RETÓRICA E ORATORIA ROMANAS I. CUESTIÓNS TÉCNICAS 1. Definición e partes A definición máis ampla de retórica é a que da Quintiliano como ars bene dicendi e bene dicendi scientia. A retórica oponse á gramática, que se define como scientia recte loquendi. Diferéncianse polas súas virtutes: a virtude da gramática é a corrección (recte), a da retórica é o bene, que afecta non só á parte técnica do discurso, senón tamén ás calidades morais do orador. A definición xeral de ars bene dicendi é limitada por algúns teóricos en sentido especializado e nunha dobre dirección: 1.- en canto ao campo de aplicación do discurso e 2.- en canto a súa finalidade: 1.- O campo de aplicación queda limitado mediante a ordenación do discurso ás materias de interese xeral, que nos proporcionan a vida pública e as súas condicións políticas e morais. 3.- A finalidade do discurso queda circunscrita ao determinarse que o discurso ten como fin o convencemento, a persuasión do oínte. 2. División da Retórica Na ensinanza da retórica tense por costume dividir esta en tres partes: de arte, de artifice, de opere: * de artifice: trata do orador e das súas calidades: - ingenium: creatividade que necesita ser dirixida; a súa actividade consiste na inventio - iudicium: dirixe a creatividade, vela polo decoro interno; debe harmonizar co ingenium. - consilium: observancia do decoro en relación có público; afecta a actividade do discurso. * de opere: é a obra realizada polo orador de acordo cos principios da arte. * de arte: é a máis importante das tres partes. Segue o proceso de formación da obra, tendo como punto de partida a materia prima da obra, recorrendo etapas sucesivas ata acadar o estado de madureza. As regras que fixan a sucesión destas etapas constitúen o capítulo de arte. Toda obra de arte por medio da palabra (opus) consta de dous elementos: res, ou síntese do contido de ideas ou pensamentos; e verba, ou formulación desta síntese pola linguaxe. 1. Materia artis: chámase materia artis rethoricae o conxunto de todos os
posibles obxectos dun discurso, é dicir, a res en xeral. Á cuestión de se tal materia é ou non limitada dánselle dúas respostas: a minimalista e a maximalista. 2. División da materia: os tres xéneros aristotélicos. A retórica escolar distingue tres xéneros aristotélicos, sempre con dúas funcións: 2.1. O xénero xudicial (genus iudiciale): coas funcións da acusación e da defensa, ten como caso modelo o discurso dun avogado ante o tribunal. 2.2. O xénero deliberativo (genus deliberativum): coas funcións de consello e disuasión, ten como modelo o discurso do representante dun partido político diante da asemblea do pobo. 2.3. O xénero epidíctico (genus demonstrativum): coas funcións de gabanza e reproche, ten como caso modelo o discurso solemne dun orador. 3. Teoría da elaboración do discurso Os dous elementos constitutivos (res e verba) e as cinco fases de elaboración que se lles aplican, atópanse ao servizo do ad persuadendum accommodate dicere. O persuadere pode dividirse en tres graos de persuasión: docere, delectare, movere. 1. Inventio: é o descubrimento das ideas. 2. Dispositio: é a elección e a ordenación favorables no discurso concreto dos pensamentos de que dispón o orador, das formas lingüísticas e artísticas. 3. Elocutio: é a expresión lingüística dos pensamentos atopados na inventio. 4. Memoria: aprender de memoria o discurso. 5. Pronuntiatio: manter o discurso coa voz e os xestos acompañantes. Partes do discurso(sobre todo xudicial): 1. Parte inicial: exordium, proemium. Debe orientar a atención, a disposición receptiva e a benevolencia dos xuíces cara o asunto. 2. O núcleo do asunto: propositio máis rationes. 2.1. propositio: ten por función comunicar o obxectivo da proba do discurso. 2.2. argumentatio: ten a función de levar a cabo as probas. A parte da argumentatio que refuta a argumentación do contrario chámase refutatio. 3. A parte final, peroratio, corresponde á conclusio e recolle o demostrado na argumentatio. Ten dúas funcións: * conseguir o establecemento do grao de certeza; * provocar efectos favorables á parte, que debe impulsar ao xuíz a emitir un fallo favorable.
