Base

  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Base as PDF for free.

More details

  • Words: 39,712
  • Pages: 177
Emilio Navarro

Manual de Ética Cívica

2

Índice

1

¿Para que serve esta asignatura?

5

I

Identidade e alteridade

7

2

A identidade individual

9

3

A dignidade humana

17

4

As nosas diferenzas

23

5

As emocións e a violencia

29

6

Liberdade e Responsabilidade

35

II

As ideas éticas

41

7

A ética e a cultura

43

8

As escolas éticas

49

9

Os dereitos humanos

55

10 As xeracións de dereitos

65

11 A defensa dos nosos dereitos

71

12 A discriminación

75 3

ÍNDICE

ÍNDICE

III A democracia e a participación

79

13 A democracia

81

14 Participar en política

87

15 O estado español

93

16 Igualdade e xustiza

97

17 Ética e política

103

18 Os dereitos constitucionais

107

IV Os dereitos das mulleres

113

19 Os dereitos e as mulleres

115

20 A discriminación das mulleres

119

21 A violencia contra as mulleres

123

V O pluralismo cultural

127

22 A cultura humana

129

23 As actitudes cara á variedade

137

24 Sociedades plurais

145

VI Cidadanía global

149

25 ¿Que é a globalización?

151

26 Os medios de comunicación

157

27 Os novos poderes políticos

163

28 O desenvolvemento necesario

171

29 Cidadáns dun só mundo

175

4

Lección 1

¿Para que serve esta asignatura?

Ollo cos -mente, cos "determinado.ecos çoncreto". Esta asignatura1 serve para aprender: 1. Como está ordenada a nosa sociedade e porque. 2. Que temos que facer nós para contribuír ao orde social. 3. Que necesitamos para que a sociedade progrese e que podemos aportar nós.

¿Por que convén que aprendamos todas estas cousas? Todas estas cousas impórtannos porque nós somos membros da sociedade, queirámolo ou non e teñamos a idade que teñamos. É evidente que se a organización da sociedade nos afecta, é mellor para nós ter coñecementos suficientes para participar no seu control. Desa maneira poderemos contribuir a que as cousas se fagan segundo o noso criterio, para conseguir non saír perxudicados. Se dicimos que a política non nos importa, simplemente estamos deixando gran parte da nosa vida en máns doutros.

Folla de ruta Neste libro aprenderemos. . . 1. Que somos. 2. Porque debemos comportarnos ben. 1

De feito esta asignatura ten moita máis utilidade na túa vida diaria que moitas outras que aparentemente son máis importantes: Ti non estás sempre botando contas, pero si que es sempre un cidadán. Ti podes vivir moi ben sen saber que son os piroclastos, pero vives moito peor se non sabes cales son os teus dereitos.

5

Lección 1. ¿Para que serve esta asignatura? 3. Porque podemos comportarnos ben. 4. Que atrancos temos para comportarnos ben. 5. En que é comportarse ben como individuos. 6. En que é comportarse ben como grupos humanos. 7. Como organizar ben a sociedade. 8. Como relacionarnos ben entre homes e mulleres. 9. Como relacionarnos cos inmigrantes. 10. Como organizar o mundo enteiro.

6

Parte I

Identidade e alteridade

7

Lección 2

A identidade individual

Recoñecemento da persoa como suxeito moral e asunción dos compoñentes individuais e colectivos na construción da identidade e no comportamento moral. Poñer citas en vez do rollo legal? El formato final tiene que luchar contra el «¿dónde viene?», sin énfasis, sin listas y sin «preguntas ordenadas». O que non significa que non deba existir unha orde no texto e sobre todo na súa escritura, para iso as preguntas van ben, para encadrarme. Quitar el rollo de Robert Musil. Hay que dejar claro que no hay un supermercado de las identidades, que la identidad es algo histórico y que hay que tomar como un sedimento amable. Identificar a los autores en las notas y dejarles claro que sí que entran.

¿De que se trata? A identidade é o que somos, como individuos e como grupos sociais. Esta idea está relacionada con moitas ideoloxías políticas e é causa de moitos conflitos violentos no noso mundo. Moita xente fai cousas malas porque ten ideas erróneas sobre a súa identidade.

¿Para que serve esta lección? Para aprender que é a identidade humana[1] . Para aprender unha concepción dela compatible coa ética. Para aprender que o centro da identidade humana é a nosa capacidade de ser bos. [1] Cesare Beccaria. Dei delitti e delle pene. Fondazione Giangiaccomo Feltrinelli, 2001.

9

Lección 2. A identidade individual

¿Por que é importante todo iso? Porque precisamos unha idea da identidade que sirva para defender a paz e o diálogo entre as persoas diferentes.

¿Está todo o mundo de acordo? Os nacionalistas radicais, os racistas, os fundamentalistas relixiosos non estarían de acordo en que os seres humanos somos iguais en dignidade e dereitos. Os filósofos relativistas e os emotivistas morais negan que a ética teña sentido racional e que estes temas poidan discutirse para chegar a unha conclusión válida para todos. Os relativistas probablemente defenderían ou polo menos entenderían aos fundamentalistas relixiosos. Os filósofos nihilistas ou inmoralistas defenderían aos nacionalistas radicais e aos racistas

¿Que problemas filosóficos hai? A xustificación da moralidade como realidade e como realidade fundante da antropoloxía. Unha concepción plural da antropoloxía, que sexa compatible coa igualdade esencial do ser humano e co iusnaturalismo.

¿Que problemas prácticos hai? ¿Por que debería importarnos esta cuestión, por que ten unha importancia ética e política, a pregunta quen somos ou que somos? A resposta é triste: porque no noso pasado inmediato, e agora mesmo noutras partes do mundo, hai xente que se mata ou se maltrata pola súa identidade, porque cre defender así a propia ou rexeitar a identidade estraña, porque quere impoñer unha ou outra identidade aos demais ou preservar a súa. Os nacionalistas radicais, os racistas, os fundamentalistas relixiosos mancan e matan na prol das súas identidades. Ademais, estes problemas teñen carácter colectivo, o cal os fai moito máis importantes que os crimes individuais. España, como Europa é cada vez máis un lugar no que viven xentes que veñen de moitos sitios diferentes. Cada vez encontramos máis caras novas, máis cores estraños. Sería triste que non puideramos levarnos ben, e que as diferencias entre as persoas fosen escusas para a violencia e a estupidez.

¿Que precisamos? A identidade é unha bomba que hai que desactivar, e como é unha idea as ideas son o máis perigoso que hai, corresponde á filosofía a tarefa de desactivala. 10

Lección 2. A identidade individual

¿Que din os filósofos? Para Aristóteles no ser humano podía distinguirse dous grupos de elementos: os que el chamaba substanciais, é dicir, os máis importantes, e os que el calificaba como accidentais, é dicir, os menos importantes. Os elementos substanciais non cambiaban nunca, pero os accidentais si que cambiaban ao longo da nosa vida, con toda normalidade.

¿Que podemos pensar? A nosa identidade é o conxunto dos nosos riscos. De eses riscos o esencial é a nosa capacidade moral explicar as súas partes e en que consisten. Os outros riscos teñen orixes diversas. Dos riscos, hainos bos, malos e indiferentes. Debemos rexeitar os riscos malos, promover os bos e facer o noso gusto nos indiferentes. ¿É a nosa identidade o conxunto de características que nos distinguen das demais persoas? Pois non, porque é obvio que características que non nos distinguen dos demais, tamén forman parte da nosa identidade.1 A identidade sería tan só o conxunto das nosas características, distinguidoras ou non. Os rasgos que podemos considerar cientificamente podemos diferencialos pola súa orixe xenética, social, histórica, xeográfica, psicolóxica, ou biográfica. Son rasgos xenéticos os que dependen da nosa pertenza á especie humana. Claro está que se trata de rasgos variables, condicionados polos mecanismos da herdanza. Da reduplicación do ADN, do ARN transfírente, da adaptación aos diferentes climas da Terra.2 A xenética pode ter moito valor para a medicina, pero á ética só lle serve para facer contos. O ser humano é máis que moléculas danzantes, moito máis que sangue. Cando somos mellor humanos, cando nos portamos como compre, o sangue só o ven os médicos, e ninguén máis fala del. Os rasgos sociais son os que dependen da nosa inclusión nun grupo humano. Adquirímolos pola educación, ben formal ou informal. Chamamos educación formal á que recibimos na escola, no instituto ou na universidade. Educación informal é a que recibimos na familia, ou por estar cos amigos, durante o lecer, no traballo, etc. Os rasgos sociais tamén poden ser chamados culturais. Os rasgos sociais varían porque as sociedades non son grupos homoxéneos e ademais cambian co tempo. Se somos animais sociais tamén é certo que non somos termes, robots condicionados para cumprir unha función social é nada máis. Temos as nosas vidas, vidas individuais que se desenvolven en un tirapuxa coa sociedade. Son rasgos históricos os que compartimos por vivir na nosa época.3 1

En otras casas cuecen habas, en la mía, a calderadas. E ás veces, ata das canles tradicionais de distribución dos combustibles gasosos. 3 Recordo que un alumno de quince anos comentábame unha vez, falando dos pícaros de 1o 2

11

Lección 2. A identidade individual Son rasgos xeográficos os que temos por vivir onde vivimos. Os rasgos psicolóxicos son os que derivan do noso temperamento e carácter como persoas. Vai saber se son redutibles a xenética ou biografía, o caso é que aínda non sabemos reducilos, traducilos, por máis que existan varias teorías psicolóxicas que o intentan.4 Os nosos rasgos biográficos son os que dependen do que nos pasou ao longo da vida. A nosa identidade ten unha dimensión subxectiva, o que nós cremos ser, e unha dimensión social, o que os demais pensan que somos. Analogamente, hai diferenzas no que as persoas pensan sobre elas mesmas e a opinión que nós temos. ¿Cal é a verdade? Pero hai máis. Un ser humano non é o seu corpo nin o seu país, nin a súa historia, porque todo iso pode cambiarse ou ás veces ata destruírse, e a persoa segue aí. Os rasgos morais son os que nos fan verdadeiramente humanos. Son a dignidade5 , a liberdade, a responsabilidade, a racionalidade e a sensibilidade. Agora ben, entre todos estes rasgos hai algúns que poden perderse. Somos libres, pero podemos acabar presos ou nunha ditadura que nos impida ata pensar. Somos racionais pero ás veces facemos o parvo. E desde logo demasiadas veces comportámonos de xeito insensible ou irresponsable. Entón, ¿é que deixamos de ser humanos? Claro que non. Somos humanos e non animais ou cousas porque temos dignidade, e somos humanos dunha forma mellor (o cal non significa ser mellores humanos nin máis humanos) cando nos comportamos como seres responsables, racionais e sensibles. ¡Que curioso!, todo isto é un misterio, nada científico pero completamente real. O problema dos valores e da dignidade é que non son algo mensurable, e a nosa cultura, bo, o ser humano, ten problemas para recoñecer e aceptar os elementos non mensurables. ¿ Como chegar a un acordo sobre os valores fundamentais? ¿ Como non loitar por eles ou non rexeitar do dos demais? A solución pode ser interpretar a dignidde como respecto, como escoita do outro e como comprominso de non traspasar os seus límites de liberdade.

da ESO: «É que os rapaces de agora non teñen respecto por ninguén. Nos meus tempos...». Os arqueólogos teñen atopado tabelas de cerámica, de hai cinco mil anos, en que pode lerse en alfabeto cuneiforme: «A mocidade éche cada vez peor. Onde imos parar? A sociedade vai á ruína.» Non nos decatamos de que o que cambia é normalmente accesorio. 4 Cando dicimos: «É que eu sonche así, non podo remedialo», probablemente estamos a referirnos a un rasgo psicolóxico. Pero tamén cambiamos, ao longo do tempo de forma de ser. E aínda que o refrán diga que quien nace lechón, muere gorrino, o certo é que un cocho non é un leitón. 5 A dignidade é a condición básica que debemos respectar para relacionarnos con outras persoas

12

Lección 2. A identidade individual

Algunhas definicións A dignidade é a condición básica que debemos respectar para relacionarnos coas outras persoas. A liberdade é a capacidade de escoller o noso comportamento. A responsabilidade é a consecuencia da nosa liberdade de obrar e consiste na obriga de dar conta dos nosos actos. A racionalidade é a capacidade de obrar de acordo á lóxica e ao testemuño dos sentidos. A sensibilidade é a capacidade de sentir e de entender os sentimentos dos demais.

¿Que podemos facer? O ser humano ten control final sobre a súa identidade, precisamente porque ten liberdade moral. Naturalmente non todos os elementos da nosa identidade son rexeitables, nin todas as persoas nos decatamos da nosa liberdade fronte á nosa identidade pero a capacidade de facernos e refacernos é un elemento central da condición de ser humano. Igual que as veces rexeitamos a nosa identidade total ou parcialmente, podemos rexeitar a identidade que os demais nos atribúen. O ser humano pode elexir un ideal e cambiar a súa identidade para que se achegue a el. Podemos xulgar criticamente un ou varios dos compoñentes da nosa identidade. Mesmo os elementos que alguén podería considerar centrais poden ser rexeitados. E tamén podemos rexeitar a identidade dos demais, polo menos nalgúns dos seus rasgos. E aí comezan os problemas morais, cando confundimos rexeitar a identidade con rexeitar a persoa, porque a identidade non é a persoa, e por suposto non constitúe a súa dignidade nin é a razón pola que temos que respectala. Nós esiximos respecto aos demais sexamos como sexamos, mesmo esiximos respecto polos nosos cambios. Igualmente debemos respectar aos demais, independentemente dos seus rasgos de identidade, mesmo aínda que os seus rasgos de identidade non nos agraden. Non debemos pensar que temos ningunha obriga cara aos nosos rasgos de identidade. Sexan os que sexan podemos cambialos se non nos gustan. Ás veces é un deber moral cambiar certos rasgos da nosa identidade. Ninguén pode esixirnos que os manteñamos igual que nós non temos dereito a esixir tal cousa a ninguén. Con frecuencia queremos cambiar algún rasgo de identidade propio por razóns morais, é dicir, porque o consideramos malo. É certamente unha boa razón, pero tamén podemos cambiar algúns rasgos de identidade por interese ou necesidade, por pracer ou curiosidade. Non hai nada malo en facelo. Ninguén carece de identidade. Tampouco cando cambia algún rasgo que a alguén lle poida parecer esencial. Simplemente adquirimos outra identidade, unha nova, que pasa a ser a nosa. E a vella queda esquecida ou desaparece. Custa ter unha identidade? O austríaco Robert Musil escribiu unha novela 13

Lección 2. A identidade individual con este argumento: a sociedade moderna ofrécenos tantas posibilidades, tantas opcións de ser algo, que ás veces nos resulta difícil escoller. O home moderno é un Home sen cualidades. Os psicólogos saben que este fenómeno é certo: cando temos moitas opcións, resúltanos mais difícil elixir. Toleamos nos grandes almacéns da vida. Por iso quizais aparece o fanatismo, a dureza con que nos aferramos as características que cremos nosas porque sabemos, no fondo, que igual que esas podíamos ter outras. Ao final a lección que sacamos é tan vella como a filosofía. Non podemos usar a identidade como escusa para ser malos. Non podemos usar ningunha escusa para ser malos. Debemos ser bos, o demais que sexamos, non importa. Poñer exemplos dos rasgos e agrupar parágrafos

Convén recordar • O que somos é froito da natureza, da historia, da xente coa que vivimos e das nosas experiencias. Moitas das nosas características son boas ou indiferentes. Pero outras son malas e as debemos rexeitar. • Temos dereito a esixir respecto para as nosas características aceptables e temos a obriga de respectar as características alleas cando non son malas. • Nós somos os únicos donos das nosas características indiferentes e temos dereito a cambialas se queremos. • Todos temos por igual a capacidade de inquirir e descubrir a verdade, de percibir e plasmar a beleza e de amar e facer o ben. Comparadas con iso, as outras características humanas son irrelevantes.

Preguntas de comprensión do texto 1. ¿Por que é importante a pregunta quen somos ou que somos? 2. Busca información sobre algún conflito racista. Descríbeo. 3. Busca información sobre algún conflito nacionalista. Descríbeo. 4. Busca información sobre algún conflito causado polo fundamentalismo relixioso. Descríbeo. 5. Define racismo. 6. Define nacionalismo. 7. Define fundamentalismo. 14

Lección 2. A identidade individual 8. Averigua cal é a porcentaxe de persoas que marcharon de España no século XX como emigrantes e tamén a porcentaxe de inmigrantes que veñen doutros países.

Preguntas para filosofar 1. ¿Que é o ser humano?

Para aprender máis Textos a comentar 1. John Stuart Mill, filósofo inglés do século XIX, expón na súa obra Sobre a liberdade a necesidade de que os individuos controlen os elementos da súa identidade: A liberdade do individuo debe ser asi limitada; non debe convertirse nunha molestia para outra xente. Pero se se abstén de molestar a outros no que lles concerne, e actúa meramente de acordo coas súa inclinación e xuízo en cousas que o concernen, as mesmas razóns que amosan que a opinión debería ser libre proban tamén que debería permitirse, sen molestalo, levar as súas opinións á práctica ao seu propio costo. Que a humanidade non é infalible; que as súas verdades, pola maior parte, son só medias verdades; que a unidade de opinión, a menos que resulte da máis completa e máis libre comparación das opinións opostas, non é desexable, e a diversidade non un mal, senón un ben, ata que a humanidade sexa moito máis capaz que no presente de recoñecer todas as caras da verdade, son principios aplicables aos modos de acción dos homes non menos que as súas opinións.Así como é útil que mentres a humanidade sexa imperfecta haxa diferentes opinións, igualmente o é que existan diferentes experimentos de vida; que sexa dado libre xogo ás variedades de carácter, se non existe dano a outros; e que o valor dos diferentes modos de vida sexa probado practicamente, cando alguén cre apropiado intentalos. Onde non o propio carácter da persoa, senón as tradicións ou costumes doutra xente é a regra de conducta, falta un dos ingredientes principais da felicidade humana, e case o principal ingrediente do progreso social e individual. 2. A condición humana de Hannah Arendt.

15

Lección 2. A identidade individual

16

Lección 3

A dignidade humana

Recoñecemento, valoración e respecto pola dignidade da persoa. Trátase de facer un texto non filosófico, e dicir, que non plantexe problemas nin deixe ao alumno a «obriga» ou a «opción» de decidir a postura vital. Non se trata de obrigar á xente a ser filósofos (é bonito influir nunha postura). Pero si é importante o contido discursivo. Como norma de pensamento, sempre que se fai unha afirmación hai que dar unha razón, e sempre que se da un dato hai que dar unha referencia. Iso é ser decente, aínda que se estea a facer un libro de texto. Non hai que poñer preguntas retóricas. As preguntas son para aprender. a dignidade como atribución como reflexo da propia, como precondición dunha vida humana, precondición da propia dignidade ou humanidade Partir do artigo 1 da declaración dos dd.hh. Hamlet ¿que es el hombre? como cita? mirar lo de usar la palabra risco". Explicar las palabras raras y las anécdotas a pie de página. Subtítulo o título alternativo: ¿Como respectar á xente? Eliminar a hipóstasis e falar directamente de respecto ao ser humano? Ser humano xenérico ou ser humano concreto ao estilo de Buber? Quitar a idea de que os valores bos (riqueza, beleza, e o demais) teñan algo que ver coa dignidade propia ou allea. Introducir el concepto de valor ¿no es explicar lo obscuro por lo más obscuro? De todos modos la idea de valor no me gusta nada, huele a relativismo. Valorar el concepto de deber por encima de sus justificaciones racionalesütilitaristas.

¿Para que serve esta lección? Para aprender que é a dignidade humana e como podemos respectala. 17

Lección 3. A dignidade humana

¿Por que é importante todo iso? A dignidade humana é quizais a máis importante razón que temos para respectar aos demais e para esixir respecto para nós mesmos. Se non sabemos que é a dignidade humana, ¿como imos respectar aos demais e como imos defendernos cando nos faltan ao respecto?

¿Está todo o mundo de acordo? Para os materialistas a dignidade é pura metafisica. Igual para os empiristas lóxicos, nin para os utilitaristas.

¿De que se trata? A dignidade humana é a razón máis importante para respectar aos demais e para esixir que nos respecten.

¿Que problemas practicos hai? Que non se respecta en moitos países e situacións.

¿Que problemas filosóficos hai? Dar unha definición que non dependa das crenzas relixiosas.

¿Que precisamos? Unha definición da dignidade humana que sexa aceptable por todo o mundo independentemente das súas crenzas relixiosas ou da súa posición filosófica.

¿Que din os filósofos? Mirar Buber e H Arendt

¿Que podemos pensar? O problema dos valores e da dignidade é que non son algo mensurable, e a nosa cultura, bo, o ser humano, ten problemas para recoñecer e aceptar os elementos non mensurables. ¿Como chegar a un acordo sobre os valores fundamentais? ¿ Como non loitar por eles ou non rexeitar do dos demais? A solución pode ser interpretar a dignidde como respecto, como escoita do outro e como comprominso de non traspasar os seus límites de liberdade. 18

Lección 3. A dignidade humana A dignidade humana é equivalente á condición humana. Todos os seres humanos somos dignos, independentemente de calquera outra circunstancia. Ante a dignidade humana o noso comportamento debe ser de respecto. Explicar que é o respecto. Todos sentimos que temos valor e que as persoas que amamos teñen valor. E todos podemos entender que ese valor non depende de ningunha circunstancia accidental. Trátase dunha propiedade esencial, é dicir, algo que recoñeceríamos como existente aínda que se modificaran outras cousas. Agora ben, os demais seres humanos son tamén esencialmente iguais a nós. Non hai ningunha diferenza esencial, aínda que pode haber moitas diferenzas accidentais. Por iso recoñecemos nos demais a mesma dignidade que achamos en nós e as persoas que amamos. ¿E que ocorre cos criminais, coa xente claramente mala, teñen dignidade tamén? Sen dúbida. Unha persoa pode facer algo moi malo, pero non por iso deixa de ser persoa. Ao respectala, estamos respectándonos a nós mesmos, porque calquera persoa é unha imaxe de nós. Ademais, ninguén é completamente malo e todos temos a posibilidade de arrepentirnos e cambiar de forma de ser[2] . Por outro lado, nós nunca coñecemos completamente as circunstancias do comportamento dos demais. Poden existir circunstancias atenuantes incluso nos actos mais atroces e aínda que non sexa así, nunca debemos aproveitar a indignación que podemos experimentar xustamente para comportarnos mal nós, para exercer violencia ou maltrato a ninguén. A dignidade ten unha dimensión misteriosa. O home, que non crea o mundo e non pode facerse a si mesmo, pode recoñecer, en si mesmo e nas persoas que ama, que o ser humano é moito máis ca uns quilogramos de produtos químicos. Tampouco a reciprocidade é garantía dabondo para xustificar o comportamento moral, ¿que facer cando estamos seguros de que a non reciprocidade non ía ter castigo? A reciprocidade pode ser un deber ou un criterio, pero non unha explicación.

Algunhas definicións A dignidade é unha característica que acompaña sempre ao ser humano e que debemos sempre respectar nos demais e en nós mesmos. Dignidade significa valor que non depende de ningunha outra característica, que non pode perderse nin cederse e co que non se pode negociar. As persoas teñen características plurais de tipo físico, psicolóxico, social, cultural, etc. Independentemente que as consideremos relevantes, estas características non afectan de ningunha maneira á dignidade da persoa. Nin a aumentan nin a diminúen. Despois, hai circunstancias que todos consideramos prexudiciais, como doenzas, discapacidades físicas, etc. Pero aínda nestes casos as persoas conservan a mesma dignidade que os non afectados. [2] Ludwig von Mises. Human Action. Fox & Wilkes, San Francisco/USA, 1996.

19

Lección 3. A dignidade humana Pero, ¿que é un valor? Un valor é o que fai que a vida teña sentido. ¿Que razón poderíamos ter para facer o que facemos, para tomar as decisións que tomamos, para elixir o que eliximos e rexeitar o que rexeitamos? Cada unha desas razóns chámase valor. Naturalmente as persoas poden confundirse respecto aos valores e crer erroneamente que unha cousa é un valor. Cando ocorre así, falamos dun antivalor. ¿Que é respectar? Respectar é recoñecer a dignidade dos demais e a propia.

¿Que debemos facer? Todo o noso comportamento debemos realizalo tendo en conta a dignidade dos demais e a nosa. Respectar significa non insultar, non maltratar, non aproveitarnos dos demais, non utilizalos, non considerar nunca que as persoas son menos importantes que as cousas, non desprezar á xente porque non teña determinada característica que consideramos boa, etc. Nunca debemos aproveitar a indignación que podemos experimentar xustamente para comportarnos mal nós, para exercer violencia ou maltrato a ninguén.

Convén recordar • Dignidade significa valor que non depende de ningunha característica, que non pode perderse nin cederse e co que non se pode negociar. • Un valor é algo que fai que a nosa vida teña sentido. Os nosos valores son as razóns das nosas accións, decisións e eleccións. • Os demais seres humanos son esencialmente iguais a nós. Por iso recoñecemos nos demais a mesma dignidade que achamos en nós e nas persoas que amamos. • As características que forman a identidade da persoa non afectan de ningún xeito á súa dignidade. • Respectar é recoñecer na práctica a dignidade dos seres humanos. Todo o noso comportamento debemos realizalo tendo en conta a dignidade dos demais e a nosa.

Preguntas de comprensión do texto 1. ¿Por que dicimos que a dignidade acompaña sempre ao ser humano? 2. ¿Como respectamos a dignidade dos demais? 3. ¿Como respectamos a nosa propia dignidade? 20

Lección 3. A dignidade humana 4. ¿De que depende a dignidade humana? 5. ¿Que é a dignidade? 6. ¿Por que dicimos que a dignidade non pode perderse nin cederse nin se pode negociar con ela? 7. ¿Para que poden ser relevantes as características individuais? 8. ¿Teñen algo que ver as características individuais coa dignidade humana? ¿Por que? 9. ¿Afectan as circunstancias persoais prexudiciais á dignidade humana? ¿Por que? 10. ¿Que quere dicir que a dignidade é unha propiedade esencial do ser humano? 11. ¿En que sentido dicimos que as demais persoas son iguais a nós esencialmente? 12. ¿Que é un valor? 13. Pon cinco exemplos de valores para a túa vida. 14. Pon exemplos de cinco antivalores, cousas que quererías evitar na túa vida. 15. ¿Como pode a sociedade respectar a dignidade humana dos delincuentes? 16. ¿Cal é a fundamentación relixiosa da dignidade humana? 17. Explica os argumentos estoicos sobre a dignidade humana?

Preguntas para filosofar 1. ¿Que é a dignidade?

Para saber máis Textos a comentar Algo do Papa? Hannah Arendt. A condición humana.

21

Lección 3. A dignidade humana

22

Lección 4

As nosas diferenzas

Asunción da diversidade e rexeitamento de prexuízos baseados en estereotipos que supoñan calquera forma de discriminación. título alternativo: ¿Como tratar á xente diferente?

¿Para que serve esta lección? Para aprender que importancia ten a diversidade na nosa vida e para ter argumentos para rexeitar os tópicos. Para aprender porque é mala a discriminación.

¿Por que é importante todo iso? Para empezar nós vivimos nunha sociedade onde hai moita xente diversa, e cada vez vai haber máis, porque a Unión Europea e a globalización apoia esa tendencia. Por outro lado, nós temos que defender a nosa liberdade para ser diferentes dos demais, se iso é o que queremos.

¿Está todo o mundo de acordo? No mundo da filosofía seria, non hai defensores do racismo, aínda que na hermenéutica hai unha defensa do prexuízo. O problema do postmodernismo é que aparentemente permite a variedade, pero ao non aceptar a natureza humana, pode eliminar todos os argumentos para afirmar a igualdade e a intercomunicabilidade das culturas.

¿De que se trata? As diferenzas entre as persoas son frecuentemente motivo de conflicto violento, tanto entre os individuos como entre os grupos ou os países. Temos que apren23

Lección 4. As nosas diferenzas der que son esas diferenzas e porque non deben ser usadas como excusa para a violencia.

¿Que problemas prácticos hai? Acadar un método de diálogo intercultural, conseguir que os países poidan entenderse en vez de guerrear. Rexeitar a violencia dun xeito práctico e eficaz.

¿Que problemas filosóficos hai? Probablemente, a concepción dunha antropoloxía que sen ser relativista conceda ás diferenzas individuais e sociais adecuada importancia, e ao mesmo tempo sexa aceptable por todo o mundo, independentemente das súas crenzas relixiosas ou filosóficas.

¿Que precisamos? (Técnicas de control psicolóxico e unha teoria apropiada do valor da racionalidade. Isto é da lección seguinte, a das emocións e a violencia.)

¿Que din os filósofos? Aristóteles é o referente máis importante.

