Cometa, Cometa...
Jose L. Prieto
Cometa, cometa Rita diríxese ao grupo de xente que ten diante. Rita- ¿Votos a favor? Érguense mans. Rita- Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete... ¡sete! (Apunta no seu bloc) ¿Votos en contra? Érguense mans Rita- Un, dous, tres, catro, cinco... ¡cinco! (Apunta) ¿Abstencións? Érguense mans Rita- Un, dous, tres, catro, cinco, seis... ¡Seis) (Apunta). Ben... polo tanto... son... dezaoito votos emitidos... (repasa as contas para si mesma) si... dezaoito... dezaoito votos emitidos... e o resultado final e de... (Deixa de repasar os números do bloc e olla cara ó grupo de votantes, contándoos) Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez... dez...
Olla o bloc e volve a ollar ós votantes, novamente ó bloc, e novamente ós votantes. De entre estos xurde unha risa, e logo outra risa, e logo outra máis... resultado:risa xeral. Rita remata tamén contaxiada ate que retoma o seu papel. Rita- Isto non é serio, non é serio, non é serio... repitamos a votación. ¿Votos a favor en serio? Érguense tódalas mans. Rita- ...dez... ¡Dez! (Apunta) ¿Votos en contra en serio? 2
Érguese unha man. Rita- Bet... ¡Bet! Non podes votar a favor e votar en contra en serio, non podes. Bet-
¿Por que non? A min gústame.
Rita- Pero é que así... así non se pode. Bet-
A min gústame
Maika-Se a ela lle gusta… Marco-Non hai ningunha norma que diga o contrario Neli- Si que hai... hai unha norma. Carla- ¿Unha norma? ¿Unha norma que di o contrario? Neli- Si, hai unha norma que di o contrario Mara- ¿O contrario de que? Marco-¿Que norma é esa? Eu non a coñezo. Neli- Unha norma... unha norma que coñezo eu. Carla- ¿E que di? Neli- Di que non se pode votar a favor e votar en contra en serio... Mara- Ah... Bet-
Boh...
Neli- …pero eu estou en contra desa norma, Bet. Bet-
Grazas, cariño, querote.
Gina- Que lindo... Susi- Pois eu estou a favor. Oti-
Eu tamén, porque se todos votáramos a favor e todos votáramos en contra e como... como se nos abstivéramos
Luca- Non é igual Oti-
Si que é igual. Absolutamente igual
Mara- ¿Igual a que?. Neli- É distinto, moi distinto, uf, ¡que distinto! Marco-É claramente semellante Carla- É diferente ¿non? Susi- É o mesmo. Gina- Non discutades. Marco-Non discutimos, Gina, opinamos distinto. 3
Gina- Ah, vale... non discutades Luca- ¿E que pasaría se nos abstivéramos todos? Rita- Que nunca poderíamos facer nada, nada, nada, nada, nada, nada, nada... Oti-
Non iríamos nin cara atrás nin cara adiante
Neli- Ó mellor íamos cara arriba Oti-
Nin cara arriba nin cara abaixo nin cara un lado nin cara outro.
Luca- ¿Entón onde iríamos? Maika-A ningures Marco-Ficaríamos exactamente non mesmo sitio Mara- ¡Oh! Carla- ¿No mesmo sitio? Susi- No mesmo lugar Oti-
No mesmo espazo, no mesmo tempo... e polo tanto na mesma velocidade... constantemente...
Mara- ¡Oh! Carla- ¿Constantemente? Rita- Constantemente. Gina- Eu teño un pouquiño de frío Luca- Eu teño un pouquiño de medo. Neli- Eu teño un moito máis de un pouquiño. Bet-
Sempre igual... no mesmo sitio, no mesmo tempo, e na mesma situación... ¡Iso sería terrible! ¡Abominable! ¡Tremendo! ¡Aborrecible! ¡E todo sería pola miña culpa miña! ¡Votemos, por favor, votemos outra vez! ¡Votemos antes de que sexa demasiado tarde!
Marco-Son as dez menos cuarto Carla- ¿En punto? Mara- Tes un reloxo moi bonito Marco-Grazas Oti-
É o reloxo máis bonito que vin na miña vida.
Marco-Marca a hora dun xeito moi preciso Neli- Deberías poñerlle unha correa azul Susi- Eu teño quince reloxos Mara- ¿Quince? Gina- Son bastantes 4
Luca- Eu non teño ningún Gina- Pobre... Maika-Non te preocupes... Neli- Así non tes que poñerlle unha correa azul. Rita- ¿Votos a favor? Érguense tódalas mans. Rita- Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez... ¡dez! (Apunta) ¿Votos en contra? Uns intres de silencio. Ninguén levanta a man. Rita- (Apunta) ¡Cero! ¿Abstencións? Outros intres de silencio. Ningunha man. Rita- (Apunta) ¡Cero! Ben... polo tanto... son... dez votos emitidos... dez votos a favor... cero votos en contra... e cero abstencións... polo tanto... queda aprobada a proposta. O vindeiro día vinteoito... teremos... ¡Festa! Algarabía estruendosa. Rita- Chamarémoslle... ¡A festa do día vinteoito! Nova algarabía. Rita- Ou mellor dito aínda... chamarémoslle... ¡A festa do día vinteoito pola tarde ás sete! Repítese a algarabía. Rita- E agora... ¡A irse!
5
Desfaise a reunión. Despídense con bicos e cada quen marcha polo seu camiño. Camiños que se cruzan, veñen e van, ate que nun cruce coinciden Susi, que leva un carricoche de bebé cunha planta dentro, e Marco, que escoita non sabemos qué a través duns auriculares. Susi saca a planta do carricoche, sostena nos brazos e fálalle con agarimo. Susi- Ven aquí, pequeniña, ven aquí... ¿queres auga? Estás un pouco seca. Dálle auga á planta cun pulverizador. Intervén Marco. Marco-Din que lles fai moi ben escoitar a Victor Jara Susi- Eu cántolle por Camilo Sesto e medra moi ben. Marco-¿E planta ou planto? Susi- Planta, planta... chámase Susi. Marco-Coma ti Susi- Si, pero non se chama Susi por min, é pola miña nai, que tamén se chama Susi. Marco-É realmente bonita, nótase que é moi monocotiledónea. Susi- Si, venlle de familia... fai moi ben a función clorofílica. Susi, faille a función clorofílica, anda, faille a función clorofílica a Marco, anda, failla para que te vexa, veña, failla... Marco-Deixaa, deixaa, non a molestes, non é necesario. Susi- Está agotada... é que está botando raíces, e iso cánsaa moito. Marco-Supoño Susi- ¿E ti? Marco-Escoitando... din que a economía baixou un tres por cento e que o cambio climático é por culpa das vacas... Susi- (Facéndoo calar) Chssss, non fales do cambio climático, que a pon moi nerviosa... tranquila, Susi, tranquila, no pasa nada.... ti sempre terás auga, cariño, sempre terás auga... (Bótalle máis auga) ...e agora... (métea de novo no carricoche) ...a casiña a cambiar a terriña e a expulsar anhídrido carbónico, anda, pequeniña... adeus, Marco... Marco-Síntoo, non era a miña intención... Susi- (Confidencial) É que ten pesadelos... soña que todo está desertizado e que só queda ela rodeada de cactus... pásao fatal... 6
Marco-Comprendo Susi- Adeus Marco-Adeus Marco comenza a facer exercicios ximnásticos e estiramentos. Susi, antes de desaparecer, crúzase con Maika, que trae consigo unha xanela e unha flor na man. Susi- Ola, Maika Maika-Ola... Susi- Maika, quérote moito... Maika-Grazas Susi- ...pero non consigo entender como eres capaz de levar un ser vivo morto na man... Maika-(Olla a súa flor) Eu que sei… Susi- Non mires, Susi, non mires... ¡imos! Susi marcha con Susi no carricoche. Maika olla o espazo, escolle un lugar e senta nel abrindo diante de si a xanela que leva consigo. Mira a través dela con aire ausente. Marco segue exercitándose. Marco-Din que o exercicio físico fai subir o nivel de serotonina. Maika-Non digo que non... Entra Neli como unha exhalación. Trae un maletín. Diríxese rauda a Marco. Neli- Ven aquí, desastre, ven aquí. ¡Ai, que desastre que es, Marco, Marquito, Marquiño, Marquinete! ¡Ven aquí, desastrito, que es un desastrito! Saca do maletín unha diadema de tenista e dúas muñequeiras, que coloca inmediatamente en Marco. Neli-
¡Así! ¿Que tal?
