Un Nadal En Galego

  • Uploaded by: Iván Méndez López
  • 0
  • 0
  • June 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Un Nadal En Galego as PDF for free.

More details

  • Words: 2,608
  • Pages: 18
novela A praia dos afogados Domingo Villar. Xerais As aventuras do inspector Leo Caldas teñen conquistado xa non só o corazón dos lectores galegos senón doutras moitas linguas europeas. Unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

Dime algo sucio Diego Ameixeiras. Xerais Dime algo sucio de Diego Ameixeiras é unha novela de intriga que pretende desvelar o misterio que une as vidas cruzadas de persoas moi diversas, que buscan atopar un anaco de esperanza nalgunha das fendas da cidade cero.

Memorias dun ninguén Carlos Mella. Xerais Desde a senectude o protagonista percorre o fío do tempo vivido: a Guerra Civil vista a través dos ollos dun neno, a mocidade durante o franquismo, a fartura da ilusión e as ambicións logradas... a inanidade final.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

novela O cabo do mundo Xabier Quiroga. Xerais Que farías se non che quedase nada de vida? Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou.

Diario dunha noiteboa Manuel Jacobo González Outes. Edicións Baía Partindo dunha sentenza xudicial pola que coñecemos a morte de Susana Figueiras, o protagonista, xornalista de profesión e historiador de vocación, escribe un diario a través do cal se nos desvela a vida dun grupo de estudantes de Universidade da Compostela, á súa propia, en que o pasado parece ter unha enorme pegada, o latexar da cidade compostelá... até levarnos a un final sorprendente.

O símbolo perdido Dan Brown. El Aleph Editores. O símbolo perdido é a nova novala do autor de "O código Davinci" e de “Anxos e demos”; unha obra de chea de misterios e de incógnitas que promete ser outro supervendas.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

teatro Unha primavera para Aldara Teresa Moure. Xerais A obra galardonada co Premio de Teatro Rafael Dieste 2007 da Deputación da Coruña e a triunfadora nos premios María Casares de teatro, é un exemplo case paradigmático do “teatro para ler” tocado polo encanto da literatura de Teresa Moure canto á selección do tema e do punto de vista, sempre novidoso e mesmo provocador.

Comedia bífida Manuel Núñez Singala. Galaxia Velaquí un xuízo á lingua. Ou ao emprego que dela facemos os galegos. Cómpre que esteades mortos para participardes nesta farsa do xuízo final. Se non o estades, quizais poidades asistir a este encontro con algunhas das situacións que a diario vivimos en relación co galego. Dispoñédevos a rir, sorrir e pensar

Glass city. A cidade de cristal Eduardo Alonso Ai dúas cuestións que forman parte esencial da obra: o lugar e a época. O lugar é a cidade da Coruña e a época é setembro de 1958. Nesta época pasaba varios días de veraneo o ditador Francisco Franco, na Coruña, e con el chegaban altos cargos do goberno e transformaban a cidade por uns días na capital do Estado.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

poesía Profundidade de campo Yolanda Castaño. Espiral Maior Premio Espiral Maior de poesía e Premio Ojo Crítico de Poesía.

A desaparición da neve Manuel Rivas. Alfahuara Con obra A desaparición da neve chega unha convulsión que transgrede límites e fronteiras. O título inclúe un CD que permite escoitar ao propio Rivas recitar con música de Pulpiño Viascón e César Morán. A obra está nas catro linguas do Estado.

Once máis 15 Ir indo Once máis 15 é un traballo que conxuga a poetas e músicos. Trátase dun libro con CD froito da unión entre once poetas galegos de todos os tempos e quince grupos da escena musical actual. Nesta suma, versos que van dende Rosalía e Curros ata Antón Lopo e Daniel Salgado convértense en cancións por virtude dun elenco variado de músicos no que conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e case todos os estilos imaxinables

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

ensaio - varios A cociña de larpeiros Benigno Campos. Galaxia Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da Televisión de Galicia, "Larpeiros". Un éxito de vendas que xa vai pola 5.ª reimpresión.

Humor gráfico galego. Da transición ao século XXI Varios autores. Ir Indo Esta obra recolle unha selección do que se publicou nas principais revistas de humor gráfico galegas, Can sen Dono, Xo! e Sapoconcho

A deleiba do mundo. Cando as nosas civilizacións esmorecen Amain Maalouf. Xerais Amin Maalouf intenta explicar como se chegou á deleiba actual do mundo e como se poderá saír dela.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

ensaio - varios De fala a lingua. Un proceso inacabado María Pilar García Negro. Laiovento É un volume en que se recollen artigos, estudos e traballos de María Pilar García Negro elaborados durante a última década, seguidos dun apéndice con interesantes documentos. Útil para se aproximar á situación sociolingüística do noso idioma na primeira década do século XX.

