso Bello (Gladstone Gander). Todo un zoolóxico que Barks emprega para construír argumentos nos que o humor gamberro pesa máis que a moralina, cunha narrativa sinxela pero eficaz e cuns diálogos dos que poderían aprender moitas comedias televisivas. BO DEBUXANTE DE PATOS Barks era humorista gráfico nun xornal local de Oregón, pero o seu o primeiro traballo na Disney no estivo relacionado coa arte secuencial. En 1935 comezou como intercalador, os que enchen os movementos dos debuxos animados entre dúas posicións clave, aínda que rematou ocupándose dos guións de varias curtametraxes. En 1924 deixou a
Unha das páxinas de Barks para o Pato Donald
empresa, descontento coas condicións laborais, pero non puido dicir que non cando lle ofreceron ocuparse do guión e os lapis das historietas de Donald. Tras uns comezos moi lastrado pola forma de facer as cousas nos debuxos animados, Barks colleulle o pulso á narrativa do cómic e chegou a dominala con mestría. Tamén logrou, sutilmente, facer seu o estilo Disney de debuxo, ata o punto de que, as veces que intentaron substituílo por outro na serie, os lectores escribían pedindo que regresase “o bo debuxante de patos”, o que sabía dotalos de carisma.
Biblioteca Carl Barks Carl Barks
Os numerosos seguidores e seguidoras de Eduardo Galeano contan cun novo instrumento para transmitir aos máis novos a maxia dos relatos deste feiticeiro da palabra. Historia da resurrección do papagaio é unha lenda brasileira que o autor urugaio recolleu en Las palabras andantes (93), mais que agora se converte nun fermoso álbum ilustrado da man de Kalandraka grazas ás orixinais imaxes de Antonio Santos. Fotografías de grandes figuras de madeira, colocadas en diversas posicións buscando a sorpresa do lectorado, e o xogo con diferentes tonalidades da cor para expresar estados de ánimo son as grandes bazas destas ilustracións que seducen tanto coma axudan a visualizar a historia. Unha historia en que a casualidade e a concatenación de sucesos se cinguen para amosar que a natureza e a humanidade unidas son capaces das mellores cousas.
EDITORIAL: PLANETA DEAGOSTINI PÁXINAS: 268 PREZO: 25,00
BREVEMENTE Kimagure Orange Road Izumi Matsumoto
Gorka. El viento de Odei Portela / Iglesias / San Julian
Recortes de hostias Mauro Entrialgo
EDITORIAL EDITORIAL
EDITORIAL
DOLMEN
GLENAT
PÁXINAS
DE PONENT
PÁXINAS
180
PÁXINAS
352
PREZO
62
PREZO
15 ¤
PREZO
9,95 ¤
Un triangulo amoroso entre dúas mozas e un rapaz con poderes telequinéticos é o punto de partida deste clásico dos mangas románticos
Un cantar de liberdade e unha das mellores obras do xénero fantástico asinada en España, e por un guionista galego, Carlos Portela
17 ¤
Reedición dun traballo de Entrialgo do ano 2002. Pequenas doses de filosofía cotiá que fan sorrir e pensar a un tempo
EXIT 15
XORNAL DE GALICIA. Suplemento de lecer. 23 de xaneiro de 2009
I INTERNET
Ocio binario
ASÍ SERÍA ‘DARK KNIGHT’ PARA A NES
É MICKEY E TAMÉN É UN CAMIÓN
WAYNE EN 8 BITS
MOUSE PRIME
Un lusófono imaxinou como sería un xogo da NES baseado na última peli de Batman. Digno de verse: elmacbee.blogspot.com
Na sección de xoguetes bizarros, este cruce entre o rato da Disney e o líder dos autobots. Pódese ver en Amazon
e
eLIFE
L4D
ANONYMOUS.
[email protected]
ENSINA FOTOS SEN TORTURAR AOS AMIGOS ANIMOTO PERMITE CREAR VÍDEOS CON CATRO CLICS PARTIR DE IMAXES, TEXTOS E MÚSICA A. LOSADA. A CORUÑA
[email protected]
Se es dos que gustan de ir coa cámara de fotos a todas partes e documentar todos os sitios polos que pasas, a maxia da internet pode axudarche a amosárllelas aos teus amigos sen necesidade de tenderlles trampas en forma de convite a cear. Podes subilas ao teu Facebook –ou equivalente– e deixalas languidecer alí, ou podes ir a www.animoto. com e montar un moi bo videoclip con catro golpes de rato. Animoto é unha ferramenta á que o prestixioso blog de tecno-
loxía e trebellos TechCrunch vén de entregarlle o premio Crunchie 2009 ao mellor deseño. Ten un funcionamento moi sinxelo, súbense á web as fotos para amosar, ordénanse, engádenselles comentarios de texto aló onde se queira, pónselles un tema musical para ambientalas –ou escóllese entre os que están dispoñibles e libres de dereitos na propia web–. Con estes datos, o programa fai a súa alquimia numérica e monta un videoclip en cousa de minutos. As fotos aparecen, respectando a orde indicada, con fundidos, zooms e
movementos laterais que van pasando ao ritmo da música. Non queda profesional, pero case, o suficiente para enganar a calquera que non saiba moito de edición de vídeo. Todo o proceso é gratuíto, e permite crear vídeos de 30 segundos de duración –o mesmo que un anuncio da tele–, aínda que existe a posibilidade de pagar para facer montaxes máis longas EN PLENA WEB 2.0 Tal invento está na rede dende o verán de 2007, pero nos últimos tempos vén de experimentar importantes cambios empresariais. Dende marzo de 2008, Animoto está integrando no Facebook (pero non nos seus competidores, desta vez). O seu sistema permite compartir as contas dun e doutro para que a web de vídeos colla directamente as fotos que subamos á rede social, e ao revés, as montaxes resultantes poden colgarse directamente no muro do Facebook. Outra opción para compartir estas pequenas creacións de vídeo é o Youtube, algo que pode facerse directamente dende Animoto.
