Castro Do Vinte

  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Castro Do Vinte as PDF for free.

More details

  • Words: 1,699
  • Pages: 5
CONTEXTO HISTÓRICO CONTEXTO A Segunda República Española foi o estado democrático e republicano que existiu en España no período que abarca desde o 14 de abril de 1931, data de proclamación da mesma e da saída de España do rei Alfonso XIII, e o 1 de abril de 1939, data da victoria definitiva do bando insurxente na Guerra Civil Española que seguiu ó golpe de estado do 18 de xullo de 1936. Durante este período os sucesivos gobernos intentaron facer progresar o país con reformas e medidas máis igualitarias para todas as clases traballadoras. Intentáronse levar a cabo reformas de toda índole nos distintos sectores. Algunhas, como a reforma agraria entraba en conflicto cos sectores conservadores causando máis crispación e enfrontamento social. Os gobernantes republicanos, dotados dun amplo respaldo democrático tralas primeiras eleccións parlamentarias, parecían en condicións de poñer en marcha ou acelerar moitos dos procesos de modernización política e socioeconómica polos que viñan clamando desde facía décadas as mentes máis lúcidas do país: unha reforma do sistema representativo, que terminara coas lacras do caciquismo; un novo modelo de Administración civil e militar, que dotara ao Estado de maior eficacia e que, ao mesmo tempo, descentralizárao, abrindo paso a procesos de rexionalización y autogoberno; un novo marco de relacións laborais, que mellorara as condicións angustiosas de gran parte da poboación asalariada; unha reforma agraria, que satisfixese as demandas de propiedade de terras do campesiñado e facilitara a racionalización da agricultura; procesos de secularización, que puxeran fin á tradicional unión entre a Igrexa católica e o Estado monárquico... As eleccións xerais de 1933 foron gañadas pola dereita. Inmediatamente o xefe de goberno Lerroux do Partido Radical e apoiado pola dereitista CEDA, comeza a cambiar a lexislación progresista do anterior período, perdéndose todo o adiantado. Pero as esquerdas únense nunha ampla alianza de oposición chamada "Fronte Popular", que aínda que circunstancial supón a única defensa que lle queda á República fronte ao fascismo e ós conservadores monárquicos.

A Fronte popular gaña as eleccións e consegue 257 deputados. Azaña forma goberno, sen os socialistas e comunistas que aínda que o apoian desexan entrar no goberno. A dereita encaixa moi mala derrota e comeza unha marea de actos terroristas co fin de romper a estabilidade do país. O goberno d afronte popular responde ilegalizando a falanxe e metendo no cárcere aos eu principal dirixente. Os militares máis reaccionarios comezaron a preparar un golpe de estado. Á parte dos xenerais esta vez tamén houbo civís implicados na trama. Nas grandes cidades as mostras de apoio do pobo á República son multitudinarias, destacando o primeiro de maio en Madrid. A situación xeral vaise radicalizando e os actos violentos da falanxe son contestados coa queima de igrexas. El xeneral Mola, cerebro do golpe de estado que se preparou pon data en principio para o 10 de Xullo e distribúeo traballo: Franco encargarase de África, Goded de Valencia, Queipo do Llano tomará Andalucía y o propio Mola farase cargo de Navarra e Burgos. Finalmente acórdase retardar ad ata, por desacordos coa falanxe e os tradicionalistas. Namentres e dentro do mesmo plan o 12 de Xullo, prodúcese un feito determinante: o tenente da garda de asalto e publicamente esquerdista, José Castillo é asasinado por falanxistas. Os seus propios compañeiros executan ao dirixente dereitista José Calvo Sotelo, como vinganza. Isto serve de escusa aos golpistas para desencadear o golpe de Estado, inicialmente o 17 de Xullo en Canarias e Marrocos e o día 18 no resto de España. El goberno reacciona tarde e mal, negándolle inicialmente ao pobo as armas que lle reclama, perdendo nalgúns casos unha oportunidade perfecta para para-la sublevación. A partir dese momento España queda dividida en dúas zonas, unha baixo control gobernamental e outra baixo control dos sublevados e non existe unha clara vantaxe militar por parte de ningún dos dous bandos o que fai prever una guerra longa, a guerra civil española.

MANUEL CASTRO GARCÍA, CASTRO DO VINTE Tras días de investigación coa miña familia paterna fun descubrindo a historia de Manuel Castro García,coñecido como “Castro do Vinte” aludindo a un pobo de Oza dos Ríos no cal naceu e viviu, aínda que para as seus netos e fillos era máis coñecido como “o vello Castro”. As entrevistas que fixen foron ao seu neto (meu pai) Juan Manuel Rodríguez Castro

