Memoria Prado

  • April 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Memoria Prado as PDF for free.

More details

  • Words: 6,530
  • Pages: 52
DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL DE PRADO. MORGADÁNS

1. OBXECTO DO TRABALLO E DOCUMENTACIÓN UTILIZADA. Páx. 1

2. OPORTUNIDADE DE REDACCIÓN DO DOCUMENTO. Páx. 3

3. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL. Páx. 3 3.1 ENTIDADES DE POBOACIÓN. Páx. 3 3.2 ANÁLISE DOS ASENTAMENTOS. Páx. 4 3.3 CARACTERÍSTICAS DAS EDIFICACIÓNS. Páx. 10

4. ESTUDO INDIVIDUALIZADO DO NÚCLEO RURAL. Páx. 15 4.1 DESCRICIÓN DO NÚCLEO E XUSTIFICACIÓN DA DELIMITACIÓN DO ÁMBITO. Páx. 15 4.2 CONSOLIDACIÓN EDIFICATORIA. Páx. 16 4.3 FICHA DE CARACTERÍSTICAS DO NÚCLEO. Páx. 17 4.4 EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS. Páx. 18 4.5 BENS DE INTERESE PATRIMONIAL. Páx. 24

5. DOCUMENTOS NORMATIVOS E ANÁLISE DA NORMATIVA DE APLICACIÓN. Páx. 46

ANEXO: COPIA DAS FICHAS DO INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS. Páx. 51

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 0

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

1. OBXECTO DO TRABALLO E DOCUMENTACIÓN UTILIZADA. O presente traballo consiste na redacción do documento de delimitación do solo de núcleo rural de Prado na parroquia de Morgadáns no municipio de Gondomar na provincia de Pontevedra.

O documento constará dunha MEMORIA e un conxunto de PLANOS según o esixido pola disposición adicional segunda.- Réxime do solo nos municipios sen planeamento no punto 2 da Lei 9/2002 de 30 de Decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia coas modificacións derivadas da lei 15/2004, de 29 de Decembro (en adiante LOUGA).

Na memoria acredítanse os requisitos establecidos polo artigo 13

e o estudo

individualizado do núcleo rural, conforme o sinalado polo artigo 61.3 da LOUGA.

Nos planos reflíctese o sinalado na disposición adicional segunda da LOUGA realizándose os seguintes: 1. SITUACIÓN 2. FOTOGRAFÍA AÉREA DE 1956 3. FOTOGRAFÍA AÉREA 2004 4. INFORMACIÓN 5. INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS 6. PARCELARIO 7. CONSOLIDACIÓN 8. DELIMITACIÓN. TRAMA VIARIO PÚBLICO. BENS PATRIMONIAIS

Utilízase a cartografía encargada polo Concello e realizada con base nas fotografías aéreas de Agosto de 2004 (realizadas polo SITGA). Esta cartografía a 1/5000 e a 1/1000 foi realizada durante os anos 2005 e 2006 con apoios de campo. Asemade dispónse das ortofotos (basadas nas fotografías de Agosto de 2004) elaboradas pola empresa encargada de realiza-los traballos de cartografía, do parcelario aportado polo Catastro, das fotografías aéreas do exército americano do ano 1956 e das fotos _____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 1

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

aéreas do catastro do ano 1965 que aportan información fundamental sobre os asentamentos tradicionais. A planimetría deste traballo elaborada polo que asina toma como base a documentación descrita actualizándose, cando é necesario, coa análise da realidade e información dos expedientes da oficina técnica de urbanismo e arquivo municipal. Na elaboración do traballo tamén se utiliza a información existente nos distintos documentos de planeamento municipal que figuran na oficina técnica de urbanismo e arquivo municipal.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 2

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

2. OPORTUNIDADE DE REDACCIÓN DO DOCUMENTO. Ante a solicitude de licenzas para a construcción de vivendas na zona, considerando o municipio de Gondomar sen planeamento e tendo en conta a Disposición adicional segunda da LOUGA no punto 2, pola que para edificaren nos núcleos rurais existentes será necesaria a previa aprobación do expediente de delimitación do solo de núcleo rural; xustifícase a redacción do presente documento.

3. ANÁLISE DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL

3.1 ENTIDADES DE POBOACIÓN As entidades recóllense de acordo co último Nomenclátor publicado (1991), incluindo o tipo de asentamento que considera.

Os datos que aporta a Xeografía do Reino de Galicia, dirixida por Xerardo Álvarez Limeses permítenos comprobar que a totalidade dos núcleos teñen o carácter de tradicional xa que eran recollidos na publicación. Dende o punto de vista da descrición xeográfica, a que fai Álvarez Limeses, segue sendo válida hoxe en día. Isto supón que en 1931 estaban recoñecidas 174 entidades de poboación, recoñecéndose no Nomenclátor solo 156, ben porque algunhas desapareceron ou se teñen agrupado. Así mesmo aparecen todas elas no mapa do Instituto Xeográfico Catastral do ano 1943.

