Deportena Escola2007 Revisado[1]

  • October 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Deportena Escola2007 Revisado[1] as PDF for free.

More details

  • Words: 5,324
  • Pages: 25
INTRODUCIÓN: Entre as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia no Deporte, atopámonos coa responsabilidade da formulación dos criterios que con carácter xeral determinarán a actuación deportiva no eido do deporte escolar. A actuación da administración no ámbito do deporte escolar debe entenderse como unha das manifestacións máis importantes do deporte, tendo en si mesma unha función transcendental na educación integral das nenas e nenos. O concepto xeral de deporte escolar debe fundamentarse nun desenvolvemento harmónico, a través da vivencia dunha actividade físico deportiva axeitada ás idades escolares, co obxectivo xeral da consolidación duns hábitos de conduta saudábeis en torno á actividade físico-deportiva, que posibiliten unha continuidade na práctica do deporte en idades posteriores. En relación a estes criterios xerais, a participación das nenas e nenos na práctica deportiva e outras actividades físicas debe garantir o dereito universal a estas actividades, ao mesmo tempo que os métodos e plans de traballo deben garantir a consolidación dos valores educativos do deporte. Estes principios xerais falan de deporte e educación, ou de educación e deporte, e demandan unha actuación transversal no desenvolvemento deste proxecto, co obxectivo de poder consolidar os valores educativos do deporte nunha etapa tan importante para os nenos e nas nenas como é a súa vida na etapa da educación obrigatoria.

Dende a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e a Consellería de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral para o Deporte, preséntase a necesidade de abrir un novo camiño ao deporte escolar, o cal centrará os seus obxectivos principais nos seguintes aspectos: 1.- O deporte escolar, como concepto global, debe entenderse como un complemento ao desenvolvemento educativo da nena e do neno, garantindo o seu acceso universal, ao tempo que satisfaga as necesidades individuais de cada deportista. Baixo este prisma o deporte escolar estará orientado a: • Unha educación integral dos nenos e nenas en condicións de igualdade. • A consecución dunhas condicións físicas e uns hábitos deportivos que faciliten a continuidade no deporte. • A consolidación de hábitos de práctica de actividade físico deportiva que servirán para formar ao neno ou nena nun modelo de vida saudábel. 2.- A presente proposta para o deporte escolar en Galicia busca a implantación destes obxectivos mediante o desenvolvemento dun programa de deporte escolar que equilibre o ámbito de actuación da totalidade do país, adaptándose ás características sociodemográficas de Galicia e respectando en todo momento os principios xerais deste proxecto. 3.- De forma xeral o inicio á práctica da actividade físico deportiva debe fundamentarse no contorno habitual e natural dos nenos e nenas a través dunha opción polideportiva que permita adquirir, a través de varias experiencias un desenvolvemento harmónico e equilibrado no deporte, ao tempo que posibilite a continuidade dos diversos itinerarios que se atopan hoxe no novo escenario do deporte. 4.- Esta proposta sobre o programa de deporte escolar contempla a necesidade de implicación dos diversos axentes vinculados ao deporte, coa premisa fundamental de que este proxecto debe consolidar os centros escolares como núcleo básico e alicerce fundamental para a iniciación na actividade físico deportiva. Para o cal é fundamental a integración desta actividade no

Páxina 2 de 25

proxecto educativo do centro e consolidar unha actuación directa do profesorado. Novos itinerarios no deporte escolar: O novo proxecto que se presenta pretende ampliar os itinerarios de acceso á práctica deportiva, e neste sentido é importante poder establecer un itinerario formativo para o deporte, o cal dea resposta á diversidade de inquietudes e motivacións no deporte, e no cal teñan cabida, nun proxecto de complementariedade, todos os axentes implicados no deporte. Así, os clubs deportivos dende os de base ata os de elite, as federacións deportivas, e tantas outras entidades e institucións públicas e privadas que traballan no deporte, deben atender a necesidade de potenciar un traballo conxunto que promova e complemente as actuación deportivas, evitando a duplicidade das actividades, e sobre todo, entendendo que o principal valor do deporte na iniciación é a participación. Neste proxecto de complementariedade do deporte escolar nos diferentes itinerarios que oferta a realidade deportiva, é importante traballar na actuación conxunta de accións de fomento da práctica deportiva, polo cal o presente proxecto busca: •

Consolidar a vinculación do corpo docente do profesorado de educación física da ensinanza primaria e secundaria á dinamización do deporte escolar.