Marco-Síntome bastante cómodo, e incluso diría que elegante.
7
Neli- Estás para comerte, e cando digo para comerte, quero decir para comerte metafóricamente, non ten nada que ver co aparato dixestivo. Marco-Afortunadamente Neli- Xa podes seguir, hala, xa podes seguir, ¿algo de novo? Marco-(Mentres retoma os exercicios) O Papa ten migrañas Neli- Iso é por culpa da mitra Marco-É unha boa hipótese Neli- Ou por culpa do sexo Marco-¿Por falta de? Neli- Por exceso de. Marco-Iso non causa migrañas Neli- Se o fas cunha mitra posta si. Marco-¡Touchez! Neli- ¿E ti? (A Maika) Maika-Eu non teño mitra. Neli- Pois deberías, porque tes o pelo feito un desastrito. Ponse a peitear a Neli mentres falan. Neli- ¿Que miras? Maika-Todo... Neli- ¿Todo? Todo son moitas cousas que mirar Maika-Mirar todo é como non mirar nada. Neli- ¡Ui, que profunda! ¿Queres que cho poña tipo raiña de Australia? Maika-¿Cómo é? Marco-En Australia non hai raíña Maika-¿non? Neli- Non, pero como se a houbera, ¿vale? Maika-Vale. Neli- A min non me fai falla que haxa cousas. Se non as hai, imaxínoas e listo. Maika-Eu tamén... Neli- ¿Ah, si? ¿E que imaxinas? Maika-As vidas da xente que pasa... a donde van... de donde veñen...
8
Entra Oti contando desplegando o extremo dunha cinta de medir. Oti-
...mil catrocentos trinta e tres, mil catrocentos trinta e catro...
Marco-Ola, Oti. Oti-
...mil catrocentos trinta e e cinco...
Neli- Ola, Oti Oti-
...mil catrocentos trinta e seis.
Marco-Adeus, Oti (Marcha facendo exercicios) Oti-
...mil catrocentos trinta e sete...
Neli- ¿Que fas, Oti? Oti-
...mil catrocentos trinta e oito... e mil catrocentos trinta e nove... (satisfeita) ¡mil catrocentos trinta e nove metros!
Neli- ¿Tantos? Oti-
¿Que queres decir?
Neli- Parécenme moitos metros. ¿Non te equivocarías? Oti-
Pode ser. Fareino outra vez. A min parécenme poucos metros. Adeus.
Marcha recollendo a cinta de medir. Neli- (Deixa de peitear a Maika) ¡Agarda, agarda, Oti! ¡Vou contigo! ¿Queres que te peine? Desaparecen as dúas ó tempo que polo outro lado entra Bet. Bet-
¡Levádeme con vós! ¡Non me deixedes aquí! ¡Soa...! Está ben... marchade, marchade... non me levedes con vós... e deixádeme aquí... soa... en soedade... soiña... soa... sen ninguén... neste baleiro claustrofóbico e infinito... pechada entre paredes perpetuas... soa... (De súpeto dinámica e pizpireta) ¡Ola, Maika! ¿Que miras?
Maika-A señora Smith ten un amante... Bet-
¡Que emocionante!
Maika-Cítanse cada mércores ás oito na cabina do teléfono. Bet-
¡Que morbo!
Maika-E fan que chaman, pero non chaman... bícanse todo o tempo... 9
Bet-
¡Derrítome! ¡Deixame ver!
Maika-(Pechando a fiestra) Non. Bet-
Perdoa...
Maika colle a xanela e busca unha nova ubicación. Bet-
Discúlpame, por favor, necesito o teu perdón para que o peso da culpa non aplaste o meu corazón como unha apisonadora un gato...
Maika-(Ubicada coa xanela noutro lugar) Vale... Bet-
¡Pobre gato...!
Entra Gina baixo un paraguas. Bet-
¡Pobre gatiño inocente e setevidario...!
Gina- Que tempo, ¿verdade? ¿verdade que si? Bet-
¿Chóveche?
Gina- Si, este microclima meu... tocoume borrasca, que lle imos facer... Bet-
A choiva é tan... tan... tan...
Gina- Si, pero ablándanseme os pés, por iso tiven que poñer zapatos. Bet-
...tan... tan... tan...
Gina- Bet, ¿estás ben? Bet-
...tan... tan...
Gina- Bet, Bet... ¿estás ben? Bet-
...tan... tan...
Gina- ¡Socorro! ¡Socorro! ¡Axuda! ¡Bet está nun bucle! Bet-
...tan...
Entra Rita apresuradamente. Rita- ¿Que pasa? ¿Que pasa? ¿Que pasa? ¡Ui! ¿Chóveche? Gina- Si, hoxe teño chubascos, e Bet está nun bucle. Bet-
...tan...
Rita- (Anotando no bloc) Bucle, bucle... está nun bucle... hai que, hai que, hai que, hai que, hai que... (Busca arredor) Hai que... 10
Gina- (Apartando o paraugas da cabeza) Parece que me amaina... ¡Ai, non! (Volve a cubrirse) Bet-
...tan...
Rita- Hai que pedir axuda, hai que pedir axuda... ¡Mara! ¡Mara! ¡Mara! ¡Mara! ¡Mara! Sae rapidamente e rapidamente volve a entrar traendo a Mara do brazo. Mara- Que raro... eu estaba alí e agora estou aquí... que cambio de lugar tan vertixinoso... Rita- Bet está bucleada. Mara- ¿Eh? Rita- Está nun bucle, un bucle... Gina- E eu teño unha borrasca. Mara- ¿Chóveche? Gina- A chuzos Bet-
...tan... tan...
Mara- ¡Oh! ¡Bet está nun bucle! Rita- Pódese decir bucleada, inventeino eu. (Apunta no bloc) Bu-cle-a-da. Mara examina a Bet a través dunha lupa. Mara- A ver, a ver... Rita- ¿Que ves, que ves, que ves? Maika-(Na súa xanela) Os Carrington teñen un coche novo roubado... Gina- Que lindos os coches novos roubados... se non fora polo mal tempo que fai... Bet-
...tan...