Gondomar está dividido en 10 parroquias: Borreiros

438 Ha.

Couso

960 Ha.

Chaín

490 Ha.

Donas

775 Ha.

Gondomar

224 Ha.

Mañufe

1.169 Ha.

Morgadáns

1.330 Ha.

Peitieiros

482 Ha.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 3

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

Vilaza

GONDOMAR

322 Ha.

Vincios

1.290 Ha.

TOTAL

7.480 Ha.

As superficies recóllense do “Mapa dos límites das parroquias de Galicia” publicado por Rosario Miralbes Bedera en 1979, axustado a superficie real de Gondomar. No tamaño superficial das parroquias danse tres rangos, dúas parroquias cunha superficie en torno ás 300 Ha., tres en torno ás 500 Ha. E o resto arredor das 1.000 Ha.; cos casos límite das 224 Ha. De Gondomar e as 1.330 de Morgadáns, que falan da ampla superficie de monte que posúe esta parroquia.

Seguindo o Nomenclátor de 1991 en Gondomar danse as seguintes categorías de entidades: Parroquia: os ámbitos tradicionais en que se divide o municipio. Coma xa se dixo son 10.

Vila: e a designación do núcleo principal de Gondomar.

Lugar: Das 156 entidades son identificadas e catalogadas polo INE como lugares 147.

Aldea: Recoñécense 6 na parroquia de Borreiros, unha en Couso, outra en Donas ó igual que en Gondomar.

3.2 ANÁLISE DOS ASENTAMENTOS Para explicar a estructura dos asentamentos será imprescendible falar do medio natural como elemento que maior importancia adquire na localización dos asentamentos. Dentro deste atopamos a auga como un dos principais factores. O conxunto dos asentamentos debuxa a mesma figura que a rede fluvial gardando ademáis estreita relación de importancia entre ríos e asentamentos. Os cursos de auga deixan notar a sua presencia nos núcleos a través dunha infinidade de formas. _____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 4

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Ademáis o número de fontes, lavadoiros e presas é moi elevado no núcleo. O Zamáns e os seus afluentes estructuran o poboamento na parte Norte onde se asentan os núcleos das parroquias de Vincios, Vilaza e Chaín. No caso dos que discorren por Morgadáns e Peitieiros pódense considerar como afluentes do Miñor que forma o outro gran val poboado nas parroquias de Gondomar, Mañufe, Donas e Borreiros.

A auga

Os solos son outro referente a ter en conta. Os de maiores cualidades son aproveitados para desenvolve-la actividade agraria principal fonte de recurso ata non hai demasiado tempo. Os mellores solos coinciden na parte baixa dos vales constituíndose en terras de labor rodeando as casas do núcleo rural que dan paso ó monte nunha estructura do asentamento tradicional en Galiza. Os núcleos tradicionais aproveitan as terras de peor calidade situadas nos outeiros nos que moitas veces aparecen afloramentos rochosos deixando libres as mellores terras para a agricultura.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 5

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Núcleo de Vilas en Morgadáns. Eidos de labor coas casas na parte alta que dan paso ó monte.

Núcleo de Xián-A cernada en Vincios. Co casal tradicional o pé do monte.

A todo isto teremos que engadir outro elemento característico dos núcleos, a pedra granítica, como elemento unificador das construccións. A súa alta resistencia e calidade unido a súa abundancia provocaron a riqueza do patrimonio arquitectónico, etnográfico e cultural do municipo constituíndose nun dos principais recursos a preservar e explotar. A auga e a pedra son polo tanto dous referentes de extraordinaria relevancia que aparecen constantemente como elementos máis sobresaíntes e característicos dos núcleos tradicionais. Vivendas, pendellos,

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 6

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

bodegas, fontes, lavadoiros, hórreos, valados, camiños, muiños etc., todos eles construidos en pedra, caracterizan os núcleos.

Un exemplo importante no municipio é o núcleo da Pedra na parroquia de Morgadáns. Sitúase na parte elevada da ribeira esquerda do río Morgadáns. Neste caso o casal ten un carácter máis compacto con edificación adosada. A estructura interna desenvólvese arredor dun camiño estreito enlastrado que se ramifica dende un punto central en tres direccións, unha hacia a Igrexa, outra une co cemiterio e a terceira avanza paralela a vertente. Os muros das casa aproximanse á beira do camiño sen deixar espazo libre de pedra, sendo esta a que da o nome ó núcleo aparecendo en tódalas construccións a pesares da introducción do novos materiais e tipoloxías constructivas que desvirtúan o entorno. A auga chega a descender en forma de fervenza en varias ocasións xa que os desniveis acentúanse. Destacan outros exemplos como San Roque en Morgadáns, Pintor en Chaín e O Río en Vilaza.