¿Que podemos pensar? Quizáis o peor da discriminación é que restrinxe o noso campo de experiencia. As ideas que nos pechan a experiencia, os prexuízos estan conectadas co medo, co odio, e son con frecuencia mentiras infventadas en determinado mmomento, normalmente por razóns políticas. Os estereotipos faltan ao dereito que ten cada persoa a ser xulgada polos seus actos e non polas mentiras que se contan sobre o grupo ao que pertence. O peor do racismo é que imaxina que as persoas somos como animais, dependentes só da xenética e dos instintos. Os animais son u nmal modelos para as persoas porque son irracionais e non controlan a súa vida; estan sometidos a fame, ás necesidades fisiolóxicas e ás doenzas, e certo que viven non campo, na natureza, pero iso significa, baixo a choiva, o sol, sobre a lama, o po, cos parásitos. Os animais veven só cunhas poucas emocións simples, coma o medo, para fuxir dos depredadores e a agersividade para procurarse alimento. Non coñecen normas e por iso as súas formas de relación son as ameazas ou a vilencia. Mesmo cando colaboran fano impulsados por instintos, como robots, como vemos nas formigas. Os racistas pensan que as persoas somos así e 24

Lección 4. As nosas diferenzas po ir iso eles nos partidariois da violencia e a exercen. O racismo foi unha consecuencia do pensamento materialista e bioloxicista do século XIX. Conceder unha excesiva importancia aos antecedentes biolóxicos do ser humano é malo. Nunca debemos utilizar os nosos pretendidos coñecementos biolóxicos para xustificar o mal comportamento ético. De entre os riscos da nosa identidade hai moitos bos e indiferentes que son diversos. Hai diversas expresións de cousas boas. Hai diversas expresións de cousas indiferentes. Debemos respectar unhas e outras expresións. Debemos rexeitar todas as cousas malas, veñan de onde veñan, tamén as nosas. Os seres humanos somos diversos por natureza. Cada un de nós é un individuo que ten particularidades e polo tanto diferenzas cos demais. Realmente, nós tamén cambiamos ao longo do tempo polo que pode dicirse que tamén chegamos a ser diferentes de nós mesmos. Tamén existen características que só afectan a un grupo de persoas máis ou menos extenso pero non a todos os seres humanos. Normalmente non se pode encontrar un grupo que teña dúas características comúns excluentes(poñer o que sexa en vez de esta palabreja). Non ten sentido valorar unha característica humana polo simple feito de ser algo máis ou menos estendido. Temos que xulgar as cousas polo seu valor en si mesmo. Hai características estrañas para nós e que son boas, malas ou indiferentes. Hai características comúns que son boas, malas ou indiferentes. Moitas veces pensamos que nós temos algo especial, ou que outro grupo humano ten algo especial e non é así. Realmente en case todos os lugares do mundo hai xente ou costumes ou ideas moi parecidas as que existen aquí. Os riscos culturais, igual que os físicos, están moi estendidos ao longo do planeta porque para o ser humano, comunicarse cos demais, compartir, mesturarse, é algo completamente habitual e sempre foi unha practica corrente. Resulta inadecuado pensar que temos unhas cousas nosas e que debemos rexeitar cousas alleas. Todo o que é bo debería ser noso, independentemente do seu lugar de orixe, e todo o que é malo deberíamos rexeitalo aínda que xurdira entre nós.

Algunhas definicións Cando un risco está moi estendido nun grupo humano, dicimos que é normal. Iso significa que é estatisticamente moi probable encontralo. Pero nada máis. Ser normal non significa ser bo, nin ser malo. Só ser moi abundante. Hai cousas boas que son normais e cousas malas que tamén o son. Hai cousas boas que son moi raras e polo tanto anormais. A peor expresión da tendencia a aceptar estereotipos é a ideoloxía coñecida como racismo. O racismo afirma que existen variedades de seres humanos determinadas pola xenética. Estas variedades terían características intelectuais e morais diferentes o que debería terse en conta na ética e na política. Hai que definir o concepto de tópico ou estereotipo. Tampouco deberíamos estar a cazar riscos tópicos cos que confirmar o suposto estereotipo. 25

Lección 4. As nosas diferenzas

¿Que debemos facer? Debemos «rexeitar a tendencia a aceptar» (menuda expresión) tópicos ou estereotipos sobre as persoas que non coñecemos, porque frecuentemente son xeneralizacións esaxeradas ou falsas. Cando coñecemos unha nova persoa debemos apreciala polos seus riscos individuais e non proxectar sobre ela un conxunto de ideas de procedencia e exactitude dubitable. Os estereotipos poden conducir á discriminación porque son polo xeral ideas negativas (ideas malas, non negativas. Quitar a manía de usar negativo e positivo en vez de malo e bo) sobre supostas diferenzas de outras persoas ou grupos de persoas.

Convén recordar. . . • Todos temos diferenzas cos demais. • Existen características que afectan a un grupo de persoas, pero non a todos os seres humanos. • Todas as características humanas, incluso as individuais (mellor poñer particulares), cambian co tempo igual que podemos encontrar características diferentes se viaxamos por distintos lugares do mundo. • As características humanas son boas, malas ou indiferentes e iso non depende de que sexan propias ou alleas. • As características humanas poden ser normais, é dicir, moi estendidas, ou anormais que significa moi pouco estendidas. Esas cualificacións varían co lugar ou a época e non significan nin bo nin malo. • É inadecuado (quero dicir falso) pensar que temos cousas nosas exclusivas e que debemos rexeitar as cousas alleas. Todo o que é bo debería ser noso, independentemente da súa orixe e deberíamos rexeitar todo o que é malo, aínda que xurdira entre nós. • Un prexuízo é unha opinión moral que non provén da experiencia. Os prexuízos son malos porque non deixan ver a realidade como é. • Os tópicos son prexuízos comúns que debemos rexeitar. Toda persoa ten dereito a ser xulgada polos seus actos e non por a súa pertenza a un grupo humano. • A aceptación de prexuízos causa a discriminación das persoas que son diferentes. 26

Lección 4. As nosas diferenzas

Exercicios de comprensión do texto 1. ¿Que é un prexuízo? 2. ¿Que é un estereotipo? 3. ¿Que é a discriminación? 4. ¿En que aspectos somos diversos os seres humanos? 5. ¿Cal é a razón biolóxica pola que somos diferentes? 6. ¿Por que cambiamos ao longo da nosa vida? 7. Fai unha lista de cousas malas que teña moita xente. 8. Fai unha lista de cousas boas que teña moita xente. 9. Fai unha lista de cousas boas que teña pouca xente. 10. Fai unha lista de cousas malas que teña pouca xente. 11. Fai unha lista de cinco cousas que consideres propias, distintivas da túa terra. Busca información sobre a súa orixe e anótaa. 12. Fai unha lista de cinco estereotipos que coñezas. 13. ¿Que é unha ideoloxía? 14. Explica como se crean e se transmiten os nosos riscos físicos xeneticamente.

Preguntas para filosofar 1. ¿Por que temos diferenzas?

Para saber máis Textos a comentar 1. Allport páx. 189. 2. Neste fragmento, Tocqueville fai unha descripción do encontro dastres razas de persoas que habitan América do Norte. 27

Lección 4. As nosas diferenzas Recordo que, percorrendo os bosques que cobren aínda o Estado de Alabama, cheguei un día preto da cabana dun pioneiro. Eu non quixen penetrar na vivenda do american, sinón que fun descansar algúns instantes ao carón dunha fonte que se atopaba non lonxe dalí no bosque. Mentres eu estaba neste lugar, veu unha india (atopábamonos preto do territorio ocupado pola nación dos Creek); ela sostiña pola man a unha pícara de cinco a seis anos, que pertencía a raza branca, e que eu supuxen que era filla do pioneiro. Unha negra as seguía. Reinaba no vestido da india unha sorte de luxo bárbaro: aneis de metal estaban colgados do seu nariz e das súas orellas; os seus cabelos, mistrados con grans de vidro, caían libremente sobre os seus ombreiros, e vin que non estaba casada, porque levaba aínda o colar de cunchas que as rapazas teñen costume de deixar sobre o leito nupcial; a negra estaba coberta de vestiduras europeas case en farrapos. Elas viñeron sentar as tres ao carón da fonte, e a moza salvaxe, collendo á cativa no colo, prodigáballe agarimos que poderían crerse dictadas polo corazón dunha nai; pola súa banda, a negra procuraba por mil inocentes artificios atraer a atención da pequena criolla. Esta amosaba nos seus movementos un sentimento de superioridade que contrastaba estrañamente coa súa febleza e a súa idade; poderia dicirse que ela usaba dunha sorte de condescendencia recebindo os coidados das súas compañeiras. De xeonllos diante da súa ama, espiando cada un dos seus desexos, a negra semellaba igualmente dividida entre un cariño case maternal e un temor serfil; mentres que se vía reinar ata na efusión da súa ternura da muller salvaxe un aire libre, orgulloso e case feroz. Eu achegueime e contemplaba en silencio este espectáculo; a miña curiosidade desagradou sen dúbida á india, porque ela levouse bruscamente, pousou a meniña lonxe dela cunha sorte de rudeza, e, despois de lanzarme unha ollada irritada, fundiuse no bosque. Ocurrirame ás veces de ver reunidos nos mesmos lugares individuos pertencentes ás tres razas humanas que poblan América do Norte; eu recoñecera xa en mil efectos diversos a preponderancia exercida polos brancos; pero encontrábase, no cadro que acabo de describir, algo particularmente conmovedor: un lazo de afecto reunía aquí aos oprimidos e aos opresores, e a natureza, ao esforzarse en achegalos, facía máis abraiante aínda o espazo inmenso que colocaran entre eles os prexuízos e as leis.Tocqueville páx.439, Dem. I.

28

Lección 5

As emocións e a violencia

Coñecemento, expresión e autocontrol dos propios sentimentos e emocións e rexeitamento da violencia como solución aos conflitos nas relacións interpersoais. Título alternativo: ¿Como ser bos?

Para que serve esta lección? Para aprender por que podemos ser bos, cales son os atrancos que temos para selo e como podemos superalos. Para aprender cal é a relación entre emocións e violencia e como podemos controlar racionalmente as nosas emocións.

¿Por que é importante todo isto? Ser bos é algo necesario para ser felices e para contribuír á felicidade dos demais.

¿Está todo o mundo de acordo? Para os inmoralistas tipo Nietzsche hai que deixarse levar. Para os estoicos trátase de controlar totalmente as emocións.

¿De que se trata? De entender que para ser bos temos que controlar racionalmente as nosas emocións e saber como podemos facelo.

¿Que problemas prácticos hai? Aprender a controlar as emocións é un problema porque o noso organismo non está construído para facelo facilmente. Tampouco sempre a nosa aprendizaxe 29

Lección 5. As emocións e a violencia social axuda. Higiene de las emociones, eliminar as emociones malas. Promover las buenas emociones, es decir, controlar racionalmente las emociones desde las normas morales.

¿Que problemas filosóficos hai? Explicar a relación entre a racionalidade e as emocións, o sexa, optar por unha antropoloxía e psicoloxía. Todos os seres humanos temos emocións negativas como a ira, rabia, frustración, rancor, envexa, medo, desconfianza, susceptibilidade, obsesións, etc. Cando experimentamos algunha destas emocións intentamos reaccionar violentamente. Hai xente que mesmo cre que coa violencia pode solucionar os seus problemas e recuperar un bo estado de ánimo. Pero isto non é certo.

¿Que precisamos? A conciencia de que hai emocións malas que debemos controlar. A idea de que non hai xustificación emocional para a violencia, non para o mal, en xeral) Métodos psicolóxicos de control das emocións negativas, e das súas orixes e de producción de emocións positivas. Aínda que a libre vontade é un feito de sentido común, temos que ser conscientes da necesidade de educación da vontade, a adquisición de hábitos, un bo esquema cognitivo (unhas ideas correctas sobre a vida) e de reforzar con emocións adecuadas (bos sentimentos). A psicoloxía racionalista non significa rexeitar as emocións ou os sentimentos. Só evitar os malos sentimentos e emocións.

¿Que din os filósofos? Hai que acudir a Aristóteles, e se é preciso a San Tomé para as cuestións da liberdade da vontade e de como aprender a manexar os nosos desexos. A filosofía de referencia aquí é a de Aristóteles. Ver De anima y a ética a Nicómaco. (Se aceptamos que se trata de un texto literario sen dúbida el texto de la biga de Platón es el ideal)

¿Que podemos pensar? Dentro de nós, temos tendencia (capacidade) á ira, etc., emocións malas que levan á infelicidade e á violencia. Hai problemas reais que poden movernos á estas emocións e sentimentos. Na razón, levada de acordo coa moral, e na comunicación podemos encontrar o medio para resolver ben os nosos problemas. 30

Lección 5. As emocións e a violencia Hai moitos sentimentos bos que son o mellor de nós e deben ser protexidos pola nosa razón. Emocións básicas que prexudican a vida civilizada son a ansiedade, a ira e o medo. Os nosos antepasados animais (<-vaya chorrada) só tiñan tres medios para resolver os seus conflitos. Podían loitar ou fuxir ou agocharse. A ansiedade pode evolucionar en ira ou medo. Os seres humanos herdamos as emocións do medo e a ira. Sabemos que isto é verdade porque a anatomía do noso encéfalo presenta partes comúns coas dos animais. O noso sistema límbico é común có dos mamíferos e o hipotálamo cos réptiles. O noso cerebro está composto por unha sucesión de capas evolucionadas ao longo do tempo.

Algunhas definicións As emocións son cambios do estado de ánimo, que están asociados a determinadas accións con valor de supervivencia. Con valor de supervivencia significa que os animais que posúen ese risco teñen máis posibilidades de sobrevivir, e polo tanto de deixar fillos que tamén posuirán ese risco. A ansiedade, o que chamamos nerviosismo, é unha resposta do organismo á percepción dun perigo. A ira é a emoción que desencadean a agresividade e permite a loita. Os animais loitan contra os depredadores ou para defender ás crías ou defender o territorio. A loita é unha estratexia normal para moitas especies e sen ela non poderían sobrevivir, polo que podemos considerar que en eles a ira é unha emoción necesaria. O medo é a emoción que permite aos animais fuxir ou agocharse e desa maneira evitar un ataque.

¿Que debemos facer? A violencia é un comportamento que herdamos dos nosos antepasados animais. O ser humano evolucionou para acadar unha ferramenta mellor para resolver os seus problemas. Trátase do pensamento lóxico e a linguaxe. Nas relacións entre as persoas xorden conflitos de forma natural. Non debemos asustarnos por iso. A maneira de resolver estes conflitos é razoar e dialogar procurando o ben común Pero o ser humano ten unha parte máis nova no encéfalo, a codia cerebral, situada nos sinos frontais, que nos permite a comunicación oral, a creatividade e a utilización da lóxica. E doado decatarse de que esas capacidades son unhas excelentes ferramentas para a resolución dos nosos conflitos, moito mellores que a loita, a ocultación ou a fuxida. (dejar claro que no es sólo una cuestión de cerebro.) 31

Lección 5. As emocións e a violencia De feito, a nosa sociedade evolucionou para permitir a solución dos conflitos mediante a lóxica, a creatividade e a comunicación. A fuxida, a loita e o agachamento non son compatibles cunha sociedade civilizada. (non usar resolución en vez de solución. resolver é volver a solucionar, e non vale para os problemas da vida.)

Convén recordar. . . • Os seres humanos temos emocións e sentimentos, que son modificacións do noso estado de ánimo. • Moitas emocións son herdanza xenética dos nosos devanceiros, os animais irracionais, e poden prexudicar á nosa vida moral racional. • Ser conscientes dos nosos sentimentos bos ou malos é o primeiro paso para controlalos. • Saber expresar os nosos sentimentos e facelo habitualmente permite aos demais telos en conta e axudarnos a controlalos se é preciso. • Mediante o desenvolvemento de hábitos morais podemos controlar os nosos malos sentimentos.

Exercicios de comprensión do texto da lección 5 1. Define emoción. 2. Fai unha lista de emocións malas. Explica por que es mala cada unha delas. 3. Define ira. 4. Define rabia. 5. Define frustración. 6. Define rancor. 7. Define envexa. 8. Define medo. 9. Define desconfianza. 10. Define susceptibilidade. 11. Define vida civilizada. 12. Define ansiedade. 32

Lección 5. As emocións e a violencia 13. ¿Como amañan os animais os seus problemas? 14. ¿Como pode evolucionar a ansiedade? 15. ¿Para que lles serve a ira aos animais? 16. ¿Para que lles serve o medo aos animais? 17. ¿Por que temos os seres humanos as emocións do medo e a ira? 18. ¿Como sabemos que os seres humanos herdamos elementos dos animais? 19. ¿Que alternativa temos os sers humanos ao uso da violencia?

Preguntas para filosofar 1. ¿Por que temos emocións?

Para saber máis Textos a comentar 1. Aristóteles? 2. Querela pacis páx. 3. 3. Platón, alma-biga.

33

Lección 5. As emocións e a violencia

34

Lección 6

Liberdade e Responsabilidade

Asunción de responsabilidades, individuais e colectivas, no exercicio da liberdade na toma de decisións morais. Título alternativo: ¿Por que podemos ser bos?

¿Para que serve esta lección? Para aprender que a vontade é a clave do control da nosa vida como individuos e a ferramenta principal para achegarnos á felicidade.

¿Por que é importante todo isto? Porque todos queremos ser felices e se non controlamos a nosa vontade é moi difícil selo.

¿Está todo o mundo de acordo? Non, hai filósofos que defenden que a nosa vontade non é libre, que o individuo está determinado para actuar. Hai diferentes tipos de determinismo, diferentes razóns que estes filósofos dan, e deberíamos ter un argumento en contra de cada unha delas.

¿De que se trata? A nosa vontade é a capacidade que temos de elexir o noso comportamento. Temos que saber como funciona a nosa vontade. 35

Lección 6. Liberdade e Responsabilidade

¿Que problemas filosóficos hai? A xustificación do libre arbitrio é naturalmente un dos problemas filosóficos máis vellos aínda que para a filosofía postmoderna nada de isto ten sentido. (Está claro que este libro enteiro en anti-postmoderno, é claramente moderno e contempla con simpatía as contribucións da filosofía clásica) Parece que ningún filósofo saber hacer esa defensa pero tamén é certo que probablemente ninguén fora da filosofía poñería en dúbida a liberdade da vontade. Tampoco es una cuestión de acceder a la propuesta del exsistencialismo que pida que la voluntad es total. Hay que matizar la diferencia entre voluntad y deseo.

¿Que problemas prácticos hai? Os problemas prácticos son simplemente o control da nosa vontade e a construcción de desexos que nos permitan acadar a felicidade.

¿Que precisamos? Filosoficamente, unha defensa do libre arbitrio (que non chegue aos excesos do existencialismo, por suposto). Na práctica, un adestramento psicolóxico da vontade, autodisciplina e hixiene dos desexos. Que a nosa vontade só nos permita querer cousas boas e acadalas. Unha teoría da vontade que nos otorgue confianza e moderación.

¿Que din os filósofos? De novo Aristóteles e San Tomé son os referentes ideais.

¿Que podemos pensar? Os nosos desexos non teñen validez absoluta. Poden ser malos e entón debemos rexeitalos. Ocorre o mesmo cos nosos sentimentos. Algúns deles son malos e facemos ben en rexeitalos. Por outro lado hai sentimentos e desexos bos que debemos esforzarnos en ter, porque son bos. A democracia pode representarse como un método de decisión grupal. Igual que o individuo ten un período de discernimento, o grupo tamén. Todo esto ven significando, dado que podemos escoller o noso comportamento, do que se trata é de penssar ben que facemos, de levar unha hixiene dos nosos sentimentos e de axustar os nosos principios ao que a nosa razón pode sinalar e as nosas conciencias confirmar como bo. Se aceptamos a idea de que a alma ten partes que veñen da nosa herdanza animal, debe estar claro que non 36

Lección 6. Liberdade e Responsabilidade todo sentimento é válido, que só os son os que están de acordo coa mellor parte de nós. Aínda que a libre vontade é un feito de sentido común, temos que ser conscientes da necesidade de educación da vontade, a adquisición de hábitos, un bo esquema cognitivo e de reforzar con emocións adecuadas. A liberdade da vontade é unha das características básicas do ser humano. A vontade fórmase por un complexo proceso racional e emocional, tamén social. O esquema ético aristotélico é o mellor para enderezar a nosa vontade. A responsabilidade é o correlato da liberdade. A liberdade pode ter unha forma colectiva, que é a democracia. Tamén existe a responsabilidade pública. Creo que non é necesario falar da xustificación filosófica da vontade libre ou da disputa psicolóxica do condutismo Todos podemos comprobar que actuamos porque queremos. O feito de que a psicoloxía ou a neuroloxía aínda non saiba explicar o fenómeno, non significa que o fenómeno non exista, como respiramos moito antes de poder explicar o fenómeno da respiración fisioloxicamente. Algo, dentro de nós, permite que poidamos desencadear o noso comportamento. Sen dúbida existen influencias para o noso comportamento, pero nós podemos resistilas totalmente ou cando non existe ningunha causa exterior para o noso comportamento, nós podemos comezar o comportamento igualmente. O importante é non confundir a vontade co desexo. Ás veces dicimos que queremos algo, pero non somos quen de facelo, e o que realmente ocorre é que temos dous desexos opostos e preferimos un. Neses casos mellor sería recoñecer que o noso problema non é de falta ou debilidade da vontade senón de clarificación dos desexos.

Algunhas definicións A responsabilidade é o feito de que, se non facemos o que debemos ou facemos algo malo, os nosos semellantes seguramente van resultar danados e polo tanto van pedirnos contas. Responsabilidade ven de responder, é dicir, de explicar porque fixemos o que fixemos.

¿Que debemos facer? Os seres humanos, dentro de certos límites naturais e sociais somos quen de elixir o noso comportamento como individuos e como grupos. A nosa finalidade é sempre o noso benestar tal como nós o entendemos. Para acadalo, temos que utilizar a nosa intelixencia para valorar o que é mellor facer en cada momento. E posto que somos nós os que decidimos os nosos actos, tamén somos responsables do que facemos. Isto quere dicir que os demais poden pedirnos contas se os nosos 37

Lección 6. Liberdade e Responsabilidade actos lles afectan. Dado que sabemos que moitos dos nosos actos afectan aos demais, temos que usar a nosa intelixencia ao escoller a nosa conducta para non danar a ninguén. Os desexos dependen dos nosos valores. Do que se trata é de decidir racionalmente cal é a xerarquía dos nosos valores, e polo tanto que preferimos, que debemos preferir. Diríamos que é unha cuestión cognitiva e non propiamente volitiva. Unha vez que os nosos valores están ordenados, a vontade xorde coma unha rocha dentro de nós. Entón, na práctica, axuda moito preguntarse que valoramos máis. Isto é o que chamamos discernimento .Se non estamos seguros podemos botar man dos nosos valores fundamentais ou probar cunha opción e pasado un tempo con outra por ver cal se adapta mellor á nosa forma de ser. Moitas das cousas debemos querelas, simplemente. Debemos recoñecer cal é o noso deber e exercitar o nosa vontade en querelo. Cando algo é malo pola contra o que debemos é non querer iso. E por suposto hai unha morea de cousas que son ou indiferente ou moralmente boas (pero nas que podemos escoller). Aí podemos deixarnos levar polo noso gusto e seguir a nosa forma de ser. Por suposto que o primeiro elemento que temos que ter en conta é a nosa consciencia. Cando facemos algo malo imos ter un aviso interior, e iso porque a nosa consciencia coñece o que é bo e o que é malo. Isto chámase a lei natural, e demanda de nós o seu cumprimento.

Convén recordar. . . • Somos libres para obrar ben ou mal. • Unha sociedade democrática é libre para escoller os seus gobernantes. • Somos responsables das nosas accións cando teñen consecuencias para os demais. • Unha sociedade democrática é responsable dos gobernantes que elixe e das decisións que estes toman. • A nosa responsabilidade obríganos a comportarnos racionalmente e con boa intención cando as nosas accións, individuais ou colectivas poden afectar aos demais.

Exercicios de comprensión do texto da lección 6 1. ¿Por que podemos afirmar que os seres humanos somos libres? 2. ¿Cales son os límites naturais da nosa liberdade? 38

Lección 6. Liberdade e Responsabilidade 3. ¿Cales son os límites sociais da nosa liberdade? 4. ¿Cal é o obxectivo do noso comportamento? 5. ¿Que temos que facer para acabar a felicidade? 6. ¿Por que somos responsables do noso comportamento? 7. ¿Cando poden pedirnos os demais conta do noso traballo? 8. ¿Por que temos que usar a intelixencia para non danar aos demais? 9. A falta de explicación científica para a liberdade da vontade, ¿é proba da non existencia? 10. ¿Podemos resistir as influencias exteriores sobre o noso comportamento? Pon un exemplo. 11. ¿Podemos iniciar un comportamento cando nada nos inflúe para actuar? 12. Define vontade. 13. Define desexo. 14. Define valor. 15. ¿Podemos ter dous ou máis desexos en conflicto? Pon un exemplo. 16. ¿Como podemos harmonizar os nosos valores? 17. ¿É fácil que surxa a vontade cando temos claros os nosos valores? 18. ¿Como podemos aclarar a nosa vontade? 19. ¿Debemos querer moitas cousas? Pon varios exemplos. 20. ¿Hai deberes que simplemente debemos aceptar? 21. ¿Podemos elexir o noso gusto con respecto ás cousas boas ou indiferentes? Pon varios exemplos. 22. Define responsabilidade. 23. ¿Que fai a nosa consciencia?

Preguntas para filosofar 1. ¿Que é ser libre? 39

Lección 6. Liberdade e Responsabilidade

Para saber máis Textos a comentar 1. S. Tomé 2. J. S. Mill (determinismo) 3. Popper

40

Parte II

As teorías éticas: as esixencias de xustiza e os dereitos humanos

41

Lección 7

A ética e a cultura

Análise dos elementos individuais e do contexto sociocultural que poden condicionar os diferentes sistemas de valores. Subxectivismo, relativismo e pluralismo.

¿Para que serve esta lección? Para aprender que é a cultura e que relación ten coa ética.

¿Por que é importante todo isto? Porque moitas veces, a nosa cultura presenta atrancos que nos fan difícil ser bos. Temos que aprender cal é o valor da cultura e como defendernos cando non nos deixa ser bos e felices.

¿Está todo o mundo de acordo? Para todos os relativistas e por suposto tamén para os materialistas de tipo marxista non hai separación posible entre cultura e ética. Si é posible a separación para os materialistas de tipo bioloxicista de tipo Harris e por suposto para os iusnaturalistas. Como de costume o que temos que facer é rexeitar as ideas escépticas e relativistas.

¿De que se trata? A cultura é o conxunto das cousas que aprendemos na nosa sociedade. Moitas veces estas ideas fannos comportarnos mal porque nos aportan malos fins e malas técnicas. Temos que aprender a defendernos da cultura. 43

Lección 7. A ética e a cultura

¿Que problemas filosóficos hai? Hai que contradicir as posturas escépticas e relativistas, tamén o materialismo cultural de tipo historicista. El relativismo cultural, la justificación de la ética occidental frente a la crítica de etnocentrismo. Que no hay método para averiguar qué pertenece a la ética común. quizás el método sea promover la libertad y dejar que cada uno escoja el que prefiera. . .

¿Que problemas prácticos hai? Que lamentablemente moitas culturas defenden a violencia, a discriminación, o maltrato a moitas persoas polas súas características, o machismo, etc. Como a cultura é algo moi difícil de eludir, precisamos estar moi ben preparados para loitar contra ela en nome do ben e da felicidade humana.

¿Que precisamos? Argumentos contra o relativismo. Argumentos en favor do iusnaturalismo, da paz, da liberdade, etc. Ferramentas para construír nós unha alternativa á cultura da violencia. Justificación del absolutismo momral Un método heurístico que acompañe al absolutismo moral.

¿Que din os filósofos? Precisaríamos algún filósofo que fale claramente da defensa da natureza humana contra a cultura, cando esta contradí aquela. Popper, Aristóteles contra Protágoras. ¿Algunha crítica específica al relativismo?