Departamento de Latín - 2
II. A CUESTIÓN LITERARIA 1. A oratoria romana anterior a Cicerón. A oratoria romana anterior ao s. II a.C. é practicamente descoñecida. Cicerón (Brutus) reseña uns cantos nomes máis ou menos fiables entre os que destaca Apio Claudio o Cego, que no ano 280 pronunciou un vibrante discurso ante o Senado para que non firmase unha paz que el consideraba desfavorable para os romanos. A cabalo entre os séculos III e II viviron os primeiros oradores dos que temos algún testemuño, directo ou indirecto, de discursos realmente pronunciados.Todos estes discursos pertencían ao xénero das laudationes funebres, discursos que acostumaban pronunciar nos funerais as persoas máis achegadas ao finado e que se conservaban nos arquivos familiares: Q. Fabio Máximo, Q. Cecilio Metelo, L. Emilio Paulo. No século II a oratoria romana vaise consolidar. Non hai dúbida de que con esta consolidación ten moito que ver a influencia grega. Ao terminar o s. III, co final da 2ª guerra púnica, os romanos dominan xa toda a cunca occidental do Mediterráneo. Entón volven os seus ollos cara á parte oriental para proseguir a súa expansión. Tres fitos realmente importantes poden subliñarse a este respecto: 1. A guerra contra Filipo V de Macedonia. 2. A guerra contra o seu sucesor Perseo, derrotado na batalla de Pidna (168). 3. No 146, tras a conquista de Corinto, Grecia convértese en provincia romana. Á marcha militar de Roma sobre Grecia correspóndelle unha contramarcha cultural de Grecia sobre Roma. A oratoria romana deste século ten os seus principais valedores en dúas figuras totalmente opostas en mentalidade e formación: Catón e Escipión Emiliano. Catón representa a conciencia moral do seu tempo. Cicerón tiña máis de 150 discursos deste e compárao con Lisias. A concepción moral da oratoria de Catón plásmase na súa definición do orador como uir bonus dicendi peritus. Escipión e o seu círculo representan a impregnación da cultura romana pola grega. Pero non son menos romanos que Catón. A oratoria de Escipión é fina, elegante. Entre os fragmentos conservados destacan os de ton moral. Íntimo amigo de Escipión é G. Lelio, a quen Cicerón considera superior en elocuencia, e que pronunciou un sentido discurso á morte de Escipión. Outros nomes importantes dentro da oratoria da época son Ser. Sulpicio Galba, Tiberio e Caio Graco. De finais de século son M. Antonio e L. Licinio Craso. Estes dous oradores deixan o terreo sementado para que poida xurdir a figura de Cicerón. 2. CICERÓN e o seu entorno. Desde a época dos Gracos, Roma, que tivera a mirada posta no exterior, ve remexer no seu interior e cobrar forza progresiva unha serie de problemas sociais e políticos, que van culminar no século I coa desaparición da República: denúncianse ante o pobo intrigas e proxectos revolucionarios, ambicións de poder e casos de traizón á patria. Expóñense ante os tribunais acusacións de suborno, concusión, etc. A opinión pública apaixonase e empurra aos oradores, que coidan a súa preparación ao máximo. Por outra banda, o Departamento de Latín - 3
desenvolvemento da poesía e o progreso da retórica fan brotar no campo da elocuencia a consideración e o sentimento de que o discurso é unha obra de arte que merece ser escrito con suxeición ás regras do xénero e publicado como calquera obra literaria. O nacemento de Cicerón (Xelio,XV,28,13) tivo lugar o 3 de xaneiro do 106. Tácito (Diál. 17) seguindo a Tirón indica como data da súa morte, que ocorreu o ano 43, o 7 de decembro. Morreu traxicamente a mans dos sicarios de Antonio, inimigo declarado de Cicerón, sobre todo polas consecuencias negativas da súa obra In M. Antonium orationes Philipicae. Procedía dunha familia da orde ecuestre, da latina cidade provinciana de Arpinum, que foi tamén patria de Mario. En Roma Cicerón interveu como avogado en procesos civís e penais desde o ano 81. Interrompeu esta actividade para marchar a residir a Atenas e Rodas desde o ano 79/77 co propósito de atender a súa formación filosófica. De volta e despois de desempeñar diversos cargos públicos consigue o consulado no ano 63, clave para a interpretación da chamada Conxuración de Catilina. As consecuencias desta revolta política custáronlle caro a Cicerón, xa que, acusado de ter condenado a cidadáns romanos sen xuízo, foi condenado ao desterro no ano 58. Na guerra civil que enfrontou a Pompeio contra César, tomou partido polo primeiro. Despois da derrota das tropas pompeianas, César outorgoulle o perdón e o seu mandato foi a época de maior produción literaria de Cicerón. 2.1. A actitude de Cicerón cara a cultura. Este homo novus, sen ascendentes, adoptou como antepasado espiritual a Escipión o Mozo e aos seus amigos do século II, os difusores do helenismo, baixo a dirección do estoico Panecio, que foron exemplos tamén de patriotismo romano, decorum e humanitas.