Núcleo da Pedra en Morgadáns.

Novos factores xurdidos dende os anos 70 do século XX orixinaron transformacións nos núcleos e asentamentos tradicionais, o que da lugar ao paso do que chamamos “hábitat” no sentido de convivencia e integración no medio nun sistema equilibrado ata un poboamento onde isto apenas se reflicte. Os cambios económicos e sociais ata hoxe en día teñen grandes implicacións de orde territorial complexizando os _____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 7

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

problemas de ordenación, aumentando a diseminación ocupando as terras de labor e dentro dos propios núcleos con actuacións pouco respectuosas coas vivendas e construccións adxectivas. En definitiva superpóñense sobre o sistema de asentamentos tradicionais as cuestións da cidade difusa actual que se manifestan nos municipios da rexión urbana de Vigo.

Dende un punto de vista estrictamente morfolóxico obsérvanse varios tipos de núcleos. A forma está moi relacionada coa propia evolución histórica e as características topográficas. En xeral os núcleos máis alonxandos manteñen un carácter máis tradicional tendo un poboamento máis concentrado, destes os máis dinámicos foron perdendo dito carácter para pasar á diseminación. Nos de recente formación é algo máis habitual a diseminación acentuándose nos que se ubican nunha cota máis baixa do municipio.

Nos máis tradicionais o casal preséntase máis denso existindo construccións en medianeira. Dentro de este tipo pódense distinguir os que se organizan frente a un punto central e os de disposición liñal organizándose a beira do camiño principal do núcleo (nestes casos solen darse dificultades de tipo orográfico que impiden outro tipo de concentración). A veces sucede que os desenvolvementos destos núcleos seguen a pauta de poboamento orixinaria no sentido de ocupa-lo territorio uniformemente producíndose novas agrupacións que deixan certo espazo entre elas pero sen que se perda o carácter de núcleo cunha disposición en enxame. A medida que o poboamento é máis moderno prodúcese un aumento no grao de diseminación. Un tipo que se desenvolve á beira dos viais existentes cunha diseminación liñal e aqueloutro en forma de mancha ocupando, as construccións, terreos con cualidades dignas de protección que deberían ser suficientes para impedi-lo desenvolvemento constructivo.

En Gondomar dase a singularidade, debido a súa especial configuración en forma de anfiteatro contra o mar pasando das cotas altas ás baixas, de ter un sistema de asentamentos típico de costa con núcleos con casal claro en enxame con aldea _____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 8

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

núcleo e en enxame, pero tamén con núcleos e polinúcleos de casal denso típicas de interior e montaña. Todo isto según os tipos propostos por José Fariña Tojo no seu clásico libro “Los asentamientos rurales en Galicia”.

Con esta morfoloxía de asentamentos danse unhas condicións moi boas para o poboamento na zona central do Concello na dirección Leste-Poñente, que corresponde á zona máis densamente poboada e así mesmo na dirección Norte-Sur ata a vila de Gondomar, en paralelo ó río Zamáns.

O resto do poboamento caracterízase por núcleos illados vinculados ó monte, en zonas que se producen plataformas horizontais que permiten o aproveitamento agrícola.

Coma xa se dixo anteriormente a evolución da poboación, a incorporación de novas formas de ocupación, a mellora do nivel educativo e de renda trasformaron profundamente nos anos finais do século XX o territorio municipal por abandono das terras de cultivo, e perda do seu valor orixinario. Así se foron ocupando os espazos entre núcleos de foma moi laxa aparecendo o contínuo edificado que hoxe é a característica máis salientable de Gondomar concentrándose na zona central do municipio e no eixo Norte-Sur, excluíndo aqueles terreos cunhas características máis difíciles para o crecemento e con factores limitantes para o mesmo.

A vila de Gondomar presenta unha imaxe urbana con alturas que van dende as dúas plantas ata as catro como límite contando con bastante uniformidade, nos bordos destaca a presenza do sistema xeral verde que se foi establecendo nos últimos anos.

Dende o punto de vista dos usos a caracterización do territorio descrita fai que a imaxe en planos de Gondomar sexa moi clara toda vez que nos límites cos termos municipais de Tomiño, Tui, Porriño e Vigo o uso predominante sexa o de monte ben ocupado por plantacións de especies arbóreas como pinos ou eucaliptos ou mato nas cotas máis altas; así como rocha no Galiñeiro, que é a imaxe máis forte dende o _____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 9

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

punto de vista paixasístico que pode terse de Gondomar. No límite Poñente co termo de Baiona e tamén o monte nas cotas máis altas, nas máis baixas a situación en Gondomar non é diferente da de Baiona xa que se trata dun territorio en forte proceso de urbanización.