¿Que podemos pensar? Adaptarse significa sacar o mellor rendemento posible ao que temos nas mans, de acordo coas nosas necesidades e inclinacións. Polo tanto a adaptación depende da nosa natureza, que existe a natureza humana, que vimos ao mundo cunhas necesidades e unhas inclinacións. Temos que recoñecer o concepto de natureza humana. A nosa natureza é o conxunto de rassgos que nos fan humanos, no nsó o que herdamos dos animais senón máis ben a nosa capacidade moral. Agora ben, a cultura, normalmente é unha adaptación á natureza ambiente, e polo tanto unha concesión a nosa animalidade. Vese ben no exemplo da explicación da ablación do clítore, que é simple e brutalmente un medio anticonceptivo, e polo tanto un modo simple de recoñecer que ás veces a natureza impón límites 44

Lección 7. A ética e a cultura ao crecemento da poboación. Pero a natureza humana permite coa súa creatividade esencial e co pulo de dominio sobre a nautreza ambiente, a aprarición de medios anticonceptivos non perxudiciais e por outra banda a procucción material que faga innecesaria esa limitación do crecemento da poboación. Entón, temos que percorrer a cultura para descubrir os elementos que están en contra da natureza humana, eses elementos ben podemos eliminalos. A parte da cultura que vsai no sentido da animalidade mala (porque tamén hai unha animalidade boa, sen dúbida) podemos excusar cumprila. No fondo, a interpretación materialista do racismoe e o prexuízo de grupo é moi atendible. O que nos molesta é porque temememos que nos quiten os cartos (bo, e as mozas, claro.) Hai que entender que hai cartos e mozas para todos e que os prexuízoos non son necesarios, iso aparte do malos que son. Tanto os argumentos utilitaristas coma os arhgumentos deontolóxicos coinciden no rexeitamentdo dos prexuizos. Adaptarse significa sacar o mellor rendemento posible ao que temos a mán, de acordo coas nosas necesidadese e inclinacións. Polo tanto a adaptación depende da nosa natureza. Que existe a natureza humana, que vimos ao mundo cunhas necesidades e unhas inclinacións. É falso que a moral dependa do individuo. É falso que dependa da súa sociedade ou época histórica. Ocorre que hai expresións culturais de cousas boas, malas e indiferentes. Debemos promover as cousas boas, veñan de onde veñan, respectar as indiferentes e rexeitar as malas, veñan de onde veñan. Todos os seres humanos recoñecemos que existen cousas boas e malas no noso comportamento. Sen embargo non todos estamos de acordo totalmente con respecto a certas condutas ou a cualificación que nos merecen determinadas situacións. Isto ocorre porque nas nosas valoracións inflúen elementos culturais e psicolóxicos que poden alterar as nosas ideas sobre o ben e o mal. A cultura é un modo de adaptarse á realidade natural e social. Agora ben, sabemos que esta realidade é diferente xeograficamente e cambiante ao longo do tempo (aínda que moitos dos seus riscos son comúns a todo o mundo e en todas as épocas). Esas variacións ás veces inflúen para que xulguemos dunha ou outra maneira determinadas condutas (exemplo: desperdiciar auga no deserto e facelo en Galicia). Por outro lado, aínda que as persoas comparten a natureza común, que ven determinada pola súa especie, cada individuo é un ser libre e diferenciado dos demais o que fai que elementos do seu carácter afecten aos seus xuízos morais, como afectan a calquera outro elemento da súa vida. Por exemplo, a cortesía é de lei natural. Nun país ser cortés pode ser dar a man e noutro facer unha reverencia. A cultura pode ser unha expresión particular da norma moral xeral, xenérica. O fin das nosas accións é a felicidade. Iso significa que hai unha técnica cousas que poden levarnos ao fin e cousas que nos afastan significan que o fin debe concebirse ben. A felicidade é un elemento composto, complexo. 45

Lección 7. A ética e a cultura Ten unha dimensión intelectual, de «visión correcta», outra de pracer, outra social. É probablemente necesaria a combinación de elementos non o eclecticismo, claro. A felicidade é un sentimento de contentamento, de satisfacción que depende dunhas cualidades obxectivas -de situación do noso mundo -do noso comportamento

Algunhas definicións A cultura é un modo de adaptarse á realidade natural e social. Esaxerando as influencias psicolóxicas algúns pensadores chegaron a soster que os xuízos morais son un elemento puramente individual e que só teñen validez para a persoa que os fai. Esta idea chamouse subxectivismo moral, e desatende o feito de que o individuo é sempre un membro dunha sociedade e dunha especie, e está vencellado aos demais por relacións naturais e sociais que son as que a ética procura regular. Malinterpretando eses feitos algúns autores pensaron que todos os elementos da ética dependían das crenzas sociais, e que polo tanto non era posible facer ningún xuízo moral que tivera valor para todos os seres humanos. Esta postura chámase relativismo cultural e vai en contra do concepto de igualdade de todas as persoas, á parte de lexitimar moitas evidentes violacións dos dereitos humanos. O pluralismo moral é a postura que acepta as diferenzas individuais e sociais mentres que recoñece a identidade esencial da natureza humana. Para esta postura, os elementos básicos da ética que son válidos para todos, poden recibir formas variadas e expresións diversas, dependendo da cultura e a psicoloxía do individuo. Eses elementos son respectables se non afectan ao sentido profundo das normas éticas e non contradiín os dereitos humanos.

¿Que debemos facer? Convén recordar. . . • Ás veces a nosa cualificación moral de certas accións é diferente. Estas diferencias dependen da nosa educación e o noso carácter. Ás veces defendemos ideas malas por interese egoísta. • O subxectivismo é unha crenza errónea que afirma que as accións son boas ou malas dependendo do punto de vista de cada quen. • O subxectivismo é erróneo porque as accións son boas ou malas pola súa influencia obxectiva no benestar das persoas. • O relativismo é a crenza errónea que afirma que as accións son malas ou boas dependendo das opinións culturais ou relixiosas da sociedade ou da 46

Lección 7. A ética e a cultura época na que se dan. • O relativismo é erróneo porque as accións son boas ou malas de acordo coa natureza humana que é a mesma para todas as persoas, independentemente da súa sociedade ou da súa época. • Os elementos básicos da ética son universais, aínda que poden recibir expresións variadas dependendo da cultura ou do carácter do individuo. Estas expresións son respectables se non afectan ao sentido profundo das normas éticas e non contradiín os dereitos humanos.

Exercicios de comprensión do texto da lección 7 1. ¿Que é a cultura? 2. ¿Que é a ética? 3. Fai unha lista de cinco comportamentos malos. 4. Fai unha lista de cinco comportamentos bos. 5. Escriba unha acción que pareza ben a unhas persoas e mal a outras. 6. Explica por que certas persoas cren que a acción do exercicio anterior é mala. 7. Explica por que certas poersoas cren que a acción do exercicio anterior é boa. 8. Menciona que elementos psicolóxicos poden influir no xuízo moral. 9. Menciona que elementos culturais poden influir no xuízo moral. 10. Menciona unha influencia xeográfica no xuízo moral. 11. Menciona un caso de influencia subxectiva no xuízo moral. 12. ¿Que é un xuízo moral? 13. ¿En que consiste o subxectivismo moral? 14. ¿Que é o relativismo cultural? 15. ¿Que é o pluralismo cultural? 16. ¿Por que o pluralismo cultural permite o xuízo ético? 17. ¿Por que nin o relativismo nin o subxectivismo permiten o xuízo moral? 47

Lección 7. A ética e a cultura

Preguntas para filosofar 1. ¿Temos algo máis, aparte da cultura?

Para saber máis Textos a comentar 1. Harris, cultura humana 2. Platón, relativismo? Protágoras. Explicar que é un xuízo moral é cal é a súa finalidade.

48

Lección 8

As escolas éticas

Coñecemento das principais teorías éticas que máis teñen contribuído á conquista de dereitos e liberdades, desde a perspectiva da felicidade e a perspectiva da xustiza. Título alternativo: ¿Que din os filósofos sobre a bondade? (aínda que non me gusta porque parece doxográfica) De todos modos esta lección hay que reformarla toda entera. no falar de escolas porque a indicación do dcb non ten porque interpretarse como unha invitación á doxografía. Falar de xestión do lecer, de solidariedade, de comunicación, compaixón. adaptar as virtudes teologales falar das influencias estoicas.

¿Para que serve esta lección? Para aprender cales son as ideas principais dos filósofos sobre a ética.

¿Por que é importante todo isto? Coñecer as teorías éticas axúdanos a ser mellores na práctica. Polo menos coñecéndoas poderemos saber que é ser bo e que temos que facer para chegar a selo. E recordemos que a bondade é a porta da felicidade.

¿Está todo o mundo de acordo? Por suposto que non, para moitos filósofos a felicidade ou non é un obxectivo digno ou ten que acadarse doutras moitas maneiras. 49

Lección 8. As escolas éticas

¿De que se trata? De aprender as ideas dos principais filósofos con respecto a felicidade e a ética.

¿Que problemas filosóficos hai? Xustificar o eudemonismo, afirmar que o pracer é só unha parte da felicidade, que o ser humano fai ben en escoller esta como a súa finalidade e sobre todo, quizais, equiparar felicidade con bondade.

¿Que problemas prácticos hai? A persistencia na virtude cando empezan as desgrazas

¿Que precisamos? ¿Que din os filósofos? Aristóteles como guía. Realmente aquí San Tomé é un inimigo, porque a súa idea de que a felicidade é unha cousa que só podemos ter no ceo, non é algo co que podamos contar.

¿Que podemos pensar? A felicidade é o fin das accións humanas, tanto dos individuos como dos grupos. A felicidade precisa de bens materiais, unha boa saúde, a liberdade política, unha boa familia e bos amigos. Para ser felices temos que facer o que facemos mellor. Ser bo consiste en exercitar as nosas virtudes ou capacidades. Cada virtude, prudencia, fortaleza, xustiza e temperanza, é un punto medio entre dous extremos de exceso e defecto. É a intelixencia a que debe indicarnos cal é o punto xusto. Definir a felicidade: 1. Desenvolvemento das nosas boas capacidades. 2. Sentimento derivado da harmonía, contentamento. 3. Cumprimento das nosas inclinacións boas. 4. Satisfacción das nosas necesidades. 50

Lección 8. As escolas éticas A felicidade é un problema porque é algo complexo. É un problema intelectual e práctico, por iso precisamos as virtudes dianoéticas. Esquema da ánima para explicar que é o que hai que facer. A ética é a técnica do comportamento humano. O obxectivo do comportamento é a felicidade, privada e pública Somos bos cando seguimos as virtudes. A virtude é o camiño medio entre dous excesos. Tipos de virtude. Consideramos que a concepción ética básica foi construída en Occidente en base aos seguintes doutrinas éticas: Tanto eudemonistas como estoicos afirmaban a necesidade de organizar correctamente a sociedade e de participar na vida política en liberdade. Para Aristóteles as virtudes principais son a xustiza, a fortaleza, a prudencia e a temperanza. O erro do estoicismo é pensar que a impasibilidade pode ser un obxectivo humano. Está ben non deixarse afectar por contrariedades triviais pero está claro que as dores que nacen dunha forte razón debemos sentilos e é natural que o fagamos. O estoicismo nace do mesmo erro que o hedonismo, o de valorar só as sensacións físicas. Hai dores que son boas igual que hai praceres que son malos. O hedonismo afirma que o ben é o pracer e o mal é a dor, que debemos procurar o pracer e fuxir das dores. O hedonismo afirma o egoísmo porque é obvio que o pracer só pode ser noso. Por outro lado chégase ao pesimismo, como no caso dos megáricos, porque naturalmente non sempre podemos obter pracer.

Algunhas definicións O eudaimonismo cuxo formulador principal foi Aristóteles, considera que a felicidade é o fin do comportamento humano. Para chegar a ser feliz, abonda con ser bo, pero a bondade non é sinxela de acadar. Ser bo consiste en exercitar as nosas virtudes ou capacidades. Cada virtude (prudencia, fortaleza, xustiza, temperanza, etc.) é un punto medio entre dous extremos de exceso e defecto. É a intelixencia a que debe indicarnos cal é o punto xusto. O estoicismo tivo varios representantes como Sénica, Marco Aurelio, Epicteto, etc. Para os estoicos debemos seguir a natureza humana para ser bos. A nosa natureza consiste na intelixencia e demanda de nós rexeitar as paixóns que nos impiden a perfección moral. Os estoicos defendían a igualdade de todos os seres humanos e a súa dignidade. 51

Lección 8. As escolas éticas

¿Que debemos facer? Convén recordar. . . • En Europa, as escolas éticas que procuraron a felicidade e a xustiza foron o hedonismo, o eudemonismo, o estoicismo, o deontoloxismo e o utilitarismo. • Para o hedonismo o ser humano debía buscar o pracer co seu comportamento. • Para o eudemonismo a felicidade era o froito das boas accións, que se conseguían mediante unha conduta racionalmente equilibrada. • Para o estoicismo o respecto á natureza humana requiría o control dos nosos sentimentos. • Para o deontoloxismo existía o deber de comportarnos ben. • Para o utilitarismo as nosas accións debían facerse pensando no benestar de toda a humanidade.

Perguntas de comprensión da lección 8 1. ¿Por que a ética é unha técnica? 2. ¿Cal é o fin do comportamento humano? 3. ¿Que é a felicidade? 4. ¿Como se obtén a felicidade? 5. ¿Que é unha virtude? 6. ¿Que e a regra de ouro? 7. ¿Que é a fortaleza? 8. ¿Que é a xustiza? 9. ¿Que é a temperanza? 10. ¿Que é a ira? 11. ¿Que é a mansedumbre? 12. ¿Que é a envexa? 13. ¿Que é a empatía? 52

Lección 8. As escolas éticas 14. ¿Que é a luxuria? 15. ¿Que é a castidade? 16. ¿Que é a gula? 17. ¿Que é a moderación? 18. ¿Que é a pereza? 19. ¿Que é a dilixencia? 20. ¿Que é a soberbia? 21. ¿Que é a humildade? 22. ¿Que é a avaricia? 23. ¿Que é a xenerosidade?

Para saber máis Textos a comentar 1. Ética a Nicómaco. 2. Alguna carta de S. Pablo.

53

Lección 8. As escolas éticas

54

Lección 9

Os dereitos humanos

Consideración das dimensións ética, xurídica e política dos dereitos humanos. Valoración dos dereitos humanos como esixencia mínima de xustiza. La lista con quotes y el resto en normal.

¿Para que serve esta lección? Para aprender que son os dereitos humanos, que son unha guía para achegarnos a felicidade.

¿Por que é importante todo isto? Os dereitos humanos son unha descripción do tipo de vida que leva a felicidade (ou polo menos a favorece). Se conseguimos que se respecten os dereitos humanos, todos poderemos ser algo máis felices.

¿Está todo o mundo de acordo? A idea dos dereitos humanos ven da corrente iusnaturalista e ten detrás, claramente o pensamento cristián. Por suposto que para relativistas, neopositivistas, nietzscheanos, etc. todo isto é lixo.

¿De que se trata? Os dereitos humanos son unha descripción da vida que todos desexaríamos ter. Temos que aprender como conseguir que se cumpran sempre. 55

Lección 9. Os dereitos humanos

¿Que problemas filosóficos hai? Quizais o principal sexa o de defender o iusnaturalismo desde unha perspectiva tamén aceptable polos non cristiáns. No fondo a disputa é tamén a de utilitarismo contra iusnaturalismo.

¿Que problemas prácticos hai? Facer que todos os gobernos cumpran os dereitos humanos.

¿Que precisamos? Unha defensa do iusnaturalismo aceptable para todos. Tamén a harmonización das diferentes xeracións de dereitos.

¿Que din os filósofos? Hai que acudir, a por inspiración, aos iusnaturalistas.

¿Que podemos pensar? Dependen da natureza humana. Aínda que os dereitos humanos non se crean, senón que se recoñecen, a medida que as sociedades se fan máis instruidas e mellores (e a conciencia individual mellora). Os dereitos humanos son regras que definen unha vida boa para os seres humanos. Debemos respectalos como individuos. As leis de todos os países deben adecuarse a eles. Os gobernos deben procurar que se respecten en todos os países. Os dereitos humanos son unha expresión da xustiza, a liberdade e a igualdade. A declaración da ONU: explicación e discusión. Os dereitos humanos son o conxunto de características que definen os elementos sociais dunha vida digna para unha persoa. Describen polo tanto os elementos que deberían fomentar os gobernos e respectar todo o mundo. Son unha conquista ética no sentido de que han ser o marco básico para o comportamento dos individuos. Ningunha persoa debe facer nada que lesione os dereitos humanos ou impida o seu exercicio. As leis de todos os estados deben facerse de acordo cos dereitos humanos. Nunca poden mandar ou permitir nada contrario a eles e sempre deben facilitar o cumprimento dos dereitos que precisen dunhas condicións materiais. As decisións facultativas (poñer discrecionais, e desde logo definir os termos) dos gobernos deben ter presente o respecto aos dereitos humanos e o seu fomento como base das relacións internacionais entre estados. 56

Lección 9. Os dereitos humanos Os dereitos humanos son unha esixencia mínima de xustiza. Toda mellora da vida das persoas no seu aspecto social debe partir deles. Os dereitos humanos son os reguladores da ética cívica. Os criterios éticos deben regular o comportamento individual. Agora ben, o ser humano, no avance da historia, chega a inventar o estado, como elemento da organización social. O estado non é nin a organización da sociedade nin a única estrutura desta. É tan só un importante elemento dela relacionado co monopolio da violencia, quizais é o ámbito do uso da violencia como ferramenta social, aínda que esta definición é totalmente anarquista.

A declaración universal dos dereitos humanos Adoptada e proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o dez de decembro do 1948, na súa resolución 217 A (III). Preámbulo 1. Considerando que o recoñecemento da dignidade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de tódolos membros da familia humana son os alicerces para a liberdade, a xustiza e a paz no mundo; 2. Considerando que o descoñecemento e o menosprezo dos Dereitos Humanos orixinaron actos de barbarie aldraxantes para a conciencia da Humanidade; e que se proclamou, como a aspiración máis elevada do ser humano, a consecución dun mundo no que as persoas, liberadas do medo e da miseria, gocen da liberdade de palabra e de crenzas; 3. Considerando esencial que os Dereitos Humanos sexan protexidos por un réxime de Dereito, para que a persoa non se vexa compelida ó supremo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión; 4. Considerando tamén esencial promove-lo desenvolvemento de relacións amigables entre as nacións; 5. Considerando que os pobos das Nacións Unidas reafirmaron na Carta a súa fe nos Dereitos Humanos fundamentais, na dignidade e o valor do ser humano e na igualdade de dereitos de varóns e mulleres, e que se declararon resoltos a promove-lo progreso social e a eleva-lo nivel de vida dentro dun concepto máis amplo de liberdade; 6. Considerando que os Estados membros se comprometeron a asegurar, en cooperación coas Nacións Unidas, a promoción do respecto e da aplicación universais dos Dereitos Humanos e das liberdades fundamentais; e 7. Considerando que unha concepción común destes dereitos e liberdades é da maior importancia para o pleno cumprimento deste compromiso; 57

Lección 9. Os dereitos humanos A Asemblea Xeral proclama a presente Declaración Universal dos Dereitos Humanos como ideal común polo que tódos os pobos e nacións se deben esforzar, para que cada individuo e cada institución, inspirándose sempre nesta Declaración, promova, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e asegure, a través de medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto entre os pobos dos Estados membros como entre os dos territorios que estean baixo a súa xurisdición. Artigo I Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse os uns cos outros nun espírito de fraternidade. Artigo II Toda persoa ten os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. Ademais, non se fará distinción ningunha baseada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio da xurisdición do cal dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía. Artigo III Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa. Artigo IV Ninguén estará sometido a escravitude nin a servidume; a escravitude e a trata de escravos están prohibidas en tódalas súas formas. Artigo V Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes. Artigo VI Todo ser humano ten dereito, en todo lugar, ó recoñecemento da súa personalidade xurídica. Artigo VII Todos son iguais perante a lei e teñen, sen distinción, dereito a igual protección da lei. Todos teñen dereito a igual protección contra calquera discriminación que viole esta Declaración e contra calquera incitación a tal discriminación. Artigo VIII Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo, perante os tribunais nacionais competentes, que a ampare contra os actos que violen os seus dereitos fundamentais recoñecidos pola constitución ou pola lei. Artigo IX Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado. Artigo X Toda persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser oída publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para 58

Lección 9. Os dereitos humanos a determinación dos seus dereitos e obrigas ou para o exame de calquera acusación contra ela en materia penal. Artigo XI 1. Toda persoa acusada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia en tanto non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público no que se lle asegurasen todas as garantías necesarias para a súa defensa. 2. Ninguén será condenado por actos ou omisións que no momento de se cometeren non fosen delictivos segundo o Dereito nacional ou internacional. Tampouco non se imporá pena máis grave cá aplicable no momento de se cometer o delito. Artigo XII Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, na súa familia, no seu domicilio ou na súa correspondencia, nin de ataques contra a súa honra e a súa reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra tales inxerencias ou ataques. Artigo XIII 1. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado. 2. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluído o seu propio, e a voltar ó seu país. Artigo XIV 1. En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a gozar del, en calquera país. 2. Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delitos comúns ou por actos contrarios ós propósitos e principios das Nacións Unidas. Artigo XV 1. Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade. 2. Ninguén será privado arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambiar de nacionalidade. Artigo XVI 1. Os varóns e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito a casar e fundar unha familia, sen ningunha restrición por motivos de raza, nacionalidade ou relixión; gozarán de iguais dereitos en canto ó matrimonio, durante o matrimonio e no caso de disolución do matrimonio. 2. So mediante libre e pleno consentimento dos esposos se poderá contraer matrimonio. 3. A familia é a célula natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado. Artigo XVII 1. Toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente. 2. Ninguén será privado arbitrariamente da súa propiedade. 59

Lección 9. Os dereitos humanos Artigo XVIII Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a liberdade de manifesta-la súa relixión ou a súa crenza, individual e colectivamente, tanto en público como en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observancia. Artigo XIX Toda persoa ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestada por causa das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións e o de difundilas, a través de calquera medio de expresión e sen limitación de fronteiras. Artigo XX 1. Toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e de asociación pacíficas. 2. Ninguén poderá ser obrigado a pertencer a unha asociación. Artigo XXI 1. Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes libremente escollidos. 2. Toda persoa ten dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país. 3. A vontade do pobo é a base da autoridade do poder público; esta vontade expresarase mediante eleccións auténticas que se celebrarán periodicamente, por sufraxio universal e igual e mediante voto secreto ou procedemento equivalente que garanta a liberdade de voto. Artigo XXII Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social e a obter, mediante o esforzo nacional e a cooperación internacional e de acordo coa organización e os recursos de cada Estado, a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturais indispensables para a súa dignidade e para o libre desenvolvemento da súa personalidade. Artigo XXIII 1. Toda persoa ten dereito a traballar, á libre elección do seu emprego, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego. 2. Toda persoa, sen ningunha discriminación, ten dereito a igual salario por igual traballo. 3. Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que asegure para ela e para a súa familia unha existencia conforme á dignidade humana, e que será completada, en caso necesario, por outros medios de protección social. 4. Toda persoa ten dereito a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses. Artigo XXIV Toda persoa ten dereito ó descanso e ó lecer, a unha limitación razoable da xornada de traballo e a vacacións periódicas pagadas. 60

Lección 9. Os dereitos humanos Artigo XXV 1. Toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado para a saúde e o benestar dela e da súa familia, incluíndo a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios; ten tamén dereito ós seguros nos casos de desemprego, enfermidade, discapacidade, viuvez e vellez, ou noutros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade. 2. A maternidade e a infancia teñen dereito a coidados e asistencia especiais. Tódolos nenos, nados dentro ou fóra do matrimonio, teñen dereito á mesma protección social. Artigo XXVI 1. Toda persoa ten dereito á educación. A educación será gratuíta, polo menos nas etapas elemental e fundamental. A educación elemental será obrigatoria. A educación técnica e profesional será xeneralizada e os estudios superiores serán igualmente accesibles para todos, en función da valía de cadaquén. 2. A educación terá como obxectivo o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto ós Dereitos Humanos e ás liberdades fundamentais. Promoverá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre tódalas nacións e tódolos grupos étnicos ou relixiosos, e fomentará as actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz. 3. Os pais teñen dereito preferente a escolle-lo tipo de educación que se lles vai dar ós seus fillos. Artigo XXVII 1. Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar do progreso científico e dos seus beneficios. 2. Toda persoa ten dereito á protección dos intereses morais e materiais que resulten das producións científicas, literarias ou artísticas das que sexa autora. Artigo XXVIII Toda persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional na que os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración se fagan plenamente efectivos. Artigo XXIX 1. Toda persoa ten deberes respecto á comunidade, xa que so nela pode desenvolver libre e plenamente a súa personalidade. 2. No exercicio dos seus dereitos e liberdades, toda persoa estará suxeita so a aquelas limitacións establecidas pola lei co único fin de asegurar o recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfai as xustas esixencias da moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade democrática. 3. Estes dereitos e liberdades non poderán ser, en ningún caso, exercidos en oposición ós propósitos e principios das Nacións Unidas. 61

Lección 9. Os dereitos humanos Artigo XXX Nada na presente Declaración poderá ser interpretado no sentido de que confire algún dereito a calquera Estado, grupo ou persoa para emprender actividades ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos dereitos e liberdades nela proclamados.

¿Que debemos facer? Convén recordar • Os dereitos humanos son o conxunto de características que definen unha vida digna para as persoas. Todos debemos respectar os dereitos dos demais e esixir o respecto para os nosos. • Ningunha persoa debe facer nada que lesione os dereitos humanos ou impida o seu exercicio. • As leis de todos os gobernos deben facerse de acordo cos dereitos humanos. • As decisións políticas dos gobernos deben respectar os dereitos humanos. • Para cumprir minimamente coa xustiza os dereitos humanos deben respectarse en todas as sociedades.

Exercicios de comprensión do texto da lección 9 1. Explica cada un dos dereitos dos dereitos do 1 ao 5 2. Explica cada un dos dereitos dos dereitos do 6 ao 10 3. Explica cada un dos dereitos dos dereitos do 11 ao 16 4. Explica cada un dos dereitos dos dereitos do 17 ao 22 5. Explica cada un dos dereitos dos dereitos do 23 ao 30 6. Pon un exemplo de violación de cada un dos dereitos do 1 ao 5 7. Pon un exemplo de violación de cada un dos dereitos do 6 ao 10 8. Pon un exemplo de violación de cada un dos dereitos do 11 ao 16 9. Pon un exemplo de violación de cada un dos dereitos do 17 ao 22 10. Pon un exemplo de violación de cada un dos dereitos do 23 ao 30 11. Pon un exemplo de como defender cada un dos dereitos do 1 ao 5 12. Pon un exemplo de como defender cada un dos dereitos do 6 ao 10 62

Lección 9. Os dereitos humanos 13. Pon un exemplo de como defender cada un dos dereitos do 11 ao 16 14. Pon un exemplo de como defender cada un dos dereitos do 17 ao 22 15. Pon un exemplo de como defender cada un dos dereitos do 23 ao 30

Preguntas para filosofar 1. ¿Por que temos dereitos?

Para saber máis Textos a comentar 1. Hayek Camiño de servidume, páx. 134. 2. Mises?

63

Lección 9. Os dereitos humanos

64

Lección 10

As xeracións de dereitos

Identificación das principias etapas na conquista dos dereitos humanos e valoración das novas reivindicacións (terceira xeración de dereitos). Título alternativo: Descubrimos novos dereitos. Explicar a correlación dereitos/deberes falar da controversia liberal/socialdemócrata con respecto aos dereitos socioeconómicos falar da controversia sobre os dereitos da 3a xeración. previr contra a consideración de absoluto para cualquer dereito.

¿Para que serve esta lección? (substituír a frase por: «para que serve saber sobre. . . ») Para aprender que novos dereitos podemos esixir e debemos respectar.

¿Por que é importante todo isto? Porque os dereitos son unha ferramenta importante para acadar a felicidade.

¿Está todo o mundo de acordo? Realmente a única disensión que ten sentido discutir é a que fai referencia a compatibilidade das xeracións de dereitos.

¿De que se trata? Desde que se empezou a pensar que existen dereitos, surxiron novos tipos de dereitos. Saber iso é bo para entender porque aparecen os dereitos e como podemos garantilos. 65

Lección 10. As xeracións de dereitos

¿Que problemas filosóficos hai? Realmente a única disensión que ten sentido discutir é a que fai referencia a compatibilidade das xeracións de dereitos.

¿Que problemas prácticos hai? ¿Que precisamos? Un problema relacionado ven sendo como xustificar os dereitos dun xeito iusnaturalista e ao mesmo tempo falar da súa oposición ou mesmo da súa extensión no tempo. ¿É mellor dicir que son unha lei positiva descuberta e aplicada utilitaristamente? Os dereitos entendidos dun xeito utilitarista presentan un problema e é como xustificar a súa aplicación a todos os seres humanos mesmo aos que non os recoñecen na súa sociedade ou os que non teñen estruturas xurídicas como tal. Tampouco axuda moito Rawls, ¿por que íamos poñernos na situación orixinal e aceptar o veo de ignorancia cando sabemos perfectamente como van as cousas.

¿Que din os filósofos? Os liberais presentan unha oposición entre algúns dos dereitos, que ven de que consideran inalienable, e probablemente absoluto o dereito á propiedade.

¿Que podemos pensar? Ás veces é necesario dispoñer as cousas de xeito intelixente para que os dereitos non colisionen. Se os dereitos son un marco para a mellora da vida, está claro que á medida que avancen as posibilidades materiais e a conciencia moral os dereitos poden ampliarse. Cando o goberno non era elexido polo pobo, os dereitos eran salvagardas. Na actualidade son regras para dirixir o traballo dos gobernos. (ollo, seguen a ser salvagardas contra a extralimitación dos gobernos.) O problema coas xeracións de dereitos é que, pedindo todo o desexáble, podemos chegar a pedir cousas que son incompatibles, ou polo menos que so podemos conseguir dun xeito dificilmente conciliable. Quizáis hai que recoñecer que o capítulo das xeracións de dereitos é excesivo. Os dereitos humnos son as mellores condicións posibles garantibles socialmente para a vida humana. Claro que hai outras concidicóns que non se poden garantir pola comunidade. Por iso a, a medida que os dereitos humanos están relacionados co avance material da sociedade. 66

Lección 10. As xeracións de dereitos Os dereitos humanos van renovándose á medida que cambian as circunstancias da sociedade. No pasado non era necesario defender o dereito porque non se podía garantir materialmente ou porque nada nos privaba del. Os dereitos avanzan a medida que avanza a consciencia moral, isto é o progreso. O concepto de dereito civil nace no pasado contra os abusos dos reis. Os defensores da liberdade individual pretenderon fixar uns límites ao que o poder do rei podía facer legalmente. Así apareceron os conceptos de habeas corpus, liberdade de prensa, de expresión, de conciencia, etc. Posteriormente aparece a defensa dos dereitos políticos, cando a democracia substitúe á monarquía absoluta. Trátase de defender o dereito dos cidadáns á participación no goberno do estado. Por outro lado, co avance do capitalismo xorde a necesidade de garantir un nivel económico mínimo a todos os traballadores. Aparecen así o subsidio de desemprego, a seguridade social, etc., dereitos chamados económicos. Hoxe, na nosa sociedade postindustrial (palabras como estas, ou non usalas ou explicalas), aparecen novas demandas vencelladas por exemplo ao dereito de preservación da natureza ou as invencións novas (dereito á privacidade fronte ás invasións da tecnoloxía informática, etc.) Historicamente, os dereitos nacen como restricións dos nobres contra o rei, e ao principio estaban sostidos pola forza dos nobres ou a ameaza de rebelión. (exemplo inglés) Cando os dereitos se xeneralizan, isto faise previa destrución da monarquía. O novo goberno republicano nace xustamente para defender eses dereitos xeneralizados. Pero fronte a tendencia do goberno a excederse na súa actividade, os dereitos poden ser invocados polo individuo (esta é unha boa narración dos dereitos liberais) Outra presentación é necesaria para os dereitos sociais, xustamente a esixencia deles é a principal razón de que o estado poida ampliar as súas actividades. Por un lado pedimos ao estado que nos garanta tales ou cales (non ser impreciso poñer exemplos ou quitarse a careta) elementos, económicos de seguridade, etc., e por outra somos sensibles (quero dicir que nos molesta, hai que deixarse de eufemismos) ás restricións da nosa conduta que o estado debe facer na procura dos seus obxectivos. Probablemente é triste que os nosos dereitos resulten contraditorios na práctica, pero é o que hai.

