Nosletrasgalegas-16-05-09

  • Uploaded by: Xornal de Galicia
  • 0
  • 0
  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Nosletrasgalegas-16-05-09 as PDF for free.

More details

  • Words: 12,564
  • Pages: 16
letras ornal DE GALICIA

S U PL E M E N TO D E C U LT U R A

galegas 1 6 D E M A I O D E 2 0 0 9. N Ú M E R O 2 3

RAMÓN PIÑEIRO

2 nós I día das letras galegas

XORNAL DE GALICIA 16 de MAIO de 2009

EDITORIAL

É preciso un sinal as mobilizacións convocadas para mañá por varios colectivos en defensa da lingua galega parecen un anacronismo, pero non o son. A recuperación do galego, a súa cobertura legal, a súa reimplantación no ensino, con todos os matices posíbeis, pertencían até hai moi pouco a ese territorio gañado coa chegada da democracia e a aprobación do Estatuto de Autonomía. A Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega gozaban da unanimidade parlamentaria necesaria para pasar a integrar a centralidade do que se dá en chamar o espírito do autonomismo. A volta atrás, como en calquera outro elemento esencial dese complexo crebacabezas –calquera comparación sería ferinte– non era previsíbel, despois de todos os sacrificios simbólicos e todas as negociacións investidas na construción dun consenso. En boa parte, iso permitiu refundar o Día das Letras Galegas, menos unha reivindicación da lingua feble que unha celebración da literatura galega e da soberanía, tamén lingüística, de Galicia. O escenario creado durante a campaña das últimas eleccións ao Parlamento de Galicia mudou por completo esta situación. A ofensiva do Partido Popular, non só contra o decreto que desenvolvía o marco legal precedente e daba un paso máis na reimplantación do galego na sociedade a través da escola, senón tamén contra o modelo feijóo empeza lingüístico que se viña a a comprender que invocar no Estatuto de Autonomía, alertou aos gobernar para sectores máis sensíbeis todos e atacar da sociedade civil e da pol ít ica de pa r t idos. ao galego é unha Diante da crecente contradición polarización do debate, agravada pola temporal indefinición do PSOE e pola radicalización dalgúns sectores do PP e de colectivos como Galicia Bilingüe, provocou na sociedade tomas de posición públicas que moitos consideraban improbábeis nesta altura. O galego, como calquera outra lingua, estará vivo en canto que haxa xente que o fale e que considere irrenunciábel o seu dereito democrático a aprendelo e a empregalo con normalidade. Xa instalado en San Caetano, o presidente da Xunta porfía na derrogación do decreto e no cambio do modelo. O nomeamento de Anxo Lorenzo como secretario xeral de Política Lingüística, un golpe de efecto moi oportuno, a dous días de que milleiros de persoas se manifesten en Santiago coincidindo co Día das Letras Galegas, foi recibido en moitos sectores como un convite á tranquilidade e un garante de que as cousas, dentro do malo, non irán a peor. Tamén como un indicio de que Alberto Núñez Feijóo está empezando a tomar conciencia de que minguar os espazos de protección do galego e gobernar para todos é, en por si, unha contradición. Dito doutro xeito, de que malia a non pactar previamente a súa decisión cos partidos da oposición, renunciando de facto ao consenso no Parlamento, o líder do PP está recuando ante o disenso cidadán. Por iso o domingo é un día tan importante: porque nunca antes, dende a aprobación da Lei de Normalización Lingüística, fora tan necesario un sinal. l

XORNAL DE GALICIA 16 de MAIO de 2009

día das letras galegas I NóS 3

Ramón Piñeiro: unha ferida aberta entre o tótem e o tabú

Se toda escolla no Día das Letras Galegas é un autorretrato da Real Academia Galega, e polo tanto opinábel, poucos candidatos hai tan capaces de xerar polémica como Ramón Piñeiro, sobre todo polo seu papel na historia do nacionalismo galego contemporáneo, talvez non tan central como se adoita pensar. por iago martínez ilustración pilón tabarés Como ensaísta ou como fundador e director literario da editorial Galaxia, dende onde intentou privilexiar uns repertorios sobre outros sabedor de que tamén os xéneros literarios teñen unha dimensión política, Ramón Piñeiro (Láncara, Lugo, 1915-Santiago de Compostela, 1990) non foi alleo á literatura galega. Con todo, é obvio que non foi a súa contribución ás letras, senón o seu papel central na formación do nacionalismo galego contemporáneo, por activa ou por pasiva, o que levou á Real Academia Galega (RAG) a dedicarlle este ano o Día das Letras Galegas, unha festa en constante transformación. Talvez a figura de Piñeiro, que pasa por ser o responsábel da liquidación do Partido Galeguista e un freo á articulación partidaria do nacionalismo galego durante a ditadura franquista, contra a que impulsou a fórmula culturalista –tamén política– de Grial e Galaxia, sexa o retrato máis preciso da Academia actual, como sostén o crítico Isaac Lourido. Sería a súa, xa que logo, unha escolla deliberada e coherente cunha certa idea de galeguidade coa que se pode discrepar abertamente. Con todo, se o Día das Letras é unha celebración, como parece indicar o seu nome, da literatura de noso, tampouco parece insensato procurar fórmulas máis acaídas para a promoción da tal literatura, como reivindica o escritor Marcos S. Calveiro. Pregúntase o autor de Festina lente se non sería mellor buscar figuras, voces, obras, máis capaces de interpelar aos nenos e ás mozas, os falantes e as falantes

do futuro, que a Filosofía da saudade de Piñeiro ou calquera dos volumes que estes días abren en canal a traxectoria política do seu autor e deixan tan exhausta a súa memoria como o interese dos cidadáns, cando menos dos que non se dedican á ciencia política ou á investigación. Pódese discutir tamén se cómpre mudar a fórmula. Se valen épocas, correntes, grupos, obras e xéneros da literatura galega ou se o único xeito válido de celebrar, sexa a literatura, sexa a soberanía, é o de consagrar un día e unha colleita editorial a un autor que leve cando menos dez anos morto. E de ser a galeguidade e non as letras o que se celebra, que hai dos músicos e dos artistas plásticos? Que hai dos traballadores do metal e dos empresarios? Que hai do Prestige? Non está moi claro. e piñeiro, de quen é? Con todo, non é posíbel pensar –ou repensar– a festividade sen poñela a carón do seu contexto actual. Sen diálogo coa sociedade, coa lingua e, sobre todo, co poder político, é difícil dicir en que consiste. Se foi un lugar da memoria, un tótem en tempos de represión política, debe ser agora unha icona de autocelebración, un himno, unha melodía enfática (ou fática) da autonomía. Porén, ante a mobilización que varios colectivos convocaron para mañá nas rúas de Santiago, en defensa da lingua galega e contra a derrogación do decreto que deu un paso máis na súa implatación no ensino, cómpre preguntarse algo: segue a ser o Día das Letras Galegas un acto institucional? No ritual de cada 17 de maio, o presidente da Xunta

se é unha certa idea da galeguidade e non a literatura o que se celebra, que hai dos músicos ou dos traballadores? agora que tanto os que atacan a lingua como os que a defenden o reivindican, quen son piñeiristas?

reivindicou para si o herdo e a praxe política de Ramón Piñeiro, ao mesmo tempo que dende outras posicións políticas se chama pola figura do intelectual de Láncara precisamente para facer todo contrario: lembrarlle ao Goberno que de prosperar a súa ofensiva contra a lingua estaría a crebar, por primeira vez en democracia, o espírito do Estatuto do que Piñeiro é, cando menos, coautor. De quen é, pois, o que fora primeiro presidente do Consello da Cultura Galega? O galeguismo convertérase nos últimos 30 anos nunha certa temperatura institucional, nun repertorio simbólico ligado ao Estatuto de Autonomía, unha peaxe confortábel, e iso, máis ou menos, con matices, era culpa (ou un logro) da vía Piñeiro, da galeguización de todas as forzas políticas. Porén, agora que se discute, dende o propio goberno da Xunta, un dos elementos centrais dese repertorio, como é a lingua galega e a súa recuperación, quen son hoxe os piñeiristas? Medir a influencia que un home ten na historia dun país é un exercicio arriscado, como lembraba estes días o filósofo Antón Baamonde. Non obstante, a capacidade que algúns teñen de irritar ou mobilizar, de encarnar todos os males ou todas regalías mesmo vinte anos despois de morto, está fóra de toda dúbida. A liorta de Méndez Ferrín con Piñeiro pertencía ao seu tempo histórico, pero porfiar hoxe na inabarcábel responsabilidade de Piñeiro parece máis ben unha síndrome colateral da xerontocracia. Unha psicose colectiva. Máis que unha oportunidade para pensar e unha coartada para a autocrítica, un atallo irresponsábel. n

4 NÓS I DÍA DAS LETRAS GALEGAS

XORNAL DE GALICIA 16 DE MAIO DE 2009

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ

1 9 1 5

O 31 DE MAIO nace no seo dunha familia labrega na parroquia de Ármea, no concello lugués de Láncara. Os seus pais, Vicenta López Fernández e Salvador Piñeiro García, tiveron oito fillos, entre eles Ramón Piñeiro. Tres morrerían sendo aínda uns nenos.

1 9 2 4

ESTUDA EN LUGO o bacharelato elemental e descobre a literatura en lingua galega a través dunha antoloxía de poetas. A precaria situación económica da familia obrigarao a deixar os estudos e regresar á casa familiar para dedicarse aos labores do campo. De alí vai para Sarria a levar a contabilidade no comercio de tecidos dun amigo do seu pai.

1 9 3 1

Construíndo o país arredor dunha mesa de braseiro

LECTOR ASIDUO de El Pueblo Gallego El Sol, onde escribían varios intelectuais galeguistas, Ramón Piñeiro acaba por tomar conciencia política nun mitin do galeguista Lois Peña Novo, que pasara por Sarria a canda Ánxel Fole a piques de se instaurar a II República xa fora proclamada. Era a primeira vez que escoitaba a un político falarlle en galego á xente.

