Creación dunha galería de imaxes con PowerPoint 1. Abre o PowerPoint. 2. Busca o menú Insertar Imagen Nuevo álbum de fotografías. 3. Pulsa en Inserir imaxe de: Arquivo ou disco. Busca o cartafol onde teñas as fotos. Selecciónaas (se queres coller todas fai clic na primeira e clic na última coa tecla de maiúsculas pulsada. Se son varias podes ilas seleccionando coa tecla Ctrl pulsada). Pulsa en Inserir. 4. Selecciona o número de imaxes que vai haber en cada diapositiva (deseño da imaxe). Podemos marcar a casilla “Títulos debajo de TODAS las imágenes” se dimos nomes representativos ás fotografías. 5. Pulsa no botón “Crear”. 6. Na primeira diapositiva deseña un título para o traballo. Podes aproveitar os cadros de texto que deixa o programa ou eliminalos e crear unha portada con imaxes, wordart, cadros de texto… 7. Para diminuír o tamaño do arquivo convén comprimir as imaxes á resolución que pode mostrar a pantalla. Para elo temos que seleccionar calquera da fotografía e, na barra de ferramentas imaxe, buscamos a icona “Comprimir imaxes”. Temos que marcar “Todas las imágenes del documento” e unha resolución en web o pantalla (96 ppp).
8. Engade unha diapositiva ao final na que figure o teu nome e a data na que fixeches o traballo. Garda a presentación. 9. Podes facer que o paso de diapositivas sexa automático elixindo transición de diapositivas na pestana da parte superior do panel de tarefas da dereita (se non está activo ábreo co menú Ver Panel de tareas). Podes poñer un efecto á transición, un tempo e pulsar no botón “Aplicar a todas las diapositivas”. 10.Garda a presentación. PowerPoint admite dúas formas de gardala: PPT (presentación con diapositivas) e PPS (presentación con diapositivas de PowerPoint. A diferenza entre elas é que as PPS execútanse a pantalla completa cando facemos clic-clic sobre a súa icona. Convén usar este formato cando temos a presentación rematada para facilitar a tarefa de utilizala na clase. 11.Podes subila a Internet mediante páxinas que almacenan presentacións convertidas ao formato flash como Slideshare (http://www.slideshare.net/), Slideboom (http://www.slideboom.com/) ou Scribd (http://www.pdfcoke.com/).