Mara- (Examinándoa) Debe ser interior... Rita- (Apuntando) Interior Mara- ...porque pola superficie non se ve nada... Rita- ¿Nada de nada? Gina- Que mágoa... Mara- ¡Un momento! ¡Oh! ¡Aquí hai algo! Rita- ¿Que hai, que hai?
11
Mara- Unha marca... unha minúscula e case que imperceptible marca apenas apreciable, apenas visible... unha marca insignificante... unha marca tan... Rita- ¿Tan? Gina- ¿Tan? Bet-
...tan...
Mara- ¡Tan bonita, ostia, tan bonita! ¡Dios, que marca máis bonita! ¡Que bonita marca! Rita- ¿E o bucle, o bucle? Mara- ¿Que bucle? Rita- Está bucleada, ¿non ves que está bucleada? Mara- ¡Oh! Gina- Pobre... Rita- ¡Hai que facer algo! Mara- Si, pero tan unha marca tan bonita... Mara comenza a marcharse. Rita fálalle mentres marcha con ela. Rita- ¿Cómo é a marca? Cóntame como é. Mara- Bonita Rita- ¿Bonita, bonita? Mara- ¿O que? Rita- A marca. Mara- Bonita Rita- ¿Bonita, bonita, bonita? Mara- ¿O que? Rita- A marca Mara- Preciosa Saen Bet-
...tan.. tan... tantas tardes de amor... tantas noites de amor... amor excelso, amor sublime, amor divino, amor celestial, amor hiperestelar, amor hipercósmico, amor megacuántico...
Gina- Que bonito... Bet-
¿Chóveche? 12
Gina- Xa escampará, ¿verdade? Bet-
A choiva e tan... simpática
Gina- ¿Si? Bet-
¿Non che fai gracia?
Gina- Un pouco. Bet-
A min paréceme tan graciosa
Rí. Gina tamén, pero menos. Entra Oti coa cinta de medir. Oti-
...trinta e catro... trinta e cinco... trinta e seis... e trinta e sete... ¡Trinta e sete metros! ¡Trinta e sete metros exactos!
Bet-
¡Trinta e sete metros! ¡Ai, que graciosa! ¡Trinta e sete metros! ¡Adeus, adeus! ¡Que graciosa!
Bet marcha ríndose. Oti-
¿Trinta e sete metros son graciosos?
Gina- Creo que non... pero son poucos, ¿non? Oti-
A min parécenme moitos... ¿Parécenche poucos?
Gina- Si, pero non me fagas caso, porque con esta choiva que teño hoxe... Oti-
Se mil catrocentos trinta e nove metros parecen moitos pero a min parécenme poucos, e por outra banda trinta e sete metros parecenche poucos e a min parécenme moitos, logo... a medida debe ser outra, porque as medidas son como son, non caben interpretacións, ¿non é así?
Gina- Eu e que con esta choiva non... adeus... (marcha) Oti comenza a recoller a cinta. Maika-Morreu o señor Hamilton... Oti-
O señor Hamilton non existe.
Maika-Agora non... porque morreu... Oti-
Nunca existiu
Maika-Non digas iso...
13
Oti-
Perdoa, non quería decir iso… ¿A ti trinta e sete metros parecenche poucos metros ou moitos metros?
Maika-A min danme igual os metros… Entra Carla con un caballete, un lenzo e un pincel. Carla- ¡Ola! ¿Podo poñerme por aí? Oti-
No sei se atoparás sitio
Carla- Parece que hai Oti-
A simple vista parece que si... pero o espazo é moi engañoso... e moi relativo... non te equivoques.
Carla- ¿Onde vas? Oti-
A medir. E esta vez penso chegar á irrebatibilidade dos feitos inobxectables (Marcha coa cinta de medir)
Carla- ¿Onde? Non obtén resposta, busca un lugar axeitado, monta o lenzo no caballete e ponse a pintar. Maika segue a mirar a través da xanela. Fican en silencio. Silencio no que entra Luca, que trae un mapa desplegable e desplegado na man. Parece buscar un sitio indicado no mapa. Móvese desorientada ollando alternativamente mapa e espazo. Luca- ¿Alguén podería indicarme se vou ben por aquí? Carla- (Sen deixar de pintar) ¿Onde vas? Luca- Iso é o que non teño moi claro. Carla- Entón si. Luca- Si, ¿qué? Carla- Entón vas ben. Non te movas que estou pintando. Luca- Se non me movo non podo ir a ningures. Carla- ¿Que máis che da? Non sabes onde vas. Luca- Pero teño que ir. Maika-Non vaias Luca- Teño que ir. Carla- ¿Por que? Luca- Porque... hai un tesouro... 14
Carla- ¿Que tesouro? Entra Neli apresuradamente. Neli- Ola, tesorito, ¿onde estabas? ¿Onde vas ir así? Ven aquí que vas feita unha piltrafilla. Achégase e ponse a retocar a cara de Luca. Luca- Teño que atopar o tesouro. Carla- ¿Que tesouro? Neli- Claro que si, Luca, claro que si... pero tes que ir guapita, se nón, ¿que cara vai poñer o tesouro cando te vexa? Carla- ¿Que tesouro? Luca- O tesouro do que escoitei falar. Parece ser que ten un valor incalculable. Marco-(Entrando) Din que os tesouros de valor incalculable non existen Luca- ¿Quen o di? Marco-O director do Fondo Monetario Internacional Carla- ¿Quen? Neli- Ai, si, xa sei quen é. Marco-¿Coñécelo? Neli- De vista. É bastante guapo. Marco-Dálle recordos. Adeus. (Marcha) Luca- (A Neli) ¿Poderías indicarme si vou ben por aquí? Neli- A ver... (Dálle un último retoque)... agora vas moi ben por aquí e por onde queiras.. Luca- ¡Pero é que non sei por onde ir! Neli- Ui, non te poñas triste, que se che marca a tristura na cara, Lukita. Luca- ¡É que quero saber por onde ir! Susi- (Entrando) Chsssss, Luca... Luca- ¿Que? Susi- Ven aquí. Neli- Chsss, Luca... Luca- ¿Que? 15
Neli- Eu marcho, ¿vale? Luca- Vale Susi- Chsss, Luca... Luca- ¿Que? Susi- Ven... (Luca chega xunto a ela) ¿Que pasa, bonitiña, que pasa? Luca- ¿Poderías indicarme se vou ben por aquí? Susi- ¿Queres auga? Á miña Susi faille moi ben... Luca- Non, non quero, o que quero é saber... Susi- Toma auga, anda, pequeniña, toma... (Pulveriza auga sobre Luca, que sae escapando) Carla- ¿Poderíades estar quietas un momentiño, por favor? Susi persegue a Luca pulverizándoa. Susi- Toma auga, neniña, toma auga... Saen correndo unha tras da outra. Carla- ¡Por favooooor.....! Entra Marco con xesto preocupado. Parece ser polo que escoita a través dos auriculares. Deténse, e o xesto tórnase máis e máis e máis preocupado. Finca un xeonllo no chan e segue preocupándose profundamente Carla- Así... moi ben, Marco, moi ben... fascinante... e agora, por favor, non te movas... Marco-Din que... Carla- Moi ben, Marco, moi ben... esa expresión... aguanta, aguanta aí esa expresión de sufrimento, aí, aí, ben sufrido, Marco, ben sufrido... Marco-Din que... Carla- Así, así, así... un pouco máis... perfecto, Marco, perfecto... sufre un pouco máis, un pouco máis, así, e agora non te movas, non... Marco cae desmaiado no chan. 16
Carla- ...non te movas... e que así non hai maneira, Marco, non hai maneira...ben, así tampouco estás mal... Entra Rita, bloc na man. Rita- A ver... Maika ollando pola xanela... Carla pintando... Marco tirado no chan... tirado no chan... tirado no chan... ¡Marco! (Achégase a el) ¡Marco! (Abofetéao vehementemente) ¡Marco, Marco, Marco! ¡Auga, auga, auga, augaaaaa! Entra Gina co paraugas. Rita- ¡Augaaaaaa! Gina- Síntoo, eu so teño auga para min... con este día... Entra Susi perseguendo a Luca Rita- ¡Auga, auga, augaaaaa! Susi detense en seco e pulveriza a Rita. Susi- Toma, auga, Rita, cariño, toma auga... Rita- Non é para min, non é para min... Trae, trae. Rita faise co pulverizador e tras pulverizar todo arredor, faise co control e dálle auga a Marco, que semella pouco a pouco restablecerse. Susi- ¿Que pasou? Carla- Chegou, comenzou a sufrir e logo caeu. Foi todo moi estético. Gina- Pobre... Luca- ¿Por qué sufriu? Maika-Ó mellor foi porque quixo... Luca- ¿É por que caeu? Susi- Marco non é deses que cae a propósito. 17
Rita- (Batíndolle na cara) ¡Marco, Marco, Marco, Marco, Marco...! Gina- ¿Non será peor darlle así? Rita- Para el si, pero eu necesítoo... Gina- Entón vale... Rita- ¡Marco, Marco, Marco, Marco, Marco...! Entra Oti coa súa cinta métrica, seguida por Bet. Oti-
...cento vinte sete...