SONIA DAPONTE

Ramón Piñeiro sempre será recordado como un formador de masa crítica nos últimos anos da ditadura franquista. O lugar onde forxou isto? Xelmirez, nº15. POR VÍCTOR PAZ MORANDEIRA F    como un intelectual na sombra que se dedicou a formar elites para camiñar cara á democracia cunha perspectiva galeguista, unha vez caído Franco. A súa figura, importantísima para entender a política do país, teceu todo este discurso, non en grandes aulas mestras, senón a carón do seu braseiro, no mítico apartamento da rúa Xelmírez, en Santiago de Compostela. O intelectual galego convocaba alí, á súa mesa, a todo aquel que estivese interesado en traballar pola cultura de Galicia entre os 60 e 70, principalmente estudantes de universidade ou persoeiros recoñecidos, como Isaac Díaz Pardo, que coñeceu o piso sendo moi novo, antes da guerra, cando Piñeiro nin sequera vivía alí. “Hai unha cousa que se está a esquecer, e é que a casa de Xelmírez –entón a rúa chamábase Rego de Auga– era, e é, dos García-Sabell”, aclara o histórico artista. Domingo García-Sabell foi un importante médico, tamén escritor, político e profundamente humanista, que estaba comprometido con aqueles que se opuñan á ditadura franquista. “García-Sabell tratou de protexer todo o que puido a Ramón Piñeiro. Entón, deixoulle un piso alí gratuitamente”, explica Díaz Pardo, que recorda como había un acordo entre os dous escritores para que Piñeiro levase as relacións públicas dos convidados de García-Sabell. Alí fundaron o Instituto Galego de Información (IGI), do que

NA CASA DO LUGUÉS, PROPIEDADE DOS GARCÍASABELL, FORMOUSE UNHA ELITE GALEGUISTAS ALÍ NACERON, ENTRE OUTROS PROXECTOS, O INSTITUTO GALEGO DE INFORMACIÓN E A REVISTA ‘TEIMA’

Reprodución do gabinete de Piñeiro na Casa Galega da Cultura, en Vigo

Díaz Pardo é hoxe conselleiro delegado. “A nosa relación con Piñeiro foi moi estreita. Foi o presidente durante moitos anos”, di o intelectual santiagués, que coñeceu a Piñeiro en Vigo, cando o primeiro saía do cárcere. O SÓCRATES GALEGO O salto temporal é de case vinte anos, cando un dos fundadores da editorial Galaxia, creada en 1950, xa se estaba a labrar a súa fama como o Sócrates galego, que vería consolidada coas charlas na mesa de braseiro de Xelmírez, isto é, a ‘mesa camilla’ do gabinete que estes días se amosa, reconstruído, na Casa Galega da Cultura, en Vigo. Isto venlle polas súas “dotes pedagóxicas impresionantes”, comenta o escritor Xosé Luís

Franco Grande, que viviu “porta con porta” con Piñeiro durante cinco anos. “Tal como estaba Galicia nese momento, todo aquel que estivese facendo algo polo país, escribindo, investigando, todo o mundo pasaba por alí, porque Piñeiro era un home que tiña unha capacidade enorme para facilitar temas, traballos, bibliografía, poñer en contacto aos uns cos outros… E nese aspecto era, como poucos, único”, indica o académico e recoñecido autor de Brétemas de vieiro. E cita, dentro desa listaxe, nomes como os de Xosé Manuel Beiras, histórico dirixente do BNG; Xosé Luís Rodríguez Pardo, senador do PSOE na Coruña e fundador do Partido Socialista Galego (PSG); o seu compañeiro de partido Mario

Orjales; ou o doutor Gustavo Docampo. Do ámbito das artes, deixábanse caer por alí artistas como Luís Seoane. O xornalista Luís Álvarez Pousa, actual director de Tempos Novos, ten unha longa experiencia neste tipo de iniciativas editoriais. Recorda como fundaron alí Teima –xunto con Xosé Manuel Beiras e Carlos Casares, entre outros–, a primeira en galego na posguerra. Pousa, habitual de Piñeiro, recórdao como “inflexible, pero reflexivo”. Un home que “rebatía todo”, en cada unha das mesas que el frecuentaba, pois segundo este xornalista e profesora da Universidade de Santiago, a de braseiro non era a única mesa onde o homeanaxeado no Día das Letras Galegas deste ano despregaba “as súas maneiras socráticas”. Parecía facelo sempre que se lle presentaba a oportunidade. Ademais da cadrada á que se refiren todos como a ‘camilla’, Pousa recorda que había unha “rectangular no comedor, que tamén daba á galería”. Alí discutiría un proxecto de xornal frustrado, Galicia, do que non obstante garda bos recordos das charlas con xente como o escritor Lorenzo Varela e, noutras ocasións, no mesmo lugar, a Ánxel Fole, Rafael Dieste, Torrente ou Josep Benet. Do piso de Xelmírez parece gardar bos recordos: “Daquela estancia case monacal gardo na memoria un montón de secuencias, con Piñeiro en actitude de estudo ou reflexión, cartas manuscritas para o correo, cos últimos libros recibidos á man, de costas á galería, sorrinte e preguntando de entrada polos meus, sen nunca apurar as agullas do reloxo”, comenta. As présas non parecían ir con el, e a familiaridade que emanaba Piñeiro nestes encontros era desmesurada. “Cando o coñecín, quedei coa idea de que Piñeiro era un rapaz case tan novo coma min. Sempre o tratei de ti, porque fiquei con esa impresión”, di o filósofo Andrés Torres Queiruga, quen apunta algo similar a Pousa cando recorda o piso de Xelmírez: “Recordo, por un lado, esa acollida, sempre disposta,

XORNAL DE GALICIA 16 DE MAIO DE 2009

PIÑEIRO PORFÍA, como outros moitos mozos do seu tempo, en contactar cos líderes do Partido Galeguista (PG), fundado por Antón Vilar Ponte, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. En Lugo, coñecerá a Ánxel Fole, Pepe Gayoso, Luís Pimentel, Lorenzo Varela e moitos outros, organizados arredor das Mocidades Galeguistas, e publicará o seu primeiro artigo na revista El Yunque.

sempre aberta. Ao mesmo tempo, sempre admirei moito que el tiña o teléfono no corredor e non tiña inconveniente en, sempre que recibía unha chamada, levantarse e atendela, e volvía sentar. Esa era a vida austera de Piñeiro. Era algo especial. Non cabe dúbida”. Xosé Luís Franco Grande parece coincidir. Trataba temas profundos “sen a menor pedantería, case como tomando un café. Eu dicíame: ‘A min isto estame abrindo o mundo, cando parece que na universidade mo estan pechando”. GALEGOS POR NACIÓN As conversas ás que se refire versaban, moi habitualmente, sobre política. Unha vez, Piñeiro dixo: “Somos galegos por nación, españois por historia e europeos por cultura”. Esta frase resume perfectamente o seu

DÍA DAS LETRAS GALEGAS I NÓS 5

1 9 3 2

VOLVE A LUGO para rematar o bacharelato e continuar logo os estudos universitarios. Acode asiduamente aos locais do Partido Galeguista, xa como membro das Mocidades, e mantén o contacto con Fole, Gayoso e Varela. Do primeiro admiraba a formación humanística. Do segundo, a súa sutil intelixencia abstracta e matemática. Do terceiro, o seu apaixonamento trostkista.

“OS DESACORDOS POLÍTICOS”, RECORDA POUSA, “NUNCA MINARON A RELACIÓN FRATERNAL QUE HABÍA” TORRES QUEIRUGA CRE QUE A TEORÍA PANGALEGUIZADORA FACÍAO UN ADIANTADO AO SEU TEMPO

1 9 3 4

O COMPROMISO POLÍTICO de Piñeiro vai en aumento. participa na campaña polo Estatuto de Autonomía e no ‘Mitin das Arengas’ de 1934, desta volta dende a tribuna dos oradores. Tres anos antes, Otero Pedrayo e Alfonso Castelao saíran elixidos deputados.

galeguismo de corte federalista e europeísta, polo que foi tan criticado por diversos sectores do nacionalismo, que vían nel un Xudas. “O fillo sempre mata ao pai”, opina Pousa, que matiza: “Os desacordos políticos, que os houbo, non conseguiron minar esa relación fraternal e intelectual, como cando me amosei crítico coa operación que el mesmo ideara e que supuxo a súa inmersión como independente nas listas do PSdeG, co obxectivo de evidenciar a súa teoría pangaleguizadora” O certo é que algo de razón debía levar, opina Franco Grande, cando “o BNG só tivo opción de goberno co PSOE, o que é unha forma máis de marxinalidade”. Explica que un día Piñeiro confesoulle: “Entendo que non ten sentido ningún promover un partido galeguista, porque é unha

1 9 3 6

cousa moi fráxil”. El cría que o galeguismo debía entrar en todas as forzas políticas, de esquerda e de dereita, porque era a única forma de ter peso en Madrid. “Era unha convición profunda del e, ademais, eu penso que profundamente xustificada”, opina Andrés Torres Queiruga. O filósofo di que “soñaba cun federalismo peninsular que preservase ben, comunitariamente, os dereitos dos distintos pobos de España”. Todo isto soa á Europa das rexións, o que converte ao intelectual galego nun verdadeiro adiantado ao seu tempo. Pero a súa grandeza non era só política, senón que englobaba todas as áreas do coñecemento. “Unha das cualidades que eu máis estimo de Piñeiro era o seu profundo humanismo, a amplitude do seu espírito, que se interesaba por todo e respectaba

O 18 DE XULLO DE 1936, cando se inicia a sublevación contra o goberno, Ramón Piñeiro estaba na sé do Goberno Civil para informarse do estado da rebelión e atender as instrucións que puidese cursar o goberno republicano. Rematou detenido. Aconsellado por un amigo, alístase no exército nacional e vai á fronte de Teruel como soldado.

a autonomía das distintas facetas da cultura”, explica Torres Queiruga, que recorda como lle preguntaba “por asuntos de filosofía para estar ao día, pois a política mantíñao ás veces moi ocupado. El estaba interesado en crear unha teoloxía galega, pensada dende aquí e no idioma de Galicia”, engade. “Para el, máis importante que escribir, era que os demais o fixesen, que se promovera un verdadeiro movemento cultural galeguista. Todos os pasos que deu, todas as decisións que tomou, todas miraron ao mesmo, a galeguizar Galicia”, indica Franco, que define a Piñeiro como “o gran animador da Galicia dos anos escuros, anteriores á Transición”. “Un privilexio que nos seguiu regalando ata que morreu”, indica Pousa, e que nestes días revive con forza. 