A mellora da formación dos técnicos vinculados ás estruturas deportivas.



O desenvolvemento da capacidade de viveiro formativo que posibilita este programa para as demandas das estruturas deportivas actuais tales como árbitros, directivos, etc.

O actual proxecto de deporte escolar considera diferentes itinerarios de práctica deportiva en función das idades dos alumnos e alumnas, para o cal se establecen os seguintes programas: DEPORTE NA ESCOLA: ACTIVIDADE POLIDEPORTIVA-CULTURAL.  COPETICIÓNS DEPORTIVAS EN IDADE ESCOLAR. 

Páxina 3 de 25

BASES XERAIS: 1.- PARTICIPANTES : Poderán inscribirse no proxecto de actividade polideportiva – cultural, todos os centros de ensino de Galicia que correspondan ás seguintes categorías. 2.- CATEGORÍAS:    

A: Alumnado 3º - 4º de primaria B: Alumnado 5º - 6º de primaria C: Alumnado 1º - 2º ESO D: Alumnado 3º - 4º ESO

Todas e todos os participantes terán que xogar na categoría que lles corresponda atendendo ao curso no que estean matriculados. As e os xogadores dunha categoría inferior poderán participar con equipos de categoría superior co obxectivo de poder completar os equipos. 3.- COMPOSICIÓN DE EQUIPOS Os equipos estarán compostos por un mínimo de 20 deportistas dun mesmo centro educativo, respectándose a condición de equipos mixtos nas categorías A e B, tanto na composición como na participación. Na categoría C e D, os equipos serán masculinos e femininos. Co obxectivo de garantir a máxima

Páxina 4 de 25

participación, a composición dos equipos poderá ir rotando entre todo o alumnado do centro, mantendo o criterio que en cada xornada deberán participar os equipos con 20 deportistas. En caso de existir modificación nos deportistas que compoñen o equipo para o desenvolvemento dunha xornada, o responsable do centro deberá emitir o certificado de inscrición a través da “web – www.deporteescolargalego.org”. Os cambios deberán ser actualizados cando menos con 48h de antelación. Excepcionalmente, cando un centro non dispoña do alumnado suficiente para formar o equipo poderá agruparse con outro colexio da zona, previa autorización polo Servizo Provincial de Deporte. Cada centro educativo poderá participar no programa de actividade polideportiva - cultural cun máximo de dous equipos por categoría. EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADE POLIDEPORTIVA

CATEGORIA “A”

Alumnado de 3º e 4º curso

CATEGORIA”B”

Alumnado de 5º e 6º curso

EDUCACION SECUNDARIA CATEGORIA “C” CATEGORÍA”D”

Alumnado de 1º e 2º de ESO

Actividade POLIDEPORTIVA. Equipos mixtos. Aulas deportivas: xogo tradicional, ximnasia, patinaxe. Actividade POLIDEPORTIVA. Equipos mixtos. Aulas deportivas: xogo tradicional, ximnasia, patinaxe. ACTIVIDADE POLIDEPORTIVA Actividade POLIDEPORTIVA. Equipos masculino Equipos femininos. Aulas deportivas: xogo tradicional, ximnasia, patinaxe.

De haber prazas sobrantes nas Aulas deportivas, poderán inscribirse todos os centros de ensino independentemente de que participen no Programa do Deporte na Escola. BACHARELATO

ACTIVIDADES NA NATUREZA Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

Novas prácticas deportivas.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES NA NATUREZA E DE AVENTURA PARA BACHARELATO

Páxina 5 de 25

Ao longo do segundo trimestre do curso para o alumnado de Bacharelato, a Consellería de Cultura e Deporte a través Dirección Xeral para o Deporte vai convocar un programa especial baseado nas actividades de natureza e aventura (sendeirismo, escalada, montaña, bicicleta, parapente, vela.....). Estas actividades faranse mediante unha programación trimestral e a inscrición será individual. 4.- DEPORTES E ACTIVIDADES INCLUÍDOS: Modalidade

Categoría A Elixir 4 mod. Bádminton Optativa Baloncesto Optativa Balonmán Optativa Fútbol sala Optativa Voleibol Optativa Xadrez Optativa Xogo cultural Fixa Modalidades trimestrais Atletismo Trimestral Natación Trimestral