O uso agrícola que, noutros tempos, debía ter moita importancia como corresponde a presenza dun val moi chairo e con auga suficiente, hoxe pode considerarse unha actividade

marxinal

cos

campos

abandonados

dende

hai

longo

tempo

conservándose algunhas manchas da paisaxe agrícola ben conservada nas parroquias de Mañufe e Donas.

O uso predominante ven a ser o residencial que pouco a pouco desbordou os núcleos ocupando os terreos antigamente adicados á labranza. Aparece o uso industrial de maneira concentrada no Polígono da Pasaxe

a partires dos anos

oitenta.

O desenvolvemento dos núcleos no Concello pode considerarse dinámico e estable con ningún caso de núcleos regresivos. Polo tanto, estamos claramente ante un municipio dinámico.

O poboamento móstrase moi transformado no momento actual, xa que o seu desenvolvemento nos últimos anos o que ten feito é encadea-los núcleos. Nas zonas de val o poboamento é un contínuo, no que é preciso actuar dende medidas de ordenación e control. Nas zonas de planaltos os núcleos permanecen aínda individualizados e recoñecibles.

3.3 CARACTERÍSTICAS DAS EDIFICACIÓNS Resulta interesante deterse en tres das construccións máis salientables da arquitectura tradicional e que a súa vez teñen maior incidencia a nivel paisaxístico e cultural.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 10

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

En primeiro lugar o pazo é unha das construccións máis relacionadas directamente co mundo rural en Galiza. A súa orixe asóciase coa nobreza pero tamén coa fidalguía que durante os séculos XVII e XVIII vive unha época importante ó convertirse na detentadora directa dos foros de propiedade da igrexa e da alta nobreza. Os recursos obtidos invírtense en moitos casos na construcción de pazos que veñen a seren o símbolo do seu ascenso social. Solen caracterizarse por ter unha capela, unha muralla que pecha toda a propiedade arredor do edificio e unha portada de entrada na que aparecen sinos heráldicos que fan referencia á familia fundadora. As tipoloxías constructivas son moi variadas pero en xeral todos mostran unha estética moi integrada dentro do entorno no que xurden, co que quedan perfectamente fundidos coa paisaxe. Algúns están en ruinas mentres que outros mantéñense en bo estado ó estaren habitados.

O hórreo tamén constitúe unha das edificacións de carácter popular máis estendida en todo o municipio. A súa presenza está moi ligada á do millo, aínda que o hórreo como edificación é moi anterior, a partires do século XVII coas grandes colleitas e cando sufre unha modificación nas súas medidas e volumes para aumentar a súa capacidade. As características constructivas responden ó uso para o que foi concebido. Por unha parte aparece separado do solo mediante pés caseque sempre de pedra presentando o seu extremo superior un amplo capitel que evita o acceso dos roedores; ó mesmo tempo esta separación do terreo facilita o aireado do grao. Esta función compleméntase con muros calados e cunha exposición que favoreza a entrada do vento. As tipoloxías son variadas e van dende a que utiliza a pedra como material constructivo na totalidade da obra, e mixta, na que se combina con outros materiais.

Moi en relación cos hórreos están outro tipo de construccións que teñen como función básica a de moer o grao das colleitos; é o muíño. A abundacia de cursos de auga é utilizada como forza motriz para poñer en funcionamento a maquinaria, fai que abunden na zona. Moitas veces constrúense canalizacións artificiais en ladeira que desvían parte do cauce do río para instalar muiños en lugares accesibles. Ás _____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 11

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

veces danse casos no que o caudal permite situar varios muíños e incluso o que algúns dispoñan de varias entradas de auga co conseguinte aumento da capacidade para a elaboración de fariña. Aínda se manteñen algúns en uso pero a maior parte están abandonados. Tiveron unha importancia fundamental na economía tradicional e foron frecuente lugar de reunión entre os veciños. Quizáis o caso máis salientable sexa o do lugar do Río en Vilaza onden nun curto tramo do río aparecen varios muíños, algúns de grandes dimensións.

Conxunto de muiños no lugar do Rio en Vilaza.

A tipoloxía edificatoria característica é a vivenda unifamiliar no conxunto municipal xa que polas características de desenvolvemento histórico soamente na vila aparece a vivenda colectiva xa de antigo.

A vivenda é de planta rectangular ou cadrada illada, aínda que as vivendas tradicionais teñen engadidos de construccións adxectivas ou auxiliares que as converten en estructuras complexas de gran plasticidade que se funden coa paisaxe construida. Hai núcleos de conxuntos de vivendas articuladas en casais, rueiros ou quinteiros formando tipoloxías de vivendas arrimadas en medianeira ubicadas no bordo dos camiños.