Cando contaba 18 anos, Filón de Larisa, cabeza da Academia Nova de Atenas, visitou Roma e causoulle unha profunda impresión. Cando Cicerón visita despois Atenas para aprender, decide incorporarse á Academia: non era un auténtico filósofo e sabíao, aínda que se sentía fascinado pola filosofía. Os prólogos dos seus diálogos e tratados forman en conxunto un interesante corpus de autobiografía intelectual, no que a defensa dos estudios culturais como ocupación para un ex-cónsul en relación co otium cum dignitate é un tema recorrente. A súa preocupación pola cultura estaba dirixida a homes que non precisaban de conversión: a Ático, coa súa importante biblioteca, a súa divulgación de libros e aos seus intereses históricos,que comprou obras de arte para el en Atenas; a Catón e a Bruto, aínda que non estaba moi de acordo con eles; incluso tamén a César, politicamente inimigo, que tiña un grande interese pola literatura e a linguaxe. Toda a súa vida estivo interesado en promover a educación humana.Era impensable en Roma que a educación máis elevada puidese ser sobre unha base distinta da retórica. En filosofía era un moralista con devezos de transcendencia. Das filosofías helenísticas a que máis lle atraía era o estoicismo, tamén como moralista: en Rodas atopou a Posidonio, o filósofo romano ao que seguía era estoico, Diódoto. Departamento de Latín - 4
Os libros significaban moito para el: pide a Ático que non venda unha librería que comprara, coa esperanza de encontrar os medios de adquirila para a súa nova casa de Túsculo. O seu sentido histórico tamén era excepcional: "ignorar a historia é como permanecer sendo neno toda a vida". Intentaba non só ver os acontecementos externos, senón verse a si mesmo na súa perspectiva (cf. Brutus, De re publica, De senectute. De amicitia, De oratore, De finibus). Hai que admitir, sen embargo, que Cicerón pasaba por alto ás veces os seus principios. En política era negado para ver os puntos de vista dos seus opoñentes e para formular dogmaticamente os seus: estaba moi disposto nos seus discursos como calquera avogado, se conviña ao seu cliente, a menosprezar a lei e os xuristas, rirse do estoicismo, insinuar que non habería que confiar nun grego ou nun galo e chamar ao xudaísmo unha superstición bárbara. Só na defensa do poeta grego Arquías, onde había que responder a unha débil acusación, sentiu que podía falar publicamente nos tribunais a prol da cultura. 2.2. Teoría e práctica da oratoria en Cicerón e os seus contemporáneos. En Roma baseábase na oratoria non só a educación máis elevada, senón a literatura en xeral. A tradición representada por Ennio, celebraba a elocuencia de Apio Claudio o Cego, quen convenceu ao senado para non pactar con Pirro, e de Cornelio Cétego na guerra con Aníbal. Pero a primeira figura real foi a de Catón o Vello (234-149 a.C.). Antes da súa época o alcance da retórica era limitado: aparte dos discursos fúnebres había discursos ante o senado, pero as súas decisións a miúdo estarían aseguradas de antemán por grupos de familias aristocráticas. As cousas cambiaron no século II co establecemento de xurados máis amplos, como os tribunais permanentes (quaestiones perpetuae). No futuro ían ser o escenario principal da elocuencia os tribunais de xustiza, onde moitos dos casos debatidos eran en realidade políticos. Os xuízos celebrábanse publicamente no foro ou en basílicas veciñas e no medio dun círculo (corona) de espectadores. Coincidente con este cambio de circunstancias era a influencia dos gregos e as súas ideas. Baixo as monarquías helenísticas a elocuencia tivera menos alcance político que baixo a Atenas democrática do século IV. Concentrouse na exposición e ao mesmo tempo estableceu unha disciplina escolástica de definición e clasificación sobre principios aristotélicos. Nos discípulos romanos atoparon os gregos polo menos unha saída política para as súas capacidades e, á inversa, os romanos sentíronse cativados polo virtuosismo retórico das embaixadas gregas, máis ou menos frecuentes na medida en que o imperio medraba. Unha diferenza que os gregos atoparán en Roma era o poder persuasivo da auctoritas, o prestixio do orador.