Categoría B Elixir 5 mod. Optativa Optativa Optativa Optativa Optativa Optativa Fixa Trimestral Trimestral

Categoría C, D Todas obrigat. Fixa Fixa Fixa Fixa Fixa Fixa Fixa Trimestral Trimestral

Nas categorías A (alumnado de 3º- 4º de primaria ) e B (5º - 6º de primaria) a composición do equipo e a participación será mixta nun programa polideportivo único. A actividade será masculina e feminina na categoría C, (Alumnado de 1º- 2º da ESO) e D (Alumnado de 3º - 4º da ESO). Nas categorías C e D, en casos excepcionais de participación, logo de presentar solicitude individual ante a Dirección Xeral para o Deporte, xunto coa autorización paterna/materna, poderase autorizar a participación de deportistas femininas en equipos masculinos.

Páxina 6 de 25

5.- INSCRICIÓNS: A inscrición formalizarase a través da aplicación informática que se atopará dentro da páxina web www.deporteescolargalego.org. Para poder acceder ao procedemento de inscrición, o responsábel, ou coordinador/a do centro deberá solicitar a clave de acceso a través da web. O sistema de inscrición enviará as claves para acceder ao programa e cada centro poderá realizar a inscrición no programa dos nenos e nenas, así como na diversidade de modalidades ou categorías. De cara a facilitar este procedemento de inscrición, os Servizos Provinciais de Deportes atenderán individualmente todas as necesidades derivadas deste procedemento. A inscrición por parte do Centro Educativo no programa leva implícito a obriga de aprobación por parte do Consello Escolar do Centro, co obxectivo de incluír o ámbito de responsabilidades, tanto civil (dos profesores) como da atención sanitaria (dos nenos e nenas participantes) a través das coberturas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.- DOCUMENTACIÓN: Cada centro deberá facilitar a través do procedemento de inscrición os seguintes datos: o Datos completos do Centro educativo (segundo programa de inscrición). o Datos dos ou das responsables do centro. o Datos dos alumnos ou alumnas inscritas no programa. O responsábel do Centro garantirá que os datos de cada alumno ou alumna corresponden á realidade (especificamente os datos de idade e/ou curso no cal se atopa).

Páxina 7 de 25

Certificado de inscrición para participar: Unha vez confirmada a inscrición do equipo no programa, o/a responsábel do centro, deberá imprimir o certificado de inscrición que de forma automática facilita o programa de inscrición. En caso de estar inscritos máis de 20 deportistas ou de facer cambios nas inscricións, deberase entregar relación dos 20 participantes ao inicio de cada xornada. 7.- ORGANIZACIÓN E FASES: A Dirección Xeral para o Deporte, a través dos Servizos Provinciais e das agrupacións deportivas da zona, organizará se fose necesario polo número de inscricións, encontros local-comarcais, provinciais e o encontro da xornada galega no programa polideportivo-cultural das categorías indicadas. As fases local-comarcais serán organizadas por cada agrupación en coordinación co servizo provincial. Ao encontro provincial asistirán os centros que se acorden nas agrupacións respectivas. Á xornada galega asistirá un centro de cada provincia e categoría elixido entre os participantes no encontro provincial. As xornadas do programa de actividade polideportiva cultural deberán ter lugar nunha xornada única calquera día da semana, seguindo os criterios básicos establecidos no presente regulamento. Cada centro educativo participante na competición ten a obriga de presentar unha instalación para o desenvolvemento da xornada deportiva. O desenvolvemento da xornada levarase a cabo durante a semana, podendo establecer un calendario para centros que celebren a xornada en horario lectivo, e outro para aqueles centros que realicen a xornada pola tarde ou fóra do horario lectivo. Na mesma xornada de xogo desenvolveranse todos os encontros nun período máximo de 3 horas. Nesta xornada terán lugar todas as modalidades de cada categoría. O atletismo e natación faranse en xornadas aparte.

Páxina 8 de 25

As modalidades deportivas de natación e atletismo desenvolveranse nunha xornada única, onde participarán todos os equipos integrantes no mesmo grupo de competición. Cada equipo presentará a relación de deportistas que participan en cada modalidade deportiva, atendendo ás bases técnicas de cada deporte.

