Acta+11-06-2009+word

  • June 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Acta+11-06-2009+word as PDF for free.

More details

  • Words: 431
  • Pages: 2
ACTA DA ASEMBLEIA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA XESTIÓN CULTURAL (AGPCX)

LUGAR: Biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporánea DATA: 11 de xuño de 2009 HORA DE COMENZO: 17:30h HORA DE REMATE: 19:00h

ORDE DO DÍA - Planificación do comenzo da actividade da asociación - Informar sobre a reunión mantida co Consello da Cultura - Designar dúas persoas para a asistencia á Asemblea Xeral da Federación Estatal de Asociaciones de Gestores Culturales - Aprobación do código deontológico da Xestión Cultural - Novos socios - Rogos e preguntas

Asistentes: Pilar López, Sonia Iglesias, Xavier Campos, Alberto García, Mónica Santos, Carmen Castro, María Paredes, Ignacio Oliveira, Marta Núñez, Xesús Antonio Jurjo, Carlos Lorenzo, Jorge Rivera, Pilar Paz, Antonio Piñeiro, Suso Amado e Manuel Freire.

A presidenta da asociación informa que enviuse un telegrama de condolencias á familia de Rubén García polo seu pasamento e que está feita a petición para a inclusión da asociación na Federación Estatal de Gestores Culturales (FEAGC).

1.- Planificación: Xavier Campos e Alberto García propoñen estructurar tres comisións de traballo para iniciar a actividade da asociación: -

Secretaría Técnica, traballaría nos temas de relacións internas entre asociados, captación de novos socios, comunicación interna e externa, páxina web…

-

Comisión de profesionalización e dereitos laborais: perfil do xestor, condicións de contratacións laborais, realacións coas administracións…

-

Comisión de formación: actividades formativas, cursos, seminarios….

A asamblea apoia esta proposta e establécense as comisións que estarían integradas polos seguintes asociados/as: Secretaria: Rosario Basanta, Suso Amado, Mónica Santos, Carlos Lorenzo e Ignacio Oliveira Profesionalización: Manolo Rúa, Ignacio Oliveira, Pilar López, Sonia Iglesias e Manuel Freire Formación: Xavier Campos, Alberto, Antonio Piñeiro, Jorge Rivera e Mónica Santos

Estas tres comisións elaborarán un plan de traballo que presentarán á Xunta directiva para a súa aprobación do prazo de un mes. Apróbase que a cuota anual para pertencer a esta asociación será de 60 € por asociado.

2.- Xavier Campos e Alberto dan conta da reunión mantida co Consello da Cultura Galega, nesta reunión. O Consello propón a asociación a colaboración para realizar actividades relacionadas coa xestión cultural. Ignacio Oliveira comenta non só debería ser unha colaboración, senón que o Consello debería axudar económicamente ao sustento da asociación, hai que buscar e propoñer as fórmulas adecuadas. 3.- Apróbase que Pilar López de Marta Núñez asistan á reunión da Federación Estatal de Asociaciones de Gestores Culturales que terá lugar o 11 de xullo en Madrid. 4. Queda aprobado e asumido por maioría o código deontológico elaborado pola Federación Estatal de Asociaciones de Gestores.

E non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión

Asdo. María Paredes