Aínda que permanecen os tipos orixinarios ven conservados, aparece a incorporación de elementos de carácter urbano, sobre todo nas cubertas. Destacan

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 12

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

tamén os tipos que apareceron en moitos outros sitios nos anos setenta e oitenta, os denominados de nove ou doce piares con planta habitualmente cadrada, cuberta a dúas augas e cun programa de vivenda moi simple e escasa elaboración arquitectónica, aínda así no poden considerarse representativos en Gondomar.

É a partires do final dos anos noventa que comeza a proliferar a vivenda máis urbana tipo chalet xa con un proxecto arquitectónico definido e dáse o cambio de materiais e de disposición dos programas de vivenda, evolucionando a modelos máis contemporáneos e afastados xa da actividade agrícola e nalgúns cun resultado arquitectónico desafortunado que comenzan a degradar esteticamente a paisaxe construida.

Os materiais empregados tradicionalmente son como en toda a comarca a pedra nos muros de cerramento das edificacións tanto en cachotería como en sillería dependendo da categoría da vivenda e do seu carácter máis ou menos urbano. Estes muros empréganse como muros de carga e complétase a estructura con madeira tanto nos forxados como na armadura da cuberta; esta cubrése con tella cerámica xa sexa curva ou plana. As carpinterías son de madeira, pintada en distintas cores.

Máis recentemente xeneralizouse o uso do formigón na estructura, os cerramentos son de ladrillo enfoscado e pintado ou de pedra habitualmente tratada como sillería e nalgún caso como revestimento. A cuberta é de tella cerámica curva ou plana. As carpinterías tenden a ser con carácter xeral de aluminio en cor.

Predominan as edificacións de dúas plantas, baixo e piso con aproveitamento baixo cuberta, ás veces aproveitando os desniveis presenta un semisoto. Son escasas as edificacións dunha soa planta salvo aquelas que son complementarias da actividade agrícola que poden ou non aparecer anexas á edificación principal.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 13

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Con carácter xeral os usos da edificación son os residenciais con independencia de que nos núcleos rectores das distintas parroquias poida aparecer unha tenda de comercio diario e algún bar ou servizos como unha farmacia, en planta baixa e nalgúns casos, como no barrio de Hervillás, con un carácter máis urbano, un comercio máis diversificado ou pequenos talleres familiares. Soamente aparecen diferenciados os usos agrícolas: pendellos, hórreos e muíños que pouco a pouco van perdendo vixencia.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 14

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

4. ESTUDO INDIVIDUALIZADO DO NÚCLEO RURAL

4.1 DESCRICIÓN DO NÚCLEO E XUSTIFICACIÓN DA DELIMITACIÓN DO ÁMBITO O núcleo rural de Prado sitúase no leste da parroquia de Morgadáns na súa zona máis montañosa. A súa altitude é a da cota 460 m. de media con respecto ao nivel do mar presentado unha disposición liñal e concentrada aos pés da zona montañosa de forte pendente axustándose á topografía . As vivendas ubícanse nas cotas altas e outeiros liberando ó solo para aproveitamento agrícola (en forma de plan alto) nas zonas máis fértiles nunha disposición clásica desas zonas montañosas do Concello. O núcleo está bastante individualizado vinculado ao medio.

O casal organízase de forma máis ben densa tendendo a un espallamento liñal coma xa se dixo, os pés do monte, debuxando a faldra do mesmo cunha tipoloxía de construcción tradicional

illada e apegada en medianeira, fundamentalmente

organizada en grupos de rueiros ou quinteiros. O uso do núcleo é de vivenda de carácter unifamiliar. E de destacar os elementos de interese patrimonial e etnográfico existentes no núcleo vinculados ao xeito de vida tradicional que será necesario catalogar e preservar de intervencións desafortunadas ou desharmonizadoras como algunhas executadas ao abeiro do PXOM de 1997.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 15

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

O solo do núcleo rural que se delimita está formado polos terreos que serven de soporte a un asentamento de poboación sigularizado en función das súas características morfolóxicas, tipoloxía tradicional das edificacións e vinculación coa explotación racional dos recursos naturais manifestando unha imbricación racional do núcleo co medio físico tal como dí o artigo 13º da LOUGA. Delimítase o ámbito do núcleo, segundo os criterios do antedito artigo presentando unha continuidade as edificacións e lazos de relación entre os lugares de Prado que é o recoñecido no Nomenclátor oficial e censos e padróns municipais. No plano da foto aérea do ano 1956 pódese observa-la existencia das edificacións tradicionais que define o ámbito do núcleo. A liña da delimitación trázase encerrando ás edificacións tradicionais que se sinalan no plano de información seguindo o parcelario (véxase plano do parcelario nº 6) e as pegadas físicas existentes e, como máximo, a 50 metros das edificacións tradicionais. O resultado está reflectido no plano de delimitación (nº 8) que recolle a trama do viario público, neste caso, de propiedade municipal. No caso deste núcleo non se considera área de expansión do mesmo. No punto seguinte analizarase a consolidación edificatoria.