Episodios galegos. Tempos de esperpento Manuel Rivas. Xerais Manuel Rivas constrúe o relato da Neogalicia neoconservadora, dominada por un neocaciquismo posh, e onde a idea motriz de «facer país» foi substituída por un «proceso de deconstrución nacional».

As razóns do galego. Apelo á cidadanía Henrique Monteagudo. Galaxia A sociedade galega atópase perante un dilema crítico para o porvir: o abandono ou a promoción do seu idioma propio. Neste volume recóllense escritos e artigos arredor da situación actual do idioma galego e dos debates sociais sobre a lingua e as súas expectativas de futuro.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

xuvenil Ás de bolboertas Rosa Aneiros. Xerais Premio Caixa Galica de Literatura Xuvenil. Ás de bolboreta é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista. Na novela crúzanse historias humanas diferentes que, no seu conxunto, conforman unha radiografía da sociedade urbana actual: globalizada, interconectada e diversa

Faíscas María Canosa. Galaxia Como faíscas que se desprenden dunha fogueira nacen estes relatos. Como moxenas que salfiren de puntos de luz a noite, ese tempo feito para o acougo, para os soños ou para escoitar e ler historia.

O monstro das palabras María Reimóndez. Xerais Esta novela propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

xuvenil O contador de estrelas Jaureguizar. Edicións Obradoiro O contador de estrelas é unha novela sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madureza dun ha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade.

Bícame moun amour Anjel Lertxundi. Galaxia A protagonista deste libro recibe unha cámara de fotos como agasallo. Con ela na man, vai retratando todo o que a rodea. Mais... velaquí que as fotos roubadas tamén poden agochar suxestivas sorpresas!

Makinaria Carlos Negro. Xerais Un libro a cara descuberta, espido, real. Un feixe de versos sen moralexa pero doloroso, que por iso mesmo consegue chegar ao lector, interpelalo e, se cadra, lograr que chegue a vello. Versos que contan historias, a vida de moitos mozos que pode que se recoñezan nun poemario, o que non é pouco.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

infantil Mil cousas poden pasar Jacobo Fernández Serrano. Xerais Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009.

Valados Agustín Fernández Paz. Xerais Helena e Xoel son amigos inseparables. Na súa vila comezan a suceder feitos que os desacougan; semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas e deixou no seu lugar odio, xenreira e medo. Axiña se erguen altos valados para separar e illar unhas persoas doutras. Valados visibles, e tamén invisibles, que os afastan. Os dous terán que idear mil e unha artimañas para manteren viva a intensa amizade que os une.

Furacán Txabi Arnal. Kalandraka Texto de gran beleza literaria construído a partir da idea do efecto bolboreta. Fronte ao terrible furacán que atemoriza a toda unha poboación, cun simple aleteo unha fráxil bolboreta devolve as cores que roubara o vento e muda así a tristeza pola ledicia.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

infantil O maquinista Antón An Alfaya. Xerais Recuperación dun clásico do teatro infantil galego. Obra nun só acto, protagonizada por Antón, o maquinista que está agochado e non quere conducir ningunha máquina máis. Ilustracións de Santy Gutiérre.

A illa dos cangrexos violinistas Xavier Queipo. OQO Moi pretende saber máis sobre os tímidos habitantes da súa illa, os cangrexos violinistas, e non cederá no seu empeño ata acadalo. Para alcanzar este obxectivo, Xavier Queipo amósanos que tan importante é a sabedoría dos maiores como a capacidade de aprendizaxe por un mesmo, algo que tanto valoran os máis pequenos e cos adultos debemos saber alimentar.

Oda a unha estrela Pablo Neruda. Kalandraka No alto dun rañaceos, alguén rouba unha estrela. Mais, no momento de gardala no peto, comeza a súa odisea para agachar semellante tesouro. Este libro é un poema de Pablo Neruda que brilla resplandecente nas ilustracións de Elena Odriozola.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

primeir@s lectores Mil cousas poden pasar De Xoan G. Biblos O Apalpador é un personaxe mítico galego que polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, alén dos xoguetes, unha presa de castañas..

O meu pequeno amimalario Baía Edicións (+4) Unha colección interactiva e divertida para comprender a vida dos animais. Xogos pedagóxicos para nenas e nenos. A montaña e o bosque, Mares, ríos e lagos, As crías dos animais salvaxes, Os animais da granxa son os catro libros que forman parte da colección.

Mago Goma Toño Núñez (+3). Kalandraka Mago Goma é un conto rimado que describe, por dentro e por fóra, a este divertido personaxe, entrañable e excéntrico á vez. Un mago que, malia que pareza algo tolo, en realidade está de volta do mundo.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

primeir@s lectores Un gran soño Felipe Ugalde Kalandraka. (+4) Un gran soño, con texto e ilustracións de Felipe Ugalde, gañadora do II Premio Internacional Compostela, un microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía.

Fiz, o coleccionista de medos Fina Casalderrey. OQO (3/7) Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos sacando partido do que, en principio, pode ser considerado unha limitación. Unha invitación a rirnos sempre de nós mesmos. Con ilustracións da portuguesa Teresa Lima.