Bet-
¡Ese número que me somete!
Oti-
...cento vinte oito...
Bet-
¡Ese número polo que estou de loito!
Oti-
...cento vinte nove...
Bet-
¡Ese número ó que lle digo I Love!
Oti-
... cento trinta...
Bet-
¡Marco está tirado no chan como un zapato morto!
Oti-
Iso non rima, Bet.
Bet-
¡Marco! ¿Que lle pasa? ¡Non me digades que se foi de entre nós! ¡Non, non mo digades! ¡Mellor decídeme que fai entre todas vós aí tirado no chan, como un boneco abandonado!
Susi- Parece ser que primeiro chegou, logo sufriu e logo caeu. Carla- Moi esteticamente, iso si. Oti achégase a Marco e abofetéao. Oti-
¡Marco! ¡Marco! ¡Marco! ¡Marco!
Rita- ¿A que da gusto? Oti-
Relaxa moito as cervicais.
Rita- Moito, moito. E as lumbares tamén. Luca- ¿Podo? Rita- Adiante, adiante. Luca abofetea a Marco.
18
Luca- ¡Marco, Marco, Marco! A min non me relaxa... Gina- Pobre… Carla- Non vos movades, por favor, non vos movades... Chega Mara. Olla por uns prismáticos do revés. Fala como se a xente estivera moi lonxe. Mara- ¡Olaaaaa! ¡Estou aquiiiiii! ¡Véxovooooos! ¡Vós non me vedes a min porque estou lonxe pero eu véxovos a vos porque teño prismáticos! ¡Eeeeeeh! ¡Estou aquíiiii! ¡Looooonxeeeeee! ¡Achegareime a vóooooos! ¡Cando me vexades faceme
así
coa
maaaaaan!
¡Olaaaaaa!
¡Aí
vooooouuuu!¡Estoume
achegandooooo! ¡Véxovos cada vez máis cercaaaaa! ¡Iujuuuuuuu! (Da un par de pasos e xa choca con alguén. Separa os prismáticos dos ollos) ¡Oh! ¡Xa cheguei! ¡Estaba lonxe e agora estou cerca! ¡Que fenómeno máis veloz! ¿Que pasa? Luca- Chegou... Gina- Sufriu... Bet-
...e caeu estrepitosamente...
Carla- E estéticamente tamén Mara- ¡Oh! Esteticamente tamén... Entra Neli correndo. Neli- ¡Aquí estou por casualidade para o que queirades! ¿Queredes algo? ¿Queredes algo? ¡Decídeme que si! Susi- Chsss... xa reacciona... Neli- ¡Que ben! ¡Xa reacciona...! ¡Ai que ben que reaccione! Rita- ¡Está reaccionando, está reaccionando! (Bátelle na cara) Susi bótalle máis auga. Oti tamén o abofetea. Todas tratan de facerlle algo que o axude a reaccionar. Rita- Vai decir algo... Bet-
¡Oh, que será, que será!
19
Silencio. Marco-Din que... Silencio. Todas se achegan un pouco máis. Marco-Din que... Un pouco máis Marco-Din que... Rita- Calade. Deixádeo falar. Fala, Marco, fala... (abofeteao unha vez máis) Marco-Grazas, Rita, es moi amable... Rita- De nada, de nada. Marco-... xa me atopo perfectamente... foi unha pequena baixada de esperanza vital combinada cunha pequena subida de pesimismo existencial, grazas. (Érguese axilmente e disponse a falar) Rita- De nada, de nada Marco-Veredes, din que... Non da arrancado. Luca- ¿Que din? Bet-
¡Fala, por favor, fala!
Carla- ¿Queres falar dunha puta vez? Marco-...vai chocar... un cometa... un cometa... vai chocar... un cometa... ¡pumba! Rita- ¿Chocar? Marco-Si. Rita- ¿Un cometa? Marco-Efectivamente. Rita- ¿Pumba? Marco-¿Pumba?
20
Silencio Marco-(Repite por se non quedou claro)¡Pumba! Silencio. No silencio Mara dálle a volta ós prismáticos e olla por eles. Mara- ¡Dios! Bet-
¿Que?
Mara- ¡Dios! Susi- ¿Que pasa? Mara- ¡Dios! Luca- ¿Estás vendo a Dios? Oti-
¿Entón e verdade que existe?
Gina- Xa me parecía a min. Neli- ¿E como é? ¿Cómo é? ¿Ten barba? Marco-Din que si Maika-Non creo... Carla- Dios non existe. Será un impostor. Oti-
Pode ser.
Bet-
¡Que excitante! ¡Un impostor de Dios!
Gina- Dille que me mande un anticiclón Susi- Non se lle pode pedir Gina- ¿Por que? Oti-
Porque non é Dios, é un impostor.
Bet-
¡Que excitante!
Luca- ¿E para que vale un impostor de Dios? Rita- Para imposturar. Carla- ¿E para que vale Dios? Rita- Para todopoderosear. Gina- Que lindo... Neli- Se Dios estivera afeitado, co pelo curto, cun traxe azul mariño e unha corbata a xogo sería moito máis cachondo. Marco-Dende logo daría unha imaxe moito máis elegante. Bet-
Mmm... ¡Que Dios tan... seductor! 21
Oti-
Pero Dios non é guapo.