4.2 CONSOLIDACIÓN EDIFICATORIA Según o artigo 13º.3 da LOUGA o núcleo deberá presentar unha consolidación pola edificación, como mínimo, do 50%.

Para demostrar o cumprimento deste criterio realízase unha medición das parcelas baleiras non consolidadas pola edificación (reflíctese graficamente no plano de consolidación nº 7). Restando á superficie do ámbito do núcleo rural (tendo restado previamente, á superficie do núcleo, a do viario) á superficie non consolidada teremos a superficie consolidada. Por último minorarase esta superficie nun 10% tendo en conta as posibles parcelacións que se poideran realizar.

Para o caso que nos ocupa teriamos: Superficie do ámbito do núcleo: 90.979 m2 Superficie do viario público: 11.523 m2 _____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 16

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Superficie do ámbito a considerar: 90.979 – 11.523 = 79.456 m2 Superficie non consolidada: 17.500 m2 Superficie consolidada sen viario: 79.456 m2 – 17.500 m2 = 61.956 m2 Superficie consolidada minorada: 61.956 m2 x 0,9 = 55.760,40 m2 Grao de consolidación: 55.760 / 79.456 = 0,70

70%

4.3 FICHA DE CARACTERÍSTICAS DO NÚCLEO

DENOMINACIÓN: Prado. SITUACIÓN: parroquia de Morgadáns. SUPERFICIE: 9,1 Ha. POBOACIÓN: 182 habitantes. Nº DE VIVENDAS: 55 no ámbito delimitado. DENSIDADE: 6,04 viv./Ha. Nº DE PARCELAS: 101 CONSOLIDACIÓN: 70%. TIPOLOXÍA EDIFICATORIA: illada e apegada xeralmente con planta rectangular e cuberta a dúas augas e altura B+1. USOS: Residencial para vivenda de carácter familiar. REDE VIARIA: De propiedade municipal con pavimento de formigón, asfalto e terra cun estado de conservación regular. Superficie: 11.523 m2 CONSTRUCCIÓNS ADXECTIVAS: Agrícolas e outros. SERVIZOS URBANOS: Auga, enerxía eléctrica, telefonía e alumeado público. EQUIPAMENTOS: Lavodoiros e fontes públicas

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 17

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

4.4 EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS

1

2

3

4

5

6

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 18

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

7

8

9

10

11

GONDOMAR

12

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 19

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

13

14

15

16

17

18

GONDOMAR

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 20

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

19

20

21

22

23

GONDOMAR

24

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 21

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

25

26

27

28

29

GONDOMAR

30

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 22

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

31

32

33

34

GONDOMAR

35

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 23

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

4.5 BENS DE INTERESE PATRIMONIAL. Non hai xacementos arqueolóxicos coñecidos dentro do perímetro establecido para o núcleo, como elementos de interese arqueolóxico situados fora do ámbito do núcleo rural e colindante con el é necesario salientar A SEPULTURA (GA36021080) e a mámora da ROZADA (GA36021083),. Estes elementos están catalogados pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza. Os anteditos elementos deberán ter definido un contorno de protección, mentres non se redacte o planeamento correspondente, e aquel axustarase o estipulado no artigo 30º das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento (en adiante NCSP).

O mesmo tratamento se lle da ó resto dos elementos recollidos no epígrafe, según as indicacións da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, medida que, según o antedito organismo, de forma cautelar parece axeitada para a protección do Patrimonio Cultural.

Existen bens declarados de interese cultural de maneira xenérica en virtude da disposición adicional segunda da Lei 16/85 do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español:

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 24

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico artísticos con antigüidade de máis de cen anos, contemplados no decreto 571/1963, do 14 de marzo; e os hórreos ou cabazos con antigüidade de máis de cen anos, no decreto 449/1973, do 22 de febreiro. Todos estes elementos, declarados bens de interese cultural, aplicaráselles o réxime establecido no capítulo II. Protección dos bens de interese cultural da lei 8/95 do Patrimonio Cultural de Galicia. Neste epígrafe aparecen fotografados.

Tódolos elementos recóllense nos

planos 4 e 8

(cos nomes, dos que estean

recoñecidos, no plano 5 do inventario):

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 25

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Fonte de Pomatis: Fonte tradicional aproveitando as cualidades do entorno natural, formando dous estanques articulados con muros de cachotería.

