A Osa Maior

  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View A Osa Maior as PDF for free.

More details

  • Words: 1,041
  • Pages: 6
A Osa Maior, a Osa Menor e o Dragón Fai moito tempo, cando o ceo non era máis que unha enorme bóveda de pizarra, vivía nas montañas unha gran Osa. Era de cor prateado, pois así era a cor dos osos antes de que o home pisara a terra, un prateado tan brillante que cando se poñía o Sol ninguén era capaz de miralo sin entrepechar os ollos. Era fermosa, sabia e forte e por eso era a raíña das montañas. Co tempo a osa tivo unha filla, unha pequena osa prateada coma ela. Un día o Dragón de Prata, señor do Val da Auga que lindaba coa montaña, decidiu dar un paseo polo límites do val. O Dragón de Prata era o ser máis vanidoso que podía atoparse e ante todo estaba orguioso das súas escamas de prata. É por eso que cando veu a pequena osiña xogando nun río non pudo evitar que o brillo do pelo da criatura lle dera moita envexa. Levantou o vó e comezou a trazar círculos por riba dela e cando estaba a punto de lanzarse sobre a osiña e devorala chegou súa nai a Osa. Entón o Dragón púsoxe máis furioso todavía, xa que eran dúas as criaturas coa pel moito máis brillante que a súa, eso xa era demasiado!. Marchou a súa guarida para idear un plan e rematar con elas. Un día a osiña estaba xogando cando viu algo brillante no ceo que lle chamou a atención. Era o Dragón de Prata, pouco a pouco apareceu no ceo e díxolle: -

Ola osiña, a túa nai a Osa díxome que te recolla e te leve no meu lombo que quere verte.

A osiña tiña medo pero facíalle ilusión voar e foise con él.

Todas as familias das montañas reuníronse na cova da Osa. Os lobos rastrexaron a montaña e non atoparan pistas, as toupas foron polos túneles e nada e os falcóns dende as alturas tampouco atoparon nada. Estaban falando entre eles do que podería pasar cando chegou un sapo e dirixíndose a Osa díxolle: -

Ilustrísima Señora da Montaña, son un mensaxeiro do Dragón de Prata, el ten prisioneira a vosa filla. Para recuperala ten que ir a súa guarida e entregarlle a vosa pel entón a vosa filla quedará en liberdade.

A Osa non o dubidou e púxose en camiño. Cando chegou a guarida do Dragón de Prata falou con voz firme: -

Aquí me tes Señor, deixa ir a miña filla.

O Dragón sorriu e contestou: -

Non podo permitir que haxa ninguén no mundo cunha pel máis lustrosa que a miña.

E lanzouse sobre a Osa e comezou a loita. Durou 7 días e 7 noites. Pero o Dragón era unha criatura máxica e esa máxia debilitaba a Osa. A Osa antes de morrer agarrou ao Dragón con forza e saltóu con él ao río de lava que había ao pé da súa guarida, fíxoo para salvar a súa filla. A osiña quedou soa e chorou bágoas de prata. Chorou tanto que o GRAN ESPÍRITO colleu as bágoas e díxolle a osiña: -

Non te preocupes, a túa nai virá polas noites no firmamento.

E debuxou coas bágoas da osiña a OSA MAIOR pelexando co DRAGÓN para salvala a ela a OSA MENOR

.

E o GRAN ESPÍRITO quixo que todo o mundo o vira para que aprenderan que hai almas nobres que loitan contra a envexa e por elo convirteu as bágoas en estrelas.

(

En lugar da osa os SIOUX ven unha mofeta de longa cola)

A NOITE QUE O MUNDO ESTIVO A PUNTO DE PERDER A ESTRELA POLAR

Sabedes que os lobos son os vixilantes das estrelas, os que controlan o seu rumbo e dan a voz de alarma cando se perde unha delas? Escoita esta historia: Fai moito tempo nunha noite moi fría nas pradeiras norteamericanas unha estrela caeu do ceo no río que había cerca da guarida onde os lobos dormían tranquilos e fixo un barullo espantoso. O lobo que facía a garda mirou espantado coma no río millóns de luces intentaban inútilmente flotar e viu coma a bela estrela se estaba apagando e agonizaba.

Rápidamente cos seus aullidos chamou a centos e centos de animais. Peixes do rio, osos, aguias, bisontes, esquíos, cabalos, corvos, lobos, raposos, falcóns… chegaron ata o lugar do desastre. O lobo garda preguntoulle a estrela: -

Quen eres e que te pasou?

-

Son a Estrela do Polo Norte, creo que o Dragón co seu ruxido sacoume do meu sitio na Osa Menor, perdín o rumbo, caín e agora aquí estou, apagándome neste lugar. O terrible é que se eu morro, todas as estrelas morreran conmigo.

-

Tranquila, non deixarei que eso suceda.

Efectivamente, o irmán Lobo estaba ao frente daquel tumulto de animais e discutía a maneira de solucionar o problema. -

Se conseguíramos sacala da auga, izala e levala ata a Montaña Sagrada dos indios…

-

Sacala da auga está feito, dixo un gran oso.

E os peixes rodearon a estrela, empuxárona hacia a beira do río e o gran oso enganchouna cos seus poderosos brazos e quedou tendida na herba. O Lobo garda volveu a aullar e nesto apareceron moitísimo cabalos salvaxes que traían no seu lomo miles de arañas que se deixaron caer suavemente sobre as feridas sen luz da estrela. Texede, texede!- Pechade ben as feridas, antes de que sexa demasiado tarde, irmáns. Aullou o Lobo. E elas texeron sen descanso. Texeron as súas redes máis fortes e espesas. De súpeto a cima do monte encheuse de luceciñas que se movían con rapidez, eran los lobos, os bisontes, formigas, esquíos, páxaros… todos acudían levando os vagalumes que conseguiran espertar. E rechearon cos vagalumes os zurcidos da estrela, abrindo luces donde había escuridade. Aguias, falcóns, corvos… entre todos os páxaros levantaron a estrela e o gran oso colleuna cos seus poderosos brazos e pouco a pouco a levaron a cima da montaña sagrada dos indios e dende alí, coa axuda do Gran Espírito, a estrela volveu ao seu lugar no ceo e volve a brillar con forza para orientarnos a tod@s.

Deste xeito cando vexas unha estrela fugaz son os vagalumes que, coma premio, pasean polo firmamento iluminando todo coa súa luz maravillosa.

Related Documents

A Osa Maior
April 2020 3
Maior Que A Eternidade
November 2019 13
Osa - Pq1
July 2020 6
A Dor Maior Saudades
October 2019 22