e ao xenro José Manuel Rodríguez Rozas, tamén coñecido como Piñeiro (meu avó). Manuel Castro García (nado en 1903) foi concelleiro en Oza dos Ríos (A Coruña) durante a Segunda República pola “Fronte Popular”, coalición de partidos de esquerdas coa finalidade de defender a República fronte ao fascismo e aos monárquicos conservadores. Pero a victoria da “Fronte Popular” nas eleccións xerais veuse truncada polo golpe de estado do 18 de Xullo de 1936 que desencadeou na Guerra Civil. Isto provocou un enfrontamento militar entre o bando republicano e o bando nacional, do cal o último sairá vencedor. Debido a isto moita xente foi perseguida, executada ou encarcerada pola súa ideoloxía. Este foi o caso do meu bisavó. Unha noite veu un amigo seu que era garda civil á súa casa. Este recomendoulle que fuxise xa que ao día seguinte tiñan pensado vir a buscalo xunto cun veciño seu para fusilalos. Entón avisou ao seu veciño e botáronse ao monte onde estiveron durante uns seis anos en continuo movemento. Había máis xente que estaba fuxida pero non só por motivos ideolóxicos, por exemplo os guerrilleiros e entre eles cabe mencionar ao “Foucellas” que estaba por aquela zona. Benigno Andrade García era coñecido como “Foucellas” e era natural de Cabrui (Mesía). Viviu corenta e catro anos dos cales dezaseis pasounos no monte fuxindo da garda civil. Benigno morreu executado no cárcere da Coruña o 26 de Xullo de 1952. Casualmente, estando o meu avó (xenro do “Castro do vinte”) no Goberno militar facendo o servicio militar de conductor, ordenáronlle que recollese ao verdugo de Burgos na estación do tren para que o levase ao cárcere da Coruña onde executaría a “Foucellas”. Segundo Piñeiro: “Foucellas tiña como traballo roubarlle aos ricos para darllo aos pobres”. Aínda que Manuel non pertencía á partida do “Foucellas”, foi moi probable que estivesen nalgún momento xuntos xa que andaban polos mesmos sitios e seguro que se axudarían mutuamente. Durante os seis anos que pasou “o vello Castro” no monte tivo que aturar condicións climatolóxicas moi desfavorables:choiva, neve, saraiba ... Ademais, non podían vivir nun sitio fixo xa que a garda civil estaba continuamente vixiando os montes en busca de guerrilleiros e fuxidos. Por iso, tal como conta Piñeiro con tristura, Manuel e os seus amigos levaron unha gran alegría o día que se fixeron cun enorme paraugas porque xa tiñan onde durmir. É difícil imaxinar como puideron sobrevivir seis anos sen poder

durmir nunha casa quente e estar a carón dos seus fillos, porque Manuel cando tivo que marchar da casa deixou atrás a vida coa súa muller Ángela e as súas tres fillas. Mais a súa muller nunca se esqueceu del, periodicamente surtíalle de alimentos mediante un sistema de símbolos que tiñan acordado entre os dous. Ela facía vida normal polo día para que non sospeitase ninguén nada e pola noite actuaba. Ía onde lle deixaran a marca e alí agochaba os víveres, por exemplo baixo unha árbore ou nunha leira de millo. Pero non era todo tan sinxela, Ángela sufría constantes acosos, ameazas e agresións por parte da garda civil. Juan, neto do vello Castro, recorda episodios que lle contou a súa avoa. Algúns deles son os seguintes. Por exemplo, algunhas noites chegaban de súpeto e daban culatazos cos mosquetóns nas portas e nas contras das fiestras as cales son de madeira moi gorda e aínda hoxe podemos velas marcas como se amosa nesta fotografía. Despois disto, entraban e rexistraban a casa. Os nenos, que naquela época tiñan desde 6 a 10 anos, espertábanse e botábanse a chorar. A garda civil e algún falanxista interrogábana a berros: “Onde está Castro! Vírono onte por aquí!”. Ela sempre respondía dicíndolles que levaba sen velo dende que se fora e nunca o traizoou. Noutra ocasión, ía cunha das súas fillas en brazas (Irene, nai e muller dos entrevistados) e rodeárona gardas civís a cabalo para asustala e que confesase. Botábanlle enriba os cabalos para meterlle medo. Como levaba unha meniña en brazos, ela preocupábase de cubrir e defender á súa filla antes que a ela mesma. Así estiveron en numerosas ocasións pero ela nunca lle fallou ao seu marido. Pasados os seis anos, aconselláronlle a Manuel que se entregase porque todo estaba perdido e non podía gañar unha batalla que xa chegara ao seu fin. Entón, amparouse na “Lei de responsabilidades políticas”, que fora promulgada o 9 de febreiro de 1939, a cal exculpaba a toda persoa que non cometera delictos de sangue. Pero cando se entregou, tres anos despois de que fose promulgada a lei, metérono preso no cárcere da Coruña durante seis meses. Ao saír do cárcere seguiu co seu traballo, compra e venta de madeira (maderista). Unha frase que sempre dicía e recorda o seu neto é a seguinte: “cando veñan os nosos...”. Referíndose con esto á caída do réxime e o desexo dun goberno comunista. Tamén era anticlerical, cando vía a un cura na

taberna dicíalle: “faldeiro vai para a misa”. Outra mostra de anticlericalismo por parte del foi a participación na queima dos santos San Pedro e San Pablo da parroquia do Vinte. Pasados os anos sucedeu un feito moi curioso na súa familia. Unha das súas fillas casouse cun membro da falanxe e garda de Franco. Esta voda nunca foi do seu agrado e teñen xurdido algunhas discusións entre estes dous membros da familia. Manuel Castro García morreu no ano 1968. Despois, trala chegada da democracia, a súa muller Ángela cobrou unha indemnización de un millón de pesetas polo encarceramento inxusto que sufrira o seu marido. Pero todo isto non servía para borrar os duros e amargos recordos desta época. Cando conseguiu saír do cárcere parecía que todo volvería á normalidade pero non foi así. Nunca recuperou a súa vida xa que perdera seis anos da súa vida fuxido no monte sen ter motivos para fuxir, só ser fiel á súa ideoloxía e loitar por ela.

Related Documents

Castro Do Vinte
April 2020 5
Vinte
November 2019 18
Xota Do Castro
May 2020 5
Os Vinte Talentos
May 2020 3
Aos Vinte Anos
October 2019 18
Lira Dos Vinte Anos
May 2020 12