Muros tradicionais da Brulla: Construidos en cachotería, configurando o viario.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 26

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Acibos da Fontiña: Arbore tradicional de gran beleza e contido simbólico que caracteriza o núcleo de Prado.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 27

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Fonte da Fontiña: Fonte tradicional aproveitando a topografía do terreo e os numerosos mananciais de auga da zona. Cos camiños de acceso e os acibos, e afloramentos rochosos configura un lugar de gran beleza natural

Camiño etnográfico en Carballiños: Camiño configurado con grandes laxas irregulares

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 28

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Casa en Carballiños: Construcción tradicional en tres volumes adosados con cubertas a dúas augas constituindo unha edificación característica do núcleo. Ten engadidos que desvirtúan a edificación tradicional que deberían ser eliminados.

Cruz de carballiños: Cruz tradicional de formas sinxelas colocada sobre muro de cachotería

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 29

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Conxunto etnográfico da fonte de Prado, camiño tradicional e canal de auga: Interesante conxunto tradicional situado en parte fora do ámbito do núcleo no que se funden auga, pedra e topografía de forma simbiótica para aproveitamento dos recursos tradicionais.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 30

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Muros en Carballiños: Construcción tradicional de cachotería de pedra que configura o camiño tradicional

Fonte da Besadiña: Fonte de chachotería tradicional con estanque de pedra desvirtuada pola construcción da cuberta de formigón que debería ser demolida.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 31

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Alboio e acibo da Besadiña: Pequeno pendello de cachotería aproveitando a topografía coas rochas existentes como parte da construcción. O acibo completa o conxunto de gran singularidade.

Cruceiro da Torre: Cruz tradicional de sinxela xeometría.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 32

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Casa da Torre: É a edificación máis salientable do lugar respondendo a tipoloxía da zona e conservando aínda algúns elementos de pedra na cuberta, sendo este un material moi utilizado nas cubertas das edificacións.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 33

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Casa da Torre 2 Casa tradicional de muros sinxelos situada fora do ámbito que conserva elementos de pedra na cuberta.

Acibo da Torre: Arbore tradicional de gran beleza e contido simbólico que caracteriza o núcleo de Prado.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 34

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Alboio da Torre: Pequena construcción de perpiaños adicada a alboio

Acibos de Cancelas: Arbore tradicional de gran beleza e contido simbólico que caracteriza o núcleo de Prado.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 35

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Fonte de Cancelas: Fonte tradicional canalizando o manancial con elementos de pedra de sinxeleza constructiva.

Conxunto etnográfico da fonte de lameiro, camiños, canais e lavadoiros: Interesante conxunto situado fora do ámbito con estanques, canais e fonte executada en cachotería de pedra cun gran estanque para regular o rego.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 36

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Casa do outeiriño: Edificación tradicional que responde á tipoloxía da zona con volumes sinxelos a dúas augas adosados conformando co resto dos elementos unha eira.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 37

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Muiño dos lameiriños: Construcción tradicional de volume sinxelo cunha levada de pedra que canaliza a auga para aproveitar a forza motriz da mesma. Está situado fora do ámbito

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 38

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

Hórreos:

H1

H2

H3

H4

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 39

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

H5

H6

H7

H8

GONDOMAR

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 40

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

H9

H10

H11

H12

GONDOMAR

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 41

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

H13

H14

H15

H16

H17

GONDOMAR

H18-H19-H20

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 42

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

H21

GONDOMAR

H22

H23

H24

H25

H26

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 43

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

H27

H28

H29

H30

GONDOMAR

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 44

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

H31

GONDOMAR

H32

H33

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 45

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

5 DOCUMENTOS NORMATIVOS E ANÁLISE DA NORMATIVA DE APLICACIÓN

En virtude do alcance do documento o plano normativo será o nº 8 DELIMITACIÓN. TRAMA VIARIO PÚBLICO. BENS PATRIMONIAIS. Nel, según a disposición adicional segunda da LOUGA, recóllese a delimitación do perímetro do núcleo rural; tamén queda reflectido o trazado da rede viaria pública existente, os espazos reservados para dotacións e equipamentos públicos e os bens patrimoniais que recollen o patrimonio arquitectónico según o artigo 61.3º da LOUGA e as esixencias dos informes sectoriais.

No que respecta á concesión de licenzas, ó estar considerando Gondomar coma un municipio sen planeamento, a maiores do dereito de uso e edificación no solo de núcleo rural según as condicións dos artigos da Sección 3ª e as Normas de aplicación directa do Título III da LOUGA, deberá aplicarse (o carecer de plan xeral de ordenación municipal según o artigo 51.1º da LOUGA) o prescrito nas NORMAS COMPLEMENTARIAS E SUBSIDIARIAS PROVINCIAIS DAS PROVINCIAS DA CORUÑA, LUGO, OURENSE E PONTEVEDRA DOGA 19 E 20 DE XUÑO DE 1991 (en adiante NCSP).