Algunhas definicións Un dereito é unha conduta que se nos debe. Un deber é unha conduta que nos poden reclamar. Un deber é algo que nós debemos facer polos demais. Un dereito é algo que os demais deben facer por nós. 67

Lección 10. As xeracións de dereitos O dereito é unha restrición da conduta dos demais, xa no sentido de abstención de facer algo ou como obriga para facelo.

¿Que debemos facer? Convén recordar. . . • Chámanse dereitos civís e políticos aos que protexen ao individuo contra os abusos do goberno e permiten que os cidadáns controlen aos gobernantes. • Son dereitos civís o habeas corpus, a liberdade de prensa, de asociación, de reunión, a liberdade de culto, e o sufraxio universal, libre e secreto. • Chámanse dereitos socio-económicos os que procuran garantir unhas condicións económicas para todos, independentemente da súa situación laboral. • Son dereitos socio-económicos o seguro médico, as pensións de xubilación, o seguro de desemprego, etc. • Na actualidade chámanse dereitos de terceira xeración aos que empezan a demandarse para compensar os problemas xurdidos do progreso tecnolóxico. • Son dereitos de terceira xeración o dereito á conservación do medio ambiente, o dereito á protección contra as invasións tecnolóxicas da vida privada, etc.

Exercios da lección 10 1. ¿Que é un dereito? 2. ¿Que é un deber? 3. Explica a frase un dereito é una conduta que se nos debe. 4. Explica a frase o deber é o correlato do dereito. 5. ¿Que son os dereitos civís? 6. ¿Que son os dereitos políticos? 7. ¿En que sentido os dereitos civís e políticos son un freo para o goberno? 8. ¿Cales son os dereitos socio-económicos? 9. ¿En que sentido os dereitos socioeconómicos poden colisionar cos dereitos civís ou políticos? 68

Lección 10. As xeracións de dereitos 10. ¿Que significa ningún dereito é absoluto? 11. ¿Cales son os chamados dereitos de terceira xeración? 12. ¿En que sentido os dereitos de terceira xeración son controvertidos?

Para saber máis Textos a comentar 1. Locke, pax 29-30 2. On liberty páx. 141

69

Lección 10. As xeracións de dereitos

70

Lección 11

A defensa dos nosos dereitos

Implicación na defensa efectiva dos dereitos humanos. Identificación e rexeitamento das actitudes de intolerancia, inxustiza e exclusión. Título alternativo: ¿Como construímos os novos dereitos? quitar a palabra defender e substituír por construír ou así. Os dereitos humanos definen unha sociedade na que nos gustaría vivir, independentemente das nosas circunstancias persoais. (Rawls) Lección 10: A defensa dos nosos dereitos: Trátase de entender que o que hai que defender é unha estructura xusta para todos e que iso significa precisamente non defender os nosos supostos dereitos como un lobby egoísta, senón defender a sociedade que nos gustaría apara todos. O primeiro que debemos pensar entón é que condicións concretas queremos para esa sociedade ideal. A idea de Kant era convertir nun deber persoal todo o que desexaríamos que foes unha norma universal. A idea de Rawls vale tamén. Imaxinemos que non sabemos cales son as nosas condicións, se somos homes ou mulleres, brancos ou negros, ricos ou pobres. ¿Que sociedade contruiríamos para que, fose cal fose a nosa realidade, puidéramos vivir felices?

¿Para que serve esta lección? Para aprender como defender os dereitos de todos.

¿E por que é importante iso? Porque se eses dereitos se cumpren todos poderemos vivir mellor.

¿Está todo o mundo de acordo? De novo a disensión pode ter que ver coa sociedade de lobbies e a disputa entre as xeracións de dereitos. 71

Lección 11. A defensa dos nosos dereitos

¿De que se trata? Ás veces os dereitos humanos non se respectan porque non convén aos poderosos. Hai que saber defendelos.

¿Que problemas filosóficos hai? Esta é unha cuestión máis ben práctica.

¿Que problemas prácticos hai? Medios de defender eficazmente os nosos dereitos e de aprender a respectar os dereitos dos outros.

¿Que precisamos? O que precisamos é medios eficaces de defender os dereitos humanos.

¿Que din os filósofos? Os referentes poden ser Hayek, Mises e Habermas e Apel para a cuestión da ética do debate.

¿Que podemos pensar? falar dos tribunais sindicatos asociacións de veciños asociacións de outro tipo ong de dereitos humanos protestar por canles administrativas a publicidade como medio de protesta eludir todo ánimo querulante evitar o egoísmo hablar do límite na defensa: a lei e o diálogo como medio de defensa dos dereitos falar da necesidade de ceder ás veces o noso dereito consenso/dialéctica social: convivencia. A tarefa de promover e defender os dereitos humanos é individual, social e política. Hai que falar do sistema xudicial democrático como medio de facer prevalecer os dereitos humanos na sociedade.

Algunhas definicións A defensa dos dereitos humanos ten unha dimensión política, outra civil e outra xudicial, outra ética e outra ideolóxica. Defendemos os dereitos humanos ideoloxicamente se os coñecemos e sabemos porque son importantes. 72

Lección 11. A defensa dos nosos dereitos Defendemos os dereitos humanos eticamente se nos comportamos de xeito que nunca prexudiquemos os dereitos de ninguén. Defendemos os dereitos humanos civilmente se apoiamos as organizacións que os defenden. Informándonos de en que lugares do mundo se producen violacións dos dereitos humanos. Defendemos os dereitos humanos xudicialmente se acudimos aos tribunais para esixir o seu cumprimento ou denunciar a súa violación. Defendemos os dereitos humanos politicamente cando esiximos aos representantes políticos que os defendan.

¿Que debemos facer? A defensa dos dereitos humanos é unha tarefa de todos. ¿Como podemos colaborar nós?: Aprendendo que son os dereitos humanos e porqué son importantes. Procurando ter argumentos propios en defensa dos dereitos humanos. Apoiando ás organizacións que vixían polo seu cumprimento. Esixindo dos nosos gobernos o respecto aos dereitos humanos e que presionen (quitar presionen e poñer demanden, soliciten, esixan) aos gobernos estranxeiros no mesmo sentido. (Advertir que non se debe utilizar o apoio aos dereitos humanos como excusa para intervencións militares.)

Convén recordar. . . • Todos podemos e debemos colaborar na defensa dos dereitos humanos. • Para defender os dereitos humanos temos que saber cales son e por que son importantes. • Debemos esixir ao noso goberno e aos gobernos estranxeiros que respecten e favorezan os dereitos humanos. • As actitudes de intolerancia, inxustiza e exclusión producen violacións dos dereitos humanos, polo que debemos rexeitalas.

Cuestións sobre a lección 11 1. ¿Por que a defensa dos dereitos humanos é tarefa de todos? 2. ¿Que son os dereitos humanos? 3. ¿Por que son importantes os dereitos humanos? 4. ¿Que dous argumentos empregarías para defender os dereitos humanos? 73

Lección 11. A defensa dos nosos dereitos 5. ¿Como podemos apoiar as organizacións que vixían polo cumprimento dos dereitos humanos? 6. ¿Como podemos esixir ao noso goberno o cumprimento dos dereitos humanos?

Para saber máis. . . Textos a comentar 1. Alexis de Tocqueville viaxou en 1831, cando tiña 22 anos, aos Estados Unidos de América, que daquela era un dos poucos países democráticos do mundo. á volta escribiu De la democratie en Amérique, un dos clásicos do pensamento liberal. Neste fragmento fala das asociacións como medio de defender os dereitos dos cidadáns. Está claro que, se cada cidadán, a medida que se volve individualmente máis feble, e por consecuencia máis incapaz de preservar illadamente a súa liberdade, non aprendera a arte de unirse aos seus semellantes para defendela, a tiranía medraría necesariamente coa igualdade. Non se trata aquí senón das asociacións que se forman na vida civil e cuxo obxecto non ten nada de política. As asociacións políticas que existen nos Estados Unidos non forman senón un detalle en medio do inmenso cadro que o conxunto das asociacións presenta. Os americáns de todas as idades, de todas as condicións, de todas as intelixencias, únense sen cesar. non só teñen asociacións comerciais e industriais nas que todos toman parte, máis teñen aínda mil outros tipos: relixiosas, morais, graves, triviais, moi xenerais e moi particulares, inmensas e moi pequenas; os americáns asocianse para dar festas, fundar seminarios, construir albergues, erixir igrexas, difundir libros, mandar misioneros ás antípodas; eles crean desta maneira hospitais, prisóns, escolas. Se se trata en fin de sacar á luz unha verdade ou de desenvolver un sentimento polo apoio dun gran exemplo, eles se asocian. Por todos os sitios onde, á cabeza dunha nova empresa, vedes en Francia o goberno, en en Inglaterra a un gran señor, contade con que nos Estados Unidos veredes unha asociación. 2. Locke páx. 59 (sec 172) aaas

74

Lección 12

A discriminación

Avaliación da discriminación positiva desde a perspectiva das esixencias da xustiza e a igualdade de dereitos e oportunidades. Título alternativo: ¿Cando non se respectan os dereitos? (Deixar claro que a discriminación positiva é mala porque perpetúa a discriminación. Convertir a lección en un argumento contra a discriminación.) Lección 11: A discriminación: Quizáis hai algo nos nosos xenes que nos impulsa a procurar achegarnos ás persoas semellantes coas que probablemente a colaborarción é máis fácil e os conflitos máis raros. Pero xa non somos animais e o medo ao diferente non ten porque dominarnos. A moral debe supoñer un xuízo dos actos e non das persoas. Hai actos bos e malos e inidferentes, pero ninguén é sempre malo nin sempbre bo. E moito menos podemos crer que exista un grupo de persoas moi grande, un país, unha relixión, unhas carcterísticas físicas asociadas permanentemente coa maldade. O malo da discriminación é que co seu xuízo apurado, dá paso a inimizade. Marie ou l’esclavage aux états unis mi probable explicación : grupos pequeños socialmente ampliados.

¿Para que serve esta lección? Para aprender que é a discriminación e porque é mala e debemos combatila.

¿Por que é importante todo iso? Porque todos podemos ser obxecto de discriminación e todos podemos chegar a discriminar a alguén. 75

Lección 12. A discriminación

¿Está todo o mundo de acordo? A disensión ten que ver coa valoración da chamada discriminación positiva. A valoración pode ser feita desde o punto de vista utilitarista (resultados) ou desde o punto de vista iusnaturalista.

¿De que se trata? A discriminación é causa de sufrimento para moita xente. Temos que aprender a evitala.

¿Que problemas filosóficos hai? En serio, probablemente a única discusión é a da discriminación positiva, que ten moito que ver coa concepción da individualidade e se temos unha sociedade de grupos ou de individuos.

¿Que problemas prácticos hai? Que en moitos países a discriminación aínda é practicada e lamentablemente consagrada nas leis.

¿Que precisamos? Un xuízo claro sobre a discriminación positiva.

¿Que din os filósofos? Para o liberalismo está claro que non é aceptable ningún tipo de discriminación.

¿Que podemos pensar? Os seus partidarios recoñecen que as medidas que propoñen son inxustas e van contar a igualdade de dereitos, pero para eles é máis importante que se acade unha situación de completa equidade na sociedade, que o respecto aos dereitos individuais e á xustiza. Aquí pódese falar da antítese entre dereito, entendido como extensión da liberdade e o concepto de igualdade. Falar tamén das consecuencias prácticas da política de cotas: menosprezo da persoa, discriminada positivamente e risco de promoción da incapacidade. A discriminación positiva como contraposta á sociedade cega para as cores. 76

Lección 12. A discriminación A igualdade de dereitos é necesaria. A igualdade material é desexable e probablemente sería unha consecuencia da igualdade de dereitos, pero na discriminación positiva choca.

Algunhas definicións Discriminar é tratar mal ás persoas que son diferentes polo simple feito de selo. Naturalmente a discriminación é mala, porque viola a necesaria igualdade de dereitos e dignidade entre os seres humanos. Sen embargo, se entendemos o concepto de igualdade como igualdade de feito (por exemplo, igualdade de ingresos), moitas veces comprobamos que sería necesario tratar mellor que aos demais as persoas que pertencen a grupos tradicionalmente prexudicados para así compensar o seu atraso. Esta práctica coñecese como discriminación positiva. A discriminación positiva consiste en tractar mellor á xente que o necesita máis.

¿Que debemos facer? Convén recordar. . . • Discriminar é tratar mal ás persoas diferentes polo simple feito de selo. • A discriminación é mala porque viola a igualdade de dereitos e dignidade entre os seres humanos. • Chámase discriminación positiva á práctica de tratar mellor ca os demais as persoas que pertencen a grupos historicamente prexudicados. • A discriminación positiva intenta compensar situacións malas que se manteñen desde hai moito tempo. • A discriminación positiva recibe críticas por ser unha forma de discriminación e ir contra a igualdade.

Exercicios da lección 12 Para saber máis Textos a comentar 1. Allport, páx. 54 2. Th. Sowell? 77

Lección 12. A discriminación

78

Parte III

A democracia e a participación: as institucións democráticas

79

Lección 13

A democracia

Conceptualización da noción de democracia. Título alternativo: ¿Que é a democracia? O control do estado era das oligarquías, de todos modos o estado sempre tivo unha parte asistencial. A democracia como sistema de deliberación (e Habermas, como referente). No pasado os estados eran organizacións violentas que dominaban e explotaban ao pobo en beneficio dunha minoría. falar contra o sectarismo que non apareza nunca a palabra pobo e sí a palabra cidadanía. ¿que é un estado? deliberación como base da democracia democracia non é loita de todos contra todos. nada de sacralizala, simplemente forma parte dunha precondición da felicidade. Lección 12: A democracia: Hai que deixar claro que de nada serve o poder de elexir se o que eliximos é malo. Se a nosa decisión é catastrófica, mellor tivera sido ser gobernados por un autócrata benévolo e intelixente. Por tanto o esforzo duns cidaddáns conscientes debe poñerse en tomar as decisións políticas adecuadas. A política non debe ser un medio persoal de enriquecemento ou de acadar poder. O poder debe ser só unha ferramenta para facer as couasa que consderamos boas, non un fin en si mesmo. Unha sociedade é un grupo numeroso de persoas que viven xuntas e comparten tradicións e costumes, traballo, intereses e poden comunicarse con facilidade (non poñer tradicións nin nada, definir a sociedade dun xeito funcionalista) Un estado é unha organización racional da sociedade (tradicionalmente era unha concepción patrimonial) a "definición"weberiana é irracional porque esquece a dimensión asistencial do estado. Non se trata de adoptar unha definición ultraindividualista, atomista, na sociedade debe haber un mínimo razoable de valores compartidos. Hai, por outro lado unha bambolla de privacidade na que cada un pode facer o que queira. 81

Lección 13. A democracia

¿Para que serve esta lección? Para aprender que é a democracia e porque é boa e debemos apoiar o seu funcionamento.

¿Por que é importante todo isto? Porque a democracia é boa para a organización da sociedade e se ista funciona ben será mellor para todos.

¿Está todo o mundo de acordo? Non hai disputa seria con respecto á democracia. A cuestión é se esta funciona verdadeiramente respecto ao seu concepto ou se pervirte.

¿De que se trata? A democracia é o mellor sistema de organización social inventado polo ser humano. Temos que aprender como funciona e que podemos facer nós para colaborar.

¿Que problemas filosóficos hai? Quizais a cuestión da limitación do poder do estado democrático, unha idea que vai máis aló da disputa socialdemocracia liberalismo. A perversión da democracia pode vir do lado do intervencionismo ben intencionado.

¿Que problemas prácticos hai? Que se implante a democracia en todos os países do mundo que aínda non a teñen e que funcione ben en todos, tamén nos que a teñen.

¿Que precisamos? Ideas sobre como colaborar no funcionamento da democracia.

¿Que din os filósofos? O referente aquí pode ser por suposto Locke e tamén Mill. 82

Lección 13. A democracia

¿Que podemos pensar? Ao longo da historia o tamaño dos estados dependía das conquistas ou dos matrimonios dos reis. Predominaba a concepción patrimonial do territorio. Os países eran considerados coma fincas dos reis que se ampliaban pola forza ou por matrimonios ou herdanzas. Tamén podían comprarse e venderse, cousa que se facía ás veces coas colonias. Na historia a democracia nace cando a industrialización e o progreso económico fai aparecer unha clase media educada e enriquecida polo comercio e a industria e que non pertencía ao grupo gobernante tradicional, que era a nobreza terratenente. Cando a extensión do progreso económico abrangueu toda Europa e Norteamérica a democracia como modo de goberno remprazou as monarquías absolutas, nas que o rei e os nobres controlaban o Estado. En algúns países os partidarios da democracia derrubaron os gobernos monárquicos e proclamaron a república, que é unha democracia na que o xefe do estado é tamén elixido polos cidadáns. A democracia supón o control do goberno por parte da poboación, por medio de eleccións nas que os cidadáns substitúen ao goberno que non actúa de acordo coa vontade da maioría da sociedade, e escollen un goberno e unha lexislatura que presenta un proxecto aceptable. Para a existencia da democracia é necesaria a existencia de xuíces independentes. O sistema xudicial é o garante de que o goberno cumpra a lei. Unha verdadeira democracia debe ser un estado de dereito. Que non hai democracia fora do eido político. A democracia axuda a determinar a vontade da sociedade, o concepto rousseauniano, ou ben é tan só un modo pacífico de cambiar de oligarquía (Schumpeter). ¿Por que a sociedade ou o estado debe construírse sobre a idea de vontade e o antropomorfismo? Podería construírse sobre a idea de deber, e a democracia sería o medio de descubrir o que consideramos o noso deber. (é o mesmo?) Tamén pode tratarse simplemente de explicar en que consiste a democracia, que facer para que funcione ben e deixarse de cuestións de fundamentación teórica. A democracia entón é boa participación baixo criterios éticos, e respecto polos dereitos individuais. Agora ben, ¿respecta por exemplo o noso estado eses dereitos? Hai unha perigosa deriva da socialdemocracia cara ao intervencionismo.

Algunhas definicións Unha lei é unha norma refrendada pola forza. Unha sociedade é un grupo de persoas que vive nun territorio determinado, e un estado un tipo de organización que funciona na maioría das sociedades. O que 83

Lección 13. A democracia caracteriza o estado é que fai as leis e pretende ser o único que exerce a violencia para defender esas leis. Chamamos democracia ao réxime político no que os cidadáns escollen aos gobernantes e aos lexisladores e o goberno cumpre as leis e respecta os dereitos dos cidadáns. En outros países, a presión política dos demócratas fixo que o rei renunciara ao seu poder político, permanecendo como xefe do estado hereditario. Estes países teñen estados que son chamados monarquías constitucionais ou parlamentarias. Por outro lado, nas democracias o poder do goberno está limitado polas leis. O goberno non pode facer nada prohibido polas leis existentes e os cidadáns poden denunciar ao goberno nos tribunais se consideran que este se ten excedido na súa actuación. Isto é chamado estado de dereito.

¿Que debemos facer? Dado que nas democracias o goberno depende do pobo, este debe ser racional e non arbitrario. Debe ser bo. De nada serve ter o poder se eliximos algo malo. A política é un servizo á comunidade, nunca un medio persoal de enriquecemento.

Convén recordar. . . • Chamamos democracia ao réxime político no que os cidadáns escollen aos gobernantes e aos lexisladores e no que o gobernos compre as leis e respecta os dereitos dos cidadáns. • Os cidadáns dun estado democrático elixen aos gobernantes e lexisladores polo sufraxio universal, libre e secreto. • A democracia é un estado de dereito, é dicir, o goberno e os cidadáns non deben facer nada ilegal. • A separación de poderes en executivo, lexislativo e xudicial, é un elemento básico da democracia.

Exercicios da lección 13 1. ¿Que é unha sociedade? 2. ¿Que é un estado? 3. ¿Que son as leis? 4. ¿Que relación teñen as leis cos dereitos? 84

Lección 13. A democracia 5. ¿De que dependía ao longo da historia o tamaño dos estados? 6. ¿Que significa concepción patrimonial do territorio? 7. ¿A que chamamos democracia? 8. ¿Que relación ten a democracia co progreso económico? 9. ¿Que é unha república? 10. ¿Cal é a orixe histórica das repúblicas? 11. ¿Que é unha monarquía constitucional? 12. ¿Que relación ten a democracia co poder da cidadanía? 13. ¿Como está limitado o goberno nas democracias? 14. ¿Que é o estado de dereito? 15. ¿Que relación ten a democracia co sistema xudicial? 16. ¿Que é o intervencionismo?

Para saber máis Texto para comentar Na súa obra Consideracións sobre o goberno representativo, John Stuart Mill explica a función do parlamento: En troques da función de gobernar, para a que é radicalmente inadecuado, o oficio apropiado dunha asamblea representativa é vixiar e controlar o goberno; botar a luz da publicidade dos seus actos; obrigar a unha completa exposición e xustificación de todos eles que calquera considera cuestionable; censurarlos se os encontra condenables, e, se os homes que compoñen o goberno abusan da súa confianza, ou desempeñan o seu cargo nunha maneira que choca co sentdido deliberado da nación, expulsalos do seus cargos, e ben expresamente ou virtualmente nomear os seus sucesores. Este é seguramente poder grande, e seguridade abondo para a liberdade da nación. Sumado a esto, o parlamento ten un oficio non inferior a este en importancia; ser ao mesmo tempo o comité de queixas da nación e o seu congreso de opinións; un espacio no que non só a opinión xeral da nación , senón a de cada sección dela, e, tanto como é posible, de cada eminente individuo que ela contén, pode aparecer á plena luz e retar á discusión; onde cada persoa no país pode contar con encontrar alguén que exprese a súa mente tan ben ou mellor que podería expresala él 85

Lección 13. A democracia mesmo, non a amigos e partidarios exclusivamente, senón diante dos opoñentes, para ser probada pola controversia adversa.

86

Lección 14

Participar en política

Valoración da importancia da participación cidadá para o funcionamento das institucións democráticas. Distinción entre formas de participación non institucionalizada e a participación política institucionalizada. Valoración da formación da opinión, de acordo con algún tipo de deliberación, para unha a participación responsable. Distinción entre democracia representativa e democracia deliberativa. a negrita da a impresión de que é o único importante. sería o mesmo deixar unha línea. o mesmo de malo. facer unha lista de obxeccións sobre os políticos e a súa referencia. Ordenar os elementos, é dicir, agruparlos por tipo de acción: formación, información, acción, influencia, actitude, etc. As persoas que teñen otra ideoloxía non son inimigos, senón tan só persoas que teñen outra forma de ver as cousas. A política non pode ser unha excusa para liberar o peor de nós, e nunca podeestar unida á violencia nin ao odio. explicar o do cinismo.

¿Para que serve esta lección? Para aprender porque é bo participar en política e como podemos facelo.

¿Por que é importante todo isto? Porque a política inflúe moito na nosa vida e se nos participamos no seu control podemos facer que esta influencia sexa boa.

¿Está todo o mundo de acordo? Probablemente si. Pode haber algunha disensión por parte dos filósofos liberais que ven unha excesiva participación conducente ao intervencionismo, e proba87

Lección 14. Participar en política blemente este é un perigo real que hai que tratar na lección. Pero tamén pode haber unha participación liberal, na prol das leis como marco xenérico e non como forma de apañar parte do pastel.

¿De que se trata? A democracia permite a participación política dos cidadáns. A participación permite que controlemos as medidas públicas que van ter influencia nas nosas vidas.

¿Que problemas filosóficos hai? Realmente unha vez que se acepta a democracia, creo que ningún. Como moito atopar unha definición de participación que axude a evitar que a democracia se convirta nunha sociedade de lobbies.

¿Que problemas prácticos hai? O problema é como facer atractiva a participación, como instruír políticamente a xente e vitalizar os canles institucionais de participación.

¿Que precisamos? Coñecementos sobre como participar, unha concepción clara que impida que caigamos nunha sociedade de lobbies, de reparto de intereses.

¿Que din os filósofos? Habermas sería probablemente o referente moderno. Tamén pode mirarse Apel para a ética do discurso.

¿Que podemos pensar? Posto que a democracia é o goberno do pobo, a democracia non pode funcionar ben se os cidadáns non participan activamente na política. (Explicar porque non)

¿Que debemos facer? 1. Ser consciente de que unha democracia permite aos cidadáns controlar efectivamente o goberno e as leis do país. Nunha democracia quen manda é o pobo, a cidadanía. Iso non é na teoría nada máis, como pasa nas ditaduras, senón que é real. No noso país quen 88

Lección 14. Participar en política manda é a xente, non os políticos. Pero para que iso sexa así de verdade é necesario que os cidadáns interveñan na política. Se todos nos desentendemos e nos mantemos ao marxe, dedicándonos só as nosas cousas privadas, entón a política si que pode converterse nun traballo dunha caste especializada. 2. Formar a propia opinión de acordo con unha ideoloxía política que estea de acordo cos nosos principios éticos. Todos os seres humanos temos ideas morais sobre cuestións privadas, sabemos o que é xusto e inxusto. Facilmente podemos estender as nosas ideas a temas públicos, de política ou economía. Se aprendemos cales son as diferentes ideoloxías políticas ben podemos escoller a nosa, a que estea máis de acordo coa nosa forma de pensar e sentir. Despois, trátase de ler e aprender sobre a nosa ideoloxía, para ser quen de discutir cos demais cidadáns e poder procurar xuntos a verdade. 3. Informarse responsablemente sobre os asuntos de actualidade que poidan ter relación coa política. Ademais da nosa ideoloxía, para opinar razoablemente sobre temas políticos precisamos datos sobre o que ocorre no mundo e no noso país. Na procura de datos temos que buscar a verdade, e ser honrados se os datos levan a contraria á nosa ideoloxía. Non debemos permitir que as ideas deformen a nosa percepción da realidade. Se as cousas son diferentes de como o esperábamos, debemos estar dispostos a cambiar as nosas ideas. 4. Se as nosas circunstancias o permiten, formar parte dun partido político. Para así colaborar persoalmente na aplicación da nosa ideoloxía á vida política. Os partidos políticos, nas democracias modernas, son os órganos básicos de participación cidadá. Os partidos preséntanse ás eleccións, deles saen os alcaldes, deputados, presidentes do goberno, etc. Se os partidos contan con moitos afiliados, poderán representar mais axeitadamente á cidadanía e estarán máis conectado con esta. Nós podemos axudar a orientar a ideoloxía dun partido e aportar ideas, proxectos ou criterios que ese partido utilizará para influír na sociedade. 5. Informarse sobre os programas dos partidos que se presentan ás eleccións, mesmo dos partidos minoritarios ou pouco publicitados. Os partidos presentan programas, é dicir, conxuntos de proxectos que pensan levar a cabo se chegan ao poder ou que orientarán o seu traballo se están na oposición. Se estamos de acordo co programa podemos votar por ese partido. Moitas veces a xente critica aos partidos porque cando gañan as eleccións non compren o seu programa. Pero se os seus votantes coñecen o programa, entón poden controlar se o partido o tivo en conta ou non. 89

Lección 14. Participar en política 6. Discutir coas persoas do noso entorno os temas políticos interesantes, sempre con respecto ás opinións dos demais. Non podemos chegar a ter unha opinión madura e razoada se non a compartimos cos demais, se non escoitamos as súas obxeccións e intentamos respondelas. Tamén, naturalmente, se cremos nunhas ideas, está ben que as compartamos cos demais. 7. Votar en todos os comicios, eleccións xerais, autonómicas, ao Parlamento europeo, municipais, posibles referendo, etc. Se non participamos, non podemos criticar. Moita xente non se considera representada polos políticos, pero realmente, as opcións políticas son tantas que é moi difícil que non exista un partido co que podemos estar de acordo. Se non votamos, se nos contribuímos a que os políticos sexan unha adecuada representación da cidadanía. 8. Informarse sobre a actuación dos diferentes gobernos e criticar as que non consideremos axeitadas. As nosas críticas, por suposto, deben ser racionais, moderadas e ben informadas. Non debemos emitir críticas baseadas en prexuízos ou sentimentos persoais non xustificados. Moita xente aproveita os temas políticos para expresar estados de ánimo ou mesmo ideas negativas que nunca se atrevería a expresar tratando temas máis achegados ou coñecidos. Non debemos deixarnos arrastrar polas paixóns negativas ao xulgar temas políticos, porque temos que ter en conta que se o facemos, estaremos contribuíndo a crear un clima negativo na nosa propia sociedade que é realmente o noso ámbito de vida. 9. Intentar modificar as decisións dos gobernos que non estean de acordo coa nosa ideoloxía. (mediante a participación en campañas de protesta, manifestacións, cartas aos periódicos, escribindo e debatendo na internet, enviando cartas aos nosos representantes políticos nos parlamentos ou aos gobernantes mesmos, etc.). Aínda que os políticos estean elixidos para representarnos e gobernar durante o seu mandato, nós podemos seguir influíndo en eles e nas súas decisións. Nós podemos comunicarnos con eles directamente, escribíndolles, e de forma indirecta participando en protestas públicas ben para intentar deter unha medida que se está a considerar ou ben para apoiar que se tome unha medida que a sociedade estima positiva. Por suposto que temos que tomar nota do comportamento dos políticos para tomar as nosas decisións sobre a quen votamos nas próximas eleccións. 10. Non ser pesimista nin cínico con respecto a política ou a xente que participa nela. 90

Lección 14. Participar en política Se son malos, o noso deber é substituílos. Se fan as cousas mal, o noso deber e contribuír a que as fagan ben. O cinismo e o pesimismo, pode ser francamente malo cando o aplicamos ao xuízo sobre a política porque pode constituírse nunha profecía autocumplida. Se todos pensamos que os políticos son malos, cedo só van querer ser políticos os malandríns. Se coidamos que todos os políticos procuran o poder só polo seu proveito, a política deixará de ser unha actividade honorable e polo tanto as persoas decentes e capaces non se achegarán a ela. Temos que ter claro que nunha democracia, participar na política debe ser colaborar para o benestar de todos e que os políticos deben ser servidores da cidadanía. Unha actividade política desenvolvida de acordo coa propia ideoloxía e procurando beneficiar a todos e non prexudicar a ninguén é eticamente meritoria e as persoas que a emprenden deben ser honradas por todos. Naturalmente que os políticos, como todos nós, fan cousas mal ás veces. Non debemos xulgalos con máis dureza que o faríamos con calquera outra persoa, e debemos ter presente que se estamos moi en desacordo co traballo realizado, ben podemos tratar de facelo nós mesmos. 11. Privilexiar a ideoloxía por riba dos intereses. Lección 13: Participar en política: 13 votar por razóns, non por simpatías 14 aprender en xeral para evitar unha asristorcacia do coñecemento, noblesse de robe

Convén recordar. . . • A democracia non pode funcionar se os cidadáns non participan en política. • Participamos dunha forma institucionalizada cando nos afiliamos a partidos, nos presentamos as eleccións ou cando votamos nelas. • Participamos dunha forma non institucionalizada cando nos preocupamos polos asuntos políticos, nos informamos sobre eles e adoptamos unha opinión e a discutimos cos nosos concidadáns. • Para ser un cidadán responsable é necesario estar ben informado e formar a propia opinión de acordo coa nosa ideoloxía e os nosos principios éticos. • Na democracia representativa os cidadáns se limitan a votar. Na democracia deliberativa os cidadáns participan activamente na toma de decisións.