8.- RÉXIME DE AXUDAS: A Consellería de Cultura e Deporte en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, asumen conxuntamente a organización e financiamento do presente programa coas seguintes bases: • • •

A inscrición neste programa é totalmente gratuíta. A organización facilitará en función do calendario de xogo os desprazamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades. Os centros de ensino participantes no programa polideportivo recibiran un vale para material deportivo ao longo do segundo trimestre do curso.

9.- NORMAS DE COMPETICIÓN: Todos os centros participantes aceptarán as normas establecidas para cada unha das fases. De cara ao establecemento dunha clasificación do programa establece os seguinte criterio de puntuación: a) O gañador de cada modalidade deportiva e da proba cultural obterá 3 puntos e o perdedor 1 punto, en caso de empate 2 puntos para cada un. b) Gañará cada encontro o equipo que obteña a maior puntuación unha vez sumados os resultados de todas as modalidades deportivas e da proba cultural. c) O equipo con maior puntuación da xornada, proclamarase gañador sumando 3 puntos á clasificación xeral. O equipo perdedor sumará 1 punto.

Páxina 9 de 25

En caso de empate no cómputo total da xornada gañará o centro que resultou vencedor no xogo cultural Para computar os resultados das competicións de atletismo e natación procederase da seguinte maneira: a) Unha vez finalizada a xornada de competición de atletismo e natación, establecerase unha clasificación, atendendo ao número de participantes. Os resultados desta competición computaranse na clasificación xeral e logo iranse realizando as diferentes xornadas, de tal forma que un equipo que estea na clasificación de atletismo e natación por riba do seu adversario sumará 3 puntos como gañador de dita modalidade deportiva, e 1 o que estea por debaixo como perdedor. Unha vez sumadas as puntuacións correspondentes a estas dúas modalidades deportivas, poderase establecer o gañador da xornada. Os regulamentos de xogo, sancións, recursos, etc serán os que figuran nas bases xerais e normas técnicas de cada deporte. Así mesmo, todos os aspectos non recollidos nestas normas regularanse pola normativa das respectivas federacións galegas e comités provinciais organizadores. As infraccións das normas xerais de conduta deportiva, así como as cometidas con ocasión ou como consecuencia dos encontros e competicións deportivas, serán comunicadas ante o comité provincial organizador, dentro dos tres días seguintes ao do remate do encontro.

Páxina 10 de 25

Proposta de desenvolvemento dunha xornada “actividade polideportiva – cultural” Colexio A – Colexio B. 00.00 horas 00.15 horas

30 minutos

Presentación equipos y preparación para inicio competición. Pista Aula A –B C–D Voleibol Bádminton

10 minutos

Cambio Xog

5 minutos

Prepa Equipo Pista

01.00 horas

10-3-10 5 partidos minutos

Aula

Minibasket Xadrez (2 xog)

35 minutos 5 minutos

Cambio Xogo

5 minutos

Prepa Equipo Pista

01.45 horas 35 minutos 02.10 horas

Fútbol Sala

5 minutos

Prepa Equipo Pista

Aula

de

5

12-3-12 5 partidos minutos

de

A-B

C–D

Xogo 5+1+5+5+5+1+5 2 partidas (30 m)

Xogo campo C 6+1+6+5+6+1+6 2 partidas (30 m)

A-B

C-D

10+6+10

12+6+12

Comp Cultural

4 parellas 5 preg x parella

Aula

A-B

C

Minibalonmán 5+2+5+4+5+2+5

Balonmán 6+2+6+4+6+2+6

02.25 horas 35 minutos

Balonmán

03.00 horas

Final da xornada. Acta xeral de resultados.

5

Páxina 11 de 25

ATLETISMO: XOGANDO AO ATLETISMO COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS: Cada equipo estará formado por 5 nenos/as do mesmo centro educativo. A categoría A e B será mixta, e a C masculina e feminino. Cada centro escolar participará en cinco probas de concurso e dúas de relevos. 1º PROBA : CARREIRA 10 X 10 Carreira sobre unha distancia de 10 metros que haberá que percorrer 10 veces en ida e volta. Para dar a volta a un cono, situado a ambos extremos. Participara un neno por equipo. Cronométrase o tempo de cada participante. 2º PROBA: SALTOS Saltos continuados laterais cos pés xuntos durante 20 segundos, sobre un obstáculo de goma–espuma, cartón, … etc duns 20 cm. de altura. Participarán catro alumnos/as á vez (4 saltadores conxuntos), un por cada centro. Se o obstáculo é desprazado ou derrubado, o neno ou nena deberá colocalo de novo e continuar saltando. Anotarase o mellor resultado efectuado. 3 º PROBA : LANZAMENTO DE BALÓN MEDICINAL Cada participante realizará dous lanzamentos cun balón de 2 kg cos dous brazos cara atrás por encima da cabeza. Se supera a liña dende onde se lance non se considerará nulo. Cada participante realizará dous intentos e anotarase só o mellor resultado dos mesmos.