Os romanos estaban predispostos de dúas maneiras bastante distintas na súa actitude cara á retórica: * por unha banda, a imaxe de si mesmos cultivada polos romanos favorecía unha sinceridade carente de adorno, lacónica e sentenciosa. Nisto eran incitados polos estoicos, para os que calquera artificio oratorio era superfluo e a única retórica tolerable era a dialéctica.
Departamento de Latín - 5
* por outra banda, o carácter italiano podía ser moi emocional. Estaba claro que era impresionando ao xurado, máis que convencendo, como Cicerón obtiña os veredictos: flectere victoriae est. A figura fundamental foi Catón o Vello: foi o primeiro en publicar os seus discursos e Cicerón descubriu máis de 150 destes. Certamente Catón debía máis en xeral á influencia grega do que pretendía, pero era cuestión discutible se era ou non na retórica. De calquera xeito o que non podía ter aprendido dos gregos era a concinnitas - elegancia da claridade, fluidez, o equilibrio artístico e a disposición das cláusulas e o ritmo cuantitativo en cadencias - . Os primeiros en igualar aos gregos, segundo Cicerón, foron L. Craso e M. Antonio, aos que coñeceu na súa xuventude. A crítica helenística recoñeceu tres estilos: o grande, o medio e o sinxelo. No Orator (69), Cicerón asociounos cos tres obxectivos da oratoria: emocionar, agradar e convencer. O estilo grande era poderoso, pesado, amplo, emocional e adornado: era o que se entende por "retórico" (Galba, Caio Graco, ...). Este estilo prevaleceu sobre o sinxelo durante décadas, a pesar da inclinación do estoicismo á sinxeleza. Era análogo ao "asiánico", representado por Hortensio, líder dos avogados desde a morte de Antonio no 87 ata a acusación con éxito do mozo Cicerón contra Verres no 70. Asiánico era un termo ambiguo, non moi útil. Cubría dous estilos estendidos en Asia Menor: 1. o epigramático e brillante (sententiosum et argutum), que se apoia na elegancia e na beleza (concinnum et uenustum); 2. o rápido e impetuoso (uolucre et incitatum), pero carente de refinamento isocrático. Os devezos de ser orador viñéronlle probablemente a Cicerón de rapaz, desde a cidade de Arpino, por terlle encomendado seu pai á custodia do principal orador de Roma, Lucio Craso. Antes de cumprir os vinte anos embarcouse na composición dunha retórica completa, pero só terminou a primeira parte, que se nos conserva co título De inventione. Trinta anos máis tarde escribiu o De oratore para corrixir e ampliar esa obra de xuventude. Comezaba a describir ao perfecto orador, definido por Craso como "un home que pode falar con variedade e plenitude sobre calquera tema". O seu antecesor espiritual foi Isócrates, pai da elocuencia, con un estilo que se convertera en norma en Grecia cara o 350 a.C., aínda que tamén se nota a influencia de Demóstenes1. Era tal o seu servidume dos preceptos gregos que Cicerón, sen ter en conta as diferenzas entre ambas linguas, recomendou algúns ritmos que na práctica evitaba rigorosamente2. Realmente Cicerón cultivaba a forma isocrática: aínda que recoñecía que primitivamente era adecuada para a oratoria de ostentación, sen embargo admitía que podía usarse no exordio, na peroración e noutras pasaxes elevadas de discursos políticos e forenses. De feito converteuse no seu estilo normal en prosa, característico tamén dos seus discursos3. Tiña a capacidade do actor de vivir o seu papel e sentir no momento as 1