Exercicios da lección 14 1. Explica cada unha das instruccións sobre a participación política. 91

Lección 14. Participar en política

Para saber máis Textos a comentar 1. Tocqueville. Democracia en América 2. Mill. Rep gov páx. 53

92

Lección 15

O estado español

Aproximación ao sistema político español. Identificación das principais institucións democráticas e recoñecemento dos principios do funcionamento democrático.

¿Para que serve esta lección? Para aprender cal é a organización política de España.

¿Por que é importante todo isto? Porque se coñecemos como está organizado o noso país poderemos intervir mellor na súa vida política.

¿Está todo o mundo de acordo? Non todo o mundo está de acordo coa organización das autonomías. Mentres que hai nacionalistas que darían máis poder ás rexións, ou incluso as independizarían se fose doado, hai voces que se queixan da multiplicación do gasto público. Polo demáis é probable que os intereses políticos fixeran que nin desde a dereita houbera unha oposición real á descentralización do estado.

¿De que se trata? De aprender que organizacións teñen que ver coa política en España.

¿Que problemas filosóficos hai? A xustificación do federalismo, a crítica do nacionalismo, a posibilidade de eludilo, (se existe). 93

Lección 15. O estado español

¿Que problemas prácticos hai? ¿Que precisamos? ¿Que din os filósofos? Algunhas definicións Os concellos son institucións que se encargan dos asuntos máis achegados ao cidadán, coma os servizos de limpeza, a recollida de lixo, etc. As comunidades autónomas son as organizacións das rexións con características históricas comúns. Teñen cedidas moitas competencias polo goberno central do estado, como a xestión da educación pública, a sanidade, e capacidade lexislativa en moitos ámbitos. O goberno central é a institución básica de control do estado. Xorde do Parlamento, elixido democraticamente polos cidadáns. A Unión europea é unha organización supraestatal que vencella países europeos e establece entre eles un marco económico, político ou social común. Moitas das leis que promulga o Parlamento español ou os das comunidades autónomas dependen das decisións tomadas polos gobernos europeos asociados na Unión europea. O principio de legalidade significa que ningunha institución do Estado pode tomar unha decisión que estea en contra da lei. Mesmo non é posible facer unha lei contraria á Constitución. O Tribunal constitucional é a institución que controla se as leis están ou non en contra da Constitución. Explicar a diferenza entre teoría e práctica e o mesmo, por exemplo, co ecoloxismo, etc. ¿Explicar aquí as ideoloxías ou facelo noutra parte? Falar tamén da administración civil do estado, é dicir, dos funcionarios.

¿Que podemos pensar? Falar das diputacións. España é unha democracia. Cales son as súas institucións principais. Cal é a relación dos cidadáns con elas. Mencionar os partidos políticos como canle de participación. En España, o poder do Estado está distribuído nos concellos as comunidades autónomas, o goberno central e a unión europea. As normas dos países democráticos están ordenadas xerarquicamente. En España a norma máis importante é a Constitución. Despois veñen as leis orgánicas, leis, decretos-lei, regulamentos e ordes ministeriais. Moitas desas leis poden ser creadas polos parlamentos das comunidades autónomas. Despois están as ordes 94

Lección 15. O estado español ministeriais ou das consellerías. Por último veñen as normas (como os editos ou as ordenanzas municipais) ditadas polos concellos. Nos países democráticos acéptase o principio de separación de poderes. No noso estado existe o goberno, encargado de aplicar as leis, os xuíces, que vixían a aplicación das leis e o parlamento, que fai as leis e elixe ao goberno. Para que o Estado funcione ben cada un destes elementos deben ser independentes de modo que a súa actividade poida servir como contrapeso das actividades dos outros poderes. O control dos poderes da actividade dos demais axuda a protexer aos cidadáns.

¿Que debemos facer? Convén recordar. . . • O estado español é unha democracia parlamentaria co territorio organizado en comunidades autónomas. • As institucións principais do estado son o parlamento, que fai as leis, o goberno, que as executa e o poder xudicial que vixía o seu cumprimento. • Nas comunidades autónomas os cidadáns escollen gobernos e parlamentos propios que tratan as cuestións relacionadas con esas rexións. • A constitución é a lei principal do estado. Ningunha outra lei pode contradicila. • A separación de poderes, o imperio da lei e a supremacía da constitución e o respecto á vontade popular son os principios básicos do estado español.

Exercicios da lección 15 1. ¿Como está distribuído o poder do estado en España? 2. ¿Que é un concello? 3. ¿Que é unha comunidade autónoma? 4. ¿Que é a Unión Europea? 5. ¿Que é unha Diputación? 6. ¿Que son as competencias do estado? 7. ¿Que é o Parlamento? 8. ¿Que significa xerarquía das disposicións legais? 95

Lección 15. O estado español 9. ¿Que significa separación de poderes? 10. ¿Cales son os poderes do estado? 11. ¿Cal é o concepto de equilibrio de poderes? 12. ¿Que significa principio de seguridade? 13. ¿Que é o Tribunal Constitucional? 14. ¿Que é a administración civil do estado? 15. ¿Por que os funcionarios son contratados de forma vitalicia? 16. ¿Para que serven as oposicións? 17. ¿Que é a Constitución? 18. ¿Cal é a función da Constitución?

Para saber máis. . . Textos a comentar 1. Locke, 2o Tratado 2. Mill pax 95. Gov. Rep. 3. Kant, federalismo

96

Lección 16

Igualdade e xustiza

Identificación da liberdade, a xustiza e a igualdade como valores en que se fundamenta a democracia. Valoración da democracia como conquista ética. Título alternativo: Liberdade, xustiza e igualdade. quitar o enfoque polémico. substituír os epígrafes estándar por outros concretos.

¿Para que serve esta lección? Para aprender que é a liberdade, a igualdade e a xustiza e porque son importantes para nós.

¿Por que é importante todo isto? Porque se existen liberdade, igualdade e xustiza a sociedade está mellor organizada e polo tanto as nosas vidas poden ter máis calidade.

¿Está todo o mundo de acordo? Os demócratas si, claro. O problema é o peso relativo dos tres elementos que está na raíz da disputa entre liberalismo e socialdemocracia.

¿De que se trata? Esta pregunta parécese moito a para que serve esta lección. Creo que habería que suprimila. 97

Lección 16. Igualdade e xustiza

¿Que problemas filosóficos hai? A disputa entre igualdade e liberdade cando pasamos á cuestión da igualdadematerial.

¿Que problemas prácticos hai? Na práctica a cuestión da relación entre liberdade e igualdade ten relación co nivel de intervencionismo que consideramos lexítimo para o estado. Supoño que se trataría de chegar a un equilibrio en liña aristotélica, pero vai saber como facelo sen ter o criterio teórico antes.

¿Que precisamos? Un criterio teórico que permita establecer os límites do intervencionismo estatal.

¿Que din os filósofos? Os referentes deben ser os partidarios do liberalismo do estado mínimo, non os anarcocapitalistas. Mirar a obra de Mises, Humboldt, Hayek e aínda que sexa contradicirme, Rothbahr.

Algunhas definicións A liberdade é a capacidade do individuo para realizar na sociedade as accións ás que ten dereito. Os dereitos humanos dependen da natureza humana e non son unha creación do Estado, senón que este, simplemente os recoñece. Na sociedade tradicional e nas dictaduras non existe a liberdade. A xustiza é a atribución do seu a cada un. A xustiza está relacionada co concepto de recompensa ou castigo. Merecemos unha recompensa polos actos bos ou positivos que facemos. Merecemos un castigo polos actos malos ou negativos que facemos. A igualdade é a non existencia de diferenzas indesexables entre as situacións das persoas na sociedade.

¿Que podemos pensar? Fins da lei, valores democráticos Definición de liberdade, relación coa lei e a cultura. Definición de xustiza, relación coa tarefa do goberno. Que é a igualdade, tipos. Necesidade de cohonestar liberdade e igualdade. 98

Lección 16. Igualdade e xustiza A democracia como proxecto ético, que os gobernos predemocráticos violaban as normas éticas. O réxime democrático xurdiu contra as monarquías absolutas ou créase contra as dictaduras como un proxecto para acadar a liberdade, a xustiza e a igualdade. Estes valores son unha esixencia do pensamento ético ocidental. Na sociedade tradicional os costumes e as leis distribuían por exemplo, as ganancias económicas do traballo dos campesiños entre os nobres e non entre a xente que de feito tiña traballado. Asimismo os privilexios legais que determinados crimes quedaran sen castigo se os seus culpables pertencían á nobreza. O liberalismo político foi a doutrina que esixiu a igualdade perante a lei de todos os cidadáns sen ningunha distinción. Posto que consideramos que todos os seres humanos son iguais en dignidade e dereitos debemos recoñecer como inxustas as diferenzas que afecten á dignidade e os dereitos humanos. Iso non significa rexeitar as diferenzas que afectan ás persoas e que derivan da natureza ou dos actos dos individuos libres. A igualdade é o criterio máis difícil de definir e tratar no eido da política. Na súa orixe quería decir tan só igualdade perante a lei, é decir, supresión dos privilexios legais. Sen embargo para os autores socialistas, a igualdade empezou cedo a significar ter todos uns ingresos semellantes. Claramente vemos que este obxectivo é contradictorio coa natureza humana. Modernamente considérase que existen graos de igualdade. Ao que se aspira é a que todo o mundo teña un nivel mínimo (decente) de benestar material, a que ese mínimo sexa crecente. Nese sentido o concepto de igualdade é perfectamente aceptable e non é contrario nin á liberdade nin á xustiza. Naturalmente moitas das diferenzas entre as persoas son boas, e ben podemos mantelas ou mesmo fomentalas. Pero outras son inxustas ou perxudiciais. Entre as diferenzas sociais mal consideradas están a discriminación racial, de xénero, de clase, relixiosa, lingüística, económica, legal, etc. Nalgúns destes eidos é sinxelo acadar a igualdade pois depende só do cambio das leis. En outros casos é necesario cambiar as ideas malas das persoas, por outras boas. O sistema democrático de organización do Estado pode ser considerado como unha mellora ética. Os réximes non democráticos están baseados na violencia, o fanatismo relixioso, o autoritarismo e a discriminación, e o seu resultado foi e é, o sofrimento e a morte para millóns de persoas inocentes ao longo da historia. O ser humano, no seu constante progreso, rexeitou en moitas partes do mundo os gobernos autoritarios e debido a que na actualidade quedan aínda moitos destes, todos debemos esforzarnos en manter a saúde cívica dos estados democráticos e a apoiar as medidas que axuden a que todos os países do mundo sexan democráticos. A educación como a mellor das restricións non hai sistema que funcione se non aceptamos os valores éticos e procuramos comportarnos segundo eles. 99

Lección 16. Igualdade e xustiza

¿Que debemos facer? Convén recordar. . . • A democracia defende os valores de liberdade, igualdade e xustiza. • A liberdade é a capacidade do individuo para facer sen obstáculos/atrancos cousas que non son malas. • A igualdade é a existencia dunhas leis que se aplican a todos os cidadáns. • A xustiza é dar a cada un o que merece. Á hora de distribuir os bens comúns debemos respectar os dereitos e a dignidade humana. • No pasado os gobernos maltrataban aos cidadáns e os usaban no proveito dos poderosos. Aínda hoxe en moitos países do mundo ocorre así. A democracia supón unha mellora real para a vida das persoas que todos debemos defender.

Cuestións sobre a lección 16 1. ¿Cal era o proxecto histórico da democracia? 2. ¿Cales son os valores principais da democracia? 3. ¿Que é a liberdade? 4. ¿Que é a xustiza? 5. ¿Que é a fraternidade? 6. ¿Que é a igualdade? 7. ¿En que sentido o concepto de xustiza é controvertido? 8. ¿Cal é a orixe dos dereitos humanos? 9. ¿Cal é a relación entre democracia e dereitos humanos? 10. ¿Cales son os sentidos que pode ter o concepto de igualdade? 11. ¿En que sentido os dous conceptos de igualdade poden colisionar? 12. ¿Cal é o concepto de estado de benestar? 13. ¿Que relación ten a igualdade coas diferencias das persoas na sociedade? 14. ¿Que tipos de discriminación coñeces? 15. ¿Por que podemos dicir que a discriminación é mala? 100

Lección 16. Igualdade e xustiza 16. ¿En que sentido a discriminación é un problema cultural? 17. ¿En que sentido a democracia pode ser unha conquista ética? 18. ¿Como podemos axudar todos á saúde da democracia? 19. ¿Que relación ten a educación coa democracia?

Para saber máis Textos a comentar 1. Tocqueville 2. Locke 3. Mill Rep. Gov. páx. 15

101

Lección 16. Igualdade e xustiza

102

Lección 17

Ética e política

Recoñecemento do Estado democrático de dereito como marco formal para a realización dos ideais éticos. Título alternativo: ¿Como ser bos na política? Lección 16: ética e política Para os autores clasicos, platón ou Aristóteles, a ética e a políticaa eran ieidos correlativos. So os homes bos podían garnatir unha sociedade adecuadamente ordenada e reciprocamente, só nun estado ben levado, pdíasn ser os individuos bos e felices. Co estoicismo e o epicureísmo a cousa comeza a cambiar. Aínda que o estoico, se é rei, pode ser bgo, é bo tan só como inidviduo. Para estes filósofos, a bondade tal como a felicidade, é unha cuestión indiviudal. De feito un só é bo cando está en contra, en contra da sociedade, das inclinacións xerais das persoas, das propias paixóns ou dos proios medos ou inclinacións relixiosas. O crisitanismo, se é posible falar do cristianismo como dunha soa idea, non ten una elaboración propia, abala ente as ideas sde Santo Agostiño, o estado ao servizo da igrexa e a idea erastiana, o estado cristián debe copntrolar a igrexa. O estado ten que estar organizado para axudar as persoas a ser boas e vivir felizmente. Un estado non debe facer cousas que sexan amalas. Ao final, o estado está composto por individuos. NOn hai unha moral especial para a política. A mentira, a traizzóns, a deslealdade, a violencia é mala cando a fai unha persoa pola súa conta, e tamén son malas cando as fan as persoas por conta do estado.

¿Para que serve esta lección? Para aprender cal debe ser a relación entre ética e política.

¿Por que é importante todo isto? A ética é necesaria para a felicidade, e igualmente unha boa organización da sociedade, é dicir, a política. Se existe a relación adecuada entre elas podemos maxi103

Lección 17. Ética e política mizar as nosas posibilidades de levar unha vida feliz.

¿Está todo o mundo de acordo? Non, naturalmente por situarnos no debate achegado, do que se trata de novo e de ver cal é a esfera ética que compete unicamente ao individuo e cal é a que compete á sociedade organizada politicamente.

¿De que se trata? ¿Que problemas filosóficos hai? A delimitación das esferas, é dicir, a disputa entre comunitaristas e liberais ou Aristóteles/Tomé vs. Locke/Mill.

¿Que problemas prácticos hai? A necesidade do crecemento ético e da mellora política é algo que sempre existe. Necesitamos un criterio teórico para fixar o límite da intervención do estado na vida social. Unha vez exista, a cuestión práctica é doada.

¿Que precisamos? O devandito criterio teórico que estableza a correcta relación entre ética e política.

¿Que din os filósofos? Remirar Aristóteles, Tomé, Locke, Mill, Mises, Hayek, Rothbahr e os comunitaristas. Tamén Rawls, que esquecín citar no tema da xustiza.

Algunhas definicións A política é a arte de ordenar a sociedade para permitir a felicidade dos cidadáns e lograr o ben común (promover). Definir «dictadura». Definir «inxustiza».

¿Que podemos pensar? Só as persoas boas poden garantir unha sociedade adecuadamente ordenada e reciprocamente só nun estado ben levado poden ser os individuos bos e felices. 104

Lección 17. Ética e política Tamén falar da política como creación das precondicións materiais para a felicidade. O ideal ético é a felicidade. Para ser felices precisamos certas condicións materiais e sociais. A democracia é o modo de organización que mellor as garante. Que iso non significa que para ser felices ou para ser bos, non precisemos do noso esforzo. Crítica dos demais sistemas e explicación de porque fallan e son malos. A política e a ética son eidos relacionados. Para comportarse ben, unha persoa necesita que na súa sociedade exista unha clara consciencia do que é bo e o que é malo, precisa que o ben sexa apoiado e estimado e o mal rexeitado e criticado. Nas dictaduras, o goberno difunde ideoloxías políticas ou relixiosas erróneas e malintencionadas, o fundamentalismo relixioso, o comunismo, o nazismo, o nacionalismo radical, o racismo, etc., son ideoloxías que aproban a violencia, o autoritarismo e a discriminación, e que por tanto chocan coas ideas éticas. Para un individuo normal pode ser difícil descubrir as falsedades e a maldade destas ideoloxías se foi educado nelas fanáticamente, como adoitan facer as dictaduras. Polo tanto podemos concluir que un réxime democrático, que respecte a liberdade individual e os dereitos humanos é un marco necesario para facilitar a bondade nas persoas e constitúe algo bo en sí mesmo.

¿Que debemos facer? Convén recordar. . . • Só nun estado libre podemos ser bos sen ter que ser heroes. • Para ser bos axuda que na sociedade exista unha clara consciencia do ben e o mal. E a sociedade democrática o permite prque favorece a libre discusión e o consenso. • Nas dictaduras os gobernos precisan cometer maldades para dominar á xente. • As dictaduras difunden ideoloxías que xustifican o egoísmo, o engano, a violencia, o maquiavelismo e o inmoralismo. • A democracia só pode funcionar adecuadamente se os políticos e os cidadáns se comportan ben. 105

Lección 17. Ética e política

Cuestións sobre a lección 17 Para saber máis. . . Textos a comentar 1. Un 2. OUtro

106

Lección 18

Os dereitos constitucionais

Identificación dos valores constitucionais, coñecemento dos dereitos e deberes fundamentais recoñecidos na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia e da regulación do seu exercicio. escribir para formación, no para información. Las listas también ayudan a distraer la atención. Título alternativo: Os dereitos na Constitución anotar o número do artigo da Const. procurar unha traducción galega oficial.

¿Para que serve esta lección? Para aprender cales son os dereitos que nos recoñecen a Constitución Española e o Estatuto de Galicia, que son as principais leis que afectan as nosas vidas.

¿Por que é importante todo isto? Porque esas leis inflúen moito no que podemos facer ou non e polo tanto, se coñecemos o seu contido podemos ordenar mellor a nosa vida.

¿Está todo o mundo de acordo? Hai disensións con respecto ao contido do Estatuto que xa foron tratadas ao falar da estructura política do estado.

¿De que se trata? ¿Que problemas filosóficos hai? Probablemente o debate dos dereitos, citado xa moitas veces, e o que ten que ver co federalismo. 107

Lección 18. Os dereitos constitucionais

¿Que problemas prácticos hai? Chegar (¿por fin?) a unha organización política de España que satisfaga a todos ou polo menos que permita unha estabilidade institucional dun século o así (¿por que temos que ser menos que Noruega ou que Francia?)

¿Que precisamos? Criterios claros para organizar na práctica o Estado. Con respecto aos dereitos amañar a compatibilidade entre Administración central do Estado e Comunidades autónomas, facer que os dereitos declarativos deixen de selo; amañar a súa compatibilidade interna.

¿Que din os filósofos? Os mesmos que con respecto a calquera cuestión de dereitos. Para o federalismo vale Kant, Althusius e a ser posible algo máis moderno.

¿Que podemos pensar? Que non hai que sacralizar a constitución nin o estatuto. que valores defende a constitución que valores defende o estatuto que dereitos recoñece a constitución (exhaustivo) que deberes recoñece a constitución (exhaustivo) regulación práctica, relación concreta entre a lei e o cidadán. Explicar que a nosa constitución foi froito do consenso postfranquista.

Os dereitos constitucionais A Constitución española de 1978 recolle como deberes e dereitos fundamentais do cidadán, entre outros moitos dos dereitos humanos que xa coñecemos: 1. Igualdade ante a lei. Significa que a lei é igual para todos, homes e mulleres, ricos e pobres, brancos e negros, etc. Ningunha circunstancia pode utilizarse para discriminar ás persoas. 2. Derecho á vida. A pena de morte non se pode aplicar en ningún caso. O estado non pode matar ninguén, e por suposto o homicidio é un crime legalmente castigado. 108

Lección 18. Os dereitos constitucionais 3. Liberdade de consciencia Cada quen pode escoller a súa relixión ou escoller non ter relixión. O Estado non pode meterse nas cuestións espirituais da xente. 4. Estado laico. O Estado español non ten relixión nin pode favorecer a unha relixión máis que a outra. 5. Liberdade e seguridade. 6. Habeas corpus. O Estado non pode deter unha persoa sen dar parte a un xuíz que controlará que a policía nos trate adecuadamente. Se non se atopan probas contra nós, a policía ten que soltarnos en breve tempo. 7. Asistencia letrada ao detido. Cando somos detidos, temos dereito a recibir a axuda dun avogado aínda que non teñamos cartos para un de pago. O Estado debe poñer á nosa disposición un avogado gratuitamente. 8. Honor, intimidade e propia imaxe. Ninguén pode ofendernos nin faltarnos o respecto. Tampouco pode investigar na nosa vida privada ou decir cousas malas de nós que nos fagan quedar máis diante dos demáis. Se alguén fai isto, nós podemos denuncialo nos tribunais que o castigarán. 9. Inviolabilidade do domicilio. Ninguén pode entrar na nosa casa sen permiso, nin a policía. Só pode facelo a policía se é evidente que estamos cometendo un delicto. Se unha persoa entra na nosa casa sen permiso pode ser castigado có cárcere. 10. Segredo das comunicacións. As cartas que enviamos só poden ser abertas polos seus destinatarios e por ninguén máis sen unha orde dun xuíz para investigar un posible delicto. Tampouco ninguén pode escoitar as nosas conversas telefónicas. 11. Dereito de circulación. Podemos viaxar por todas partes en España e no mundo. O Estado non pode limitarnos arbitrariamente por ningunha razón (¿hai arbitrariedade con razóns? parece como si saber que me van a leer me hiciera escribir mal). 12. Liberdade de expresión. 109

Lección 18. Os dereitos constitucionais Sen inxuriar ou calumniar aos demáis, todos podemos expresar libremente o que desexemos sen que ninguén poida impedilo. Isto non significa que poidamos falar ou escribir onde queiramos porque tamén temos que respectar aos demais. 13. Dereito á información. Temos dereito a recibir información dos periódicos ou a televisión porque os datos sobre o que ocorre son moi importantes para poder participar en política ou tomar decisións sobre as nosas vidas. O Estado non pode censurar ningún medio de comunicación. 14. Dereito de reunión. Podemos reunirnos pacíficamente con quen queiramos para calquera actividade legal. O Estado non pode impedirnos reunirnos nin en privado nin en público. 15. Dereito de asociación. Podemos asociarnos con quen queiramos para calquera actividade legal. O Estado só pode disolver asociacións que estean dedicadas a facer cousas ilegais. 16. Dereito a participar nos asuntos públicos. A partir da maioría de idade, todos podemos presentarnos ás eleccións e chegar ater cargos políticos se os cidadáns nos elixen. 17. Dereito á tutela xudicial efectiva. 18. Non retroactividade da lei. 19. Dereito á educación. 20. Dereito a sindicación. 21. Dereito de folga. 22. Igualdade dentro do matrimonio. 23. Propiedade privada. 24. Traballo. 25. No discriminación laboral por sexo. 26. Liberdade de empresa. 27. Deber de defender a España. 28. Deber de soster os gastos públicos. 110

Lección 18. Os dereitos constitucionais Ás veces os dereitos son esixibles legalmente, outras simplemente orientan o traballo dos gobernos. Hai leis que nos protexen como traballadores, como consumidores, cando pagamos impostos ou temos que facer algunha xestión administrativa. Se alguén incumpre algunha destas leis, sempre podemos denuncialo e un xuíz independente e imparcial escoitará os nosos argumentos e decidirá de acordo co que di a lei correpondente.

¿Que debemos facer? No noso país e na nosa comunidade as leis fundamentais son a Constitución e o Estatuto de Autonomía. Estas leis son o reflexo máis preciso do consenso político e da vontade política dos cidadáns, reflectida nas urnas. A Constitución e o Estatuto de autonomía poden cambiar se existe o acordo cidadán para facelo; pero mentre non se cambien as leis fundamentais son a estrutura básica do Estado.

Convén recordar. . . • Os dereitos que a Constitución recoñece só poden existir se aceptamos o deber de respectalos e contribuir materialmente a súa existencia. • Os dereitos que recoñecen a Constitución e o Estatuto de autonomía están inspirados na Declaración de dereitos humanos da ONU. • Os dereitos constitucionais son a base do noso estado social e democrático de dereito. • Entre os dereitos constitucionais están o habeas corpus, a inviolabilidade do domicilio, o segredo das comunicacións, a liberdade de circulación, o dereito de información, reunión, asociación e expresión. • Entre os dereitos sociais a Constitución recoñece o dereito ao traballo, a sindicación, a folga, a educación, a propiedade privada, a liberdade de empresa, a non discriminación laboral por sexo, etc.

Cuestións sobre a lección 18 1. Pon un exemplo de cada un dos dereitos constitucionais recollidos na lección. 111

Lección 18. Os dereitos constitucionais

Para saber máis. . . Textos a comentar 1. Locke 2. Tocqueville

112

Parte IV

A igualdade entre homes e mulleres

113

Lección 19

Os dereitos e as mulleres

Coñecemento da loita das mulleres e das súas organizacións para a conquista da igualdade de dereitos e oportunidades e o seu recoñecemento como suxeitos históricos, de dereitos e de cidadanía. Distinción entre igualdade de dereitos e igualdade de feito, e exemplificación e toma de conciencia de situacións en que a igualdade de dereitos non se traduce en igualdade de feito. Título alternativo: Os dereitos das mulleres Lección 18: A muller no pasado: A lección que podemos quitar do estudo da vida das mulleres ao longo da historia e que a vida do ser humano depende enormemente das súas condicións materiais. É dicir, que cando non hjai reiqueza dabondo, todo funciona mal. Aristóteles dicía que os escravos existían porque os teares non andaban sós e vemos que en grande medida a escravitude das mulleres no pasado tiña que ver coas limitacións da tecnoloxía doméstica e da economía en xeral. Por outro lado moitas dasd ideas da educación das mulleres no pasado son enormemente boas e aproveitables: a orde, a limpeza, a abnegación, o sacrificio polos demais, a responsabilidade, a valoración da familia e o fogar, a tenrura, a delicadeza, a constancia, a autodisciplina, aorientación estética, o bo gusto, etc. son cousas que deberíamos manter e xeneralizar todos.

¿Para que serve esta lección? Para aprender sobre a loita contra a discriminación das mulleres, no pasado e hoxe en día.

¿Por que é importante todo isto? Para comezar algo máis da mitade da poboación está formada por mulleres. A súa discriminación supón polo tanto un empeoramento da sociedade. 115

Lección 19. Os dereitos e as mulleres

¿Está todo o mundo de acordo? Quedan voces conservadoras/reaccionarias que defenden a necesidade da existencia de roles diferentes para homes e mulleres. En tanto eses roles dependan da liberdade da súa aceptación por parte das mulleres non hai que obxectar.

¿De que se trata? ¿Que problemas filosóficos hai? O liberalismo e o intervencionismo feminista poden chocar á hora de valorar o uso do estado para chegar a unha situación de igualdadede feito.