6 NÓS I DÍA DAS LETRAS GALEGAS

1 9 3 6

NA FRONTE de Teruel, Piñeiro contacta con Marino Dónega, das Mocidades Galeguistas. Nunca esquecerá a imaxe dun cadáver vestido cun esmoquin a quen o estoupido das bombas fixeran saír do cadaleito. Insomne, metido nunha profunda depresión, medicado con ansiolíticos, os médicos fórono retirando pouco e pouco da fronte.

XORNAL DE GALICIA 16 DE MAIO DE 2009

1 9 3 9

ACABADA A GUERRA Piñeiro volve a Lugo para rematar os estudos de comúns na Universidade de Santiago e logo iniciar a especialización en Filosofía na Central de Madrid. Anos despois inicia os contactos, na clandestinidade, cos membros do Partigo Galeguista, primeiro con Illa Couto e Dónega e logo con outros. A finais de 1943, Manuel Gómez Román, Francisco Fernández del Riego e Enrique Peinador tomaron a decisión de reconstruír o Partido Galeguista, desfeito na práctica dende xullo de 1936. Piñeiro contacta entón con Plácido Castro, Manuel Peña Rei, Álvaro Gil, Marino Dónega, Carvalho Calero, Marinhas del Valle e Emilio Álvarez, entre outros. Todos concordan en que hai que poñer de novo en pé o partido.

1 9 4 4

NUNHA CASA de pescadores en Coruxo (Vigo) celébrase unha asemblea formal (e clandestina) dos militantes contactados por Piñeiro. A nova dirección do PG queda formada por Manuel Gómez Román (secretario xeral), Francisco Fernández del Riego (secretario de Organización) e Ramón Piñeiro (secretario político). Piñeiro inicia os contactos cos nacionalistas vascos e cataláns para que Galeuzca entrase na Asemblea Nacional de Forzas Democráticas, e tamén para que Castelao sexa o representante de Galicia no goberno da República no exilio.

1 9 4 6

GRAZAS AO PNV, Piñe e conseguir un ministe a Donostia e unha sem co dirixente republican

Os problemas do nacionalismo A historia de Ramón Piñeiro é indisociábel da formación do nacionalismo galego contemporáneo, que empeza a se configurar coa maioría de idade que a fundación do Partido Galeguista en 1931 supón para o movemento cultural de defensa da lingua iniciado dúas décadas antes. POR MIGUEL BARROS PUENTE R P naceu á vida política na etapa en que o nacionalismo cultural se transformaba en nacionalismo político. Viviu precisamente os problemas do nacionalismo. A creación do Partido Galeguista no ano 1931 define a maioría de idade do movemento cultural que, arredor da defensa da lingua, comezara no 1916 a precisar o elemento característico da nosa personalidade colectiva. Establecida a diferenza entre o galego e o non galego, a consecuencia política que se desprendía deste feito conducía directamente á reclamación do dereito ao autogoberno como obxectivo político fundamental. O núcleo nacionalista dos anos 20 e os mozos do 36 decantan no proxecto que representa a maduración organizativa do sentimento galeguista. Como é ben sabido, a teorización foi obra de Vicente Risco, a organización de Alexandre Bóveda e o liderado estivo representado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Na circunstancia histórica en que tales feitos se producían, o Partido Galeguista (PG) asignárase un obxectivo que culminaba as etapas prepolíticas do galeguismo e que tomaba forma na proposta do primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia ao abeiro da Constitución republicana de 1931. A REORGANIZACIÓN O primeiro problema do nacionalismo galego, despois da Guerra Civil, era a reorganización do PG. A seguir había que integrarse no esquema de forzas opositoras ao réxime e no esquema periférico de partidos nacionalistas, en Galeuzca. Hoxe está ben documentada a actividade a actividade de Piñeiro en todos e cada un destes procesos, e non imos afondar na importancia e significación da súa laboura na reconstrución do partido, na rehabilitación da

FONDO OTERO PEDRAYO DA FUNDACIÓN PENZOL

Ramón Piñeiro e a súa dona Isabel, no pazo de Trasalba, no verán de 1958. A canda eles, o propio Otero Pedrayo, Carballo Calero, Ánxel Fole, Antonio Rosón, Francisco Fernández del Riego, Parga Pondal, Franco Grande, Fermín Penzol, Xaime Illa Couto, Ferro Couselo e Viñas Cortegoso, entre outros

alianza cos nacionalistas vascos e cataláns ou na súa teimuda insistencia en incorporar a Galeuzca na Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD), que representaba a esperanza dunha alternativa á ditadura. A imposibilidade de remover a Franco do poder e a perspectiva dun longo periodo sen liberdades, facilitou un proceso de reflexión política adaptativa que vai callar nunha proposta ideolóxica revisionista do principio das nacionalidades, clave e sostén das diferentes doutrinas nacionalistas que alentan a actividade política das nacións sen estado. Este segundo problema ideolóxico ía delimitar con precisión as fronteiras entre galeguismo e nacionalismo galego. O galeguismo vai definir o ideal ético de compromiso de calquera galego, independentemente da súa ideoloxía política ou convición relixiosa, coa defensa da personalidade colectiva de Galicia

A IMPOSIBILIDADE DE REMOVER A FRANCO PROVOCA UN PROCESO DE REFLEXIÓN ADAPTATIVA PIÑEIRO PROPUXO A CULTURA COMO GRANDE OBXECTIVO POLÍTICO NACIONAL GALEGO

e o seu dereito a autogobernarse. O novo galeguismo dá por superada a etapa nacionalista e proclama a organización federal do Estado e a organización supraestatal de Europa nun modelo político que postula a prioridade da unión federal europea sobre a preeminencia que ata a II Guerra Mundial tiveran os estados-nación. Esta proposta foi elaborada no ano 1956 e nos papeles de Piñeiro aparece titulada modestamente como ‘Apuntes para a definición do galeguismo’. O espectro político galego comeza a súa cariocinese que, a mediados dos 60, presentará dous ámbitos ben definidos, representados polos partidos marxistas-nacionalistas dunha banda e as forzas galeguistas e autonomistas pola outra. Os primeiros reclamarán o exercicio do dereito de autodeterminación e a soberanía política. Os segundos propugnarán a

elaboración dun segundo Estatuto de Autonomía para Galicia dentro do marco da Constitución do 78. A mitose política do galeguismo entre revisionistas do principio das nacionalidades e os partidarios da autodeterminación e a soberanía abéiranos a outro terceiro problema ao que non permaneceu alleo Piñeiro e no que traballou con intensiva dedicación. Trátase da eiva colectiva máis lacerante infrinxida a Galicia pola historia, a Igrexa e o Estado. Un complexo colectivo de inferioridade vencellado a un idioma considerado de segundo nivel, ruralizado e excluído dos circuítos da ciencia e da arte. Esta eiva tolle a vontade colectiva para erguer a conciencia histórica do país á altura de proxecto colectivo nacional, conciencia inexcusable para reingresar na historia como pobo singular e diferenciado con cultura e valores propios

XORNAL DE GALICIA 16 DE MAIO DE 2009

eiro viaxa a París para entrevistarse con José Giral erio no exilio para Castelao. O 31 de febreiro chega mana máis tarde atravesa os Pireneos, entrevístase no e consegue o seu obxectivo. De volta en Madrid, onde se reúne con forzas antifranquistas, é detido a canda o anarquista vigués Juan García Durán, o vasco Koldo Michelena e os galeguistas de Monforte Cesáreo e Camilo Saco. Piñeiro ingresa en prisión.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS I NÓS 7

1 9 5 0

TRAS SAÍR DA CADEA en 1949, Piñeiro retoma a actividade. O 25 de xullo apróbase, nunha xuntanza no Hotel Compostela de Santiago, converter o PG nunha iniciativa editorial e fundar Galaxia. Como director literario, cobrará 1.500 pesetas ao mes. Pronto empezarán a publicar Grial e a Revista de Economía de Galicia.

A NOSA TERRA

1 9 5 7

NA ASAMBLEA DA ROSALEDA, a casa do doutor García Sabell en Santiago, os galeguistas do interior deciden, contra o Consello de Galiza que presidira Castelao, que a dirección política do galeguismo permanecerá en Galicia e que a súa expresión cultural sería Galaxia.

1 9 6 4

A FUNDACIÓN DA UPG en 1964, como antes a formación do grupo Brais Pinto en Madrid, evidencia a perda de infl uencia de Piñeiro e o grupo Galaxia sobre as novas xeracións, que discrepan cos postulados da vía culturalista e procuran unha ferramenta de acción política para o nacionalismo.

OPINIÓN

Foi necesario o sacrificio do Partido Galeguista? Justo Beramendi, profesor e Premio Nacional de Ensaio

Piñeiro, xunto a Miguel Barros, no Parlamento de Galicia

que achegar o venero común da Humanidade. Para encarar este terceiro e determinante problema, Piñeiro propuxo a cultura como grande obxectivo político nacional galego e dende Galaxia e Grial recuperou para o noso patrimonio literario e científico ao máis creativo e inspirado das nosas minorías intelectuais que na tarefa de recuperación científica do galego achegáronse ás clases populares e campesiñas para formar a unidade superior do pobo consciente dos seus dereitos.

A seguir, os problemas derivados do pluralismo ideolóxico do pensamento político galego atoparán solución cando o noso espectro político sexa entablado en formas partidarias permanentes polo electorado galego. Piñeiro aborrecía do mesmo xeito o pensamento único e o monolitismo político. 

Miguel Barros publicará este verán na editorial Galaxia a súa tese de doutoramento, a primeira dedicada ao labor político de Ramón Piñeiro.

