El Globo

  • Uploaded by: cucacambados
  • 0
  • 0
  • December 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View El Globo as PDF for free.

More details

  • Words: 570
  • Pages: 29
O coello ergueuse contento aquela mañá

Facía sol, corría un ventiño e, sobre todo, ía ter todo o tempo que quixera para gozar de aquel fermoso globo que lle regalaran

Camiñaba feliz polo prado, cando de repente atopou unha moeda. Hoxe, pensou, é o meu día de sorte

Agachouse para recollela e nun descoido, o globo fuxeulle polo aire

Correu atrás del pero o globo subía e subía tan lixeiro que nada puido facer para recuperalo.

Pero case non lle dou tempo a poñerse triste. Mirou a moeda que atopara e foi correndo mercar outro .............. E máis grande!!!

Volveu de novo ao seu paseo, e de novo a ter sorte! Xa que un pouco máis alá atopou, xustiño diante dos pés, unha cenoria..

Pero esta vez tomou as precaucións necesarias e, antes de agacharse a collela, atou o globo ao rabo

De súpeto, un refacho de vento empurrou con tal forza, que levou consigo ao globo e ao coello que estaba amarrado a el.

O vento non parou e levou ó globo e ó coello ata os montes que se vían alá ó lonxe dende a súa casa. É máis alá dos montes.... É máis lonxe.....

... Levouno

tan lonxe que atravesou, cheo de medo, o país, o Mar Mediterráneo , Italia, Grecia, Rusia, os Países Nórdicos, outro mar, Inglaterra e Francia....

... onde por sorte

para el, quedou enganchado na Torre Eiffel de París.

En París traballou de gaiteiro, de albanel, de electricista...

Ata que xuntou os cartos suficientes para mercar un billete de tren (Non quixo volver en avión porque xa viaxara abondo polo aire, ainda ó seu pesar), e volveu á casa.

A súa aventura foi recollida por todos os periódicos, case todas as revistas, e a televisión.

... E aínda hoxe, que xa leva lentes porque non ve ben, ten un “sonotone” porque oe fatal, e anda con bastón porque as pernas non lle responden tan ben como quixera .... Segue a contar, día sí e día tamén, que...

Dunha volta, cando aínda era novo, cun globo de cor verde atado no rabo...

Percorreu case todos os países de Europa ata que ó pasar por Francia quedou enganchado na Torre Eiffel de París.

E que alí traballou de camareiro, de músico e de pintor.

Ata que xuntou cartos para pagar un billete de tren (Pois estaba canso de tanto voar) co que volveu á casa.

E foi recoñecido, e saeu nos periódicos, nas revistas e na televisión....

E aínda agora que xa vai vello, leva lentes porque non ve ben e ten un audífono porque oe fatal, e camiña coa axuda dun bastón porque as pernas non lle responden como deberan... Conta, un día sí e outro tamén, que...

Que hai moito tempo, cando aínda era novo, cun globo de tres cores e forma de estrela...

Percorreu un montón de países ata quedar enganchado na torre Eiffel, en París.

E alí, en París, traballou de mecánico, paiaso, de vendedor...

Para mercar un billete de tren (non lle gustaba viaxar polo aire) e volveú á casa convertido en famoso.

E saiu nos xornais, nas revistas e na televisión.

E aínda hoxe que xa vai bastante vello, leva lentes porque non ve ben e ten un sonotone porque oe fatal, e camiña coa axuda dun bastón porque as pernas non lle responden como a el lle gustaría... Segue a contar, un día sí e outro tamén, que...

Related Documents

El Globo
June 2020 9
El Globo
December 2019 19
Globo
June 2020 11
Globo
October 2019 21
El Globo Blanco
November 2019 18
El Debate Del Globo
December 2019 15

More Documents from ""

April 2020 19
December 2019 25
El Globo
December 2019 19
Caperucita
May 2020 11
Gato Busca Amigo
April 2020 11
El Pastor Y El Demonio
April 2020 17