4º PROBA: SALTO HORIZONTAL Salto de parado cos pés xuntos dende a liña de saída. Cada participante realizará dous intentos, primeiro unha rolda todos e despois a segunda. Puntuará só o mellor resultado dos dous intentos de cada participante, anotando o salto de maior distancia.

Páxina 12 de 25

5º PROBA: Lanzamento dunha xavelina branda dende parado sen carreira previa. Se o participante excede a liña dende a que lanzou, despois do lanzamento, non se considerará nulo. Cada participante realizará dous intentos. Os participantes dun grupo realizarán o primeiro lanzamento de un en un sucesivamente ata finalizar a rolda, e comezará a segunda rolda. Anotarase o mellor lanzamento efectuado. 6º PROBA: CARREIRA DE RELEVOS Interveñen 5 deportistas por centro. A saída do primeiro relevo farase dende a metade do tramo sentado sobre unha colchoneta. Cada participante realizará dúas voltas (ida e volta) antes de entregar o relevo ao seu compañeiro. A volta farase dependendo das dimensións do pavillón rodeando un cono situado nun dos extremos do tramo. Darase a saída do primeiro de cada equipo, cun chifre e os seguintes saíran coa entrega do relevo. A liña de chegada está situada na metade do tramo. Os participantes que queden por correr no relevo e os que finalizaron quedaranse a un lado da colchoneta de saída sen estorbar aos seus compañeiros. 7º PROBA Cada equipo estará formado por cinco nenos/as. A saída de cada participante farase dende a metade do tramo, sentados nunha colchoneta. A volta farase rodeando un cono situado en cada un dos extremos do pavillón . Cada neno/a sae e percorre a metade do tramo, dá a volta ao final do pavillón para realizar en sentido contrario todo o tramo onde se colocaran pequenos obstáculos ou vaias de espuma cartón .., dará a volta noutro extremo do pavillón e percorrerá a metade do tramo ata chegar á colchoneta onde se entregará o relevo ao seguinte compañeiro. As distancias dos obstáculos serán determinadas polas dimensións do pavillón, procurando que todos os nenos afronten a mesma distancia. Darase a saída do primeiro de cada equipo, cun chifre e os seguintes saíran coa entrega do relevo. A liña de chegada está situada na metade do tramo. Nas probas de atletismo cada xogador/a participará nunha soa proba individual e nas de relevos.

Páxina 13 de 25

BÁDMINTON: COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS: Cada equipo estará formado por dous deportistas por categoría. Os equipos serán mixtos nas categorías A e B e nas categorías C e D a participación será masculina e feminina. SISTEMA DE COMPETICIÓN: En cada encontro disputaranse un total cinco partidos (4 individuais e 1 dobre ). Cada partido durará 5’

Xogarase sobre unha pista coas medidas aprobadas pola Federación Galega de Bádminton. Os volantes de xogo serán homologados pola Federación Galega de Bádminton para a tempada en vigor e serán de nailon.

OUTRAS NORMAS: Todo os aspectos non recollidos nestas normas serán regulados pola normativa oficial da Federación Galega de Bádminton.

Páxina 14 de 25

BALONMÁN: COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS: Cada equipo estará formado por dez xogadores, Os equipos serán mixtos nas categorías A e B. SISTEMA DE COMPETICIÓN: a) Categorías A e B: Modalidade de minibalonmán. Xogadores/as en pista (4+1). Terreo de Xogo: 13 x 20 m. CAMBIOS Poderán realizarse nos descansos ou por lesión. Un neno/a non pode estar dous períodos seguidos sen xogar. O penalti lánzao o mesmo xogador/a que foi obstaculizado ou prexudicado no momento no que o árbitro pite. DURACIÓN: 1ºPeríodo Descanso 2ºPeríodo Descanso 3ºPeríodo Descanso 4ºPeríodo 5´ 2´ 5´ 4´ 5´ 2´ 5´

b) Categoría C e D: Modalidade de balonmán. Xogadores/as en pista (6+1). Terreo de Xogo: 40 x 20 m. CAMBIOS Poderán realizarse nos descansos ou por lesión. Un neno/a non pode estar dous períodos seguidos sen xogar. O penalti lánzao o mesmo xogador/a que foi obstaculizado ou prexudicado no momento no que o árbitro pite.