É tempo de obrigadas evocacións de Ramón Piñeiro. E algúns, para non pecar de descortesía, temos que multiplicalas nestes días, cando se cadra preferiamos non prodigarnos tanto. E non porque o homenaxeado non sexa digno de ser lembrado e analizado. Todo o contrario. A súa vida e a súa obra ten méritos máis que suficientes. Abondaría coa súa contribución á supervivencia do nacionalismo galego nos primeiros anos da posguerra e coa súa acción resistente, durante máis de tres décadas, a prol da democracia e da lingua e identidade de Galicia para facerlle loas a esgalla. Pero eu, convencido de que o mundo de santos anda moi sobrado, nunca tiven querencia polo incensario. Asi que vou centrarme aquí na cuestión que fi xo máis polémica a súa figura. Como é ben sabido, a súa aportación maior en política, tanto no plano do pensamento como no da acción, foi a idea de que Galicia necesitaba, máis que partidos nacionalistas, a galeguización de todos os partidos, isto é, que as forzas políticas de ámbito español asumisen a súa lingua e a súa identidade como pobo diferenciado e colocasen en primeiro plano da súa actuación a solución dos problemas socioeconómicos máis graves do país. En aplicación desta idea, el e o seu grupo, herdeiros do capital político do nacionalismo de anteguerra, negáronse a reactivar o Partido Galeguista cando este foi de novo viable no tardofranquismo, co que inhibiron a presencia, no tránsito decisivo de cambio de sistema, dun actor político que xa fora importante nos anos trinta e que sen dúbida recuperaría a súa forza pasada de poñérense ó labor no momento oportuno os únicos que tiñan a lexitimidade para facelo.

É certo que esa galeguización querida por Piñeiro se produciu en grao apreciable nos principais partidos españois en Galicia durante a transición, dende a dereita de AP á esquerda de socialistas e comunistas pasando polo centrismo de UCD. E este é o argumento principal dos politicamente beneficiados polo piñeirismo para “demostrar” que esta vía é a que convén a Galicia (e por implicación que o nacionalismo non lle convén). Porén, non é ocioso preguntarmos se tal galeguización non se produciría igualmente aínda sen sacrificar o renacemento ante-transición do PG. Por suposto, nunca o saberemos con certeza e pode acusárseme de especular sen fundamento. Pero se ampliamos o noso campo de visión fóra de Galicia, e tamén cara atrás, a dose de especulación diminúe. A observación dos casos catalán e vasco dinos que ese mesmo fenómeno tivo lugar, con maior ou menor intensidade, en Cataluña e no País Vasco, onde non actuou ningún equivalente ó piñeirismo que interrompese a continuidade histórica dos seus nacionalismos democráticos de centro. Un fenómeno que, ademais, deu os seus primeiros pasos nas tres nacionalidades xa en 1935-1936. E por unha motivación lóxica de índole xeral: cando un nacionalismo subestatal adquire certa forza, os seus rivais estatais, para competir mellor con el polo apoio da cidadanía, incorporan parte dos seus símbolos e as reivindicacións políticamente compatibles coa integridade do Estado. Xa que logo, estou convencido de que o sacrificio do Partido Galeguista foi innecesario. 

8 nós I día das letras galegas

XORNAL DE GALICIA 16 de maIO de 2009

A

O abecedario de

B C

H I

ldraxe. Comprometido na campaña a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia, foi o impulsor e coordenador do Manifesto da aldraxe en 1979, no que 27 intelectuais e políticos galegos reivindicaban o mesmo nivel competencial previsto para Cataluña e Euskadi. os aires. Como cabeza visíbel do galeguismo do interior e representante dunha vía moderada, as relacións coa resistencia no exilio non sempre foron boas. Finalmente, acabaría por romper co Consello de Galiza en 1957. artas. O profesor Xesús Alonso Montero cre que Piñeiro chegou a escribir 10.000 cartas ao longo da súa vida. Algunhas, como as que intercambiou con Basilio Losada, xa foron recollidas en varios volumes. Moitas, porén, fican inéditas. Unhas e outras constitúen un testemuño privilexiado do papel do intelectual lugués na historia política de Galicia.

D

a miña acordanza. Así se titulan as memorias do histórico galeguista, un relato fundamental para entender a historia de Galicia entre 1915 e 1990, anos de nacemento e morte. Viviu moi intensamente a construción do actual ecosistema cultural galego e foi un dos actores principais da historia política do país, tanto na resistencia antifranquista como na Transición.

E

ditorial galaxia. Foi fundada en 1950, entre outros, por Domingo García Sabell, Xaime Illa Couto, Francisco Fernández del Riego e o propio Ramón Piñeiro, o seu primeiro director literario, cargo polo que cobraba ao principio 1.500 pesetas mensuais. A partir da disolución do Partido Galeguista e da Asemblea da Rosaleda, cando romperon co Consello de Galiza que presidira Castelao na emigración, converteuse na ferramenta principal do galeguismo durante a ditadura.

F

errín. O enfrontamento do escritor e dirixente nacionalista Xosé Luís Méndez Ferrín con Ramón Piñeiro vén a encarnar o conflito entre a vía culturalista e a galeguización das forzas políticas e a vocación partidaria do nacionalismo de xinea marxista. O Premio Nacional de Literatura converteu ao intelectual nun dos personaxes de Retorno a Tagen Ata, Ulm Roam, ao que mataba.

G

aleguismo. No estudo do galeguismo político, como o alcumou Justo Beramendi no seu monumental De provincia a nación, a participación de Piñeiro foi fundamental. Viviu, primeiro dende o Partido Galeguista e finalmente dende as institucións autonómicas, a súa metamorfose.

Un percorrido de urxencia polo personaxe ao que se dedica o Día das Letras Galegas deste ano en vinte e tres letras. Do “A” de “aldraxe” ao “Z” que nunca

eidegger. Á parte do coñecemento que tiña da obra do gran filósofo alemán, co que ten moito que ver a súa filosofía da saudade, Piñeiro dedicou moitas horas á tradución de Da esencia da verdade. nstituto galego da información (IGI). Como tantas outras iniciativas culturais ou editoriais, caso do xornal Galicia ou da revista Teima, tamén foi arredor de Piñeiro que se proxectou a creación do Instituto Galego de Información (IGI), do que Isaac Díaz Pardo segue a ser conselleiro delegado. Boa parte do seu labor político estivo centrado nunha sorte de formación socrática das elites que se debían facer cargo da Galicia autonómica.

L

áncara. Na parroquia de Ármea, no concello lugués de Láncara, naceu Piñeiro o 31 de maio de 1915. Fillo de Vicenta López Fernández e Salvador Piñeiro García, de familia labrega, tivo outros sete irmáns. Os labores do campo e a precariedade económica serían unha constante na primeira fase da súa vida, a tal punto que lle obrigarían a interromper varias veces os estudos.

M

iddlebury. En 1966, Piñeiro trasládase aos Estados Unidos como profesor convidado da Universidade de Middlebury, en Vermont. Á volta, que aproveitou para facer outras viaxes por Europa, ingresa na Real Academia Galega co discurso A linguaxe e as linguas, respondido por Domingo García-Sabell.

N

acionalismo. O periodo de maior liderado de Piñeiro empeza a verse cuestionado cando o nacionalismo de xinea marxista, e as novas xeracións de dirixentes políticos, desconfían do seu pragmatismo culturalista e procuran a creación dunha forza política.

Ñ

O seu compromiso coa lingua, que o levou a defender o galego na liturxia católica e a participar activamente na redacción e aprobación da Lei de Normalización Lingüística no Parlamento galego, tamén lle procuraría moitos inimigos e antagonistas, entre eles o outrora aliado Carvalho Calero. A súa aposta, dende o pragmatismo, por un estándar de grafía castelá nunca foi ben recibida polos partidarios de aproximar o galego ao portugués. Dúas décadas despois, o debate segue aberto.

XORNAL DE GALICIA 16 de maIO de 2009

día das letras galegas I NóS 9

Ramón Piñeiro T acaba de definirse completamente, unha metáfora do ‘caso Piñeiro’, expediente que seguirá aberto despois deste 17 de maio. por I.Martínez / a. losada

O

tero pedrayo, o autor d’Os camiños da vida foi toda unha referencia para o mozo Ramón Piñeiro dende que se coñeceron en 1933, nunha conferencia organizada polas Mocidades Galeguistas en Lugo. Otero lembraría a “aquel rapaz de Láncara que era todo un Erasmo”, e co que volvería coincidir en moitas ocasións. Piñeiro escribíu e pensou moito sobre o home ao que vía como un mentor, e queda testemuño na recompilación de artigos que vén de publicar o Consello da Cultura Galega. Ramón Otero Pedrayo, mestre da cultura galega.

P

artido galeguista. Afiliouse en 1932, tras escoitar un mitin de Paz Andrade, Suárez Picallo e Castelao, e pasaría toda a súa vida vencellado a el dun ou doutro xeito. Tras a Guerra Civil, exercería de embaixador no interior, contactado cos galeguistas no exilio e cos nacionalistas de Catalunya e Euskadi. Ao final, aceptou a súa desaparición para formar Galaxia, coa idea de que non era preciso un só partido galeguista, senón que tiña que haber galeguismo en todos os partidos.

Q

uiroga palacios. Natural de Maceda e cardeal da Igrexa Católica os 60 e 70. Piñeiro enfrontouse a el no seu intento por que a liturxia se realizase en galego, algo ao que Quiroga se opuña, a pesar de terse enfrontado coa ditadura por outras cuestións. O de Láncara fixo da misa en galego un dos seu cabalos de batalla.

R

ealidade galega. Era o nome do grupo de presión que Piñeiro e outros membros de Galaxia crearon en 1980, para loitar por un Estatuto digno para Galicia. Tiveron un gran peso na prensa e na campaña a prol do si no referendo autonómico de decembro dese ano. Adolfo Súarez chegou a ofrecerlle a Piñeiro unha entrevista persoal para discutir sobre a autonomía, pero rexeitouna por non querer suplir a función dos partidos políticos.