Maika-É feo... Carla- Non é guapo nin feo, no existe. Luca- Pero ó mellor o impostor si. ¿É guapo, Mara, é guapo o impostor de Dios? Mara- (Segue ollando absorta) ¡Cometa! Silencio. Mara deixa de ollar polos prismáticos e repite. Mara- ¡Cometa! Mara cédelle os prismáticos a Rita. Rita observa o firmamento. Rita- ¡Cometa, cometa...! Os prismáticos pasan de man en man e de ollos a ollos. Marco-É brillante e incluso diría que incandescente... Neli- ...e un pouco azul... Maika-...e parece triste... Susi- ...triste e furioso... Oti-
...está lonxe, pero achégase a moita velocidade...
Gina- ...ven cara á nós... Carla- ...e cada vez faise máis grande... Bet-
...enorme e ardente...
Luca- ...da moito medo... Mara- ...pero é tan bonito... Rita- ¡Hai que facer algo, hai que facer algo, hai que facer algo! Marco-(Escoitando polos auriculares) Din que vai chocar... ¡aquí! Susto xeral. Marco-¡Din que vai chocar aquí... o día vinteoito... o día vinteoito ás sete da tarde!
22
Novo susto Rita- ¡O día da festa do día vinteoito pola tarde ás sete! Novo susto combinado con sorpresa. Bet-
Que casualidade tan... tan...
Rita- ¡Hai que facer algo! Bet-
...casual.
Marco-Din que... morreremos... Susto paralizante. Marco-A non ser que... Expectación intrigante. Marco-...nos vaiamos... Expectación máis intrigante todavía. Marco-...ó outro lado... Mara- ¡Oh! Gina- ¡Ui! Bet-
¡Boh!
Maika-Ai… Oti-
Uf!
Neli- ¡Merda! Susi- ¡Joder! Carla- ¡Que putada! Luca- ¡Me cago no cometa! Rita- ¡Mecago no cometa de Dios! ¡Reunión! ¡Hai que reunirse! ¡A reunirse! ¡Veña! ¡A reunirse! Susi- Xa estamos reunidos 23
Marco-Reunión espontánea, pero reunión. Rita- Pois a votar, a votar, a votar... ¡Votos a favor! Mara- ¿A favor de que? Bet-
¡Eu! Eu voto a favor... ¡A favor!
Mara- ¿Pero a favor de que? Bet-
¡A favor!
Mara- ¿De que? Susi- Non é momento de preguntas, necesitamos respostas. Neli- ¡Si! Carla- Pois eu creo que necesitamos preguntas. Neli- ¡Si! Luca- Pois eu creo que necesitamos respostas. Neli- ¡Si, si! Oti-
Necesitamos preguntas e respostas. Sen preguntas non hai respostas.
Marco-É un argumento bastante sólido. Susi- Pois non vai ser gaseoso. Neli- Podería... hai argumentos gaseosos Gina- ¿E líquidos? ¿Hai argumentos líquidos? Maika-Haberá... Mara- Pois eu non voto. Se non hai pregunta non voto. Susi- Pois abstente Oti-
Eu tampouco voto
Luca- Pois abstente tamén Bet-
Eu tampouco
Marco-¿Pero ti non estabas a favor? Bet-
¿E que? ¿Que pasa? ¡Iso foi antes! ¿Que pasa?
Marco-Nada... que es un pouco... voluble Bet-
¡Ah! ¡Voluble! ¿Chamáchesme voluble? ¡Chamoume voluble!
Marco-Un pouco voluble, non dixen voluble, dixen un pouco voluble... Gina- Non discutades, non discutades que... ¡Anda! Parece que me saeu o sol... (Pecha o paraugas) Rita- ¡Está ben, está ben! Farei unha pregunta. Metade aplausos e metade murmurios de desaprobación. 24
Rita- Temos unha decisión que tomar. Ou quedarnos ou ir ó outro lado. Se nos quedamos... morreremos... e se imos ó outro lado... pois... estaremos no outro lado... Silencio Carla- Si, pero... ¿Que ocurre exactamente no outro lado? Oti-
Ninguén o sabe exactamente.
Maika-Son rumores... Susi- Son certezas Oti-
Non son certezas exactas
Carla- Si, pero, ¿que? Marco-Din que os que van a ese outro lado... deixan de ser como son e se convirten en outros distintos. Carla- ¿Distintos de que? Mara- Distintos de cómo son. Neli- ¿Iso quere decir que se eu vou para ese outro lado deixaría de ser guapa e encantadora e convertiríame en fea e desencantadora? Oti-
Non se sabe como serías, só se sabe que serías distinta.
Susi- Serías outra. Neli- ¿Pode que nese outro lado fora superguapa e superencantadora? Oti-
Pode ser... ou pode non ser...
Luca- Ninguén o sabe Bet-
¡Ninguén sabe nada! ¡Oh, que cruel sensaber!
Gina- Teño un pouco de frío polar... Susi- Eu teño a boca seca... Mara- Eu teño os ollos moi abertos... Maika-Eu estou moi cansa... Marco-Eu teño a espalda ríxida... Luca- Eu teño o estómago enfadado... Neli- Eu teño a pel húmeda... Oti-
Eu teño os pés parados...
Carla- Eu teño as mans pechadas... 25
Rita- Eu teño a voz perdida... ¿Votamos? Asentimento xeral. Rita- Quedar ou marchar... morrer ou ser outro distinto... ¡Votos a favor de quedar! Ningunha man Rita- Cero... cero votos. ¡Votos a favor de marchar! Ningunha man Rita- Cero... cero votos. ¡Abstencións! Ningunha man. Rita- Cero... cero abstencións. Resultado total: Cero, cero, cero. Polo tanto... ¡Cero! Aplausos Rita- Grazas, grazas... pero, ¿por que? Oti-
Por costume...
Susi- E por educación... Bet-
A min gústame.
Gina- E quencen as mans.. Rita- ¡Faltan dous! ¡Dous! ¡Dous días! Mara- ¿Para que? Todos ollan a Mara. Mara- Ah, claro, si, si... o cometa Rita- Pensémolo, madurémolo e reflexionémolo... iso, reflexionémolo... e mañá tomaremos unha... unha... unha... ¡decisión! ¡Hala, a desreunirse!