Páxina 15 de 25

DURACIÓN: 1ºPeríodo Descanso 6´ 2´

2ºPeríodo Descanso 3ºPeríodo Descanso 4ºPeríodo 6´ 4´ 6´ 2´ 6´

RESULTADOS A cada período gañado corresponderanlle dous puntos. Resultara gañador o equipo que obteña máis puntos ao final do partido. OUTRAS NORMAS Todos os aspectos non recollidos nestas normas serán regulados pola normativa oficial do regulamento do xogo do minibalonmán ou do regulamento da regras de xogo do Federación Galega de Balonmán.

Páxina 16 de 25

BALONCESTO: COMPOSICION DOS EQUIPOS: Os equipos serán mixtos nas categorías A e B , e na categoría C e D os equipos serán masculinos ou femininos. •



Nas categorías A e B xogarán ao minibasket, 5 contra 5 . Os equipos estarán formados por 10 deportistas. Para a categoría C e D, os equipos son masculinos e femininos. Xogarase ao baloncesto (5 contra cinco 5) e os equipos estarán formados por 10 deportistas.

SISTEMA DE COMPETICIÓN A competición rexerase polas normas recollidas no regulamento de xogo “pasarela” no que se refire ás normas xerais. Nas categorías A e B, C e D, a competición realizarase sobre unha cancha de minibasket e en todo momento sobre a cancha deben cumprir a condición de equipos mixtos nas categorías A e B. Os encontros constarán de catro cuartos de cinco minutos nas categorías A e B e seis minutos na categoría C. Entre o primeiro e o segundo e entre o terceiro e o cuarto haberá un descanso dun minuto, entre o segundo e o terceiro o descanso será de cinco minutos. O/a adestrador/a disporá dun tempo morto no decurso do derradeiro cuarto do xogo cunha duración de 30 segundos no cal se parará o reloxo. Non está permitido facer substitucións durante os tres primeiros cuartos, agás para substituír un/unha xogador/a mancado/a, descualificado/a ou que cometese cinco faltas persoais. Cada xogador/a deberá xogar polo menos un período completo durante os tres primeiros cuartos, entendéndose por período completo dende o seu inicio ata a súa finalización, coas seguintes excepcións:

Páxina 17 de 25

a) Se non se finaliza un período por lesión, considerarase que xa xogou un período completo b) Si é descualificado ou se cometen as 5 faltas, considerarase que xogou un período completo. c) Quen substitúa a un lesionado ou a alguén descualificado ou coas cinco faltas non se considerará o período xogado deste cuarto coma un período completo. Cada participante deberá permanecer no banco de substitucións durante un período completo nos tres primeiros cuartos, entendendo por período completo desde que se inicia ata que finaliza, sen excepcións. Cada canastra en xogo valerá dous puntos, e cando haxa lanzamentos dende a liña de tiros libres valerá un punto. As faltas persoais castigaranse todas cun tiro libre que en caso de ser introducido na canastra valerá un punto. OUTRAS NORMAS: En todo o non contemplado nestas normas serán de aplicación as normas da Federación Galega de Baloncesto para o minibasquet.

Páxina 18 de 25

FÚTBOL SALA: COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS Cada equipo estará formado por dez xogadores/as. Os equipos serán mixtos nas categorías A e B. SISTEMA DE COMPETICIÓN Nas categorías A e B a duración do partido será de 20 minutos, con 2 períodos de 10 minutos cada un, a reloxo seguido, cun descanso entre cada período de 6 minutos. Na categoría C e D serán 24 minutos repartidos en dous tempos de 12 minutos. Cada equipo poderá solicitar un tempo morto de 30 segundos de duración no segundo período, co reloxo parado. Nas categorías A e B os equipos serán mixtos durante todo o partido. Os cambios faranse en número libre, sen ser necesario parar o partido, pero avisando ao árbitro, quen debe dar consentimento. Todo os inscritos deben xogar nos dous tempos de cada partido. OUTRAS NORMAS Todos os aspectos non recollidos nestas normas serán regulados pola normativa oficial da Federación Galega de Fútbol Sala.