S

audade, un concepto no que Piñeiro baseou a identidade galega, e no que reflexionou en numerosos artigos na revista Grial, e recollidos agora no volume Filosofía da saudade da Editorial Galaxia. Dotou ao termo dunha dimensión metafísica, relacionádoo co sentimento da singularidade ontolóxica do home e como o xeito que os galegos escollen para ver o mundo, a través da percepción sentimental.

uberculose. Sendo estudante de bacharelato e ao pouco de afiliarse ao Partido Galeguista, Piñeiro padeceu esta enfermidade, nunha época na que podía ser mortal. Porén, a el serviulle para afastarse das aulas, por mor do contaxio, e dedicar todo o seu tempo á política é a lectura, forxando o que sería o seu caracter posterior.

U

pg. A Unión do Povo Galego, partido creado en 1964, foi en certo módo a némese da idea do galeguismo que promulgaba Piñeiro. Inspirada polo marxismo e a filosofía dos non aliñados, a UPG alimentouse da mocidade e da marxe esquerda do movemento galeguista no exilio, e logrou facerse un oco nas clases populares, algo que a Galaxia sempre lle estivo vetado. Superando as súas crises internas, logrou converterse nun catalizador dun movemento político e nacionalista de esquerdas, que e encaixaba na nova realidade galega. Moitos dos seus militantes pasaran poloa mesa de Ramón Piñeiro, pero agora renegaban del, nunha representación do conflicto xeracional.

V

IGO. Nun dos arrabaldos da gran cidade do sur, en Coruxo, tivo lugar a refundación do Partido Galeguista tras a Guerra Civil. En 1943, Ramón Piñeiro e outros 18 militantes, con Manuel Gómez Román, Otero Pedrayo, Plácido Castro e Fernández del Riego entre eles decidiron reactivar a vida interior do partido, tomando como prioridade establecer contacto co resto da oposición galega no exilio, actividade que a Piñeiro lle suporía pasar varios anos na cadea.

X

elmírez, 15. O enderezo do piso de Ramón Piñeiro en Compostela, no que recibía por igual a persoeiros do galeguismo e a mozos estudantes, nos que agardaba espertar unha conciencia nacionalista, mediante o debate e o diálogo. Moitos dos que hoxe conforman as elites culturais e políticas da Galicia do século XXI foron escoitados e aconsellados alí, como Xosé Manuel Beiras, Torres Queiruga, Luis Álvarez Pousa, Carlos Casares ou Xosé Luis Franco Grande. Piñeiro foi así o elo entre os galeguistas históricos e as novas xeracións, unha ponte humana que pasou a través da Guerra e o franquismo.

Z

O ‘caso Piñeiro’ seguirá aberto despois deste 17 de maio na medida en que o futuro de Galicia está aberto. Un home de tanta relevancia na construción do espazo político actual, antes e despois da aprobación do Estatuto de Autonomía, seguirá sobre a mesa mentres a cuestión nacional, en calquera das súas encarnacións, siga facendo parte do debate político. Hoxe, dende logo, está de actualidade. n

XORNAL DE GALICIA 16 DE MAIO DE 2009

10 NÓS I DÍA DAS LETRAS GALEGAS

1 9 6 5

1 9 6 7

O CONCILIO VATICANO II recomendou a liturxia na lingua vernácula de cada país, pero a Igrexa escolle expresarse en castelán dende o púlpito. Piñeiro mantivo en todo momento unha loita para cambiar esta decisión, respaldado por sacerdotes como Espiña, Isorna, Montero Santalla ou Chao Rego.

INGRESA NA REAL ACADEMIA GALEGA, lendo un discurso que logo se convertería no libro A linguaxe e as linguas. Nestes anos emigra tamén aos Estados Unidos para dar clase como profesor convidado da Universidade de Middlebury, en Vermont, onde permanecerá ata 1970.

1 9 7 2

EN MATERIA LINGÜÍSTICA defende a toda costa a necesidade de crear un espazo propio para o galego, en lugar de achegalo ao portugués, o que derivou en enfrontamentos con Guerra Dacal, Alonso Estravís e Carvalho Calero, co que aparece na foto paseando por Compostela. Neste tema logrou filias de persoas procedentes de todo o espectro político, dende a esquerda radical á ultradereita, e abriu un debate que aínda hoxe continúa vivo.

Ramón Piñeiro e a filosofía da saudade O pensador de Láncara argumentou que o pobo galego tende a desenvolver a realidade sentimental, como os gregos fixeron coa lóxica. POR ANXO GONZÁLEZ T    de Ramón Piñeiro responde ao convencemento de que Galicia está en inmellorables condicións para facer, no plano do pensamento, unha importante achega á cultura universal. Esta achega ha de articularse en concordancia coas peculiaridades da cultura galega que responden mellor á configuración da nosa personalidade. Neste sentido, entende Ramón Piñeiro que, do mesmo xeito que a posición ante a realidade que correspondeu ao pobo grego foi a racional ou teorética, e a que toca, por exemplo, ao pobo alemán, foi a activa ou volitiva, aquela que corresponde desenvolver á comunidade galega –e á portuguesa– sería, desde logo, a dimensión sentimental. A nosa grande achega sería unha filosofía do sentimento, ou a partir do sentimento, un empeño moi en consonancia co que, por aquel entonces, pretendía a Filosofía Existencialista. A intensificación da vida do sentimento que se produce na xente e na cultura galegas foi o determinante de que a nosa creación cultural máis alta fose, precisamente, a lírica, e que a súa nota espiritual máis xenuína sexa a saudade, é dicir, “a sentimentalidade pura”. Pensa Piñeiro que a poesía lírica é, en efecto, a expresión da saudade, e a saudade responde ao sentimento de soidade; unha soidade que, por outra banda, é inherente á natureza humana, toda vez que o ser humano se dá na realidade como, precisamente, individuo, como núcleo de concreción e individualidade: como “eu”, distinto e, así, diferente e contraposto ao “ti” e a o “outro”. Dáse polo tanto en soidade –en recollemento interior e intimidade– aínda cando busque encher ese seu vacío interior pola vía da transcendencia: o amor, a convivencia, etc. No seu ensaio fundamental, Filosofía da Saudade, consigna Piñeiro que hai, en primeiro lugar,

García Sabell, Fernández del Riego, Celestino de la Vega, Fole e Piñeiro, en 1952, nos Ancares

TRES TÍTULOS ESENCIAIS DA OBRA ENSAÍSTICA DE PIÑEIRO GALICIA

FILOSOFÍA

A LINGUAXE

RAMÓN PIÑEIRO

DA SAUDADE

E AS LINGUAS

Galaxia,

RAMÓN PIÑEIRO

RAMÓN PIÑEIRO

2009

Galaxia,

Galaxia,

2009

2008

Unha obra breve e doadamente lexible na que Piñeiro expón a súa visión da identidade galega

Unha recompilación de ensaios sobre o sentimento da singularidade ontolóxica

O discurso que pronunciou Piñeiro do día do seu ingreso na Real Academia Galega

COMO PENSADOR, PIÑEIRO CREU QUE A FILOSOFÍA QUE LLE ACAE AOS GALEGOS É A DO SENTIMENTO

a soidade e, en correspondencia, a saudade que se producen como consecuencia da separación ou perda dalgunha das realidades –xentes, cousas, lugares, paisaxes...– coas que acertamos a encher o noso baleiro íntimo e mitigar así ou disimular a cara amarga da soidade. Neste sentido, Piñeiro fala, por exemplo, dunha saudade añorativa, ou, simplemente, añoranza, cando a saudade aparece como consecuencia da perda do ser amado –ausente,

morto ou desviado da nosa vida–, ou do ben perdido –a mocidade, di, a felicidade pasada, o agarimo materno, etc...–. Hai tamén unha saudade nostálxica, ou, simplemente, nostalxia: do eido nativo, da terra que queda lonxe, etc.. Cando todo iso, que en moitos sentidos nos enche e fortalece, chega a faltarnos, retornamos coa mesma ao que nos é propio: á nosa condición incompleta e solitaria: o vacío, o oco, a soidade. Aparece aínda, dentro deste

mesmo nivel, o que Piñeiro chama a saudade arelante, isto é, desexosa, aspirante a algo que poida poñer en nós plenitude, pero algo xa non tan concreto como na añoranza ou na nostalxia: a felicidade ideal, ou a dunha perfección ilimitada, que nos conduce á busca perenne e nunca rematada daquilo que poida encher de vez o nosa insaciable ansia de ser e consistir. Pero, no tocante á saudade, consigna Piñeiro outro tipo ou, por mellor dicilo, outro nivel ou plano de carácter máis profundo. Se os dous tipos de saudade aos que nos temos referido pertencen ao plano psicolóxico –añoranza, nostalxia, apetencia, desexo ou busca– estoutra especie de saudade á que agora accedemos, inscríbese no plano ontolóxico ou no da realidade metafísica: é, di Piñeiro, a saudade, non con respecto á persoa ou cousa ningunha; é a soidade que o ente humano sente en relación co Ser –o Ser escrito con maiúscula como na obra de Heidegger, que Ramón Piñeiro ten sempre tan en conta–. Somos, en efecto, porque en nós dáse o Ser; constituímos unha concreción singularizada, individualizada, e en si mesma moi minúscula, do Ser; “bágoa caída, desprendida, do Ser”, segundo escribe o noso autor; algo que se dá lonxe, infinitamente lonxe, da plenitude que compete ao Ser transcendental. Cando así o sentimos, este feito de aprezarnos no distanciamento, na limitación constitutiva, na radical ausencia de plenitudes e, en suma, na soidade, constitúe a saudade, a saudade pura. Segundo Piñeiro aprecia, élle propio, por último, á saudade, unha saída cara á transcendencia, pola vía da unión mística –a mística teísta ou a panteísta ou naturalista, a mística da Terra, tan da nosa tradición–, ou pola vía do encontro co Ser na súa realización nos demais seres humanos, a través da empatía, a compaixón e a solidariedade. 

