CPI MARCELINO A. REY GARCÍA (CUNTIS)
CURSO 2007-08
Jordi Sierra i Fabra (Barcelona, 1947) dirixiu as principais revistas de música rock nos anos setenta. Ten publicadas máis de trescentas novelas, recibiu numerosos premios literarios, sendo o autor infantil e xuvenil que máis libros ten vendido no Estado Español e en grande parte de Latinoamérica. En galego traducíronse as seguintes unha ducia de obras como O gardián da lúa (1994); Aydin (1995), Premio Edebé de Literatura Infantil; Nun lugar chamado guerra (2003); Que serei de maior? (2003); Durmido sobre os espellos (2003) e Chamando ás portas do ceo (2006), Premio Edebé de Literatura Xuvenil. A novela Do outro lado do espello (A l´altra banda del mirall" no orixinal catalán) foi recoñecida co Premio Ramón Muntaner 2003 e o Premio Protagonista Jove 2005.
Jordi Sierra i Fabra Tradución de Ignacio Chao
GUIÓN DO TRABALLO 1. Resumo do argumento. 2. Describe os personaxes centrándote nas súas reaccións, reflexións e actitudes ante os acontecementos. 3. Comenta os seguintes fíos argumentais que aparecen na historia: - a(s) amizade(s). - as relacións coa familia. - a vivencia do sexo. - os plans de futuro. 4. Marisa enfróntase ao espello ao longo de todo o relato. Que significa esta metáfora? 5. O autor reproduce estereotipos xuvenís como o da mocidade anguriada ante os problemas que aparecen no día a día e ante un futuro incerto. Esta imaxe ten algo de real e algo de tópica. Ti que opinas? 6. En relación ao anterior, preséntase unha mocidade moi analítica fuxindo desoutra imaxe máis impulsiva da xente nova. Son reais esas dúas facetas? Cal é a imaxe que se ten da xuventude no mundo adulto? 7. Que reflexión che suscita o proceso de descubrimento da identidade sexual vivido pola protagonista? E o modo de presentar esta temática, tabú para moita xente? 8. Que opinión che merece a novela? (imaxina que tes que elaborar unha crítica para ser
publicada, argumenta a túa valoración!). Román Cerqueiro Landín
Dpto. Lingua Galega