Carola, a carteira centola Mau e pin (+5) Carola, a carteira centola, está protagonizado polos mariscos máis habituais da natureza galega (a centola, o lagostino, a vieira, a ameixa, o camarón…), abordándose, ademais, os instrumentos e xéneros musicais populares e a localización dalgúns dos faros da costa galega.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

música Alborada do Brasil Carlos Núñez Novo álbum de Carlos Núñez, premiado este ano como Mellor Artista Continental nun prestixioso galardón irlandés, onde fai unha viaxe extraordinaria na procura das conexións musicais entre Galicia e O Brasil .

Os soños que volven Susana Seivane 4.º disco da gaiteira cambresa en que repasa a música galega que foi deixando pegada na súa vida..

Benzón Guadi Galego Vinte e cinco colaboradores únense a Guadi Galego para crearen un disco repleto de estilos musicais, tons e ambientes cuxo elo de unión é a voz de Guadi Galego. .

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

música Cuarta potencia The Homens Novo disco deste cuarteto de pop galego que supoxo aire fresco na música galega.

...Em terra de ninguém Som do Galpóm Primeiro disco de Som do Galpóm, unha fusión de ritmos funkie, reagge, raps, todo cuns temas combativos e festeiros ao mesmo tempo. .

Terra de soños Fuxan os ventos Edición que recolle os dous concertos do mítico grupo do folk e da canción galega que re realizaron en Compostela o outono pasado como regreso do grupo aos encenarios, despois de case 20 anos sen actuaren xuntos.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

filmes e dvd Pradolongo Director: Nacho Villar. Reparto: Tamara Canosa, Rubén Riós, Roberto Porto. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos cumpriron a maioría de idade. O verán preséntase coma tantos outros cheos de ledicia, mais o amor que os dous xoves comezan sentir por Raquel e a posible venda aos pais de Armando dun prado de alta montaña cunha lagoa glaciar que é propiedade dos pais de Martiño van facer que as cousas se compliquen.

Os soños do mar Daniel López Documental que relata a vida da xente do mar. Rodada en Laxe, conta a vida dos mariñeiros e dos seus labores, dende a importancia da muller até o papel dos homes cando no van ao mar. Unha achega á nosa cultura do mar.

Os mortos van a presa A grande triunfadora dos premiso Mestre Mateo deste ano, con 9 galardóns. Unha camioneira chega a unha pequena vila mariñeira galega e o seu vehículo queda atrancado ao impedirlle o paso un monumento surrealista cuxo autor vén de finar. O morto non poderá ser enterrado porque o mesmo camión impide o paso da comitiva fúnebre e comeza así un longo velatorio

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

filmes e dvd Flores tristes Teo Abad As últimas fosas comuns abertas en Europa non foron en Srebrenica ou Kosovo. Realizáronse en 2007, no extremo máis occidental do continente europeo, nun dos seus finisterres: Galicia. E foron as da guerra e posguerra máis antiga da idade moderna, a máis idealista e internacional das guerras europeas e preludio da segunda guerra mundial: a guerra de España. 70 anos fixeron falla para que se comezaran a abrir estas fosas.

Doraemon e o reino de Kibo No novo episodio de Doraemon, Nobita atopa unha planta pequeniña na montaña que hai detrás da súa escola. Logo de decatarse de que o vexetal comeza a moverse decide levalo para a casa e bautizalo co nome de Kibo. Un día, mentres Nobita e os seus amigos xogan con Kibo na montaña, comezarán a caer uns raios. Xunto cos raios chega un tornado que os arrastra ata o seu interior e que os transporta a un mundo completamente poboado de vexetación: o Planeta Verde.

Shin Chan. Tres minutos para salvar o mundo Neste novo título, o pequeno fervellasverzas terá que enfrontarse a numerosos monstros que intentarán ameazar o equilibrio do planeta. O ataque destes monstros espertará a sede de xustiza de Shinnosuke e a súa familia, que intentarán devolver o mundo á normalidade. Para conseguir superar a proba con éxito, Shin Chan, acompañado polos seus amigos, emulará os seus heroes preferidos: o Porquiño Pirata, Ultraheroe e mais Súper-Robot.

un Nadal en galego. Concello de Cerceda

Neste documento achegamos algunhas propostas para agasallarmos aos nosos seres queridos. Todas elas para lermos, para escoitarmos e para vermos en galego. Todas elas para gozarmos e compartirmos, entre todos, a felicidade e a grandeza de posuirmos unha lingua de noso.

Concello de Cerceda

Servizo de Normalización Lingüística

Related Documents

Un Nadal En Galego
June 2020 2
Nadal
December 2019 30
Nadal
November 2019 31
Nadal
December 2019 25
Nadal
April 2020 19

More Documents from "cuturomareda"

November 2019 94
May 2020 52
Evaporadores.docx
May 2020 44