¿Que problemas prácticos hai? Como seguir loitando contra a discriminación das mulleres que ten expresións verdadeiramente inaceptables moralmente.

¿Que precisamos? Ideas sobre como preservar a liberdade das mulleres e acabar coa súa discriminación.

¿Que din os filósofos? O referente é J.S. Mill, e hai que comparar claramente as súas dúas obras, o Sobre a liberdade e a Subxección das mulleres.

¿Que podemos pensar? Ao longo da historia, a situación das mulleres dependía da situación de opresión e explotación na que vivía o pobo nas sociedades tradicionais predemocráticas. Ás mulleres tocáballes ademais sofrer a discriminación porque na sociedade xerárquica na teoría críase que as mulleres eran inferiores ao home, e na práctica, as mulleres sofrían a violencia como consecuencia e a explotación por parte dos varóns. A historia da discriminación e maltrato das mulleres Que a partir da Ilustración en Europa, ideoloxica, legal e socialmente a situación cambia. Que o cambio social é o máis difícil. O obxectivo é a liberdade que con normalidade leva á igualdade. Que o cambio social non está conseguido. 116

Lección 19. Os dereitos e as mulleres Como podríamos axudar nós. Nas sociedades agrarias tradicionais existe unha desigual repartición do traballo. Tanto os varóns como as mulleres teñen traballo fora do fogar na agricultura, pero as mulleres, ademáis, son obrigadas a facerse cargo do traballo necesario para manter a casa e coidar os fillos. A causa desta situación inxusta é que, nesas sociedades atrasadas, non existen métodos de anticoncepción eficaces, e tampoco hai tecnoloxías substitutivas da lactancia natural. Por outro lado, debido ao atraso tecnolóxico a mortalidade infantil é moi grande. Para conseguir a reproducción da poboación, as mulleres estaban sempre ocupadas embarazadas ou criando os fillos. Para evitar que as mulleres se adicasen a tarefas non reproductivas existían fortes prexuizos sociais e mesmo leis que privaban de dereitos ás mulleres e as deixaban baixo o poder dos seus pais ou maridos.

¿Que debemos hacer? Convén recordar. . . • Nas sociedades agrarias tradicionais as mulleres eran consideradas incapaces de realizar traballos e estaban xurídicamente discriminadas. • Coa chegada da sociedade industrial moitas mulleres comezaron a esixir iguais dereitos e as mesmas oportunidades de vida que os varóns. • Unha das conquistas da igualdade para as mulleres foi o seu dereito ao voto. • Aínda que a lei recoñeza a igualdade de todas as persoas moita xente segue a considerar inferiores as mulleres, cousa que é falsa e contra a que debemos loitar. • Moitas veces é preciso cambiar a mentalidade das persoas para que as mulleres non resulten perxudicadas.

Exercicios da lección 19 Para saber máis. . . Textos a comentar 1. Woolstonecraft 2. Mill

117

Lección 19. Os dereitos e as mulleres

118

Lección 20

A discriminación das mulleres

Análise das causas e factores da discriminación das mulleres Planificación de alternativas a situacións, reais ou simuladas, de discriminación. Título alternativo: A discriminación das mulleres

¿Para que serve esta lección? Para aprender sobre as causas da discriminación das mulleres e como evitala.

¿Por que todo isto é importante? Se sabemos porque están discriminadas as mulleres e como evitar que o estean, será máis fácil contribuír a que obteñan a igualdade.

¿Está todo o mundo de acordo? Xa mencionado na outra lección.

¿De que se trata? ¿Que problemas filosóficos hai? Xa mencionados. É dubitable que esta lección teña moito de diferente da outra. 119

Lección 20. A discriminación das mulleres

¿Que problemas prácticos hai? ¿Que precisamos? ¿Que din os filósofos? ¿Que podemos pensar? ningunha institución social debería manterse se supón o mal trato e a limitación da liberdade e o desenvolvemento para moitas persoas. Por iso a discriminación das mulleres debe ser rexeitada. Hai que deixar claro que a liberación das mulleres no ndebe dar lugar á guerra dos sexos. Os homes deben simplemente aceptar a perdad do seu dominio como unha posibilidade de mellora moral: pasar de amos a compañeiros ´ñe mellorar como persoas, aínda que , como toda mellorea, precise de esforzo. Resulta equivocado para calquera muller caer no odio contra os varóns de hoxe, polos indubidables erros que cometeron os varóns no pasado. DEbemos repetir que o mal feito por outros non é escusa para facer mal nós. O rancor e o odio non son ounha base boa para o noso comportamento, nin como individuos nin como grupos, e só poden ser causa de máis males. Moitas veces aparecen na televisión e os meriódicos novas ou opinións que fan aparecer a todos os musulmáns como persoas agresivas e repulsivos fanáticos. Esta ideas é falsa, ademais de estúpida e debe ser rexeitada. Se os musulmáns son caseque mil millóns, ¿Como han ser mil millóns de terroristas no mundo? As persoas malvadas ou trastornadas sempre son unha minoría en calquera sociedade. AS crenzas do islam son bastANTE semellantes ás qeu teñen os cristiáns, a súa forma de vida, nas relacións entre os sexos, moi parecidas, e a súa concepción da violencia moi semellante. Simplemente hai uns poucos fanáticos que cren defender a súa relixión pola violencia. Sen dúbida, eses fanáticos deben ser perseguidos e encarcelados cando comentan actos ilegais. Pero crer que unha persoa vai ser terrorista só por ter unha relixión determinada é ter unha idea falsa e que só pode manterse polo medo ou polo odio aos que son diferentes. un criterio é que pasa cos disidentes. Quizá por causas e factores non se deba entender unha explicación de historia/antropoloxía conxectural senón a mención das situacións nas que se da aínda a discriminación Falar dos países pobres nos que o machismo é consecuencia e causa do atraso. Trala aparición da sociedade industrial, os avances da ciencia permitiron que as familias escolleran o número de fillos que querían ter, utilizando medios anticonceptivos. Por outra banda a sociedade industrial non precisa unha gran poboación para a produción. Tamén o tipo de traballo industrial fai menos compatible 120

Lección 20. A discriminación das mulleres a maternidade do que era coa agricultura. A tecnoloxía médica e hixiénica fixo máis sinxela a supervivencia dos nenos polo que as mulleres non sempre estaban xá embarazadas. Cos novos inventos, cueiros desechables, leites de substitución, alimentos preparados, as tarefas de atención aos nenos foron simplificadas e postas ao alcance dos varóns. Polo tanto na sociedade industrial non hai razóns para a distribución discriminatoria do traballo do fogar entre homes e mulleres. Dixeramos antes que na sociedade tradicional existían prexuizos sociais e relixiosos contra as mulleres para mantelas recluidas na casa. Por suposto existían amemais leis contra a igualdade e os costumes impuñan restricións artificiais sobre a educación das mulleres o que as incapacitaba para traballos fora do fogar. As ideas sociais tardan en cambiar e manteñense aínda que xá non cumpran ningunha función. As tendencias conservadoras na sociedade reaccionan para manter as condicións do pasado. Hai que ter en conta que nas sociedades tradicionais non existía unha consciencia de que os valores e as ideas morais tiveran unha relación coas necesidades materiais da poboación. Simplemente críase que isa era a única maneira de facer as cousas. Polo tanto as súas normas morais funcionaban como prexuizos irracionais, de forte carga emocional e moi difíciles de cambiar aínda que cumpra facelo. Para as mulleres do século XIX, cedo estivo claro que a discriminación non debía continuar. As mulleres pobres foron ocupadas como obreiras desde os comezos da industria, polo que seguían traballando fora e dentro de casa. As mulleres da burguesía foron as que comezaron a demandar educación, igual que os homes e liberdade para adicarse ás mesmas tarefas que estes. As súas demandas non eran só sociais, laborais e culturais, senón tamén políticas pois as ideas democráticas desenvolveronse nun ambiente machista e non recoñecían o dereito ao voto ás mulleres. A loita principal das mulleres desenvolveuse no eido das ideas. Tratábase de acabar cos prexuizos misóxinos que levaban séculos sendo difundidos, compartidos por moitas mulleres e mesmo defendidos por importantes escritores ou líderes relixiosos. A veces incluso por broma literaria. Falar do tópico literario das discusións feministas e antifeministas (Bocaccio, Talavera, Bernat Metge, etc.) As afirmacións dos filósofos e filósofas, escritoras e escritores feministas pasaban pola defensa da igualdade real entre homes e mulleres, e reclamaban que tendo en conta as capacidades semellantes das persoas independentemente do seu sexo, a sociedade establecera a liberdade legal para que as mulleres escolleran o seu camiño na vida. Conseguiuse con dificuldade a igualdade de dereitos nos países occidentais. No mundo enteiro, sen embargo, quedan moitos países que mesmo no nivel teórico negan a igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Frecuentemente en estas sociedades profesanse relixións, como o Islam, por exemplo, que defenden ideas patriarcais (machistas). Os países nos que a igualdade entre homes e mulleres non existe son normalmente países económica e tecnolóxicamente atrasados, nos que a industria non está desenvolvida. Aínda nos países occidentais, a igualdade de dereitos entre homes e mulleres 121

Lección 20. A discriminación das mulleres é un feito social moi recente. En moitos casos quedan prexuizos, sobre todo nas persoas maiores, contra a igualdade e en prol da separación dos traballos por sexo. Sen embargo as novas xeracións contemplan con normalidade a igualdade legal de homes e mulleres e que as mulleres traballen en oficios e profesións que antigamente só desempeñaban os homes. Coidado con demonizar o islam, de feito advertir contra esta tendencia. A explicación materialista do machismo coincide co resto da orientación cultural materialista do libro polo que quizais debe ser mantida.

¿Que debemos facer? Convén recordar. . . • As mulleres estaban discriminadas na sociedade agraria polo atraso tecnolóxico que requería de moita man de obra, e non aportaba unha medicina eficiente nin medios alternativos para a crianza dos fillos. • As mulleres na sociedade industrial non teñen por que adicarse só á casa e os fillos. • A economía e os cambios legais permiten a autonomía das mulleres sen que teñan que casar e a industria non presiona para aumentar a natalidade. • A sociedade industrial e de servizos demanda a educación xeral da poboación e permite polo tanto que as mulleres adiquen a súa vida ao traballo como poden facelo os varóns. • Co avance económico dos países pobres todas as mulleres do mundo poderán ser iguais que os homes.

Cuestións sobre a lección 20 Para saber máis. . . Textos a comentar 1. Woolstonecraft 2. Mill

122

Lección 21

A violencia contra as mulleres

Rexeitamento da violencia de xénero Recompilación de información sobre as medidas destinadas á prevención e protección integral da violencia contra as mulleres. ollo cos etcéteras. Lección 20: A violencia contra as mulleres: Antes de falar do divorcio, falar da paciencia. Máis que unha retahila de leis, medidas ou conductas concretas e unha valoración da súa eficacia. -policía femenina -afastamento -pisos de acollida, etc. As nosas crenzas románticas non son a mellor preparación para o matrimonio. No cine e nas novelas vemos sempre a parte bonita das relacións, o enamoramento, o cortexo, a superación das eivas que os malos entendidos ou a timidez poden crear, o picante conqueteo, o triunfo do amor compartido, as declaracións de amor (reordenar). Ás veces a película remata co primeiro bico apaixonado. Pero a vida vai máis aló que o cinema ou a literatura. A convivencia en parella, a formación dunha familia é un camiño de montaña, difícil, con moitas ocasións para o pracer e a ledicia dos bos sentimentos, pero que tamén precisa de esforzo moral. Para convivir precisamos paciencia, comprensión, tenrura, propósito de seguir adiante e a vontade firme de evitar facer dano aos que amamos. Temos que ter presente que en toda relación longa van xurdir problemas por varias causas, o traballo, as relacións coas familias políticas e as diferenzas entre as persoas, que descobren que se queren pero que non están de acordo en todo,(é preciso tratar de resolver estes problemas con calma e polo diálogo, pero se non) poden causar perxuízos á relación amorosa se non se consegue quitarlles importancia e resolvelos ou soportalos xuntos con paciencia e agarimo.

¿Para que serve esta lección? Para aprender que podemos facer contra a violencia machista. 123

Lección 21. A violencia contra as mulleres

¿Está todo o mundo de acordo? Probablemente si. Desde logo non creo que no eido da filosofía (Bataille á parte)

¿De que se trata? ¿Que problemas filosóficos hai? Se é verdadeiramente filosófico, a cuestión de que papel teñen as leis cando o que se quere é previr os comportamentos en vez de simplemente castigar o comportamento que se considera malo. Se chegamos á conclusión de que temos algo máis que facer, ¿como non aplicar a mesma conclusión ao resto dos delitos penais?

¿Que problemas prácticos hai? O problema práctico sería, naturalmente reducir ou eliminar completamente estes fenómenos.

¿Que precisamos? Ideas claras sobre cales son as causas da violencia machista e como atallalas.

¿Que din os filósofos? O referente pode ser Mill para o feminismo e para o rexeitamento da violencia pode ser Buber, por exemplo.

Algunhas definicións A violencia contra as mulleres pode illarse como fenómeno específico que atenta contra a igualdade entre os sexos e contra a liberdade das mulleres ademais de contra a súa integridade física. A violencia contra as mulleres acompáñase normalmente de ameazas e ten un carácter de continuidade que chega a impedir a vida normal das agredidas e en moitos casos remata co seu asasinato.

¿Que podemos pensar? Que é a violencia de xénero Como pode evitarse medidas sociais medidas legais. 124

Lección 21. A violencia contra as mulleres Nos países occidentais a violencia dentro das familias é un dos fenómenos criminais máis alarmantes, tendo en conta que se trata de sociedades cunha criminalidade moi baixa. As vítimas destes delictos soen ser mulleres atacadas polas súas parellas masculinas ou ben nenos e nenas atacadas polos seus proxenitores ou coidadores.

¿Que debemos facer? A loita contra este fenómeno ten unha dimensión legal e outra socio-cultural. Naturalmente o Estado debe dispoñer as leis necesarias para castigar e disuadir as persoas que incurran nestas condutas. Sen embargo, temos que ter claro que ningunha lei pode eliminar ningún comportamente delictivo. Para acabar con estes feitos é necesario facer un esforzo de cambio das ideas sociais sobre as mulleres e as relacións de parella. Os varóns non poden considerar ás mulleres como a súa propiedade e deben respectar a súa autonomía e liberdade. As decisións da familia deben ser tomadas por consenso tras un diálogo que teña en conta os desexos e os sentimentos así como as opinións dos seus membros e que procure o ben común. En caso de disensión/desacordo irrecuperable, que motive o rompemento da parella, é necesario disolver os vínculos familiares dun xeito civilizado, non hostil, tendo en conta que en moitas ocasións existen fillos, que teñen dereito a que os seus pais permanezcan como referente ético e afectivo (modelo de bon comportamento e fonte de amor) e a que as súas relacións sexan un modelo polo menos de boa comunicación e mutuo respecto. A ruptura debería chegar antes da mala relación. Da carencia de amor debe pasarse ao respecto e non ao odio. Cando cesa a convivencia debe permanecer o respecto, e nunca debe aparecer o odio. Para previr, falar da terapia de parella, deixar de falar de loita, que parece cousa de consigna maoísta.

Convén recordar. . . • A violencia contra as mulleres vai contra a igualdade entre os sexos e contra a liberdade das mulleres. • A loita contra a violencia machista faise pola lei e tamén debe facerse pola opinión pública. • Os varóns non poden considerar as mulleres como a súa propiedade e deben respectar a súa autonomía e liberdade. • As decisións da familia deben ser tomadas por consenso, tras un diálogo que teña en conta os desexos e os sentimentos, así como as opinións, dos seus membros. 125

Lección 21. A violencia contra as mulleres • Ante o coñecemento dun caso de violencia machista é necesario denuncialo para evitar un agravamento da situación.

Cuestións sobre a lección 21 1. ¿A que chamamos violencia de xénero? 2. ¿Contra que atenta a violencia de xénero? 3. ¿Que dúas dimensións ten a loita contra a violencia de xénero? 4. ¿En que sentido hai unha loita legal contra a violencia de xénero? 5. ¿En que sentido debe haber unha loita legal contra a violencia de xénero? 6. ¿Que actitude debemos ter todos nas familias para evitar a violencia? 7. ¿Cal debe ser a actitud dos membros da parella no caso dunha ruptura da convivencia?

Para saber máis. . . Textos a comentar 1. Locke, 2o tratado, educación 2. Tocqueville, democracia

126

Parte V

O multiculturalismo e o interculturalismo

127

Lección 22

A cultura humana

Identificación e respecto polas diferenzas sociais e culturais e valoración das súas manifestacións en actitudes, costumes e formas de vida distintas á propia, como enriquecedoras da convivencia nunha sociedade plural. Hai que deixar claro que non se trata de apoiar o ultraindividualismo e o «supermercado» das culturas, pero en última instancia isto sería mellor que o totalitarismo. hai que poñer resto da natureza"deixar claro que a cultura é unha continuación dela, para non divinizala ao tempo non enfatizar demasiado qeu somos animais para... Falar en positivo: existe a cultura humana e as diferentes contribucións, expresión, que todos podemos aceptar e contribucións malas que todos debemos rexeitar.

¿Para que serve esta lección? Para aprender que é a cultura, que importancia ten na nosa vida e como debemos relacionarnos con ela.

¿Por que é importante todo isto? A cultura é o principal medio que ten o ser humano para relacionarse cos demais e coa natureza. Se temos ideas apropiadas sobre ela poderemos quitarlle mais proveito.

¿Está todo o mundo de acordo? Non. A cultura humana é algo que se estuda desde hai moi pouco tempo, científicamente só desde o século XIX. Por iso aínda hai varias concepcións e ideas opostas. Aquí adoptamos a do materialismo cultural. 129

Lección 22. A cultura humana

¿De que se trata? A cultura é o noso modo de relacionarnos coa natureza e cos demais e ten moito poder na nosa vida. Se temos unha concepción falsa da cultura podemos chegar a facer cousas moi malas.

¿Que problemas filosóficos hai? Probablemente o de relacionar a concepción materialista da cultura co pensamento aristotélico. Pode relacionarse polo teleoloxismo.

¿Que problemas prácticos hai? Os da convivencia das culturas, a súa pervivencia cara a sociedade industrial e a ciencia moderna.

¿Que precisamos? Unha concepción que poña a cultura no seu sentido verdadeiro, quitando armas ao nacionalismo e as ideas de çhoque de civilizacións". Como quitar a espoleta ao pensamento reaccionario.

¿Que din os filósofos? Sobre a cultura, paradóxicamente sería Marx o autor de referencia, polo menos no estricto nivel filosófico. Realmente autores como Marvin Harris son científicos que seguen un paradigma, nada máis.

Algunhas definicións A cultura é o conxunto de elementos que os seres humanos utilizan para sacar proveito da natureza. Os animais teñen unha dotación xenética cunhas capacidades físicas e uns instintos para utilizalas. Os seres humanos, pouco dotados físicamente, teñen gran intelixencia e posibilidade de comunicación para organizar a sociedade ao servizo das necesidades humanas.

¿Que podemos pensar? O ser humano ten unha base biolóxica común que determina necesidades e posibilidades. A cultura é un modo de adaptarse ás condicións materiais da natureza. As tradicións culturais poden ser malas e boas ou indiferentes. 130

Lección 22. A cultura humana Nas sociedades modernas conviven moitas persoas con tradicións culturais distintas. Só hai unha cultura humana, con múltiples aportacións. O bo e o indiferente debemos respectalo, veña de onde veña, e o malo rexeitalo igual. A cultura humana presenta moitos elementos variados, ata o punto de que moitos autores falan de diversas culturas. (poñer en positivo todo isto, non como un contraargumento) Falar de culturas en plural é perigoso. Case tan perigoso como falar de razas. Para comezar, algunha xente pode pensar que esas culturas son realidades illadas, completamente diferentes, e que os membros delas son totalmente diferentes, que uns e outros non podemos comprendernos. Sen embargo isto non é certo. A construcción e o uso dos elementos culturais e algo que se aprende. Calquera pode aprender (e esquecer) elementos culturais da súa cultura de orixe ou doutras. O proceso de adquirir novos elementos culturais é natural, e tamén é normal esquecer cousas da nosa cultura de orixe. Temos que ter presente que os elementos da cultura (costumes, instrumentos, tradicións, crenzas, etc.) son tan só unhas ferramentas para sacar proveito da natureza, obter bens materiais para as nosas necesidades e manter organizada a sociedade. A nosa intelixencia permítenos detectar novos métodos para servir ás nosas necesidades. De feito, incluso podemos elexir a importancia relativa desas necesidades. Os seres humanos temos os mesmos dereitos e a mesma dignidade independentemente dos elementos culturais que aprenderamos de nenos. Conservamos dignidade e dereitos aínda que cambiemos de elementos culturais (idioma, relixión, país, forma de vestir, de alimentarnos, etc.) Agora ben, todos os seres humanos temos cultura, usamos elementos culturais, porque é a nosa forma de relacionarnos co resto da natureza e cos demais. Os elementos culturais poden ser valiosos e dignos de conservar sempre que non esquezamos o seu carácter utilitario e non lles sacrifiquemos valores superiores. Esta observación é necesaria porque en moitas ocasións a discriminación, a xenofobia e o racismo, acubillanse nunha suposta defensa da cultura (por exemplo, rexeitamos a unha persoa por non saber falar a nosa língua, ou non vestir coma nós). Non existe unha cultura propia ou allea. Calquera persoa pode aprender algo que é tradicional noutro lugar, e pode esquecer algo que xá non valora e que aprendeu no seu lugar de orixe. Todo isto é normal. É o individuo quen debe ter liberdade para escoller a súa cultura e quen debe recordar sempre o valor do ser humano por riba dos seus costumes e coñecementos. As sociedades tradicionais eran culturalmente homoxéneas porque estaban illadas pola dificuldade de comunicación e transporte. O progreso económico e tecnolóxico fixo que nas sociedades modernas aumentara a inmigración e os medios de comunicación comezaron a presentarnos tamén formas de vivir características de persoas que viven en lugares afastados. Moitos dos novos elementos culturais son indubitabelmente atractivos. Linguas extranxeiras, novos alimen131

Lección 22. A cultura humana tos, roupas nunca vistas, músicas agradabeis, etc., son cousas que moitos acetamos con gusto. Sen embargo hai outros elementos que para algunhas persoas resultan negativamente sorprendentes, que causan medo ou rexeitamento. A reación negativa cara a eses elementos culturais pode extenderse ás persoas que os posúen. Facemos ben cando contemplamos con interese, curiosidade e respecto os elementos culturais ata agora descoñecidos. Debemos recordar que non se tracta dunha competición, senón dunha riqueza aportada por persoas de moitos lugares do mundo que incluso podemos incorporar á nosa vida e en calquera caso debemos respectar. (convendría hacer una lista de los elementos normales de una çultura"para ver cuál es su real importancia)

¿Que debemos facer? Convén recordar. . . • A cultura é o conxunto de elementos que os seres humanos utilizan para sacar proveito da natureza e organizar a sociedade. • Tendo en conta a diversidade de grupos humanos, podemos falar de culturas en plural. • As culturas nunca están illadas, nin son completamente diferentes. • Todos podemos aprender novos elementos culturais se é preciso. • Os seres humanos temos a mesma dignidade e dereitos independentemente da nosa cultura. • A actitude correcta cara ás formas culturais descoñecidas é de respecto e mesmo de interese, porque son unha riqueza máis aportada á nosa sociedade.

Exercicios da lección 22 1. ¿Que é a cultura? 2. ¿En que sentido podemos falar da cultura? 3. ¿Por que é perigoso falar de cultura en plural? 4. ¿Que relación hai entre cultura e aprendizaxe? 5. ¿Cales son os compoñentes dunha cultura? 6. ¿Que finalidade teñen os compoñentes dunha cultura? Pon exemplos. 132

Lección 22. A cultura humana 7. ¿Que é o cambio cultural? 8. ¿Que relación hai entre intelixencia e cambio cultural. 9. ¿Que relación hai entre dignidade e diversidade cultural? 10. ¿Cales son os valores superiores do ser humano? 11. ¿Dependen os valores superiores da cultura? ¿Por que? 12. ¿Que relación ten ás veces a chamada defensa da cultura coa xenofobia, o racismo e a discriminación? 13. ¿Por que se pode dicir que non existe unha cultura propia ou allea? 14. ¿É normal cambiar de cultura? ¿Por que? 15. Fai unha lista de cinco elementos da tua cultura e imaxina por que outros poderías substituílos. 16. ¿Cales son as causas do aumento da inmigración na sociedade moderna? 17. Escolle un país afastado e indica algún elemento cultural teu que veña daló. 18. Menciona algún elemento cultural dun país moi afastado que che resulte simpático. 19. ¿Por que dicimos que a cultura non é unha competición? 20. ¿Como podemos respectar os elementos culturais diferentes dos nosos?

Para saber máis Textos a comentar 1. Convén poñer algún texto de Marx, sobre a cultura como elemento de relación coa natureza. Lección 21: A cultura humana: A cultura é o conxunto de elementos que os seres humanos utilizan para sacar proveito da natureza e ordear a sociedade. Os animais teñen unha dotación xenética cunhas capacidades físicas e unhs instintos para utilizalas. Os seres humanos, pouco dotados fisicamente, teñen gran intelixencia e posibilidade de comunicación para organizar a sociedade ao servizo das necesidades humanas. A cultura humana presenta moitos elementos variados, ata o punto de que moitos autores falan de diversas culturas. Falar de culturas en plural é perigoso. CAse tan perigoso como falar de razas. Para comezar, algunha sente poden pensar que esas culturas son realidades illadas, completamente diferentes e que os membros delas son totalmente diferentes, 133

Lección 22. A cultura humana dque uns e outros non podemos coprendernos. SEn embargo isto non é certo. A contrucción e o uso dos elementos culturais é algo que se aprende. CAlquera pode aprender e esquecer elementos culturAIS da súa cultura de orixe ou doutras. O proeceso de adquirir novos elementos culturais é natural, e tamén é normal esquecer cousas da nosa cultura de orixe. TEmos que ter presente que os elementos da cultura, costumes, insntrumentos, tradicións, crenzas, etc. son tan só unhas ferramentas para sacar proveito da natureza, obter bens materiais para as nosas necesidades e manter organizada a sociedade. A nosa intelixencia permítenos detectar novos métodos para servir ás nosas necesidades. De feito, incluso podemos eleir a importancia relativa destas necesidades. Os seres humanos temos os memsmos dereitos e a mesma dignidade independentemente dos elementos culturais que aprenderamos de nenos. Conservamos dignidade e dereitos aínda que cambiemos de elementos culturais, idioma, relixión ,pais, forma de vestir, de alimentarnos, et. Agora ben, todos os seres humanos temos cultura, usamos elementos culturais, poraue é a nosa forma de relacionarnos co resto da natureza e cos demais. Os elementos culturais poden ser valiosos e dignos de conservar sempre que non esquezamos o seu carácter utilitario e non lles sacriiquemeos valores superiores. ESta observación é necesaria porque en moitas ocasións a discriminación, a xenofobia, e o racismo, acubillanse nunha suposta defensa da cultura (por exemplo rexeitamos a unha persoa por non falar a nosa lingua, ou non vestir coma nós. Non existe unha cultura propia ou allea. Calquera persoa pode aprender algo que é tradicional noutro lugar, e pode esquecer algo que xá non valora e auq aprendeu no seu lugar de orixe. Todo isto é normal. É o individuo quen debe ter liberdadde para escoller a súa cultura e que debe recordar sempre o valor do ser humano, por riba dos seus costumes e coñecementos. As sociedades tradicionais, eran culturalmente homoxéneas porque estaban illadas pola dificuldade de comunicación e transporte. O progreso económico e tecnolóxico fixo que nas sociedades modernas aumentara a inmigración e os medios de comunicación comezaron a presentarnos tamén formas de vivir caracterísitcas de persoas que viven en lugares afastados. Moitos dos novos elementos culturais son indubidablemente atractivos. Linguas extranxeiras, novos alimentos, roupas nunca visas, músicas agradables, son cousas que moitos aceptamos con gusto. SEn embargo hai outros elementos que apra algunhas persoas resultan negativasmente soreprendentes, que causasn medo ou rexeitamento. A reacción negativa cara a eses elementos culturais pode exenderes ás persoas que os pusúen. Facemos ben cando contemplameos con interese, curiosidade e respecto os elementos culturais ata agora descoñecidos. Debemos recordar que non se trata dunha competición, senón dunha riqueza aportada por persoas de moitos lugares do mundo, que mesmo podemos incorporar á nosa vida e en carquera caso, debemos respectar. (convendría facer unha lista dos elementos normais dunha cultura para ver cal é a súa real importancia) Lección 21: A cultura humana (continuación de fragmentos 2) 134

Lección 22. A cultura humana do que se trata é de entender que a cultura non é unha ameaza por vir doutro lugar. Que a "propiaçultura non pode, non debe impoñerse aos demais, e que nun mesmo país poden vivir en paz persoas de moitas relixións, de moitas linguas, cores de pel, músicas, gastronomías, etc. E é dentro desta pluralidade onde o individuo pode tranquilamente adicarse a escoller os elementos culturais que máis lle gusten e que ninguén debe impoñerlle.

135

Lección 22. A cultura humana

136

Lección 23

As actitudes cara á variedade

Análise das posicións máis frecuentes ante o multiculturalismo e reflexión sobre os problemas éticos que delas se derivan: etnocentrismo e discriminación, problemas éticos do relativismo cultural. estaría bien hablar en cristiano

¿Para que serve esta lección? Para aprender cal é a actitude boa con respecto as diferenzas que atopamos entre os nosos concidadáns.