Páxina 19 de 25

NATACIÓN: COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS Cada equipo participará cun máximo de 7 nadadores. Os equipos das categorías A e B serán mixtos. Os equipos das categorías C e D serán masculinos e femininos. Cada nadador/a poderá nadar como máximo unha proba individual e unha de relevos. SISTEMA DE COMPETICIÓN As probas que compoñen o programa de cada categoría son as que se especifican a continuación: CATEGORIA A

CATEGORIA B

CATEGORIA C-D

25 metros costas mixta 25 metros braza mixta 25 metros croll mixta 4 x 25 metros estilos libres

25 metros costas mixta 25 metros braza mixta 25 metros croll mixta 4x25 metros estilos libres mixta

50 metros costas feminino 50 metros costas masculino 50 metros braza feminino 50 metros braza masculino 50 metros croll feminino 50 metros croll masculino 4 x 50 metros estilos libres masculino 4 x 50 metros estilos libres feminino

Sistema de puntuación:

a) Probas individuais. Asignarase N puntos ao primeiro clasificado, N-1 ao

segundo, N-2 ao terceiro, e así sucesivamente, sendo N o número de equipos participantes. Aplicarase tanto as probas individuais de relevos. Se un equipo non presenta 1 nadador nunha proba, non obterá ningún punto nesa proba.

Páxina 20 de 25

No caso de empate na clasificación dunha proba , os nadadores ou equipos de relevos empatados obterán a puntuación correspondente ao posto que ocuparan . Se un nadador ou equipo de relevos non finalizasen as probas ou fosen descualificados , non obterán puntuación No caso de empate na clasificación dunha proba, os nadadores ou conxuntos de relevos empatados obterán a puntuación correspondente ao posto que ocuparon. Resultará gañador da competición o equipo que obteña máis puntos despois de sumar a puntuación de todas as probas. OUTRAS NORMAS DE COMPETICIÓN As normas de competición estarán reguladas nas bases xerais e normas técnicas da Federación Galega de Natación.

Páxina 21 de 25

VOLEIBOL: COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS a) Categorías A e B Os equipos serán mixtos e estarán formados por 10 xogadores, e todos deberán intervir no partido. Cada xogador/a só poderá intervir nun período do partido e en todo momento a composición do equipo na cancha deberá ser mixta. Cada equipo deberá facer como mínimo unha substitución en cada período para que interveñan todos os xogadores nese período. Os 4 xogadores de cada equipo que interveñen no xogo distribúense da seguinte maneira: 2 dianteiros e 2 defensas. Os postos dos xogadores están numerados do 1 ao 4 da seguinte forma: 1 - defensa dereito; 2 - dianteiro dereito; 3 - dianteiro esquerdo; 4 – defensa esquerdo. b) Categorías C-D Os equipos estarán formados por un mínimo de 12 e un máximo de 14 xogadores, e todos deberán intervir no partido. En cada período do partido intervirán 6 ou 7 xogadores, e cada xogador só pode intervir nun período do partido. Cando un equipo presente 7 xogadores nun período deberá facer como mínimo unha substitución para que interveñan todos os xogadores nese período. Non se poderán utilizar xogadores na función de libero. SISTEMA DE COMPETICIÓN A competición de voleibol será na modalidade de partidos por tempo. Cada partido constará de dous períodos de 10 minutos a tempo corrido nas categorías A e B, e dous períodos de 12 minutos a tempo corrido nas categorías C e D, agás o derradeiro minuto de cada período, no que se parará o cronómetro en cada interrupción do xogo. Haberá un descanso de 3 minutos entre o 1º e o 2º período. Tamén se parará o cronómetro nos tempos mortos, si se produce unha lesión dun xogador ou acontece algún feito extradeportivo que aconselle deter o partido. O número de xogadores que interveñen no xogo, as dimensión do terreo de xogo e a altura da rede de cada categoría son os que se especifican a seguir:

