Bases Concurso Pancartas Correlingua

  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Bases Concurso Pancartas Correlingua as PDF for free.

More details

  • Words: 329
  • Pages: 2
BASES DO CONCURSO DE PANCARTAS “A CORUÑA MÓVESE CO GALEGO” CORRELINGUA A CORUÑA 2009 BASES DO CONCURSO DE PANCARTAS Colabora o Concello da Coruña, Concellaría de Normalización Lingüística “A CORUÑA MÓVESE CO GALEGO” 2ª EDICIÓN CORRELINGUA A CORUÑA 2009 1.Poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros inscritos nos Correlingua 2009 na comarca da Coruña. 2. A participación no concurso será EN GRUPO. 3. As pancartas deben ter un tema que estea de acordo cos OBXECTIVOS xenéricos do Correlingua:: a. Propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións en prol dela. b. Sensibilizar a sociedade, a través da mocidade, da importancia do uso da lingua. c. Asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares. 4. As pancartas deben ter relación co lema da edición do Correlingua 2008: “En galego. Pásao”. 5. Valorarase a mensaxe, a orixinalidade e o deseño da pancarta. 6. Os centros deberán formalizar a inscrición neste concurso enviando un correo electrónico a [email protected] antes do 7 de maio. As inscricións deberán ter como mínimo os seguintes datos: Concurso de

pancartas Correlingua A Coruña 2009, centro e número dos integrantes do grupo. Se participan varias pancartas dun mesmo centro deberán ter un número que as diferencie claramente para facilitar a decisión do xurado.

7. O xurado estará composto pola Comisión Organizadora. A decisión do xurado será inapelábel. 8. O premio para a pancarta gañadora consistirá en 5 reprodutores MP4. O resto de pancartas recibirán agasallos da organización do correlingua: libros, mochilas, pins... Ademais, o centro gañador lerá o manifesto da seguinte edición do Correlingua na comarca da Coruña. (Lectura que será compartida con outro centro se resulta gañador do manifesto un instituto da comarca da Coruña). 9.- Os traballos premiados poderán ser reproducidos en campañas publicitarias e divulgativas do Correlingua. Para estes efectos os autores cederán os dereitos de reprodución á organización do Correlingua. 10. A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases.

Related Documents

Bases Concurso
April 2020 15
Bases Concurso
November 2019 36
Bases Concurso
August 2019 37
Bases Concurso
May 2020 11