Mocion

  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Mocion as PDF for free.

More details

  • Words: 755
  • Pages: 4
Xaime Lugilde de Jesus,con casa aberta e chimenea fumengante en calidade de membro de esa Xunta Veciñal,como vogal do BNG,presenta a a mesma a seguinte moción: Dende o derradeiro mes atrás contado desde a data deste escrito veñense de celebrar nas serán madrugadas dos venres para sábados unhas festas botellóns, na escola de Guillufe. Está constatado como feito, que ao local acuden xa desde as 19,00 horas ao menos dúas persoas,mulleres, que aparcan nos baixos da escola, interior dispoñen de chaves, entran polo lateral e no seu caos pola fcahada principal da escola. Son persoas descoñecidas para a vecindade do entorno próuximo,e anoitiña comezan a chegar distintos mozos e mozas,que se suman a festa. Asemade e ostentoso o uso da megafonía,coas xanelas abertas,sen control e rubor de ningún tipo. A festa botellón continúa toda a noite e ademais pernóctase nos locales como se dunha hospedaría se tratara. A o día seguinte a partires da media mañan,levanse as colchonetas que trouxeron para pasala noite, e ata a próuxima. Ao redor da zona, fanse trompos cos automobiles,externalizase a festa con berros,piadas e voces de mal gosto. As queixas dos veciños, o resultado foi mais absoluto desprezo e encaramento. Como e sabido foi preciso chamar as forzas da orden público na noite do día sete de agosto as 01,35 horas,para poñer coto a esta situación naquel día. A seguir, que foron identificadas ao menos unha veciña de Chenlo,outra veciña de Donas e o resto do persoal non eran de Morgadans.

Preguntados polo motivo do e causa do acceso a os locais, indicaron que a chave foralles dada a titulo de “emprestito” por un amigo de Prado, fillo de alguen importante de Prado sen especificar o nome. Asemade constaron outros aspectos que este voceiro se reserva para o que proceda. De inmediato xurden as seguintes preguntas que deben ser contestadas sen ningún tiupo de reservas ou evasivas, non soio a este vogal senón a toda a vecindade. 1º¿Existe algun tipo de convenio da Entidade local menor de Morgadans ou ou seu presidente? Con algo ou alguén da Entidade local enor de Chenlo,-ou Donas- para darlles a escola para esa actividade cultural a xuventide de Chenlo?. 2º Si e así ¿porque non se extende tamén esa actividade lúdico xuvenil, a todos os veciños de Morgadans e Gondomar,para darlle un uno intensivo a escola?. 3º ¿Por qué non oficiar a Titular administrativa da carretera Guillufe-Peitieiros,para que nun tramo de 200 metros esta xuventude poida exercer esta actividade, e incluso trompee mellor cos seus veículos?. 4º¿Ten pensado esa presidencia Oficiar a Sanidade para comprobar o estado de salubridade das colchonetas ou no seu caso que se faga unha campaña gratuita de reparto de preservativos na escola?. 5ºPreparouse xa por esa Presidencia, as motivacions e descárregos para dar a os familiares, descendentes e amigos dos próceres e patronos da escola, que no seu día deron o seu diñeiro e ilusión para que Morgadans tivera a súa escola, con fins educativos.Sabe o señor presidente explicarlles, que os tempos mudaron e agora a cultura e

así, e que polo tanto ese ben público dos Fillos de Morgadans está correctamente utilizado para o botellón. Estes e outros aspectos que seguramente se quedan no tinteiro,por moitas razons deberían ser tratados . E claro que os portavoces na xunta de goberno de esa Entidade.carecen do mais MINIMO control sobro o uso dun ben público cultural. E claro que o alongamento no tempo do botellón,supuxo unha concesión de permiso implícita por quen corresponda de esa actuación. ¿Podría o Sr. Presidente,ou quen corresponda,aclarar as relacions de “amistade” focalizadas nunha parroquia concreta Prado indicar de quen son.? ¿Podría asemade o Sr.Presidente explicar porque se denegou o permiso a Traída de Augas para celebrar as reunions nese local?. ¿Podería o Sr. Presidente,dar unha explicación satisfactoria, en termos de CREDIBILIDADE, porque se lle denegou o local ao BNG, recientemente para un acto cívico político informativo ?. ¿Podría explicar o Sr. Presidente,para dar garantía a veciñanza preocupada, e co dereito ao descanso,por que se vulneran as obrigas de custodia dos bens públicos de unha forma tan burda e groseira?. Por este vogal,proponse como moción a debatir: O libre uso para actividades culturales,civico políticas,das escolas de Morgadans,de acordo cos valores representados polos seus patronos no seu día,con clara

exclusión de aquelas outras que non contribuien a educación en valores e da ciudadanía. Asemade a abstención de uso partidario,patrimonial,institucional ou persoal, de calquera dos membors de esta Xunta de Goberno En Morgadans a os nove dias do mes de agosto do ano 2009.

Asdo. Xaime Lugilde

Related Documents

Mocion
May 2020 13
Mocion
April 2020 4
Mocion
November 2019 7
Mocion Mileuristas
June 2020 5
Mocion Comedor
April 2020 7
Mocion Txiki
June 2020 6