¿Por que é importante todo isto? Porque a nosa sociedade é cada vez máis diversa, e se non sabemos como reaccionar ben ante as diferenzas, podemos chegar a ter conflitos coas persoas que non son coma nós en algún aspecto.

¿Está todo o mundo de acordo? Excepto quizáis os pensadores comunitaristas, a aceptación da variedade cultural é un elemento de todas as tendencias éticas modernas.

¿De que se trata? A variedade é unha realidade básica das sociedades modernas. Temos que aprender a levarnos ben coas persoas que son diferentes de nós.

¿Que problemas filosóficos hai? Os implicados na discusión liberal/neoaristotélica. 137

Lección 23. As actitudes cara á variedade

¿Que problemas prácticos hai? Algúns partidos europeos de ultra-dereita poden tratar de sacar beneficio das dificuldades de convivencia.

¿Que precisamos? Unha conciencia clara do valor positivo das diferencias culturais na nosa sociedade e ferramentas críticas para saber que é bo e que é malo, do noso e do alleo.

¿Que din os filósofos? O referente aquí pode ser J. S. Mill para a concepción individualista. Habería que procurar algún autor de orientación máis «comunitarista» para compensar.

Algunhas definicións A postura ideolóxica coñecida como etnocentrismo é unha reación hostil á diversidade cultural. Os partidarios das ideas etnocéntricas cren que existe un só conxunto de elementos culturais que son bos e que dalgunha maneira nos pertencen a xente daquí. Non hai fundamentación xenética para xustificar a existencia de razas. E decir, claro está que os rasgos físicos que agrupamos e identificamos como razas teñen unha causa xenética, pero os xenes responsables existen en todas as poboacións humanas e non están agrupados nin son dependentes uns doutros. Por iso atopamos ás veces rasgos aparentemente extranxeiros en persoas que sabemos que non teñen unha orixe en outro país. Desta maneira a xenética confirma o que sabemos por sentido común. Aínda que os rasgos intelectuais ou morais obedecen a causas xenéticas, se ben non sabemos o suficiente para establecer unha causalidade concreta, o que caracteriza á intelixencia humana é a súa versatilidade, flexibilidade para responder aos cambios do ambiente. Agora ben, o ambiente humano máis importante ven sendo a mesma sociedade. E a sociedade é cambiante, xustamente por estar baseada na intelixencia e a linguaxe. Sabemos que a evolución, a selección natural, que é o proceso que controla os nosos rasgos xenéticos necesita de longos períodos de tempo. E simplemente, nunca existiu unha realidade social durante un tempo tan longo como para seleccionar un rasgo xenético. Todas as características humanas determinadas xenéticamente son previas á existencia da cultura. Por outro lado, ¿que sentido tendría un rasgo desadaptativo, é decir, perxudicial para os que o levan, como a estupidez?

¿Que podemos pensar? Que a variedade cultural sempre foi normal Que na sociedade contemporánea é máis aínda. 138

Lección 23. As actitudes cara á variedade Que o etnocentrismo é falso. Que a discriminación é algo malo. Que o relativismo é falso. Que non hai que confundir o iusnaturalismo co etnocentrismo. Razoamentos que o demostran. As sociedades contemporáneas son plurais, tamén na súa cultura. Existen persoas que proveñen de moitos lugares e que contribúen ao noso benestar económico. Existen persoas que esqueceron ou rexeitaron elementos que eran comúns na atrasada sociedade agraria (linguas, relixións, determinados alimentos, vestidos, roles de xénero, etc.) Nós mesmos somos libres de escoller que elementos culturais queremos para ás nosas vidas, xá non temos porque aceptar submisivamente o que nos transmitenj os antigos ou a presión da sociedade. Porén a atitude mesma cara a variedade cultural pode ser tamén moi diferente e non sempre beneficiosa ou acetabel. Algunha xente reaciona hostilmente cara aos elementos culturais que lle resultan extraños ou descoñecidos e lamentabelmente mesmo con agresividade ou rexeitamento cara as persoas que posúen eses elementos. A postura ideolóxica coñecida como etnocentrismo é unha reación hostil á diversidade cultural. Os partidarios das ideas etnocéntricas cren que existe un só conxunto de elementos culturais que son bos e que dalgunha maneira nos pertencen a xente daquí. Esquecen que a cultura é esencialmente unha corrente de elementos que son transmitidos, acetados, rexeitados, modificados ao longo da historia e de todos os lugares do planeta. Non hai xente daquí ou daló porque todo o mundo pode cambiar de lugar de residencia e é un dereito humano facelo. Igual que nós podemos emigrar, outros poden inmigrar. Todos podemos xulgar os elementos culturais que queiramos, pero é absurso pretender que casualmente todo o bo é noso e sobre todo pensar que todo o malo é dos outros. Naturalmente todos podemos encontrar elementos negativos nas cousas que aprendimos no noso lugar de orixe e cousas boas nos elementos culturais que nos resultan novos e descoñecidos. E iso é así porque somos quen de facer a comparación coas nosas ideas sobre o que é o mellor para o ser humano en sí, independentemente do seu lugar de orixe ou dos elementos culturais que posúe. No nivel prático a atitude correspondente ao etnocentrismo é a discriminación. Discriminar é tratar mal á xente que é diferente polo simple feito de selo. A discriminación ven normalmente vencellada ao prexuizo, que é tomar unha decisión contra unha persoa antes de saber nada sobre as súas características como individuo. A xente que discrimina aos diferentes e faino porque pensa que alguén que posúe determinado elemento cultural ou físico é malo. Esa xente non deixa que o carácter, a forma real de ser da persoa recén coñecida entre en contacto con eles e polo tanto perden unha posibilidade de convivir con ela. O racismo é outra das teorías elaboradas contra a pluralidade cultural e social. Todos sabemos que aínda que pertencemos á mesma especie, as persoas podemos ter rasgos físicos diferentes. Somos máis altos, máis baixos, máis gordos ou máis fracos, a nosa pele pode ser máis ou menos obscura, o noso pelo desta ou desa cor. Todas estas variacións ocorren de forma natural porque están nas nosas 139

Lección 23. As actitudes cara á variedade posibilidades xenéticas. Agora ben, no pasado, moitos grupos humanos vivían en zonas illadas e os matrimonios producíanse entre persoas con algún grao de parentesco, e polo tanto de proximidade xenética. Desa maneira, ao correr do tempo, varios rasgos físicos concentráronse e acabaron por caracterizar ese grupo de persoas. Así xurdiu o concepto de raza. O que afirman os racistas é que os rasgos físicos da xente teñen que ver, están asociados, con rasgos morais ou intelectuais, de forma que habería razas malas ou estúpidas, o que na súa opinión, xustificaría que as persoas pertencentes a elas fosen maltratadas. O racismo como teoría e como prática é completamente falso e rexeitable. Os rasgos físicos non teñen unidade nin persisten cando as poboacións se mesturan, o que é unha proba de que as razas son simplemente froito do illamento das poboacións. As razas son unha construcción, e non unha realidade orixinal. As probas antropolóxicas demostran que a especie humana abrollou/xurdiu dun só tronco.

¿Que debemos facer? Recordemos que a selección natural fai que os individuos que posúen un rasgo negativo sexan superados polos que teñen mellores características e polo tanto o seu rasgo negativo nunca pode xeralizarse. Aínda que puidera ser acetabel a idea da inferioridade obxectiva dos membros dun grupo humano con respecto a outros, isto nunca sería razón para maltratalos senón todo o contrario, motivo para axudalos a compensar a súa situación ou a saír dela. Por outra banda, en moitas ocasións, calificamos como estúpidas ou malvadas condutas simplemente pola súa diferenza co que nós estamos afeitos a ver ou praticar. É moi difícil medir obxectivamente a inadecuación moral ou intelectual dunha realidade e resulta totalmente irresponsabel tomar decisións con tal base para xulgar a unha persoa ou un grupo grande delas. O racismo é unha doutrina que pode causar unha discriminación moito peor que o etnocentrismo. O etnocentrismo, ao referirse a cuestións culturais, admite polo menos na teoría, a posibilidade dunha reconciliación entre comunidades humanas diferentes (ben que sempre pretenda a submisión do grupo culturalmente inferior ao superior. Pero o racismo pecha a porta a todo tipo de convivencia. No caso máis leve chega a proclamar a necesidade da segregación dos grupos racialmente diferente (caso do apartheid). Proiben os matrimonios mixtos e mesmo a residencia compartida ou o uso de elementos culturais en común. No caso peor, o racismo reclama a necesidade de matar as persoas do grupo considerado inferior. Como idea contraposta ás teorías racistas e etnocentristas foi reactivado o concepto de relativismo cultural. Os seus defensores afirmaban que os criterios que as persoas podemos usar para xulgar as culturas, pois para eles é evidente que existen varias, pertencen a unha cultura determinada, e non teñen polo tanto validez fora dela. Denuncian os intentos de emitir xuizos universais como exemplos de etnocentrismo. Para estes autores cada persoa pertence a unha cultura e é a cultura a que lle proporciona todas as ideas que esa persoa ten. Os defensores 140

Lección 23. As actitudes cara á variedade do relativismo cultural negan a creatividade dos individuos e a súa posibilidade de cambiar ou reinterpretar os elementos culturais que reciben e de rexeitalos en favor de outros, negan que exista unha natureza humana común. O simple feito de que persoas de todo o mundo, que posúen elementos culturais diferentes poidan criticar elementos que teñen aprendido igual que critican elementos vindos de outros lugares basta para demostrar que o relativismo cultural é unha doutrina errónea. Cando xulgamos o noso e decimos que está mal, facemolo porque contrapoñemos o que vemos co que pensamos que as cousas deberían ser. E ese deber ser tomámolo non do que coñecemos senón do que consideramos que é o ser humano como tal e do que pensamos que lle corresponde. O relativismo cultural poido ser unha idea ben intencionada, reactivouse nun momento histórico no que pretendeu librar ás comunidades primitivas da influencia ocidental, tendo en conta que moitas veces esta influencia era destrutiva para as persoas que a sufrían. O relativismo era un intento de facer que Ocidente deixara en paz a estas persoas. O problema é que na atualidade, persoas que compartimos diferentes elementos culturais convivimos nas mesmas sociedades e este fenómeno, que é completamente natural, vai a máis a medida que o progreso se extendo polo mundo. Agora ben, a convivencia precisa dun marco común de ideas morais, e dunhas bases comúns de diálogo. Se cremos que as diferentes tradicións culturais non teñen nada que en común e son inconmensurables, ¿como establecer este diálogo necesario? ¿Como imos crer que hai actos que están ben ou mal segundo sexa para nós ou para eles, como se eles e nós non fósemos seres humanos, membros dunha mesma especie e sociedade? ¿Imos ter leis baseadas na cor da pel, na lingua que falamos ou na vila na que nacemos? Sen dúbida nada de isto é posible nin acetable?

Convén recordar. . . • Nas sociedades contemporáneas hai persoas que proveñen de moitos lugares e contribúen ao noso benestar económico. • Ás veces a actitude cara á variedade cultural da nosa sociedade non é a correcta. Os erros máis frecuentes son o etnocentrismo, a discriminación e o relativismo cultural. • O etnocentrismo é a crenza errónea que afirma que a nosa é a única forma correcta de vivir. A verdade é que en todas as culturas existen cousas boas e malas e que todos podemos aprender de todos. • A discriminación e tratar mal aos que teñen unha cultura diferente. É unha práctica mala, porque viola a igualdade dos seres humanos e os seus dereitos. • O relativismo cultural é a crenza errónea que afirma que é imposible xulgar as culturas. A verdade é que por riba das prácticas e crenzas culturais están 141

Lección 23. As actitudes cara á variedade a natureza humana e os dereitos.

Exercicios da lección 23 1. ¿Que significa que as sociedades contemporáneas son plurais? 2. ¿Houbo algún cambio na nosa sociedade no paso da vida agraria á industrial? Explícao. 3. ¿Por que somos libres para escoller ou rexeitar uns ou outros elementos culturais? 4. ¿A que contribúen os inmigrantes no noso país? 5. ¿Por que cres que hai xente que reacciona hostilmente cara aos novos elementos culturais? 6. ¿Que é o etnocentrismo? 7. ¿Que esquecen os partidarios do etnocentrismo? 8. ¿Por que se pode dicir que non hai xente daquí ou daló? 9. ¿Por que podemos xulgar como boas ou malas cousas de todas partes? 10. ¿Que actitude práctica se corresponde có etnocentrismo? 11. ¿Que é discriminar? 12. ¿A que vai vencellada normalmente a discriminación? 13. ¿Que é un prexuízo? 14. ¿Por que discrimina a xente que o fai? 15. ¿Que ten de malo a discriminación? 16. ¿Que é o racismo? 17. ¿Por que ocorren as diferencias físicas? 18. ¿Por que os riscos físicos están agrupados por zonas xeográficas? 19. ¿Que afirman os racistas con respecto aos riscos físicos, morais e intelectuais? 20. ¿En que sentido dicimos que as razas son un resultado? 21. ¿En que sentido dicimos que non hai fundamentación xenética para xustificar a existencia de razas? 22. ¿Por que a evolución non poido seleccionar xeneticamente riscos intelectuais ou morais? 142

Lección 23. As actitudes cara á variedade

Para saber máis Textos a comentar 1. Non sei

143

Lección 23. As actitudes cara á variedade

144

Lección 24

Sociedades plurais

Valoración do interculturalismo como proxecto ético e político e reflexión sobre os valores mínimos dunha ética cívica. Unha sociedade e varias culturas. que non apareza a expresión «ética de mínimos»

¿Para que serve esta lección? ¿Por que é importante todo isto?

¿Está todo o mundo de acordo? ¿De que se trata? ¿Que problemas filosóficos hai? ¿Que problemas prácticos hai? ¿Que precisamos? ¿Que din os filósofos? ¿Que podemos pensar? O mellor método de organización política é a democracia A democracia supón o respecto ás tradicións culturais que non afectan á lei natural. A actitude perante ás diferencias pode ser de benevolente contemplación É o diálogo o que pode afianzar o acordo de todos en torno a unha ética común. 145

Lección 24. Sociedades plurais O interculturalismo preséntase como a única solución éticamente válida aos problemas que supón a pluralidade cultural nas sociedades modernas. O interculturalismo consiste na crenza de que por riba das diferenzas culturais é posibel descubrir ou construir unha ética común aceptabel por todos os membros dunha sociedade plural e ulteriormente(substituír) acetabel por todos os seres humanos independentemente da súa orixe ou localización xeográfica. Porén a determinación dunha ética común non ten porqué significar a desaparición de relixións ou tradicións morais particulares, sempre que sexan asumidas libremente polos seus partidarios. A ética común ten sido chamada ética de mínimos. ¿Como chegar a codificar a ética de mínimos? Tense propostos varios métodos. O teólogo Hans Küng propuxo basearse nas principais tradicións relixiosas do mundo e obter os puntos de contacto. En efecto, moitos elementos das morais relixiosas son coincidentes. Porén hai determinados puntos nos que as relixións presentan diferenzas centrais e outros nos que presentan posturas moi restrictivas, dificilmente acetabeis para os que non as comparten (moral sexual, por exemplo) O filósofo Jürgen Habermas propuxo chegar a un acordo social entre todos os cidadáns. Para chegar a ese acordo é preciso, na súa opinión, comprometerse éticamente a ter presentes os intereses dos demais, e a dialogar sen facer trampas (sen enganar ou facer uso da retórica, etc.) O filósofo John Rawls propuxo un experimento mental para chegar ás condicións ideais dunha sociedade acetabel por todos. Trátase de imaxinar en que tipo de sociedade quereríamos vivir se non soubésemos nada sobre que características individuais íamos ter. Desta maneira, probabelmente, todos elexiríamos unha sociedade na que ninguén poida ser perxudicado completamente, independentemente da súa situación persoal. Unha vez definida esa característica, resultaría sinxelo obter as normas de comportamento acetabeis para todos. Os elementos dunha ética mínima sen dúbida deben incluir garantías para a liberdade individual, a igualdade de dereitos e a xustiza social. As diversas declaracións de dereitos humanos realizadas ao longo da historia poden ofrecer un bo punto de partida. Interculturalismo é unha palabra extraña e desagradable que nomea algo bo e desexable, a saber, vivir e deixar vivir e mirar a todo o mundo con benevolencia. Realmente imos mal se precisamos dunha xustificación filosófica ou de calquer outro tipo para comportarnos decentemente.

Convén recordar. . . • O interculturalismo é a crenza en que por riba das diferenzas culturais é posible descubrir ou construir unha ética común aceptable por todos os membros da nosa sociedade plural. • Para o interculturalismo son boas todas as formas culturales que non estean en contra dos dereitos humanos. 146

Lección 24. Sociedades plurais • O interculturalismo propón a adopción duns puntos básicos de acordo sobre o que está ben ou mal. Estes puntos formarían unha chamada ética de mínimos que todo o mundo debería respectar. • A ética de mínimos, baseada nos dereitos humanos non ten porque significar a desaparición das tradicións culturais ou relixiosas cando son compatibles co respecto as persoas.

Exercicios da lección 24 1. ¿En que consiste o interculturalismo? 2. ¿Supón a ética común a destrucción das todas as tradicións culturais? ¿Por que? 3. ¿Que método propuxo o teólogo Hans Küng para o recoñecemento da ética común? 4. ¿Que metodo propuxo Jürgen Habermas para a construcción dunha ética cívica común? 5. ¿Que metodo propuxo John Rawls para o descobremento dunha ética cívica común?

Para saber máis. . . Textos a comentar

147

Lección 24. Sociedades plurais

148

Parte VI

A cidadanía global e a democracia

149

Lección 25

¿Que é a globalización?

Toma de conciencia da nova orde global e identificación dos procesos que contribúen á súa formación: a integración dos mercados e do espazo político e social. ou ben pode contestarse ás críticas baseadas en ideoloxías de esquerda. cribar toda a basura das críticas que metín abaixo.

¿Para que serve esta lección? Para aprender que é a globalización, que cousas ten de bo e que ten de malo e como podemos participar nela dun xeito bo.

Por que todo isto é importante? Porque vivimos nun mundo cada vez máis globalizado.

¿Está todo o mundo de acordo? Hai xente que rexeita a globalización porque cre que todas as súas caracteristicas son malas.

¿De que se trata? de que se trata pode ser unha versión comprensible do anaco correspondente do dcb.

¿Que hai que saber? Que é a globalización 151

Lección 25. ¿Que é a globalización? Que causas ten. Que cousas boas ten. Que cousas malas pode ter Como podemos eliminar as cousas malas.

¿Que problemas filosóficos hai? Supongo que el reto principal sería el del pensamiento conservador, porque el socialismo realmente sí que propone el internacionalismo, triste/obviamente.

¿Que problemas prácticos hai? El problema obvio é globalizar o que é bo sen perder as cousas boas e particulares e eliminar do globo as malas. 1. Supervivencia de algunha das dictaduras comunistas ou de movementos guerrilleiros e terroristas e perigo do xurdimento de oposicións xeopolíticas sen base ideolóxica (Rusia) ou con unha falsa base ideolóxica (países musulmáns). 2. Perda do control cidadán das decisións políticas. Desencanto de cidadanía e burocratización da política. 3. Substitución da ideoloxía pola tecnocracia. Substración do discurso ideolóxico e imposición dunha falsa ortodoxia (exemplo: socialdemocracia en Europa ou neoliberalismo en Mercosur). Falta de democracia ou lexitimación de réximes non democráticos (ONU). 4. Eliminación das características culturais particulares. Expansión dunha cultura global de mala calidade. 5. Illamento do individuo con respecto ao seu ambiente achegado, refuxio no mundo virtual. 6. Cambios repentinos na economía, fluctuacións imprevisibeis[?](page 123). 7. Empequenecemento do mundo. 8. Perda da maxia, do exótico. 9. Trivialización. 10. Perda da cultura rural e do contacto simbiótico coa natureza. 11. Empeoramento das condicións de salubridade do ambiente humano. 12. Aumento da carga psicolóxica (stress, depresión, etc.) 152

Lección 25. ¿Que é a globalización? 13. Trivialización da cultura. 14. Comercialización da cultura 15. Perda da variedade. 16. Conversión dos individuos en consumidores, non-creadores de cultura. 17. Creación de castes de traballadores sen dereitos. 18. Aparición da xenofobia ou o racismo. 19. Fenómenos de terrorismo de resposta. 20. Alienación e radicalismo como reación. 21. Maltrato policial aos inmigrantes. 22. Criminalización da inmigración. 23. Aumento da marxinación e da criminalidade. 24. Crecemento das barreiras egoistas (fronteiras, visados, etc.) 25. Revolucións violentas animadas por bos sentimentos e impaciencia. 26. Risco de intervencións armadas de Ocidente con pretensións supostamente de salvación. 27. Nacemento de hoaxes e campañas globais de amedrentamento sen fundamentación racional. 28. Falta de institucións globais democráticas para tratar os problemas reais. 29. Utilización de tecnoloxía moi contaminante e insalubre, repetición de esquemas de explotación manchesteriana. 30. Perda de tecido produtivo, crise económica derivada da necesidade de adatación. Depresión económica de zonas non aptas para o setor terciario, proletarización dos países non ocidentais. 31. Aparición de entidades con influencia política e económica e nulo control democrático. Posibilidades de fraude. 153

Lección 25. ¿Que é a globalización?

¿Que precisamos? ¿Que din os filósofos? ¿Que podemos pensar? A globalización é o proceso de modernización e progresiva unificación da humanidade. As culturas eran diversas porque as sociedades estaban illadas polo atraso tecnolóxico. Dese modo as comunidades antigas dependían da adaptación ao medio ambiente, que era moi diverso pola xeografía e o clima. A globalización non é un proceso novo. O natural para o ser humano é a viaxe, o intercambio, a mestura. Durante toda a historia houbo difusión de ideas, na cultura, que polo común eran melloras, houbo invencións e prácticas aprendidas dos demais. Tamén sempre foi normal o movemento das poboacións, por razóns económicas ou por desexo de aventura. O que ten de novo a globalización no presente é que temos consciencia dela, de que por primeira vez podemos ter diante de nós todos os productos da cultura humana e escoller os mellores e rexeitar os malos. Por outro lado, agoraos movementos de poboación poden ser completamente pacíficos.

A globalización presenta as seguintes vantaxes 1. Supresión dos bloques políticos. Durante o século XX, moitos países do mundo vivían baixo dictaduras comunistas que estaban en contra da democracia e do capitalismo. Nestes países a xente era pobre e vivía oprimida, sen que lles permitiran relacionarse cos países libres. Unha idea que favorece a globalización é a aceptación mundial da democracia e o capitalismo como os mellores sistemas políticos. 2. Potenciación das organizacións supraestatais. Moitos dos problemas do mundo con poden ser resoltos por un só país senón que precisan da axuda internacional. Para coordinala xorden novas organizacións políticas e económicas como a Unión Europea ou Mercosur. 3. Interconexión da poboación polos novos medios de comunicación. Por medio da internet, da telefonia móbil, etc, as poboacións do mundo poden intercomunicarse. A información pode circular se a censura dos gobernos e en relacións persoais pode levarnos á destrucción dos prexuízos. 4. Facilidade do transporte. 154

Lección 25. ¿Que é a globalización? O transporte abaratou o costo dos productos que agora poden venderse na outra punta do mundo. Os mercados amplíanse e as persoas poden coñecerse mais facilmente aínda que pertenzan a países máis distantes. 5. Urbanización. 6. Secularización. 7. Moralización da relixión 8. Adopción de elementos culturais non-perxudiciais: cultura global. 9. Aumento da emigración. 10. Difusión da democracia e os dereitos humanos. 11. Preocupación común por (reais ou supostos) problemas globais (ecolóxicos, por exemplo). 12. Industrialización dos países agrícolas. 13. Terciarización dos países industriais. 14. Potenciación das acións cívicas.

¿Que debemos facer? Posibles solucións???) Convén recordar. . . • Chamamos globalización ao proceso de modernización cultural e progresiva interrelación económica dos países do mundo. A globalización, como toda realidade ten elementos bos e malos. • A difusión da tecnoloxía fai que cada vez máis paises do mundo poidan ter producción industrial e participar no comercio mundial. • Cada vez máis paises recoñecen que a democracia é o mellor sistema para a organización da sociedade. • Cada vez máis paises en todo o mundo recoñecen que os dereitos humanos deben respetarse en todas as sociedades. • A cultura occidental, baseada na ciencia e na liberdade do individuo está difundindose por todo o mundo permitindo a formación dunha única sociedade planetaria. 155

Lección 25. ¿Que é a globalización?

Cuestións sobre a lección 25 1. investiga cales son as dictaduras comunistas que sobreviven no presente e cal é o nivel de vida das persoas deses países 2. Averigua cales son as ideas políticas do fundamentalismo islámico shií (Irán) 3. Averigua cales son as ideas políticas do fundamentalismo islámico sunní (Al Qaeda) 4. Averigua que decisións politicas toma a Comisión Europea e quen elixe aos seus membros. 5. Averigua que decisións políticas toma o Parlamento Europeo e que elixe aos seus membros. 6. Compara as informacións obtidas nas preguntas dúas preguntas anteriores. ¿Que conclusión sacas? 7. Define tecnocracia. 8. Define ideoloxía. 9. Define ortodoxia. 10. Averigua cantos dos países da ONU son democraticos. 11. Fai unha lista de elementos que creas que pertencen á cultura global.

Para saber máis Textos a comentar 1. Allport 2. Tocqueville

156

Lección 26

Os medios de comunicación

Identificación dos recursos básicos do poder dos medios de comunicación (a selección das novas, a linguaxe da publicidade...) e a súa incidencia na construción da realidade e nas nosas decisións e opinións. no me gusta la expresión nivel cultural. por ejemplo la anorexia. quitar quizais a palabra ideoloxía. ollo cos xerundios

¿Para que serve esta lección? Para aprender que son so medios de comunicacion modernos, que teñen de bo e de malo.

¿Por que é importante todo isto? Porque precisamos da información que nos aportan os medios de comunicación e de feito eles son parte da nosa vida.

¿Está todo o mundo de acordo? En tanto que vencellados á chamada «pop culture» os medios de comunicación reparten os seus críticos entre apocalíptiucos e integrados.

¿De que se trata? ¿Que criticas se fan aos medios de comunicación? Imos enumerar as críticas máis repetidas por filósofos de diferentes escolas. Non pretenderemos ordenalas, nin tampouco relacionalas co resto das ideas deses filó157

Lección 26. Os medios de comunicación sofos. O que si imos facer é dar algunhas respostas a elas, ponderalas. 1. Frecuentemente representan intereses políticos que debemos desenmascarar ou identificar para non ser as súas vítimas. Moitos medios de comunicación, sobre todo os periódicos, as cadeas de televisión e de radio son propiedade de grandes empresas cuxos donos teñen unha ideoloxía política que desexan , a miúdo non buscan tan só a ganancia económica senón influír politicamente nos cidadáns. Bueno, o rollo é que os periódicos, las radios e as televisións son de empresas que teñen ideoloxías, ¿por que non ían a expresalas? ¿Por que non ían intentar difundilas, convencer a alguén? A única acusación seria é ao tempo completamente estúpida, a saber, que non fan referencia explícita á súa ideoloxía todos os días, dicindo, apoiamos ao partido tal ou á ideoloxía tal. Para empezar si que o fan frecuentemente, pero aínda que non o fagan expresamente, claro que o fan para quen sabe algo do tema a obxección é irrelevante. Por outro lado, sin negar que exista a obxectividade, o certo é que é praáctiacamente imposible separala do esquema de valores, e probablemente é inútil. A efectos prácticos abonda con saber quen é o dono da empresa e de que partido está mais achegado. 2. As veces os medios están controlados polos gobernos, por exemplo, case sempre é así no caso dos medios públicos (informativos ou campañas institucionais), polo que as novas que aportan están sesgadas para dar unha boa imaxe dos gobernos. 3. Eliminación, por omisión, de moitos elementos culturais. Aqui tendríamos que dar a razón aos críticos se falamos só das cadenas principais de televisión. Xa non é así mesmo se falamos das radios principais, e menos aínda dos periódicos. Se falamos da internet, a crítica é simplemente afalsa. A cuestión é que non podemos depender do único que sae na tele ás nove da noitre. Temos que afacernos a consultar máis medios de comunicación que o telediario. 4. Sobredimensionamento dos elementos da realidade por colocalos no prime time e dun xeito repetitivo. Se novo a solución consiste en consultar máis medios de comunicación e en entender que notivia significa cousa sorprendente, rechamante, e non todo o que ocorre é noticia. O normal, o bo, o razoable, moitas veces queda fora da atención periodística xustamente porque non sorprende. Pero debe formar parte do noso coñecemento da realidade. 5. Perxudicase á atención e a concentración por culpa do formato spot. Aqui poderíamos preguntar quée é primeiro, se o problema ou a solución. Probablemente o que fan os publicitarios é acomodarse ao tempo mínimo de atención que se pode captar sen dicir algo relevante. Por outro lado os sports son algo que a xente ofre, non algo que desfrote. En canto pode, 158

Lección 26. Os medios de comunicación pasase a televisións sen eles, que non cortan os programas. A dificultade da alta cultura está realmente no vocabulario e nas referencias, é dicir, na cultura precisa para seguila. Cando se ten, o lapso de atención medra. REalmente o lapso de atención que e curto na xente é o lapso de atención sen entender nada que están dispostos a dar. 6. Diminúese ou estáncase o nivel cultural da poboación por alimentación única de telenovelas, cotilleos ou programas sensacionalistas. De novo é dubidable que o nivel sexa algo imposto pola televisión (de novo realmente todas estas críticas son só aplicables á televisión «xeralista» ,por outro lado a seguida maioritariamente pola poboación) en troques de algo ao que a televisión se acomoda, xustamente porque economicamente quere ser a primeira. As televisións son empresas, se creran que ían vender máis publicidade poñendo ballets de Chaikovski iso é o que farían. A audiencia que teñen estes ballets, por exemplo en Radio Clasica pon de relieve que realmente non hai ningún intento de manipular nada, e que a tele o que fai é adaptar ao nivel do país. Sen un despotismo ilustrado é difícil que un medio de comunicación perviva moito tempo sen acomodarse ao que queren del. E o problema cos despotismo ilustrados é que lles dura pouco a ilustración. ((También hai que explicar, na lección da democracia, igual que aquí cales son/eran as obxecións á democracia e a súa resposta.)) 7. Promoción dunha escala de valores só baseada nos bens comerciais. Isto é algo que se di sempre, mesmo nun dos libros de ética cívica se dicía que a nosa cultura estaba basada nun «consumismo desaforado». Hai que repetir que ninguén, agás casos psiquiátricos, merca polos obxectos en si mesmos, senón polo seu valor social, como símbolo, ou ben polo pracer que queremos obter deles. Agora ben, o pracer é parte da felicidade, innegablemente. Hai que ver que clase de austeridade pretenden eses críticos, que ofrecen en cambioIsto é algo que se di sempre, mesmo nun dos libros de ética cívica se dicía que a nosa cultura estaba basada nun «consumismo desaforado». Hai que repetir que ninguén, agás casos psiquiátricos, merca polos obxectos en si mesmos, senón polo seu valor social, como símbolo, ou ben polo pracer que queremos obter deles. Agora ben, o pracer é parte da felicidade, innegablemente. Hai que ver que clase de austeridade pretenden eses críticos, que ofrecen en cambio. 8. Difusión de tópicos, ou mesmo falsedades, que acaban sendo aceptadas como verdades. Isto si que parece un problema, aínda que dificilmente podemos botar a culpa aos medios de comunicación. Sempre que non hai contrastación das informacións que cremos temos o perigo de acabar timados. Probablemente a pluralidade dos medios de comunicación e a necesidade de non limitarse a un deles é de novo a mellor das cautelas. Ven moi ben 159

Lección 26. Os medios de comunicación citar o caso do «cambio climático» como exemplo de verdade suposta que parece case imposta por repetición. 9. Para moita xente, unha redución da realidade ao que sae pola televisión. De novo a solución única é non limitarse, consultar varios medios. 10. Creación dun discurso único. Ídem. 11. Saturación de información, o que paradoxicamente quizáis, produce unha insensibilidade aos novos datos que chega a illar ao individuo da realidade. Como solución obviamente do que se trata é de limitar os inputs, o que por outro lado é contradictorio coa recomendación de contrastar as informacións. Probablemente, nun mundo tan diverso, é necesario asumir a necesidade de limitarse, a imposibilidade de abarcalo todo.