. A esencia do estilo de Isócrates era o que os antigos chamaban "ritmo", en latín numerus. Isto cubría tanto a cantidade das sílabas como a dos membros e a disposición artística destes. O conxunto captaríase facilmente sen inconsecuencias sintácticas ou cabos soltos e sería facilmente pronunciable sen quedar sen alento. 2 . Cf. o hiato legendo oculus. 3 .Ata idade de 28 anos declamaba co corpo e coa voz en máxima tensión. Tras unha visita a Rodas logrou aprender a controlarse pola ensinanza dun rétor chamado Molón. Departamento de Latín - 6
emocións que expresaba: cultivou a amizade de grandes actores, Esopo e Roscio, que lle daban consellos de arte dramática. Vinte anos despois das Verrinas seguiu sendo o mestre indiscutible da oratoria. Entón comezou unha reacción previsible: virou cara un estilo máis puro. Na Roma de entón había outras tendencias: * Os estoicos e os personaxes que como Bruto eran alérxicos ao apaixonado e ao adornado. * Estaban, ademais, os aticistas de estilo propio, dirixidos polo poeta Calvo, amigo de Catulo,que adoptaba un estilo seco, carente de adorno e que proclamaba a Lisias como o seu mestre entre os oradores áticos do século IV. Cicerón defendeuse con humor dos aticistas4. Mantiña que un orador debe dominar todos os estilos. Lisias era demasiado sinxelo para ser un modelo xeral. O orador grego consumado dentro dos considerados "áticos" era Demóstenes e poñía exemplos de Demóstenes e seus para ilustrar o rango estilístico dos dous. A sinxeleza de Lisias pode ter chegado naquel momento, cando baixo a ditadura de César a oratoria política xa calara. O estilo de Demóstenes volvera a cobrar vigor cando se restablecera a liberdade facía uns poucos meses, nas Filípicas de Cicerón. Finalmente estaba a cuestión da linguaxe. No século II a.C. o influxo en Roma dos estranxeiros, na meirande parte escravos, moitos dos cales serían manumitidos polos seus amos e converteríanse en cidadáns, afectaría á pureza da lingua latina5. De igual importancia era a existencia dun acento e unha entoación romanos. Un imperio necesitaba un latín común, que correspondese ao grego común do imperio de Alexandre e os aristócratas romanos estaban interesados en que fose o da capital. A gramática e a sintaxe, o léxico e a pronunciación, todo estaba implicado:
* Gramática e sintaxe: os puristas tendían a regularizar. Debería haber unha forma "correcta" para cada relación sintáctica6. A posición de Cicerón era un compromiso sensible: non desexaba alterar frases consagradas pola tradición nin suprimir formas excepcionais que a natureza introducira na procura da eufonía7. * Léxico: os puristas trataron de establecer unha palabra "propia" para cada cousa ou idea. Nos discursos públicos era obvio que era importante dar a entender claramente o significado e non dar aos oíntes a sensación de ignorancia ou inferioridade. Nos seus discursos Cicerón coidaba usar só palabras boas, establecidas e aínda en uso. Pero tamén insistía en que debían ser palabras 4
. Pódense comparar o comportamento de Cicerón no Brutus e no Orator, composto no ano 46, cando os dous máximos expoñentes do asianismo e aticismo, Hortensio e Calvo, estaban mortos. 5 . Escipión o Mozo chamaba á plebe romana os "fillastros de Italia". El e os seus amigos falaban un latín purista por herdanza. 6 . Cf. a controversia entre os gregos sobre a analoxía( goberno da linguaxe por regras) ou a anomalía (goberno da linguaxe polo uso). 7 . Coñecendo a incorrección de escribir h en palabras como pulcer e Cartago permitíanas por telas escoitado durante tempo. Hai incluso nos seus escritos 54 exemplos de modo indicativo nas interrogativas indirectas. Departamento de Latín - 7