26
Desreúnense en silencio. Cada quen toma o seu camiño. Camiños que se cruzan e descruzan, que veñen e van, que saen e entran e saen... e no camiño, soa, queda Carla, pintando no seu lenzo. Carla- Chámome Carla e pinto, pero non pinto porque me chamo Carla, pinto porque as cousas non son como son, son como se pintan e a xente non é como é, a xente é como se pinta, e o mundo non é como é, é como se pinta, e as cousas e a xente e o mundo cambia e os cadros non, pero este si, este si que cambia porque o pinto unha e outra vez, e o cadro cambia conmigo, porque eu só quero pintar un cadro, o meu cadro, e no cadro está todo, e o cadro son eu... Luca- (Entrando co mapa) ...o norte está arriba e o sur está abaixo e o leste está á dereita, pero se xiro o mapa o norte está abaixo e o sur arriba, e as rúas non se sabe se veñen ou van, se suben ou baixan, se me levan ou me traen, e o tesouro que busco ten que estar pero non está, pero ten que estar pero non está, pero ten que estar, e se está atopareino, e se o atopo tereino e se o teño xa non teño que buscar nin o norte nin o sur nin o leste que son tan difíciles de atopar... Mara- (Entra ollando polos prismáticos) ...aí está Venus... (Rápidamente olla coa lupa un punto concreto no chan) ...aí está un ácaro... (Repite o proceso máis rápido) ...aí está Venus... aí está un ácaro... aí está Venus e aí está un ácaro... e aquí estou eu... pero... (Olla agora a simple vista) ...aí non está Venus... aí non está un ácaro... e aquí estou eu... así que eu estou sempre a non ser que non me mire, porque se non me miro non estou nin tampouco está Venus nin tampouco está un ácaro, así que... o que non se mira non está... Rita- (Entra co bloc) ...cinco por cinco vintecinco por cinco centovintecinco entre cinco vintecinco entre cinco cinco menos cinco cero... ¡Cero! ¡Merda! ¡Outra vez cero! ...unha por unha unha por unha unha entre unha unha entre unha unha menos unha... ¡Cero! ¿Por que últimamente todo é cero? ¿Estaremos acererándonos? (Apunta) A-ce-re-rán-do-nos... (Ri, pero de súpeto ponse seria. Olla o bloc) ... ¡Dúas follas! Unha e dúas... ¡Dúas follas en blanco! ¡Só teño dúas follas en blanco! (Volve a contalas) Unha, dúas.... ¡Dúas! (Olla o bolígrafo) ...e que pouca tinta... Gina- (Entra con bufanda e gorro) ...necesito un iglú... ¿Alguén ten un iglú? ¿Alguén ten un iglú de sobras, por favor? Se tivera un iglú sería unha das personas máis felices do iglú... ui, que calor... (saca a bufanda e o gorro) ...necesito un 27
ventilador... ¿Alguén ten un ventilador? E que me está atacando o anticiclón das Azores e non sei que facer con esta isobara que me persegue e me queima e... agora teño névoa por todas partes. ¿Hai alguén aí? ¿Alguén ten uns faros antiniebla? Ainda que... a névoa é tan linda e abraza tan ben... Bet-
(Entra axitando un pano) ¡Adeus, cariño, adeus! Eu agardarei por ti durante séculos e séculos e séculos... primeiro chorarei tanto que as bágoas caeran sobre as bágoas, e logo estarei tan triste que as pedras romperán en anacos, e logo estarei tan desesperada como os ríos secos, e logo tan contenta que as miñas gargalladas calarán o estruendoso estoupido do teu recordo, e logo tan indiferente como unha iguana indiferente, e logo sentirei tanto noxo que vomitarei flores bermellas durante séculos e séculos e séculos, cariño, adeus, odiote tanto como amo os meus versos...
Oti-
(Entra coa cinta de medir) ...pode ser que se mido en centímetros averigüe a medida exacta, porque parece bastante claro que os metros son relativos, pero os centímetros e os milímetros teñen que ser absolutos, ¿por qué? ¿E se tamén son inexactos e relativos? ¿Pero como vou coñecer a superficie total se non coñezo a lonxitude dos lados? Lado por lado, lado por lado, lado por lado... ¿e a altura? ¿Cómo demos vou saber a altura? ¿E que nunca vou coñecer as dimensións deste puto prisma? E se non coñezo as dimensións... ¿cómo vou ser capaz de saber o seu peso? ...e se non sei o peso, nin o espacio, nin a velocidade, nin o tempo, nin a aceleración... entón non sei nada...
Neli- (Entra retocándose) ...dime, espello invisible, ¿Hai algo máis bonito que o bonito? Non, non me respondas todavía, que teño outra pregunta que facerche... dime, espello invisible, ¿se eu poidera voar cunhas ás de cores brillantes onde iría? ¡Non, non respondas aínda! Dime, espello invisible, ¿non é certo que xa teño unhas ás de cores brillantes e que e se quero podo voar, e que de feito xa voo cando quero coas miñas ás de cores brillantes que son invisibles coma ti? Agora xa podes responder... ¡Ai, que parvo, non digas iso, parvito, non digas iso que me poño parvita eu tamén... Maika-(Entra coa súa xanela) ...os Williams érguense ás oito da mañá e almorzan xuntos arredor dunha mesa cuberta por un mantel beige, e logo o Señor Williams marcha para a casa da súa amante a señora Morgan, mentres que a señora Williams recibe na súa casa ó seu amante o señor Anderson, co que practica sexo ate as dúas en punto, momento no que marcha o señor Anderson e chega o señor 28
Stewart, que é o segundo amante da señora Williams, e que practica sexo con ela ate as oito, momento no que chega o señor Williams logo de visitar a súa segunda amante a señora Mortensen. Os Williams cean xuntos arredor dunha mesa cuberta por un mantel beige, e eu agardo a que se deiten e deitome eu tamén... Marco-(Entra cos auriculares postos) ...din que é perigoso viaxar a países exóticos sen escolta, porque nos países exóticos hai xente exótica que é Maravillosa pero ten costumes distintas como por exemplo matar... din que o champán é afrodisíaco e que por iso non se debe conducir despois de beber... din que o aguacate alarga a vida... din que o repolo non... din que a luxuria é pecado... pero outros din que non... pero outros din que si... pero outros din que non... pero outros din que si... pero outros din que non... e non se poñen dacordo... Susi- (Entra con Susi no carricoche) ...e terás unha vida feliz, Susi, xa verás... pero nunca te esquezas de que es unha planta, iso debes telo sempre en conta, Susi, es unha planta de interior... así que cando medres non me veñas con iso de que queres ir vivir a un bosque nin esas cousas, porque eu xa coñecín casos que acabaron fatal, pero ti non, ti es unha planta de interior que vivirás sempre no interior, conmigo, e eu cuidareite, e regareite, e podareite e quitareiche as malas herbas, e fumigareite sempre que teñas bichos, xa verás... e se te portas ben, cando sexas maior cantareiche unha canción de Rocío Jurado... a ver se soltas esporas... pero iso cando sexas maior, eh, pequeniña... Seguen cruzándose os camiños, cada camiño co seu caminante, ate que Rita detense no medio do camiño. Rita- ¡Reunión, reunión, reunión! ¡Rereunión, rereunión, rereunión! Rereúnense. Rita- ¡Faltan un! ¡un día! ¡Votos a favor de quedarse aquí e morrer irremisiblemente por culpa do impacto dun puto cometa, perdón, cometa! Érguense cinco brazos.
29
Rita- (Anota) Un, dous, tres, catro, cinco... ¡Cinco! ¡Votos a favor de marchar ó outro lado e deixar de ser como somos para ser outros diferentes de cómo somos non se sabe se mellores se peores pero diferentes! Érguense cinco brazos. Rita- (Anota) Un, dous, tres, catro, cinco... ¡Cinco! A ver... Cinco votos e cinco votos... resultado final: empate a cinco. ¿Está claro? ¡Non, non está claro! ¡Así non se pode facer nada, nada, nada, nada, nada...! Oti-
¿E ti?
