Naufraxios En Terra Galega

  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Naufraxios En Terra Galega as PDF for free.

More details

  • Words: 443
  • Pages: 1
Naufraxios en terra galega Unha mostra formada por fotografías e planos repasa en Santiago a labor do arquitecto Pons-Sorolla, que consideraba “náufragos” ós conxuntos monumentais abandonados.

As traxedias no mar levaron e levan por diante a vida de moitos galegos que cada día se arriscan para poder subsistir. Da mesma forma, foron “náufragos” durante boa parte da posguerra española moitos edificios e conxuntos monumentais que ficaron abandonados. Así é como os consideraba o arquitecto Francisco Pons-Sorolla, que loitou a prol da conservación destes bens culturais galegos e para que fosen recoñecidos como Conxunto Histórico Artístico. Recorda un vello dito popular iso que “de casta lle vén ó galgo” e non se equivoca esta vez, posto que Pons-Sorolla leva o arte no sangue. No Madrid de 1917 nace o arquitecto no seu dunha familia de artistas, posto que sendo neto do “pintor da luz” valenciano, o recoñecido Joaquín Sorolla, tamén os seus pais lle inculcaron dende moi cativo o gusto polas artes pictóricas. Non era dificil velo de neno detrás da súa nai vendo como esta pintaba os paisaxes de Navacerrada, tal e como o deixou o seu pai constatado nunha das súas obras. O destino deparáballe, non obstante, outra profesión. Pons-Sorolla decidiu que el o que desexaba era ser arquitecto e así o fixo, iniciando no 1939 a súa carreira. A cor azul enche de misterio a habitación que acolle a exposición Os “náufragos” de Galicia, na sala 1 do Colexio Fonseca. No decorado o que predomina é a madeira, seguindo así as directrices profesionais do autor, que rexeitaba o emprego de materiais prefabricados así como do ferro e do cristal. Nesta reintegración da linguaxe orixinal o que primeiro se mostra é a infancia do madrileño para de seguido proceder a sinalar as fotografías que el mesmo tomou coa súa cámara Zeius Ikon. Son as súas instanténeas un documento do estado de diversas edificacións galegas antes da sua reconstrucción e tamén dos traballos levados a cabo para a súa recuperación. Meis, San Cristovo de Cea, Rivadavia, Nigrán, Santiago, Pontevedra, Dozón, Lugo, Ourense, Catoira ou Verín foron escenario da arte do arquitecto, que percorrendo Galicia de norte a sur e de este a oeste, loitou por que as grandes construccións non caesen no esquecemento. A súa foi pois unha vida adicada a unha paixón, a arquitectura, da que xa hai constancia no 1924 cando Pons-Sorolla da un debuxo a súa nai no que representa unha casa e no que firma “a los siete años y diez meses, a mi madre”.

4ºXornalismo Santiago de Compostela Obradoiro de Aplicacións na rede Patricia Blanco Martínez José Pedro Teixeira Noelia Díaz Sánchez Ana Blanco Vázquez Silvia Alende Castro

Related Documents

Artigos Sobre Terra Galega
December 2019 20
Terra
November 2019 44
Terra
December 2019 48
Terra
June 2020 28