escollidas con algo de corpo e sonoridade8. Nas súas coidadas cartas a personaxes importantes, Cicerón compórtase da mellor maneira en canto a linguaxe. Pero cando se dirixe a Ático ou a outros amigos íntimos emprega un latín máis coloquial. Nestas cartas máis persoais, a diferenza dos seus discursos, usa arredor de 850 palabras gregas, especialmente nas de Ático, que era case un ateniense por elección e por residencia9. Cando chegou a crear os seus escritos filosóficos, xa sesaxenario no 45-43 a.C., enfrontouse coas dificultades inherentes ao latín, que non só carecía da terminoloxía, senón da flexibilidade sintáctica do grego10. Cicerón dábase conta de que existían palabras en ambas linguas que non eran equivalentes completos, traducindo ás veces physis como natura, ás veces como ingenium. 2.3. Poesía. Segundo Plutarco Cicerón era considerado o mellor poeta, do mesmo xeito que o mellor orador do seu tempo, e a súa poesía estaba entón esquecida só porque despois apareceran moitos poetas superiores. Esta afirmación non resulta sorprendente xa que houbo unha baixa na poesía romana antes da aparición, máis ou menos nos anos 60-55 a.C., de Catulo e os demais "neotéricos" e de Lucrecio. O verso de Cicerón está cheo de aliteración e asonancia, unha característica herdada da poesía romana arcaica que Virxilio e os seus sucesores ían reservar a propósitos especiais. O que se pode inferir dos seus primeiros poemas (Halcyones, Pontius Glaucus, Uxorius, Nilus), variados en metro e tema, suxírenos un precursor experimental dos neotéricos. Chegou a celebrar, igualmente en hexámetros, a Mario, o salvador de Roma (Marius), o heroe do seu Arpinum natal. Os seus principais poemas orixinais estaban dentro da tradición épico-panexírica do hexámetro derivada do seu favorito Ennio. Compuxo un poema en hexámetros latinos Sobre o seu consulado, seguido despois do exilio por Sobre as súa experiencias. Na adaptación de Phainomena ("Meteoros") do astrónomo estoico Arato, podemos observar varios detalles que non están no grego: intensificación retórica, onomatopeas,expresividade, detalles de observación persoal e a atribución de sentimentos humanos aos animais.
8
. Cicerón censuraba a Marco Antonio no senado o uso da forma de superlativo piissimus, unha palabra que non existe no latín. 9 . Merece subliñarse que as palabras gregas admitíanse libremente na comedia romana, pero nunca na traxedia ou na poesía seria. 10 . Por ex., a falta de artigo determinado facía difícil tratar de abstraccións: omne bonum = to agathon "o ben". Departamento de Latín - 8
2.4. Cartas. A carta converteuse nunha forma literaria retórica na época helenística. Nas escolas de retórica subministrábanse modelos de cartas útiles socialmente e escribíanse algunhas imaxinarias de personaxes míticos ou históricos. Naturalmente a retórica chegou aos cultos autores de cartas11. Estableceu tres clases de cartas: a seria, a informativa e a familiar (familiare et iocosum). Esperaba que algunha carta fose lida por alguén diferente ao destinatario. Así estaba contento de oír que unha que dirixira a César divulgárase, tendo incluso permitido el que a copiasen. A gran colección de cartas a Ático é totalmente espontánea, só coa retórica que Cicerón levaba no sangue. Non tratou de publicar estas reflexións e, de feito, parece que ata a época de Nerón non foron accesibles. 