Rita- ¿Eh? Neli- Faltas ti por votar Rita- ¿Eu? Eu nunca voto Marco-¿Por que? Rita- Non sei, nunca fixo falta, eu... Maika-Pois vota... Bet-
¡Vota, Rita, vota!
Mara- ¡Vota, vota! Luca- ¡Vota! Rita- Eu... Carla- ¡Vota xa, joder! Rita- Está ben... eu voto... voto... a favor de... Silencio Rita- ¡Quedarnos! ¡Quedarnos, quedarnos! ¡Quedarnos e morrer! Algarabía e abrazos por parte dos que votaron por quedarse. Rita- (Desfacéndose dos abrazos e tentando recompoñer a situación) ¡Está ben, está ben! ¡Isto hai que facelo ben! Son... cinco votos a favor de quedarse... e seis votos a favor de irse... polo tanto... queda aprobado... ¡Quedámonos e morremos! Berros de xúbilo. 30
Neli- ¿Por que? Silencio. Neli- ¿Por que temos que quedarnos? Marco-Porque iso foi o que votamos. Gina- Eu non... Susi- Foi o que votou a maioría. Bet-
¡Pero eu non quero quedarme!
Rita- Unha votación é unha votación... sempre foi así. Mara- Non ten porque seguir sendo sempre así. Carla- ¿Por que non? Oti-
Porque as cousas son relativas.
Luca- ¿Que queres decir? Oti-
Que non son absolutas.
Carla-Esta si. Quedámonos. Marco-Foi o voto da maioría Susi- A maioría absoluta Maika-Quédámonos Luca- Quedámonos Rita- Quedámonos, quedámonos. Bet-
¡Eu non!
Mara- ¡Eu tampouco! Oti-
¡Nin eu!
Gina- Nin eu... Neli- ¡E eu menos! Rita- Pero isto é... sodes... Neli- ¿Que somos? Rita- Sodes, sodes... Bet-
¿Que somos?
Rita-
¡Traidoras!
Mara- ¡Oh! ¿Traidoras? Luca- ¡Traidoras! 31
Gina- ¿Traidoras? Carla- ¡Traidoras! Oti-
¿Traidoras?
Marco-Traidoras e... perras. Mara- ¡Oh! Bet-
¿Perras?
Susi- ¡Perras! Neli- ¿Perras? ¿Dixeches que somos perras? Maika-A min xa me parecía que eran así... Silencio tenso. Neli- Pois agora xa non imos ser así... imos ser doutra maneira... imos ir ó outro lado, e vós...¡ ides morrer! Maika-É mellor morrer que ser doutra maneira. Neli- Si, si... Mara- ¡E unha merda! Marco-Din que é exactamente igual, porque se non es ti es outro, e se es outro ti xa non existes, e se non existes e como se morreras. Bet-
¡Ti si que non existes! ¡Don din din! Din que, din que, din que... ¿e ti que dis, don ninguén?
Marco-Eu digo... que sodes unhas perras. Susi- Ten razón. Oti-
Ti cala. ¿Que vas saber ti da razón, que tratas a unha planta coma se fose unha nena?
Susi- ¡É a miña Susi! Gina- E por riba chámalle Susi... hai que estar tarada. Maika-E vai falar a microclimática... Así te parta un raio no teu mi-cro-cli-ma. ¡Mimosa! Neli- ¡Non te pases, cotilla! ¡Que ti nin siquiera tes vida propia! ¡É normal que prefiras morrer! Xa estás morta en vida... Susi- Ai, que carácter, a ratiña presumida... Marco-A perriña presumida... Luca- ¡A perriña traidora presumida! 32
Carla- Que se vaian... aquí non pintan nada. Oti-
Ti si que non pintas nada... ¿sabes por que? Porque non pintaches nada na túa vida, nin un trazo, nin nada... ¿Cres que non nos decatábamos?
Carla- (Erguendo o dedo corazón) Mídeme este en centímetros a ver se che da exacto. Luca- E se queres repetir aquí tes outro... Gina- Mira que sentido do humor ten a protagonista de “En busca do tesouro perdido segunda parte” ¿O tesouro é de moedas de chocolate? Luca- Sabes que sabemos que o teu conto do microclima e por chamar a atención e por falta de cariño, ¿Verdade? Mara- E ti sabes que sabemos que o mapa co que andas e un mapa de Barcelona e isto non é Barcelona, ¿verdade? Marco-E ti sabes que sabemos que miras a través de todo por que non es quen de mirar a túa propia realidade, porque verías que a túa realidade é unha merda ¿verdade? Bet-
E ti sabes que es un estúpido pijo repipi sen personalidade, ¿verdade?
Susi- ¿E ti sabes que es unha desequilibrada emocional? Neli- ¿E ti sabes que es unha fustrada integral? Maika-¿E ti sabes que es unha insegura compulsiva? Gina- ¿E ti unha reprimida profunda? Luca- ¿E ti unha victimista patética egocéntrica? Oti-
¿E ti unha inmadura crónica?
Carla- ¿E ti unha obsesiva terminal? Mara- ¿E ti unha pajillera mental? Marco-¿E ti unha cegata cerebral? Mara- Gilipollas Carla- Estúpida Oti-
Falsa
Luca- Asquerosa Gina- Idiota Maika- Imbecil Neli- Pila de merda. Susi- Zorra Bet-
Puta
Marco-Perra, ¡Perras, perras, perras, perras, perrrrrras! Rita- ¡Basta! ¡Basta, basta, basta! ¡Bastaaaaaaa! 33
Silencio á forza. Rita- Isto está moi escuro... moi escuro, moi escuro, moi escuro... vexo escuro por todas partes... vexo morte... morte... morte por un lado... morte por outro lado... morte por aquí... e morte por alá. Vexo cabezas separadas dos troncos, e vexo troncos separados das extremidades, e vexo vísceras sen corpos e corpos sen vísceras e vexo caras sen ollos e vexo ollos sen caras... e vexo todo iso porque estou mal... e estou mal porque necesito o control e perdín o control... e perdín o control porque remataron as follas do meu bloc e porque se esgotou a tinta do meu bolígrafo... e agora... eu vou coller outro bloc e outro bolígrafo e vou recuperar o control, porque non quero ver escuro... e vós podedes quedarvos, ou marchar ó outro lado ou o que vos salga da cona ou do carallo... Marcha. E o resto fican cada unha consigo mesma. E logo marchan moi pouco a pouco sen relacionarse entre elas, cinco. E logo marchan moi pouco a pouco sen relacionarse entre elas cinco máis. E máis tarde, ó día seguinte, atópanse Mara, maleta na man, con Carla, nada nas mans. Carla- É hoxe Mara- ¿O que? Ah, si... e hoxe Carla- ¿Levas lupa? Mara- Non Carla- ¿E prismáticos? Mara- Non Carla- ¿Por que? Mara- Porque non vou ser eu... vou ser doutra maneira... Carla- ¿Cómo? Mara- Non sei... ¿Non pintas? Carla- Nunca pintei Mara- ¿Por que? Carla- Porque non sei Mara- Podes aprender Carla- Vou morrer 34
Mara- ¿E que? Carla- Teño medo Mara- Eu tamén Atópanse Neli, maleta en man, con Susi, nada nas mans Neli- ¿E Susi? Susi- Son eu Neli- ¿E Susi? Susi- É a miña nai Neli- ¿E Susi? Susi- No interior escoitando a María Dolores Pradera. ¿Estou ben de aspecto? Neli- Suficiente Susi- ¿Marchas? Neli- Iso parece. ¿Quedas? Susi- Aquí estou ben. Neli- Aquí estase ben... se non fora por morrer... Susi- A morte é o que ten. Neli- Mata Susi- Si Atópanse Gina, maleta en man, con Luca, nada nas mans. Luca- Que tempo, eh. Gina- Vai calor Luca- Moito Gina- Vintesete grados Luca- Máis ou menos. Gina- ¿Atopaches o tesouro? Luca- Non existe Gina- Ó mellor si Luca- Pode ser, pero non ven no mapa de Barcelona. Gina- ¿Miraches ben? Luca- Non moito... ¿Levas roupa de abrigo? 35
Gina- Non levo roupa Luca- ¿Que levas? Gina- Nada... por se acaso... Luca- Claro. Atópanse Bet, maleta na man, con Maika, nada nas mans. Bet-
¿Estás triste?