XORNAL DE GALICIA 16 de MAIO de 2009

PUBLICIDADE I NóS 11

12 NÓS I DÍA DAS LETRAS GALEGAS

1 9 7 5

XORNAL DE GALICIA 16 DE MAIO DE 2009

LIDERA UNHA DAS DÚAS FACCIÓNS nas que se dividiron as forzas galeguistas tras a morte de Franco, a chamada primeiro Xunta Democrática e logo Táboa de Forzas Democráticas de Galicia, que agrupaba a aqueles con aspiracións autonomistas e que tiñan como límite político a adquisición dun Estatuto. Doutra banda, situábase o Consello de Forzas Políticas Galegas, co que se identificaban os radicalmente nacionalistas, que pedían a celebración dunhas Cortes Constituíntes galegas e a negociación dun pacto confederal co resto dos pobos da Península Ibérica. Este enfrontamento ideolóxico demostrou estar afastado da sociedade real, ante os resultados electorais do 77.

1 9 7 7

PRESENTOUSE como senador por Lugo nas primeiras eleccións tras a ditadura de Franco, dentro da coalición Candidatura Democrática Galega, formada polo Partido Socialista Galego (PSG), o Partido Comunista, o Movemento Comunista de Galicia e o Partido Popular Galego (sen relación co actual). Porén, o resultado electoral non lle sería nada favorable aos movementos galeguistas. Só Valentín Paz Andrade consegue un escano en Pontevedra, mentres a UCD arrasa con 32 deputados, catro para a Alianza Popular de Manuel Fraga e tres para o PSOE.

1 9 7 8

Cirurxía bibliográfica de Piñeiro As librerías énchense con estudos, novelas, epistolarios e recompilacións de artigos que exploran as moitas caras do homenaxeado. POR A. LOSADA P   do Día das Letras Galegas está en ampliar os coñecementos sobre o autor ao que se lle rende homenaxe. Cos nutrientes do 17 de maio adoitan abrochar estudos, biografías e reedicións da obra do autor festexado, e Piñeiro non é excepción a esta norma. Ao contrario, unha figura como a do pensador de Láncara, arquitecto da autonomía para algúns e domador do galeguismo para outros, xerou grande cantidade de obras que se achegan á súa figura. A editoral Galaxia vólcase especialmente coa figura do que foi un dos seus fundadores. No capítulo de estudos sobre o autor destaca a obra de Xesús Alonso Montero. Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicada por Galaxia na colección Memoria. Nestas páxinas, o académico fai unha recreación e retrato persoal de Piñeiro, con quen mantivo unha estreita relación, e salienta o seu papel como promotor do galeguismo durante a ditadura de Franco. Pola súa banda, Helena González e María Xesús Lama recuperaron a correspondencia entre Basilio Losada e Ramón Piñeiro (1961-1984), case que cincocentas cartas baixo o título Do sentimento á conciencia de Galicia; mentres Henrique Monteagudo coordinou unha recompilación de novos ensaios dispersos de Ramón Piñeiro, reunidos baixo título O espertar da conciencia galega. Galeguismo, cultura e identidade. Sen saír de Galaxia, Beatriz García Turnes vén de publicar Vida e obra de Ramón Piñeiro na colección Letras Galegas. En Edicións A Nosa Terra, Miguel Barros, político e investigador, publicou o libro Piñeiro, Nas olladas do galeguismo, un traballo que dá primacía á traxectoria política de quen fora deputado no Parlamento de Galicia

polo PSdeG, como independente, tras as primeiras eleccións autonómicas. Barros leu a fi nais de 2008, na Universidade de Santiago, a que foi a primeira tese publicada en Galicia sobre Ramón Piñeiro, que chegará ás librerías nunha edición de Galaxia, durante o verán, co título provisional de Ramón Piñeiro, o Partido Galeguista e o revisionismo nacionalista. A FACETA DE TRADUTOR Destaca tamén o traballo do investigador e profesor da Universidade de Vigo Xosé Manuel Dasilva, Ramón Piñeiro, tradutor, publicado da man da Editorial Toxosoutos, no que se repasa unha das facetas menos coñecidas do homenaxeado neste Día das Letras. Nel explica o esforzo que fi xo por verquer ao galego obras de importancia universal, e repasa o seu traballo xunto a Celestino Fernández de la Vega para

OS TRABALLOS DE XESÚS ALONSO MONTERO E MIGUEL BARROS, A ESCOLMA DE TEXTOS FEITA POR HENRIQUE MONTEAGUDO OU A FICCIÓN DE DANIEL AMEIXEIRO, ENTRE O MÁIS DESTACADO

traducir ao galego o Cancioneiro da poesía céltica e Da esencia da verdade. do fi lósofo alemán Heidegger. En Edicións Xerais, chama a atención Ramón Piñeiro. Os días ocultos, onde Daniel Ameixeiro reconstrúe en forma de novela os difíciles días da posguerra, nos que un grupo de galeguistas traballaron para manter a súa actividade política nun clima de represión. No eido máis científico, está Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo, un libro de Xosé Ramón Rodríguez Polo que estuda como os galeguistas, liderados polo autor de Láncara, loitaron para ofrecer na política un marco de xogo que todos os partidos debían asumir, ao tempo que desenvolveron unha actividade pública no ámbito cultural. Volvendo a Galaxia, a editorial viguesa fi xo tamén un esforzo por reeditar as obras máis importantes do seu fundador, poñendo na rúa os volumes de Galicia, Olladas no futuro, A filosofía da saudade e A linguaxe e as linguas, linguas catro ensaios básicos para entender o pensamento de Piñeiro e que foron publicados entre este ano e o pasado. Para o verán, agárdase ademais a recuperación dos seus “informes políticos” como activista na clandestinidade e novas series da súa inxente correspondencia, nesta ocasión a que mantivo con Xosé Luís Franco Grande. O Consello da Cultura Galega, organismo que tivo a Piñeiro como o seu primeiro presidente, conmemora tamén a data co cartafol Ramón Otero Pedrayo, mestre da cultura galega, que recolle ensaios, artigos e conferencias que o protagonista deste 17 de maio realizou sobre a figura de Ramón Otero Pedrayo, un Algunas das máis destacadas obras de e sobre Ramón Piñeiro, publicadas por mor do Día das Letras Galegas

XORNAL DE GALICIA 16 DE MAIO DE 2009

ANTONIO ROSÓN é nomeado presidente da Xunta de Galicia preautonómica. Fóra capitán do exército franquista durante a Guerra, e tivo ás súas ordes a un mozo Ramón Piñeiro case toda a contenda. Piñeiro traballou co novo presidente para colocar galeguistas non sospeitosos para a UCD nas listas ao Parlamento galego, aínda que fracasou con algúns, como Marino Dónega.

1 9 7 9

DÍA DAS LETRAS GALEGAS I NÓS 13

A RECEPTIVIDADE DE ROSÓN aos postulados de Piñeiro anímao a iniciar cedo o proceso de redacción do Estatuto de Galicia, creando a Comisión dos 16 no Parlamento de Fonseca. Porén, o debate sobre a redacción da Constitución que se estaba a desenvolver en todo o Estado impuxo un afán harmonizador que levou á clase dirixiente a desconfiar das teorías autonomistas. A UCD impuxo un recorte ao Estatuto galego, que ficaría moi por debaixo do xa aprobado para Cataluña, e que foi aprobado en Madrid só cos votos do partido de Adolfo Suárez, cunha clausula que permitía que o Goberno central limitase todos os poderes chegou a Madrid do galego.

home a quen consideraba un dos pais espirituais do galeguismo que el herdou. O volume complétase cun CD no que se pode escoitar a charla Otero Pedrayo na cultura galega. A editorial TresCTres sumouse tamén a conmemoración, ao publicar ‘Dicionario’ Ramón Piñeiro, un volume de Xoán Pastor Rodríguez, con orientación didáctica e con actividades pensadas para o alumnado, como textos orixinais do intelectual lugués para comentar nas aulas. Esta editora adoita homenaxear así aos autores do Día das Letras, dende que publicou en 2001 o dicionario de Eladio Rodríguez. Tamén a Universidade de Santiago presentou o volume colectivo Ramón Piñeiro. Día das Letras Galegas 2009, coordinado por Antón Santamarina, con colaboracións de Andrés Torres Queiruga, Xusto Beramendi, Basilio Alonso Montero, Henrique Monteagudo, María Xesús Lama e Helena González, entre outros. TRABALLOS CRÍTICOS Edicións Laiovento ven de sacar á luz dous ensaios sobre o de Láncara. Piñeiro e Piñeirismo em perspectiva histórica, de Carlos F. Velasco Souto, un traballo que explica as súas contribucións á cultura galega pero sen silenciar as partes máis polémicas e discutidas da súa actividade política. Pola súa banda, Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política, de Mercedes Queixas Zas, e unha caste de biografía na que as peripecias vitais de Piñeiro serven para amosar a historia recente de Galicia, entre 1915 e 1990, anos de nacemento e morte de Ramón Piñeiro. 

PIÑEIRO PARTICIPA activamente no movemento a prol do Estatuto Autonomía de Galicia e foi o impulsor e coordenador do Manifesto da aldraxe, no que 27 intelectuais e políticos galegos protestaban polo recorte de competencias. A súa tese básica era que os galegos non merecían menos que cataláns e vascos, xa que a Constitución recoñecía a Galicia como nacionalidade histórica. O 4 de decembro deste ano, a cidadanía do país sairía á rúa en manifestación para reclamar unha autonomía sen recortes, no que foi un dos momentos de gloria do galeguismo durante a transición. En 1980, Piñeiro encabezaría movementos estatutarios, pero sempre se mantería en segundo plano fronte aos partidos políticos. Mesmo chegou a rexeitar unha entrevista con Adolfo Suárez para non entorpecer as negociacións.