Páxina 22 de 25

Num. de xogadores/as Terreo de xogo Altura da rede

Categorías A e B

Categorías C-D Feminina

4 xogadores/as 12 m x 6 m 2,00 m

6 xogadoras 18 m x 9 m 2,10 m

Categorías C –D masculina . 6 xogadores 18 m x 9 m 2,24 m

a) Golpes ao balón. Nas categorías A e B cada equipo deberá realizar como mínimo dous golpes ao balón cada vez que chega ao seu campo. b) Saque. Cada xogador/a realizará un máximo de tres saques consecutivos. Se o equipo non perde o saque, continua sacando despois dunha rotación o mesmo equipo. Na categoría A pode realizarse o saque dentro do terreo de xogo, detrás da liña de ataque; neste caso, deberá realizarse cun pase de dedos. c) Substitucións. En cada período do partido poderán realizarse 2 substitucións nas categorías A e B e 3 substitucións nas categorías C e D feminina e masculina. Cada xogador pode substituír e ser substituído por calquera xogador dos que participan nese período do partido. No suposto de que un xogador se lesione ou sexa descualificado e non poida continuar xogando, poderase realizar unha substitución excepcional: - se o equipo xa realizara todas as substitucións permitidas nese período, poderá realizar unha máis; - se o equipo non conta nese período cun xogador para realizar substitucións, poderá realizar a substitución cun xogador dos que interveñen no outro período. d) Tempos mortos. Cada equipo poderá solicitar un tempo morto de 30 segundos no 2º período do partido. Sistema de puntuación Gaña o partido o equipo que consegue máis puntos ao final dos dous períodos. OUTRAS NORMAS Todos os aspectos non recollidos nestas normas serán regulados pola normativa oficial da Federación Galega de Voleibol.

Páxina 23 de 25

XADREZ: COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS Cada equipo estará formado por unha parella, un neno e unha nena nas categorías A e B e por dous xogadores ou xogadoras na categoría C e D. SISTEMA DE COMPETICIÓN A competición será en forma de enfrontamentos directos nos que a partida gañada acumulará 3 puntos, a perdida 1 e en caso de táboas 1 punto a cada un dos contrincantes. Cada xogador/a disputará unha partida por xornada. Os emparellamentos nas categorías A e B serán mixtos, é dicir, as representantes femininas enfrontaranse aos representantes masculinos de cada equipo. Os emparellamentos na categoría C e D realizaranse en función da “orde de forzas” establecida por cada equipo no momento da inscrición na competición, enfrontándose na mesma orde na que foron inscritos/as. O ritmo de xogo será de 30 minutos por xogador/a e partida, recoméndase o uso do reloxo e a anotación das partidas en sistema de coordenadas. Nos cinco derradeiros minutos de cada xogador/a non será obrigatoria a anotación en ningún caso. OUTRAS NORMAS Todos os aspectos non recollidos nestas normas serán regulados pola normativa oficial da Federación Galega de Xadrez.

XOGO CULTURAL:

Páxina 24 de 25

BASES 1.

2. 3.

4.

5.

6.

Nesta competición participan catro parellas de alumnos e alumnas por cada equipo, cun total de oito participantes. As parellas serán mixtas nas categorías A e B. Cada equipo designará a súa parella número 1, número 2, número 3 e número 4. Realizaranse un total de vinte preguntas, cinco por parella. As preguntas versarán sobre as seguintes materias: - Matemáticas - Xeografía - Lingua galega - Galicia - Natureza - Educación física Cada pregunta acertada valerá un punto e, en caso de fallo, a parella de igual número do equipo contrario poderá responder; se a resposta é correcta, obterá 0,5 puntos. Cada centro educativo recibirá ao principio da competición un listado de preguntas e respostas sobre estas modalidades, axeitadas ao nivel da súa categoría. As preguntas que se efectúen ao longo da competición serán sempre extraídas dese temario, que previamente lle será entregado ao centro. Cada centro escolar fará 20 preguntas referentes á materia de Galicia en relación ao entorno do colexio que serán incluídas no listado oficial de preguntas. Cada parella terá un máximo de dez segundos para contestar cada pregunta.

PROCEDEMENTO PARAO SORTEO DAS PREGUNTAS: O listado de preguntas estará numerado de forma correlativa e intercalando todos os contidos específicos. Para facilitar o sorteo de elección das preguntas un alumnos/a do centro locatario elixirá un número por sorteo que contemplara o total dos números das preguntas oficiais. Unha vez elixido as 20 primeiras preguntas serán para o equipo de casa, as seguintes vinte para o equipo visitante. En caso de empate serán escollidas as preguntas necesarias a partir da número 40.

Páxina 25 de 25

Related Documents