2.5. Discursos É principalmente nos seus discursos onde a fama literaria de Cicerón apontoouse na época recente, aínda que a algúns lles pareza pasado de moda o estilo de O tempora ! O mores ! e lles atraia máis a espontaneidade das súas cartas. Aínda que podían intervir os taquígrafos cando se pronunciaba un discurso ante o tribunal, os romanos eran perfectamente conscientes de que os discursos publicados que lían non eran documentos literarios. Sabemos por Quintiliano que Cicerón normalmente escribía por adiantado o exordium, a peroración e outras pasaxes fundamentais, e aprendíanos de memoria, preparando o resto só nun esquema, servíndose, parece ser, de notas12. Podemos supoñer que a natureza do procedemento legal en Roma favoreceu o desenvolvemento oratorio de Cicerón, xa que difire do de Atenas en que as coleccións de discursos pronunciábanse antes, non despois, da presentación das probas. Isto significa que o orador era máis libre para estenderse, deténdose en xeneralidades e en personalidades, permitíndose discursos narrativos. Así atopamos a Cicerón adaptando os seus discursos para adecuarse ás necesidades da ocasión. En Roma contaba moito a personalidade e prestixio do avogado e podía falar de se mesmo e por se mesmo como polo cliente. Nos seus primeiros discursos Cicerón trataba de ganarse a simpatía como home novo e valoroso e homo "novo" nesa faceta de impresionar co seu prestixio consular (auctoritas). Sabemos 11
. Perdéronse moitas das cartas de Cicerón, incluíndo a maioría da colección Ad Brutum e todas as de Octavio, o futuro Augusto. A maioría das que quedan datan dos últimos nove anos da súa vida. Actualmente quedan unhas 800 cartas distribuídas en catro grupos: Ad familiares, Ad Atticum, Ad Quintum fratrem, Ad M. Brutum. 12 . Un problema histórico literario importante relacionado cos discursos de Cicerón é a cuestión da relación dos discursos verdadeiramente pronunciados cos publicados. Un punto de partida deste problema ofréceo o desenvolvemento da estenografía na Antigüidade. Sábese que esta floreceu no mundo antigo desde Ennio ata a Idade Media e non se extinguiu ata o século XII. É significativo que os escritos taquigráficos dos romanos, conservados en manuscritos, reciban o seu nome do nome do liberto de Cicerón, Tirón. ¿En que medida Cicerón efectuaba borranchóns, engadidos e cambios, se el ditaba en voz alta borradores e posteriormente, lembrando o falado, dábaos á publicidade coa axuda do estenograma, e en que medida creou novas obras de arte coa revisión dos discursos pronunciados? As Catilinarias, publicadas despois de dous anos dos acontecementos dos que tratan, denotan que estaba á defensiva (especialmente o libro IV), dominado agora polo medo, cando se lle atacou por ter condenado á morte sen xuízo a cidadáns romanos. Departamento de Latín - 9
de 139 discursos seus, aparte dun número maior (os discursos de preitos civís non se consideraban xeralmente dignos de publicación). Ganou 74 de tales casos e perdeu 16, descoñecéndose o resultado dos outros 49. Dos 58 discursos que nos quedan completos ou en parte, os máis famosos son probablemente as Verrinas (70), as Catilinarias (63) e as Filípicas (44/43). As Verrinas volveron de novo á actualidade onde houbo resistencia a un opresor de provincias ou colonias; as Catilinarias en tempos de conspiración secreta e rebelión, e as Filípicas onde a liberdade republicana foi esmagada pola autocracia.