OPINIÓN

Ramón Piñeiro e a lingua galega Håkan Casares

Parece sensato remitirse aos textos dun intelectual para coñecer a súa posición nun determinado tema. Como é ben sabido, o discurso de recepción de Ramón Piñeiro na Real Academia Galega é un referente fundamental para saber como percibía a realidade lingüística naquel momento. Extrapolar as súas palabras ao contexto actual é máis difícil, pero creo que sería interesante especular sobre a postura que hoxe tería Piñeiro sobre as cuestións do idioma. Non teño lembranza exacta de cando coñecín a Ramón, pero non creo que cumprira eu o ano de vida. Pasei con el centos de horas na casa de Xelmírez, en compaña da súa irmá Sara, e Isabel, a súa dona. Tamén eran frecuentes as visitas que nos facían á nosa casa e as viaxes que compartiamos a súa familia e a nosa. Obviamente, as miñas conversas con el, sobre todo nos primeiros anos da miña vida, non tiñan moito calado. Interesábanme cousas de todo tipo e el era paciente e contestaba ás miñas preguntas, pero non lembro ningunha conversa sobre a lingua. Aínda así, creo que polo que o coñecín puiden facerme unha idea. Piñeiro é unha personaxe polémica. Recentemente, no acto de presentación do último número da revista Grial quedou patente. Os actos políticos de Ramón levan a que se desexe explicar a súa ideoloxía. Liberal, socialdemócrata, galeguista, nacionalista, europeísta,

HOXE, TRABALLARÍA A REO PARA RECUPERAR O CONSENSO LINGÜÍSTICO E FREAR OS DISPARATES QUE LEMOS NOS XORNAIS españolista, etc. As etiquetas son tantas coma interpretacións se fagan. A miña é que se trataba dun home idealista, no senso de que as súas estratexias eran a longo prazo e de difícil consecución, pero cheo tamén dun pragmatismo marcado pola súa clarividencia e capacidade de análise política, social e cultural. Teño o convencemento de que as decisións que tomou foron atinadas. O feito de que se lle dedique o Día das Letras Galegas este ano refrenda en parte esta afirmación. A Piñeiro non lle gustaría que se rachase o consenso sobre a lingua, tal e como estamos a vivir hoxe. Traballaría arreo por atopar puntos de unión entre as partes e faría o posible para poñer argumentos sensatos sobre a maraña de disparates que temos que ler estes días nos periódicos. Explicaría que as situacións sociolingüísticas e legais entre países e rexións son só parcialmente comparables. Diría que as liberdades individuais, alicerce da democracia, son fundamentais, ao tempo que sostería que estas non se ven afectadas porque a un rapaz se lle pida que escriba en

galego os exames ou que conteste nesa lingua ao profesor que lle pregunta, como é obvio. Centraría o debate, e faría o posible para que as persoas sensatas e con capacidade de decisión se colocasen ante a disxuntiva real: queremos os galegos que o galego siga presente entre nós? Queremos garantir que os rapaces aprendan dúas linguas? Se a resposta é afirmativa, tal e como sosteñen oficialmente as partes máis afastadas do debate, a solución é sinxela e pouco hai que cambiar do famoso decreto. Se o que se quere, en cambio, é camiñar cara a un país monolingüe en galego ou castelán, que se diga e se defenda. Promover o galego en base a un argumento de séculos de imposición do castelán ou ampliar espazos para esta lingua no ensino sobre postulados liberais constitúe a mesma falacia. De vivir Ramón, non teño dúbida de que os impostores o terían máis difícil, pero o feito de que o piñeirismo empapase a vida galega tampouco facilitará que se adopten posicións maximalistas. Non creo que os pais acaben decidindo sobre a lingua vehicular do ensino –aínda que quizais se permita escoller a lingua de primeira escolarización dos nenos–. Tampouco vai ser posible aproveitar unha lexislación favorable para aplicar sistemas de inmersión lingüística en galego. Isto é o que di o sentido común, e por iso me atrevo a atribuírllo a Ramón. Deámoslle tempo ao tempo. 

14 NÓS I DÍA DAS LETRAS GALEGAS

1 9 8 0

FUNDA O GRUPO Realidade Galega, coa colaboración de outros 77 intelectuais, e pensado para ser un eixe transversal de galeguismo entre todos os partidos políticos que estaban en activo en Galicia naquela altura, ao comezo da democracia.

XORNAL DE GALICIA 16 DE MAIO DE 2009

1 9 8 1

RESULTA ELIXIDO deputado autonómico como independente nas listas do PSdeG-PSOE, nas que tamén estaban Alfredo Conde e Carlos Casares. Puxo en práctica a súa teoría de tinguir de galeguismo todos os partidos, o que lle valeu fortes críticas dos nacionalistas.

1 9 8 3

UN DOS ANOS MÁIS ACTIVOS DO FINAL DA SÚA VIDA. É nomeado primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, unha entidade creada na nova autonomía para a difusión e dinamización da lingua e a cultura do país. Foi reelixido en 1989 e desempeñaría o cargo ata a súa morte. Tamén en 1983 aprobouse a Lei de Normalización Lingüística. Piñeiro pasa por ser un dos seus principais impulsores –aínda que fora unha iniciativa de Camilo Nogueira (Esquerda Galega)– dentro da súa loita por conseguir que o galego tivese un estándar que facilitase a creación dun rexistro culto do idioma, cuestión na que xa incidira no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega en 1980.

O 17 de maio, data festiva, de liturxia e de polémica

A festa das letras, que pouco variou dende o seu nacemento en 1963, acumula propostas e escritores, artistas e estudosos para un cambio de aires. POR A.LOSADA   , Día das Letras ser os principais destinatarios Galegas. Unha festa da lingua. desta festa e resulta difícil Unha exaltación da cultura do facelos participar nas país. A lembranza dun autor ou actividades se non teñen clase. autora que fixo unha achega para O pintor Antón Patiño pensa que a posteridade. Un día de ponte “falta un maior carácter lúdico, para descansar. Unha celebración máis imaxinación, nas actividades anticuada. Un debate. extraescolares e nas celebracións Pouco cambiou nos seus 46 na rúa”, mentres que Montse Pena, anos de historia, pero nese crítica literaria, opina que “hoxe tempo gañou gran relevancia a xente perdeu a ilusión por esta social e mediática, e unha certa festa”, ao ir desaparecendo a idea ritualización que incomoda a de que “non só é unha homenaxe moitos e rodea de controversia a a unha figura literaria, senón un selección dos autores, a limitación día para celebrar que temos unhas a unha soa figura literaria, ou o letras de nós”. Todos eles cren que feito de ser un día non laborable. sería bo organizar unha serie de Escritores, artistas e estudosos actividades para que a xente as falan da necesidade de introducir vise ao saír do traballo. cambios, especialmente para Porén, Xosé Ramón Barreiro, conseguir que a festa recupere o o presidente da Real Academia peso que tivo nas rúas. Galega (RAG), está rotundamente “Gustaríame que fose un día en contra: “Se non fose un día máis activo, e que non estivese festivo, desaparecería ante a falta tan remitido ao pasado”, opina a de colaboración”. Ao seu modo escritora María Xosé Queizán. de ver “dende que chegamos “Debera ser un día normal, coas á democracia e se fixo cargo a librarías abertas, como é en Xunta de programar actividades, Catalunya, para regalar libros, houbo unha deserción por parte pero aquí son todo aspectos do profesorado e a sociedade protocolarios, mentres a xente do progresista. O BNG, por exemplo, común marcha á praia, se pode”. nunca colaborou coa Academia na Marcos S. Calveiro, gañador organización deste evento”. do Premio da Crítica por Xabier P. Docampo, Premio Festina lente, é moi rotundo: “Para min “SE NON FOSE UN DÍA FESTIVO, é un día morto, NON EXISTIRÍA, non lectivo, no que as librerías PORQUE FALTA están pechadas COLABORACIÓN e no que non podes promocionar nada PROGRESISTA ” no ensino”. Na súa opinión, os estudantes Xosé Ramón Barreiro deberan de

Os 46 homenaxeados nos 46 anos de Día das Letras Galegas

Nacional de Literatura, cre tamén que de eliminar o festivo podería pasar como “co Día do Arroz para os Pitos, que todos iriamos traballar sen decatarnos del”. Di que estaría ben unha festa menos solemne, pero pensa que, aínda que un chisco “hipócrita”, o Día das Letras é necesario. Do mesmo xeito, a poeta Chus Pato amósase tamén partidaria de manter o 17 de maio como día non laborable, para manter este “festexo da literatura” na súa forma máis recoñecible. O comezo de todo está en 1963, cando Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego lle propuxeron á Academia conmemorar o centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e obtiveron respaldo. Coa chegada da Autonomía, converteuse nun día festivo e adquiríu o apoio oficial da Xunta. Dende aquela, as ‘normas internas’ do Día das Letras Galegas mantéñense máis ou menos iguais, segundo explica Xosé Ramón Barreiro. Escóllese ao homenaxeado entre as propostas defendidas por tres ou máis membros da RAG, coa condición de que falecera hai polo menos dez anos, que fora unha persoa

comprometida co idioma e que tivera obra escrita en galego, “a non ser que teña unha relevancia tal que nos permita ignorar ese requerimento, como foi o caso de Manuel Murguía”. TEMPO DE CAMBIOS Arturo Casas, profesor de Literatura Comparada na Universidade de Santiago, sinala que a celebración ten moito sentido histórico, porque “foi un intento de manter unha conciencia do que era a tradición literaria e cultural dos galegos, nun momento no que o poder político facía un esforzo por silenciala” e pensa que non deixou de ser necesaria, pero “nada creado nos 60 pode ter validez hoxe sen algunha clase de cambio, e niso o Día das Letras non é excepcional”. Marcos Calveiro expresa unha opinión máis rotunda: “Cando se creou, era coa moi digna intención de reivindicar as nosas figuras máis senlleiras, pero agora celebramos o cadáver do ano”. E Isaac Lourido, investigador e crítico literario, opina que a celebración está cargada de “inercias herdadas doutro tempo que convén

superar”, pero que ve normais “nunha institución centenaria” como a Academia. Dende a nomeada RAG, Barreiro asegura que si houbo cambios neste case medio século, porque “as novas xeracións de académicos foron mudando os obxectivos”. Agora, xunto á reivindicación de grandes figuras, como a de Ramón Piñeiro este ano, “préstaselle unha maior atención a autores aparentemente menores, como pode ser María Mariño, cunha obra curta, aínda que de enorme fondura”. Sinala tamén o académico que “o Día das Letras propicia a aparición dunha ducia de biografías e centra a atención dos medios de comunicación, cousa que axuda a fi xar determinadas personalidades na memoria colectiva”. Porén, Antón Patiño argumenta que