OPCIÓNS PARELLAS Slide Non ten resultados tan videoclip como Animoto, pero é compatible con case todas a redes sociais e non exixe rexistrarse para empregalo: www.slide.com
Rock You Foi o primeiro widget de Facebook en permitir montaxes de fotos, e aínda existen moitos usuarios que o empregan. Non ten en conta o ritmo da música: www.rockyou.com
Photobucket A mellor alternativa para almacenar imaxe e vídeos, en activo dende 2005. Non permite facer montaxes, pero si enlazar fotos en calquera outra páxna web: www.photobucket.com
OS XOGOS DA SEMANA
KNOTHOLE ISLAND
SKATE 2
FAMILY PARTY
SPECTROBES...
+16 años, para descarga, 360
+16 anos, 69,95€, 360 / PS3
+3 anos, 29,99€, Wii
+7 anos, 39,95 €, DS
Primeira expansión de contido para Fable 2. Máis obxectos, monstros e zonas que explorar
Máis liberdade para moverse e un control da táboa máis realista que na primeira parte
Unha colección dos clásicos xogos de taboleiro da marca Hasbro. Para festas na casa
... Ás portas da galaxia. Segunda entrega desta aventura infantil desenvolvida por Disney
El último bombazo de Valve es un juego en primer persona llamado Left 4 Dead. Bombazo, porque entra de lleno en un campo que se ha dejado prácticamente de lado desde hace muchísimo tiempo, el juego cooperativo, y porque toca una temática que se ha vuelto a poner de moda, el género zombi. Lo cierto es que el juego tiene su miga, los zombis en general permanecen apáticos hasta que te descubren, momento en que se lanzan hacia ti a toda velocidad al más puro estilo 28 días después, garantizadas subidas de adrenalina y algún que otro infarto. Además han añadido zombis con poderes especiales, unos que atacan a distancia, otros que te saltan encima, el típico gordito que tiene la manía de explotarte al lado, el zombi supercachas tipo Virus G que te pone de verano, y por último una zombi solitaria sobre la cual el propio juego te advierte –“la próxima vez no la molestes”– cuando ya te ha dado sopapos hasta en el certificado digital. Pero lo que más me ha gustado son los eventos de la horda. Y créanme, el nombre es perfecto. En determinados momentos te ves obligado a realizar algo como llamar a un ascensor o activar algún mecanismo, que va a resultar muy atrayente para todos los zombis de los alrededores, saliendo disparados a toda velocidad a por ti, y en masa. O quizá no sean zombis, solo infectados...
sumario portada. Pasaporte bizarro
pax.2-3
Trapalleiros, sucios, ruidosos e bastante friquis. Os grupos do underground galego reúnense arredor de Galician Bizarre.
música. Ao vivo
pax.4-5
O neiorquino Elliott Murphy presenta en Ferrol o seu novo disco nunha fin de semana inzada de concertos por toda Galicia. Ti decides.
pantallas. Cine
pax.6-7
DiCaprio e Winslet, xuntos de novo once anos despois de Titanic, interpretan a unha parella en caída libre no último de Sam Mendes.
axenda. Fin de semana
pax.8-9
The Blows, Elliott Murphy, Los Coronas, algunha novela, algo de cinema. Un sarillo de propostas para sobrevivir a esta fin de semana.
exteriores. Viaxes
pax.10-11
Descubre Malta, un arquipélago cheo de luz e cor, plató natural para multitude de filmes. Hai Malta alén da histórica goleada dos españois.
BARRA E MESA. Comer
pax.12
Deixa de buscar porque o menú perfecto estaba na túa propia casa. A dieta atlántica, a dos teus avos, cómelle terreo á mediterránea.
Moda. Tendencias
pax.13
Inventáronas na URSS pero non caducan. As cámaras Lomo seguen a sumar seareiros en todo o mundo. Outro xeito de ollar.
ler ou non. Cómic
pax.14
Recompilan por primeira vez en castelán toda a obra de Carl Banks, o popular debuxante do Pato Donald e o Tío Gilito, entre outros.
internet. Ocio binario
pax.15
Con Animoto, un dos prestixiosos premios Crunchie 2009, acabouse torturar aos amigos con fotos de viaxes. Agora, faino con vídeos.