¿Que precisamos? Para tomar decisións correctas na nosa vida necesitamos coñecer a realidade. Igualmente para tomar decisións políticas, como membros dunha democracia, temos que coñecer que pasa no mundo. Os medios de comunicación poden aportar parte dos datos que precisamos para exercer parte das nosas responsabilidades como cidadáns. Porén, temos que ter en conta que as características dos medios de comunicación presentan perigos dos que debemos ser conscientes.

Elementos beneficiosos dos medios de comunicación de masas 1. Presentación dun modelo cultural relativamente homoxéneo que permite o diálogo entre persoas que antes terían sido moi diferentes. 2. Difusión dos bens producidos polo sistema económico capitalista, o que pode difundir a necesidade da modernización e industrialización nos países atrasados. 3. Difusión de informacións veraces sobre a realidade. 4. Difusión de elementos culturais, música, literatura, ciencias naturais, historia, etc. 5. Aportación de contidos valiosos para o lecer (deportes, programas musicais, etc.) 6. Promoción de realidades culturais minoritarias que vale a pena conservar (linguas, etc.) O caso do galego é evidente. ¿Que sería do galego sen o «Xabarín Club»? 160

Lección 26. Os medios de comunicación

¿Que din os filósofos? Non se me ocurre ningunha

¿Que podemos pensar? Engadir o papel da internet falar tamén da saturación da información Que son os medios de comunicación Por que son necesarios Que males poden producir. Por que Como amañalos.

¿Que debemos facer? Sen dúbida o que hai que facer é ter clara a diferencia entre formación e información. La información só pode ser mala cando falta formación. Unha vez presente a formación, é dicir, unha vez que temos un armazón de ideas correctas sobre o ser humano e o mundo, os detalles sobre a actualidade, que é o que chamamos «información», deben ser contrastados. Claro que non se trata de contrastar cada información, pero si as que podan utilizarse como base para tomar decisións moi importantes. 1. Facerse conscientes do sesgo ideolóxico ou empresarial dos medios. 2. Cotexar as informacións con outros puntos de vista aínda contrarios á nosa ideoloxía para non caer nun cego sectarismo. 3. Utilización doutras fontes de información ademais dos medios de masas (libros, informes, enciclopedias, estudios académicos, etc.) 4. Esforzo por contextualizar as realidades que presentan os medios, desde un punto de vista histórico, sociolóxico, estatístico, etc. 5. Profundizar nas novas é preciso. Procurar información complementaria. 6. Procura doutros elementos de lecer, aparte da televisión. 7. Elaboración da nosa propia escala de valores e colocación dos bens de consumo no seu lugar adoitado. 8. Aprendizaxe serio sobre a nosa realidade. 9. Relativización das aportacións dos medios de comunicación de masas. É dicir, ter claro que tampoco o que contan os medios é tan importante como ás veces eles queren facer crer. 161

Lección 26. Os medios de comunicación

Convén recordar. . . • Para tomar decisións correctas na nosa vida necesitamos coñecer a realidade. Igualmente para contribuir a toma de decisións políticas precisamos coñecer o que pasa no mundo. • Os medios de comunicación son importantes porque aportan parte dos datos que necesitamos para exercer as nosas responsabilidades como cidadáns. • Os medios de comunicación deben dicir a verdade, separar as opinións dos datos e emitir xuizos moderados. • Temos que ser críticos cos contidos dos medios de comunicacións seleccionando os que teñan maior calidade e rexeitando a mentira, o sensacionalismo e a vulgaridade.

Preguntas de comprensión do texto 1. Fai unha lista de cinco cadenas de televisión e radio que coñezas e averigua cal e a súa tendencia ideolóxica. 2. Imaxina como podería variar o modo de dar unha nova para beneficiar ao goberno. 3. Imaxina como podería variar o modo de dar unha nova para perxudicar ao goberno. 4. Fai unha lista de cinco elementos culturais que ti coñezas e que non aparezan normalmente na televisión. 5. ¿Que significa prime time na linguaxe da televisión? 6. Explica o concepto de televisión-lixo. 7. Investiga acerca das novas falsas que apareceron na televisión ao longo da súa historia. 8. ¿Por que precisamos a información? 9. ¿En que poden axudarnos os medios de comunicación?

Para saber máis. . . Textos a comentar 1. Brown? 2. Tocqueville? 162

Lección 27

Os novos poderes políticos

Recoñecemento da crise do estado-nación e valoración da globalizacion económica e a fragmentación da autoridade política como risco para a protección efectiva dos dereitos civís, económicos e sociais. Información sobre os movementos comprometidos na defensa dos dereitos humanos e recoñecemento do seu labor. Título alternativo: O Federalismo o criticar el déficit democrático de la UE hablar claramente del federalismo, citar si tal a Kant y su proyecto de paz perpetua. desglosar la palabra ONG

¿Para que serve esta lección? Para aprender cales son as estructuras políticas infraestatais e supraestatais e com podemos contribuír a que funcionen mellor.

¿Por que é importante todo isto? No noso país existen estructuras infraestatais, as comunidades autónomas e o noso país forma parte de varias estructuras supraestatais como a Unión Europea e a OTAN. Se sabemos como funcionan podemos colaborar para que funcionen mellor e evitar que nos perxudiquen.

¿Está todo o mundo de acordo? De acordo en que existan non, ou polo menos en que sexan como son. Os antinacionalistas ou nacionalistas españois dirían que as comunidades autónomas no deberían existir e os liberais dirían que a Unión Europea é unha montaxe socialdemócrata. 163

Lección 27. Os novos poderes políticos

¿De que se trata? ¿Que problemas filosóficos hai? Algunhas definicións Falar sen dúbida do federalismo, e plantexar se España é un estado federal. Propoñer a cuestión de se Europa non sería mellor unha federación.

¿Que problemas prácticos hai? ¿Que precisamos? ¿Que din os filósofos? Os autores liberais son os referentes.

¿Que podemos pensar? Por que os estados teñen o tamaño que teñen Por que nacen os supraestados Por que nacen os infraestados Que cousas boas teñen os supraestados Que cousas malas teñen os supraestados Que cousas boas teñen os infraestados Que cousas malas teñen os infraestados Como podemos amañar esas cousas malas.

¿Que debemos facer? O tamaño dos estados ten relación cos sucesos políticos e militares da historia. A natureza non establece un tamaño fixo para os estados nin as supostas fronteiras naturais son tal cousa. Deixar claro que non existe correspondencia entre etnia e nación, nación e estado ou nación e lingua. A partir do século XIX aparece a idea de estado-nación que pretende substituir a lexitimidade das dinastías reais tras a aparición dos réximes burgueses. Durante o século XX, tras a descolonización de África e Asia, este concepto exténdese por todo o mundo, incluindo territorios históricamente alleos á idea de nación ou á estrutura estatal. Desde finais do século XX, nos países ocidentais, recoñecense tendencias políticas que esixen estruturas políticas de menor tamaño que os estados tradicionais, para dotar de autonomía a territorios concretos e tratar máis achegadamente problemas de pequena escala. Por outro lado tamén 164

Lección 27. Os novos poderes políticos existen tendencias á construción de estruturas de poder que comprenden varios estados.

Elementos bos dos sub-estados 1. Achegamento da política ao cidadán. 2. Normalmente os sub-estados agrupan territorios pequenos ou medianos, rexións naturais que teñen características comúns e por iso resultan máis comprensibles e máis próximos para a xente. Naturalmente todos podemos opinar e decidir mellor cando o facemos sobre unha realidade que coñecemos. 3. Redución do poder de dañar dos políticos pola redimensión da súa área de influencia. 4. O poder militar asociado aos grandes estados coa presenza de armas de destrucción masiva é por exemplo algo que pode desaparecer pola fragmentación do poder político (Por exemplo, algúns dos novos estados que xurdiron no territorio da antiga URSS desfixeronse voluntariamente das armas nucleares que os gobernantes comunistas tiñan instalado alí). 5. Cando os políticos están máis achegados aos cidadáns, esten poden controlalos mellor e facer deles uns verdadeiros servidores do pobo. 6. Valoración de elementos culturais ou de medio-ambiente, en xeral de particularidades desestimadas por estruturas máis grandes. (elementos culturais ou de medio ambiente) 7. A reducción do ámbito de traballo e de influenza dos políticos permite que cheguen a coñecer problemas concretos relacionados con territorios pequenos que en caso de gobernos máis extensos poderían quedar sen atender.

Elementos malos dos sub-estados 1. Reaparición do caciquismo (clientelismo político). O caciquismo é a existencia de políticos que ofrecen favores aos electores en troques do seus votos. A democracia non pode funcionar ben se o único que a xente quere é quitar privilexios do governo. A democracia supón que todos votamos non polos nosos intereses egoístas senón pensando no que é mellor para o país, de acordo coa nosa ideoloxía. Os políticos que coñecen moi de preto aos seus votantes poden estar tentados de sobornalos con favores para conservar o seu poder. 165

Lección 27. Os novos poderes políticos 2. Reactivación do nacionalismo radical e do provincianismo (perda do horizonte político suprarrexional). Ningunha comunidade humana debería pensar tan só no seu pequeno territorio porque queiramolo ou non, saibámolo ou non, todo o noso mundo está interconectado. Temos que ser conscientes dos problemas dos demais e ser solidarios con eles. Centrarse demasiado no que coñecemos e temos a mán pode dar lugar ao nacionalismo radical que é unha forma de egoísmo. 3. Activación do egoísmo rexional, da competitividade baseada en unidades territoriais, fiscalidade, medidas protecionistas, nacionalismo económico.

Elementos bos dos supra-estados 1. Homoxeneización económica e política de grandes áreas do planeta. 2. Superación dos egoísmos rexionais e nacionais. 3. Desestimación das diferenzas non relevantes (lingua, cultura, aspecto físico, extración xeográfica, etc.) na concordancia ideolóxica sobre os principios da organización social. 4. Facilitación da circulación das persoas por áreas supraestatais. 5. Facilitación dos intercambios culturais entre cidadáns de diferentes estados.

Elementos malos dos supra-estados 1. Perda do control polo cidadán da actividade dos políticos. 2. Conversión da política de ideoloxía en tecnoburocracia. 3. Supeditación dos intereses dos estados pequenos aos estados grandes. 4. Reprodución do egoísmo estatal en unidades máis grandes (por exemplo, a Europa blindada). 5. Conversión da estrutura supraestatal nun mercado de troco de intereses económicos. 6. Colocación da estrutura supraestatal baixo o control ou a influencia de lobbies. 7. Como as estruturas supraestatais teñen moito poder, vense tentadas de intervir na economía en perxuizo de outras persoas (protecionismo, restrición da inmigración, etc.) 166

Lección 27. Os novos poderes políticos

Posibles solucións para os problemas das novas estructuras de poder supra e infraestatais A mellor garantía de que os perigos que axexan ao fenómeno que estamos a estudar non chegan a dañar a ninguén é que os cidadáns sexan conscientes dos seus dereitos e do seu deber de controlar a ación dos seus representantes políticos. Precisamos ter claro cuales son as diferentes ideoloxías políticas que constitúen opcións válidas, precisamos coñecementos sobre os problemas reais do noso mundo para tomar decisións axeitadas. Debemos esixir aos nosos representantes o cumprimento dos seus programas e que den conta do seu traballo. Se estimamos que non existen alternativas válidas entre os partidos maioritarios, debemos estar preparados para apoiar novos partidos ou para reorientar os partidos existentes. Debemos recordar que a proteción efectiva dos dereitos dos cidadáns é tarefa da propia cidadanía. Os gobernos democráticos normalmente respaldan os dereitos civís, porén os cidadáns deben permanecer vixiantes para evitar os abusos dos poderes políticos. O problema é que as estruturas infra-estatais poden estar animadas por radicalismos nacionalistas e as estruturas supra-estatais poden ser animadas por tendencias tecnocráticas. (hai que falar da tecnocracia por extenso) Estas realidades coinciden no seu anti-individualismo, na súa exixencia de que as liberdades individuais sexan sacrificadas ben ao concepto de nación, tal como o entenden os nacionalistas, ou ás medidas da burocracia que frecuentemente adopta un discurso único tecnocrático.

Unha ONG que traballa polos dereitos humanos Exemplo nobre da preocupación cidadá en todo o mundo polos dereitos humanos está nas diversas ONG que vixían o comportamento dos gobernos. Unha organización non gubernamental compromete moito a súa actuación se recibe cartos dos gobernos. Está claro que, ás veces, as organizacións que vixían o comportamento dos gobernos deben criticar as súas atuacións. E isto faise difícil se ao mesmo tempo as ONG estan pagadas polos gobernos. A ONG Amnistía Internacional vixía as violacións dos dereitos humanos arredor do mundo, cometidas por gobernos, grupos terroristas, guerrillas, etc. Os seus socios pagan unha cota e reciben informacións sobre violacións dos dereitos humanos das que son vítimas persoas concretas en outros países. Trátase de xente que sofre torturas, encarceramento ou sentenzas de morte polas súas ideas políticas ou relixiosas, etc. Os membros de Amnistía Internacional protestan públicamente por estas situacións e escriben cartas aos políticos responsabeis delas e en moitas ocasións as súas presións acadan a liberación de prisioneiros ou a suspensión das sentenzas de morte. Hai que deixar claro que o tamaño dos estados ata a chegada da democracia depende da arbitrariedade dos reis, das vicisitudes bélicas ou dinásticas. Non hai ningunha naturalidade na existencia das nacións. 167

Lección 27. Os novos poderes políticos Deixar claro que o dereito de autodeterminación existe. Falar quizais dos tipos de ONG, de desenvolvemento, asistenciais, de dereitos humanos, etc. Plantexar claramente o problema da súa financiación. Na antigüedade os estados consideraban normal a utilización da violencia para conquerir outros territorios. A finalidade das invasións ou as conquistas era ás veces económica, ás veces de simple prestixio ou relixiosa ou ideolóxica. Considerábase glorioso para o gobernante extender o seu poder sobre novos territorios e asoballar outros pobos. Frecuentemente para xustificar estas guerras acudíase á relixión e dicíase que os deuses tiñan ordeada a invasión. Outras veces presentábase a invasión coma o cumprimento dun pacto ou o castigo dun pobo polo seu suposto comportamento hostil. Apareceu así o concepto de casus belli, expresión latina que significa motivo da guerra. Polo común o motivo alegado era unha excusa para o exercicio da violencia e a conquista. Na idade media utilizábase con frecuencia a concepción patrimonialista do estado. Críase que os reis posuían os estados como se fosen fincas da súa propiedade e os conflitos das herdanzas daban lugar a moitas guerras. Coa chegada da idade moderna difúndese a idea de que os governos están ao servizo do pobo e que son os cidadáns os que teñen dereito a decidir en que estado queren vivir. As ideoloxías nacionalistas xurdidas no século XIX por unha banda apoian os desexos de algunhas comunidades de formar estados propios pero por outro lado, ás veces alentan as tendencias imperialistas dalgúns governos. (explicar nalgures as tres formas dos nacionalismos, irredentista, imperialista e separatista) O fin da I guerra mundial supuxo en Europa a aparición de moitos estados novos pola aplicación do dereito de autodeterminación dos pobos. A II guerra mundial foi causada polo nacionalismo imperialista dos governos da Alemaña nazi e do Xapón, Alemaña invadiu Austria e Checoslovaquia e coa invasión de Poloña provocou a guerra. O final da II guerra mundial supuxo unha reactivación do imperialismo comunista en Rusia, que invadiu moitos territorios que antes tiñan sido independentes. Pola contra, Francia, Inglaterra e Portugal comezaron a desfacerse máis ou menos voluntariamente dos seus imperios formados por paises africanos e asiáticos. Estes formaron novos estados ou recuperaron a súa vella independencia.

Convén recordar. . . • Na sociedade contemporánea, os cidadáns demandan cada vez máis que o poder político axuda a resolver os problemas achegados. • A globalización económica fai que xurdan institucións políticas que unen varios países e que ás veces son moi difícilesde entender para o cidadán. 168

Lección 27. Os novos poderes políticos • Os cidadáns debemos sempre permanecer vixiantes para que independentemente do seu tamaño os poderes políticos respeten os dereitos humanos e a vontade dos votantes. • Algunhas organizacións non gubernamentais están especializadas na defensa e promoción dos dereitos humanos e a súa labor merece o noso apoio.

Cuestións sobre a lección 27 1. ¿Con que ten que ver historicamente o tamaño dos estados? 2. ¿En que consiste a idea do estado-nación? 3. ¿En que se baseaba a lexitimidade das monarquías do antigo réxime? 4. ¿En que sentido a ideoloxía do estado-nación ten un carácter lexitimador? 5. ¿Que problemas da o concepto de estado-nación? 6. ¿Por que existen tendencias a rexionalización nos estados contemporáneos? 7. ¿Por que existen tendencias a internacionalización nos estados contemporáneos?

Para saber máis. . . Textos a comentar 1. Tocqueville 2. Hayek pax 255

169

Lección 27. Os novos poderes políticos

170

Lección 28

O desenvolvemento necesario

Identificación dos medios e iniciativas, tanto individuais coma colectivos para procurar un desenvolvemento humano sustentable. Título alternativo: O desenvolvemento sostible.

¿Para que serve esta lección? Para aprender que é o desenvolvemento, por que é necesario e que condicións o fan posible.

¿Por que é importante todo isto? Porque o desenvolvemento é bo para todos e se coñecemos como funciona podemos colaborar nel.

¿Está todo o mundo de acordo? Os pensadores conservadores, os ecoloxistas radicais, os partidarios da volta ao mundo agrario, do «small is beautiful».

¿De que se trata? ¿Que problemas filosóficos hai? De novo a discusión cos conservadores. Realmente do que se trata é de entender que hai catro ou cinco problemas ou discusions filosoficas subxacentes no libro. 171

Lección 28. O desenvolvemento necesario

¿Que problemas prácticos hai? ¿Que precisamos? 1. Para acadar a liberdade precisamos determinadas condicións políticas e culturais. 2. Para acadar a abundancia material precisamos determinadas condicións económicas, tecnolóxicas e culturais. Polo noso coñecemento da historia, sabemos que a democracia e o capitalismo son os sistemas sociais que, sen ser perfetos, garanten o maior grao de liberdade e benestar económico coñecido até agora en todo o mundo. Polo tanto, para acadar o desenvolvemento sostible, precisamos a extensión da democracia e o capitalismo por todos os países do mundo.

Algunhas definicións Chamamos desenvolvemento á construción dunha sociedade na que o ser humano poida realizar todo o seu potencial, e polo tanto, acadar a máxima felicidade posibel. As condicións do desenvolvemento son a liberdade individual, e a abundancia de bens materiais. Nunca debemos entender o desenvolvemento só como unha cuestión económica. Para os seres humanos, os elementos materiais son un medio para lograr fins que normalmente son psicolóxicos, afectivos, etc. Porén para acadar eses fins, normalmente precisamos os bens materiais. A sostenibilidade é á situación na que algo pode continuar indefinidamente. Unha situación na que un grupo de países é rico e os seus cidadáns libres mentres que unha gran poboación do mundo permanece na pobreza, sufrindo problemas que o ser humano xá sabe resolver, é, naturalmente unha situación insostible. É unha situación inxusta, ofende o noso sentimento de solidariedade, perxudica a moitas persoas inocentes, da lugar a inestabilidade política, a guerras, a dictaduras, etc.

¿Que din os filósofos? ¿Que podemos pensar? Que significa desenvolvemento non só económico Que precondición política ten: a democracia Que precondición económica ten: o capitalismo Que problemas pode ter: a desigualdade, é dicir, que no se dea desenvolvemento o prexuízo para a natureza 172

Lección 28. O desenvolvemento necesario Posibles solucións para os problemas. Algunhas dictaduras comunistas do século XX intentaron defenderse afirmando que os seus súbditos vivían con relativa comodidade económica. Independentemente de que o dato fose verdadeiro, o certo é que unha dictadura non pode nunca satisfacer as necesidades psicolóxicas e culturais do ser humano. Polo coñecemento da historia, sabemos que a democracia, a economía de mercado son os sistemas sociais que, sen ser perfectos, garanten o maior grao de liberdade e benestar económico coñecido ata agora en todo o mundo.

¿Que debemos facer? ¿Por que necesitamos liberdade e bens materiais para acadar a felicidade? Os seres humanos somos pola nosa natureza individuos, que nos sentimos mal cuando somos obrigados a facer cousas que non queremos. A pesar de pertencer á mesma especie animal, todos somos diferentes en moitas das nosas caraterísticas e precisamos espazo para vivir de acordo con esas caraterísticas. Asimismo para todo o que queremos facer, normalmente precisamos dispoñer de obxectos, máquinas, ferramentas, bens de consumo, etc. A pobreza impidenos levar a cabo moitos desexos e satisfacer as nosas necesidades. Desenvolvemento non significa nin moito menos só abundancia de bens materiais, pode falarse aquí do índice de desenvolvemento humano. O perigo do ecoloxismo é que tomado radicalmente pode poñer en perigo as bases económicas ou materiais da civilización. Sen dúbida a riqueza soa non da a felicidade, pero a pobreza exendra e mantén moito sofremento. A agricultura tradicional leva ao machismo. Igual a falta dos anticonceptivos. Sen industria avanzada os nenos non poden estar na escola por culpa do traballo infantil. Sen industria non é necesaria tampouco a alfabetización xeral da poboación. Sen tecnoloxía non hai ciencia moderna. Sen ciencia non hai medicina científica, sen medicina hai mortalidade infantil e puerperal.

Convén recordar. . . • Chamamos desenvolvemento sustentable ao progreso económico e tecnolóxico que non perxudica á naturaleza. • Debemos adoptar os métodos tecnolóxicos máis limpos e menos agresivos dispoñibles. • Na nosa vida diaria podemos contribuir ao aforro de materias primas e enerxía. • Debemos esixir aos gobernos que vixíen o comprimento das leis de protección da natureza. 173

Lección 28. O desenvolvemento necesario • Podemos preferir os produtos das empresas que respectan o entorno e apoiar as ONG e asociacións de defensa da natureza.

Cuestións sobre a lección 28 1. ¿ Por que precisamos de algunhas condicións políticas e culturais para ser libres? 2. ¿Por que precisamos de algunhas condicións económicas e tecnolóxicas para ser felices? 3. ¿Hai algún outro réxime político mellor que a democracia? Razónao. 4. ¿Hai algún outro sistema económico mellor que o capitalismo? Razónao. 5. ¿Que precisamos para acadar o desenvolvemento sostible en todos os países do mundo? 6. ¿Que é o desenvolvemento? 7. ¿Que é realizar ao máximo o potencial dunha persoa? Pon exemplos. 8. ¿Cales son as necesidades do desenvolvemento? 9. ¿Que elementos máis existen no desenvolvemento ademais da economía? 10. ¿Que é a sostenibilidade? 11. ¿Por que é insostible a presente situación do mundo? 12. ¿Que características ten a presente situación do mundo? 13. ¿Por que as dictaduras non poden satisfacer as necesidades do ser humano? 14. ¿Por que necesitamos liberdade e bens materiais para acadar a felicidade?

Para saber máis. . . Textos a comentar Simon 281 Lomborg 327

174

Lección 29

Cidadáns dun só mundo

Recoñecemento da pertenza a unha cidadanía global e identificación e valoración dos procesos que poderían contribuír a unha globalización ética. o pacifismo como un dereito de cidadanía global Título alternativo: Como ser un cidadán do mundo. Lección 28: A cidadanía global 28.2 Precisamos ideas sobre a comunidade de intereses e a solidariedade humana en economía hai que explicar o malo do proteccionismo económico que é un egoísmo cego, nacionalismo, intereses galegos intereses españois, que só funciona a curto prazo. hai que explicar porqeu o liberalismo económico é bo para todos, e o medo qu producen as reconversións de agricultura, da pesca, etc. 28.3 Séneca, Montaigne, Kant se dúbida podemos atopar razóns para o cosmopolitismo en Erasmo tamén. 28.1 Tradicionalmente non había guerras nacionalistas. Agora, sí, Do que se trata é de quitar razóns para facer a guerra. Tanto nacionalismo como relixión. Hai que contradir a idea do choque das civilizacións (Huntington)

¿Para que serve esta lección? Para aprender que é a cidadanía global e como podemos exercerla ben.

¿Por que todo isto é importante? Porque vivimos nun mundo globalizado, ser bos cidadáns del é a mellor manera de contribuír a que funcione ben.

¿Está todo o mundo de acordo? Probablemente igual que coa globalización, os conservadores. 175

Lección 29. Cidadáns dun só mundo

¿De que se trata? ¿Que problemas filosóficos hai? De novo os conservadores.

¿Que problemas prácticos hai? Como tomarse en serio unha cidadanía sen estructura política, e desde logo sen estructura democráticas.

¿Que precisamos? Ideas prácticas sobre como colaborar para mellorar o mundo como unha unidade.

¿Que din os filósofos? ¿Que podemos pensar? Que é a globalización Que dimensións ten? económica política social cultural Que é a cidadanía global? Por que se precisa? Que necesitamos para ser cidadáns globais? Como podemos axudar ao proceso?

¿Que debemos facer? Todos os seres humanos somos libres e iguais en dignidade e dereitos. Ningunha das nosas diferenzas naturais ten importancia á hora de establecer as normas que debemos seguir ou de escoller os nosos valores. Sexo, raza, aspecto físico, lingua, relixión, preferencias sexuais, lugar de nacemento, etc., ningunha destas características xustifican o maltrato ou a discriminación entre as persoas. Aínda que as persoas estamos divididas en moitos estados, e aínda que existen partidarios da creación de máis estados, todos debemos considerarnos como membros dunha soa comunidade, formada por todos os seres humanos, cos mesmos dereitos e deberes ca nós. 176

Lección 29. Cidadáns dun só mundo Do que se trata é de pensar en principios, non en intereses. Os principios son dereitos e deberes comúns para todos. A extensión do federalismo pode levarnos a un goberno mundial co paso previo dunha verdadeira sociedade de nacións e co requisito dunha paz perpetua. Hai que enfatizar o pacifismo.

Convén recordar. . . • Posto que o mundo está cada vez máis unido, nós debemos empezar a considerarnos cidadáns con responsabilidade cara á situación xeral do planeta. • Debemos apoiar a democracia en todos os países do mundo porque é o mellor método de organización social. • Temos que favorecer o desenvolvemento económico dos países pobres para que todos os seres humanos disfruten do mesmo benestar ca nós. • Debemos presionar aos gobernos para que cumpran os dereitos humanos en todo o mundo. • Debemos aceptar a convivencia con persoas vindas doutros países e valorar como unha riqueza as súas aportacións culturais á nosa sociedade.

Cuestións sobre a lección 29 Para saber máis Textos a comentar

177

Related Documents

Base
December 2019 88
Base
May 2020 58
Base
June 2020 54
Base
October 2019 92
Base
December 2019 57
Base
October 2019 73