CPI MARCELINO A. REY GARCÍA (CUNTIS)
CURSO 2007-08
Cando petan na porta pola noite, Xavier P. Docampo. Mestre en exercicio e dinamizador en favor da cultura galega no teatro, no programa “Preescolar na casa”, nos movementos de renovación pedagóxica, na creación de "Gálix" (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)… É autor de guións para cinema e televisión, director de diferentes programas de radio, coautor de libros de texto… É un dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega, á que incorporou a milleiros de lectores con éxitos de vendas como O misterio das badaladas ou A chave das noces, así como Cando petan na porta pola noite (Premio Rañolas ao libro infantil e xuvenil do ano 1994, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995, Lista de Honra do IBBY 1996). Ademais, reúne unhas excepcionais condicións de narrador oral que o converten nun eficaz e popular contador de contos.
GUIÓN DO TRABALLO 1. Resume os catro relatos que compoñen o libro. 2. Polas páxinas da obra de Xavier Docampo aparecen moitos personaxes. Cal/cales foron aqueles que che atraeron máis? E menos? Por que? 3. Que teñen en común estes catro contos? E que teñen de diferente? 4. Que pasa “cando chaman á porta pola noite”? 5. Cal foi o relato que máis che gustou e por que? 6. Seguro que na casa escoitaches algunha vez un conto coma estes. Contánolo. 7. Que opinión che merece o libro? Como llo recomendarías a un/unha compañeiro/a?
Román Cerqueiro Landín
Dpto. Lingua Galega