Os exordios na opinión de Cicerón habían de ser moderados e conciliadores no ton, pero salpicados de máximas coa intención de favorecerse a se mesmo ou desacreditar ao adversario. Unha parte considerable dos discursos consiste na narración: nos tribunais era esencial en primeiro lugar a claridade, o xurado ha de comprender e lembrar os feitos como se presentaron. A narración debe ser tamén sinxela, case coloquial. 2.6. Diálogos e tratados Cicerón sempre esperou que despois dos seu consulado estaría libre para dedicarse a empresas literarias. De volta do desterro embarcouse na realización de obras sobre cousas que lle importaban: De oratore (55), sobre os seus ideais de oratoria, e o De republica, sobre os seus ideais políticos. O De oratore en 3 libros caracteriza ao orador político, que non só domina a súa arte, senón que posúe unha cultura filosófica: o tema fundamental é a paideia, a educación cultural, ou máis amplamente a humanitas. O diálogo está situado no ano 91 con Antonio e Craso como principais interlocutores. Craso, que en xeral expón as ideas de Cicerón, lamenta a especialización rigorosa e o método utilitario, manifestando que o orador ideal debe ser moi versado en todos os temas, capaz de falar con amplitude e variedade sobre calquera cousa. No verán do 54 atopamos a Cicerón profundando nun diálogo sobre o seu outro interese: a política. No prólogo ao De republica, 1, expresa a súa amargura polo feito de gozar do ocio para escribir, ao ser excluído da participación activa despois de todos os seus servizos ao Estado. De republica (6 libros conservados en mal estado nun palimpsesto vaticano e nun comentario de Macrobio ao "soño de Escipión")13 expón a cuestión sobre a mellor forma de goberno e o mellor cidadán. A conversación retrotráese ao ano 129 e nela toman parte homes importantes do Círculo de Escipión. A importancia do De republica para o seu tempo reside na súa insistencia en que todos os homes teñen o deber de servir a súa propia patria, que ninguén debería poñer a súa dignitas persoal antes dos seus intereses, e que a moralidade privada era aplicable aos asuntos públicos. Planeou Cicerón o De legibus como continuación destes dous tratados. Era outra 13
.Os libros V e VI sobre o político ideal e a súa recompensa son moi fragmentarios, agás na coñecida conclusión, O Soño de Escipión, conservado co comentario neoplatónico de Macrobio (aprox. 400 d.C.).
Departamento de Latín - 10
vez unha analoxía de Platón. Cicerón, despois de discutir a natureza da lei, considera as actuais leis de Roma un apéndice de feito ao De republica. Os libros que conservamos tratan do dereito natural, do dereito sacro e das leis dos maxistrados. O diálogo ten lugar no tempo do autor: os dialogantes son el mesmo, seu irmán Quinto e Ático. O tempo que transcorreu ata o final da guerra civil pasouno Cicerón case sempre retirado: foi un novo período de intensa actividade como escritor. No ano 46 redactou os escritos retóricos Brutus, Orator, Paradoxa Stoicorum e o eloxio do estoico Catón. Todos eles están dedicados a M. Iunio Bruto, quen, ao principio inimigo de César, se puxo ao seu lado no 48 e gozaba da súa confianza. A morte da súa querida filla (febreiro do 45) foi un duro golpe para el. Por primeira vez, segundo propia confesión, sentíase desarmado ante o destino. Despois de 33 anos de matrimonio divórciase da súa muller, atopando alivio na filosofía. Escribe neste momento a Consolatio e o Hortensius: as dúas obras perdidas para nós. Entre os anos 45/44 compón Cicerón os libros Academica, De finibus bonorum et malorum, Tusculanae disputationes, De natura deorum. É unha obra produto da resignación, aínda que o seu efecto sobre os contemporáneos foi escaso: os que se interesaban pola filosofía lían aos autores gregos na súa lingua orixinal. Despois da entrada de Cicerón no círculo de César xorden o seu Cato maior de senectute, ao que lle sigue tras o asasinato de César o De amicitia, discursos imaxinarios de Catón e Lelio, máis que diálogos, os dous breves e dedicados a Ático, que encerran a quintaesencia do humanismo ciceroniano. A súa última obra é de maior influencia, no momento en que estaba na vangarda da loita con Marco Antonio. Non era propiamente un diálogo, senón un tratado dirixido ao seu fillo estudante, De oficiis ("Sobre as obrigas morais"). 2.7. Influencia literaria na Antigüidade Foi o seu exercicio de avogado o que o converteu nun modelo de prosa latina. As cartas déronlle a admiración de homes como Plinio o Mozo e Frontón, mestre de Marco Aurelio. A súa rehabilitación foi permanente, pero a influencia desigual, unhas veces nun sector, outras noutro. A obra de Cicerón no seu conxunto está impregnada do espírito de humanitas que se atopa primeiramente no círculo escipiónico e do que chegou a ser unha testemuña e intérprete.
Departamento de Latín - 11