Maika-Non hai queixa... Bet-
Falta pouco
Maika-De momento si Bet-
Non vos botarei de menos...
Maika-Xa o sei. Bet-
Porque non serei eu.
Maika-Que lle imos facer... Bet-
¿E a xanela?
Maika-Pecheina Bet-
¿Por qué?
Maika-Non había nada que ver. Bet-
Xa haberá...
Maika-Ou non. Atópanse Oti, maleta na man, con Marco, nada nas mans nin nas orellas. Oti-
¿Que din?
Marco-Non din nada. Oti-
¿Nada de nada?
Marco-Está mellor o silencio. ¿Ti sabes cando mide o silencio? Oti-
¿Ti que dis?
Marco-Eu digo que é infinito. Oti-
Eu non digo nada.
Marco-Recordareite como es agora Oti-
Recordarasme pouco tempo
Marco-Ata que morra 36
Oti-
Eu non te recordarei porque... xa sabes...
Marco-¿Recordasme agora? Oti-
Agora si
Marco-Pois xa vale. Entra Rita, nada na man. Rita- Non atopei bloc, e non atopei bolígrafo, e vou morrer dentro dunhas poucas horas, pero... pero non vexo escuro... ¿Que hora é? Marco-Falta pouco. Silencio Bet-
Hai que irse ó outro lado
Oti-
Hai…
Gina- Hai, hai… Mara- ¡Ai! Neli- ¡Ai, ai, ai! Bet-
¡Ai, ai, ai, ai, ai!
Despídense afectuosamente do resto, collen as súas maletas e dispóñense para marchar. Oti-
Teño medo de marchar.
Gina- Teño medo de non quedar. Mara- Teño medo de cambiar Bet-
Teño medo de ser outra
Neli- Teño medo de que sexades outras O resto está en disposición de quedar. Marco-Teño medo de morrer Luca- Teño medo de quedar Carla- Teño medo de non marchar Maika-Teño medo de non ir ó outro lado 37
Susi- Teño medo de non ser outra Rita- Teño medo de non cambiar Silencio. As que marchan comenzan a marchar. Marco-¿Sabedes o que digo? Non hai resposta, pero ninguén se move. Marco-Digo que... ó mellor... o do cometa é mentira Bet-
¿Que?
Marco-Digo que... ó mellor... Mara- Non é mentira, vímolo. Oti-
E vimos como se achegaba.
Bet-
Era enorme e ardente...
Luca- E daba moito medo Mara- Ainda que era bonito... Neli- Non é mentira... Silencio Rita- Pero pode ser mentira que se choca morramos Susi- Un cometa é un cometa. E se choca... Gina- Era enorme... Luca- Tampouco era tan enorme... Neli- Era enormísimo. Oti-
Hainos máis grandes
Rita- O doble Carla- ¿O doble? Marco-Ou máis Silencio Bet-
¡O mellor tamén é mentira que exista o outro lado! 38
Susi- A ver se agora vai ser todo mentira. Gina- Oxalá... Luca- Oxalá... Marco-Oxalá... Neli- Pois pode ser mentira, porque a min iso de exista outro lado onde a xente deixa de ser como é... que queres que che diga... Mara- A min tampouco me convence moito... é máis... paréceme unha trapallada. Carla- A min paréceme unha trapallada estúpida. Gina- A ver se non vai depender do lado... Neli- ¡Ó mellor non! Oti-
Ó mellor todolos lados son iguais...
Rita- ¡Ó mellor si! Maika-...ou polo menos parecidos... Susi- Pode ser Luca- ...e as cousas dependen máis de nós que dos lados... Carla- ¡Joder! Rita- Lado por lado lado ó cadrado Marco-¿Eh? Rita- Sempre me gustou decir iso. Lado por lado lado ó cadrado. Lado por lado lado ó cadrado. Bet-
A min sempre me gustou decir... “¡Ostia, que guai!”
Gina- ¡Ostia, que guai! Si que mola... Mara- ¡Ostia, que guai! Susi- ¡Ostia, que guai! Maika-¡Ostia, que guai! Marco-¡Joder, que demasiao! Iso tamén da gusto Luca- ¡Joder, que demasiao! Si, si... ¡Joder, que demasiao! Carla- ¡Joder, que demasiao! Oti-
¡Joder, que demasiao!
Rita- ¡Joder, que demasiao! ¡Ostia, que guai! Neli- ¡Joder, ostia, ostia, joder, que guai, que demasiao, que de puta madre, cona! ¡Mecago no outro lado! ¡Que lle den polo saco ó outro lado! Todas- ¡Que lle den polo saco! Bet-
¡E que lle den polo saco ó cometa, ostia, joder, xa! 39
Todas- ¡Que lle den polo saco! Rita- ¡E que viva a festa do vinteoito pola tarde ás sete, cona! Todas- ¡Que viva a festa do vinteoito pola tarde ás sete, cona! Algarabía de tacos in crescendo. Luca- ¿E se non é mentira? Silencio. Oti-
Se non é mentira... será verdade.
Mara- Verémolo Marco-Saberémolo Gina- Notarémolo Bet-
Sentirémolo
Maika-E non tardaremos… Susi- Falta pouco… Neli- Case nada... Carla- ¿Canto falta? Silencio. Rita- Trinta e tres... Gina- Trinta e dous... Bet-
Trinta e un...
Oti-
Trinta...
Neli- Vintenove… Maika-Vinteoito… Marco-Vintesete… Susi- Vinteseis... Carla- Vintecinco... Luca- Vintecatro... Mara- Vintetrés... Rita- Vintedous... 40
Gina- Vinteún... Bet-
Vinte...
Oti-
Dezanove...
Neli- Dezaoito… Maika-Dezasete... Marco-Dezaseis... Susi- Quince... Carla- Catorce... Luca- Trece... Mara- Doce... Rita- Once... Gina- Dez... Bet-
Nove...
Oti-
Oito…
Neli- Sete… Maika-Seis… Marco-Cinco... Susi- Catro... Carla- Tres... Luca- Dous... Mara- Un... Rita- ¡Cero! Silencio e...
41