“PARA MIN É UN DÍA MORTO, COAS LIBRERÍAS PECHADAS E NON LECTIVO NON ENSINO” Marcos S. Calveiro

XORNAL DE GALICIA 16 DE MAIO DE 2009

1 9 8 4

DÍA DAS LETRAS GALEGAS I NÓS 15

CHÓVENLLE RECOÑECEMENTOS pola súa traxectoria. Recibe este ano a Creu de Sant Jordi, un galardón da Generalitat de Catalunya para persoeiros relevantes da sociedade civil. En 1985, a Xunta imita a iniciativa concedéndolle a Medalla Castelao. As críticas á súa figura non impiden que as institucións fagan del unha referencia do galeguismo.

esa fi xación non é tan fi rme: “Se fi xesemos unha enquisa de rúa, non atopariamos moitas persoas que soubesen quen é Manuel Lugrís Freire –homenaxeado en 2006– ou Luis Seoane –en 1994–. É un problema da educación, máis que da festa”. Montse Penas opina, de xeito semellante, que os autores aos que se lles dedica o 17 de maio

semellan ficar “esgotados” despois da data, sen que se volva falar moito deles. Agás en 1998, coa dedicatoria conxunta aos xograres medievais Martín Códax, Xohán de Cangas e Meendinho, o 17 de maio sempre estivo dedicado a un só autor, algo que tamén suscita debate. Arturo Casas cre que “sería moi hixiénico considerar que non só de grandes nomes e de grandes ausentes vive

1 9 9 0

FALECE O 27 DE AGOSTO, en Santiago de Compostela a consecuencia dun cancro de páncreas. En xaneiro deste mesmo ano fi nara a súa dona, Isabel López, e a depresión fai que a saúde de Piñeiro se deteriore moi rápidamente. Recibe a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago e o Premio de xornalismo Ferández Latorre, que entrega o La Voz de Galicia , aínda que non o recolle por mor da súa mala saúde.

a literatura”, e é partidario de crear “algún tipo de recoñecemento á xente que está a traballar pola cultura agora mesmo, aos vivos”. Isaac Lourido, pola súa banda, non entende por que non se lle pode dedicar o Día das Letras a “movementos ou feitos relevantes para a historia da literatura galega, ou a escritores vivos”, e critica ante todo a falta de intercambio de ideas” sobre os homenaxeados:

1 9 9 3

CREASE O CENTRO Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, a primeira homenaxe que recibe o autor de Láncara tras a súa morte. No ano 2000, a Editorial Galaxia convocou os Premios de Ensaio Ramón Piñeiro, que rematarían por fusionarse con outros similares convocados polo centro de investigación. En 2008, a Academia decidiu concederlle o Día das Letras Galegas pola súa “dedicación”.

“Podemos rastrexar todas as publicacións que houbo sobre o homenaxeado este ano ou noutros, e son case haxiografías. Sería máis enriquecedor que aparecesen publicacións e espazos para discutir a figura”. As propostas sucédense. Montse Penas tamén bota en falta máis discusión sobre a figura do autor, “aínda que este ano pode ser distinto, porque Piñeiro era moi polémico”, pero as publicacións derivadas do 17 de maio tenden a enfocar nunha soa dirección”. Marcos S. Calveiro pensa que “sería complicado dedicarllo a un autor vivo, porque deseguido xurdirían os problemas e os ciumes, pero tería moito máis lóxica homenaxear a Ferrín, a Darío Xohán Cabana ou a María do Carme Krukenberg que a Piñeiro”, tendo en conta que para el, o ensino é o primeiro obxectivo. No mesmo sentido, Queizán asegura que “dedicarllo a un autor é un adobío, algo que hai que poñer, pero non é fundamental, se nos centramos demasiado nos mortos, celebramos a festa como algo do pasado”. Pola contra, a escritora An Alfaya pensa que “dedicarllo a unha personalidade concreta está ben mentres non se convirta nun acto de egocentrismo. Hai moita xente nova e non tan nova que

non coñece a Ramón Piñeiro, ou a outras moitas figuras da cultura galega que merecen ser rescatadas do esquecemento por uns días”. Antón Patiño tamén é partidario de manter unha figura “de peso” como centro da celebración, pero teme que de aquí a uns anos falten nomes propios que destacar. A súa proposta é “recorrer a creadores que teñan traballado alén da literatura, e que poidan servir de ponte para superar a fronteira da escrita para incorporar outras disciplinas e facer do 17 de maio unha reivindicación da cultura nun sentido máis amplo”. Como exemplo, propón a Reimundo Patiño ou a Urbano Lugrís. “Non tería sentido reconvertelo nun Día da Cultura Galega”, afirma sen dúbidas o presidente da Real Academia Galega. Barreiro cre que “as letras son as letras, é a fala, é o elemento condutor, e non é cuestión de que pasado mañá acabemos por festexar a memoria do inventor dun reloxo”. Dúbidas e críticas que amosan a forza do 17 de maio, talvez a maior festa da cultura galega. 

“PODERÍASE EMPREGAR A AUTORES QUE TRABALLARAN ALÉN DAS LETRAS, COMO PONTE A OUTRAS ARTES ” Antón Patiño

NÓS

Director: Jose Luis Gómez Coordinación: Iago Martínez Maquetación: María Sabarís Redacción: Rúa Galileo Galilei, 4B Polígono Industrial A Grela. 15008 A Coruña / 981 100 650 [email protected]

Xornal de Galicia

S U P L E M E N TO D E C U LT U R A

16 D E M A I O D E 2 0 0 9. N Ú M E R O 2 3

Día das Letras GalegasI Antón Reixa

Contra o mal humor lingüístico O mal humor é o primeiro estadio da ira. A ira está só un metro e medio antes do odio. O odio é o peor territorio para que

xermine a reflexión e a intelixencia. Valla este razoamento para algo que xa comeza a pasar en Galicia respecto á normalización do galego. Cando os galegofalantes xa estabamos afeitos a practicar unha paciencia activa respecto á aplicación real do plan de normalización, xorden os posicionamentos de Galicia Bilingüe e da nova Xunta no que se refire á revisión de normas xa establecidas como o decreto do galego no ensino. Coincide este episodio da neocrispación, se cadra non por casualidade, cun momento en que o propio galeguismo cultural e, sobre todo, a esquerda nacionalista, comezaban unha práctica política onde a lingua non era centro único e prioritario da súa acción. A política enerxética, a igualdade, o benestar, o territorio ou a vivenda protagonizan tamén o discurso da esquerda galeguista. Iso ten unha lóxica interna incontestable: os mesmos resortes de autoestima e convición democrática que articularon a reivindicación lingüística están na base desoutras inquedanzas civís. Invócase a liberdade lingüística como principal baluarte dos que se erixen en defensores do castelán presuntamente en perigo en Galicia. Tamén a cordialidade. Non seremos nunca os galegofalantes os que reproduzamos ningún esquema de discriminación e marxinación. Sabemos moito diso porque o temos padecido en carne propia. Porén, é ben posible que por reacción, nunha situación case desesperada, o discurso habitual e tradicional da normalización do galego só contemplase como salvación no futuro unha Galicia monolingüe en galego fronte ao predominio actual do castelán. A estas alturas da historia, o único razoable é imaxinar unha Galicia que non será monolingüe nin en galego nin en castelán. O reto está en que ese futuro non supoña unha perpetuación da secundarización do galego e en que esa cidadanía do futuro sexa competitivamente multilingüe. Cando un escoita o discurso integrista antigalego de, por exemplo, a COPE e Losantos, fondo ramón piñeiro da fundación penzol Ramón Piñeiro e a súa dona, Isabel, no verán de 1963 detecta que se quere presentar esa pretendida imposición do galego como o problema número un de Galicia. Non é así en absoluto como tampouco o é que o primeiro e único problema dos galegofalantes sexa a normalización. Os que queremos vivir en galego tamén padecemos a crise, o paro, a destrución do territorio, etc. e, en xeral, a dificultade que hai nesta entropía social actual para executar con eficiencia a igualdade. Por iso, os uns e os outros, deberiamos compartir que a única forma de restaurar no posible a igualdade lingüística pasa irreversiblemente por políticas de discriminación positiva a prol do galego no ensino e na administración. Algo que non debería escandalizar a ninguén porque, en todo caso, o decreto do ensino establece só a galeguización do 50% das materias e calquera cidadán pode pedirlle á administración que se dirixa a el, en segunda instancia, en galego. Por encima de todo iso, temos, na práctica, a feliz coincidencia da orixe románica de ambas as linguas que beneficia que non existan problemas maiores de comprensión. Claro que a ideoloxía tamén xoga o seu papel neste asunto. Os presuntamente aldraxados pola normalización do galego así o deberían aceptar. Eu non teño incoveniente en aceptar que me instalei no galego aos dezaoito anos, ao mesmo tempo que me fixen de esquerdas, republicano e ateo.Aínda que a ideoloxía tamén dá sorpresas: nunca contei eu con estar tan dacordo coa Academia Galega, como neste asunto. Pero en todo caso, nas opcións idiomáticas o que prima é a conciencia e a sensibilidade pola ecoloxía lingüística. Por iso quero que mañá nas rúas de Compostela non sucumbamos ao mal humor que nos queren impoñer. En cada sílaba que falamos, escribimos ou lemos en galego estamos festexando a memoria de milleiros de falantes que preservaron este tesouro sen ningún recoñecemento oficial durante séculos. Todos e todas deberiamos militar felices nesa obviedade da sabedoría popular: o falar non ten cancelas. l

More Documents from "Xornal de Galicia"

Parrilla 22.04.2009
April 2020 1
Parrila Tv Martes
May 2020 0
May 2020 0
May 2020 0
June 2020 0
May 2020 0