No epígrafe 4.5 e na planimetría recóllense as consideracións da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza.

Tendo en conta que o obxectivo do presente documento é exclusivamente a delimitación do solo de núcleo rural, e concretados os documentos normativos e consideracións a ter en conta como consecuencia dos informes sectoriais; a continuación realízase unha exposición como complemento da memoria das condicións técnicas de aplicación de uso e edificación máis salientables cunha interpretación integrada das Normas, sen prexuízo doutras interpretacións xurídicas ou técnicas:

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 46

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

A ordenanza de aplicación das NCSP será a do artigo 23 Ordenanza reguladora do solo non urbanizable de núcleo rural, xa que se refire a núcleos que teñan acreditada a súa preexistencia, conforme o procedemento establecido polo artigo 36 das NCSP que coinciden conceptualmente cos delimitados según o artigo 13º da LOUGA.

USOS: Os usos permitidos nos núcleos rurais serán os permitidos no artigo 27º da LOUGA sendo o característico o residencial. Así mesmo, poderanse permitir usos comerciais, productivos, turísticos e tradicionais ligados á vida rural, así como pequenos talleres, sempre que non se altere a estructura morfolóxica do asentamento e o novo uso contribúa a revitaliza-la vida dos seus moradores e que, en todo caso, resulten compatibles co uso residencial. As outras condicións veñen expresados no resto dos artigos da Subsección 2ª condicións de uso.

ALIÑAMENTOS: Neste punto haberá que ter en conta un aspecto fundamental que se desprende do artigo 28º da LOUGA no que se prohibe o derrubamento, de maneira inxustificada, de muros tradicionais dos rueiros ou corredoiras; tamén no artigo 26º prohíbese o derrubamento ou a demolición de construccións existentes salvo en casos moi taxados de edificacións de escasa entidade, escaso interese arquitectónico e irrecuperables según os criterios da lei. Isto quere dicir que se deberán manter os aliñamentos existentes nos casos de muros e edificacions tradicionais e polo tanto os largos dos camiños públicos tradicionais.

Os aliñamentos nas zonas non consolidadas pola edificación deberán ser dun mínimo de 4,00 m. o eixo da vía pública según o artigo 106º da LOUGA. Terase en conta o artigo 17º Harmonización das NCSP.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 47

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

TIPOLOXÍA DAS EDIFICACIÓNS: O expresado na ordenanza de solo non urbanizable de núcleo rural das NCSP conecta perfectamente co expresado na LOUGA. As edificacións harmonizarán coas tipoloxías tradicionais existentes ou dominantes no asentamento, admitíndose, polo tanto, edificacións apoiadas noutras conformadoras do contínuo urbano e edificacións illadas.

PARCELA MÍNIMA: No núcleo rural aplicarase a das NCSP 600 m2 xa que é a máis restrictiva. Esta será a mínima agás nos casos excepcionais debidamente xustificados de parcelas inferiores localizadas entre outras xa edificadas que imposibiliten acada-la parcela mínima.

Na área de expansión (cando exista) aplicarase 2.000 m2 según a disposición adicional segunda da LOUGA.

EDIFICABILIDADE MÁXIMA: No núcleo rural será de 0,40 m2/m2 según as NCSP tendo en conta as limitacións de volume da LOUGA no seu artigo 29º 1 c).

RECUADOS: A vías públicas: Para edificacións illadas: según a ordenanza das NCSP, ademáis de cumpri-la lexislación sectorial de aplicación, as distancias entre as edificacións e os eixos dos camiños será superior a 6,00 m.

Para edificacións adheridas ou apegadas: terán que respectarse as aliñacións estables ou consolidadas de forma tradicional consideradas na excepción do artigo 29º 1 f) en base o artigo 28º e) da LOUGA.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 48

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

A lindeiros: Mínimo 3,00 m. tanto según LOUGA como NCSP. Poderán autorizarse edificacións apegadas a paramentos cegos de edificacións existentes tradicionais cando o aliñamento sexa estable e consolidado según o expresado no punto anterior.

OCUPACIÓN MÁXIMA: A ocupación máxima da parcela será do 30%. Cando se dea a excepción da parcela mínima a ocupación poderá supera-la procentaxe expresada, fixándose un fondo máximo de 12,00 m. Todo isto según a ordenanza das NCSP e tendo en conta a limitación de volume do artigo 29º 1 c) da LOUGA. Na área de expansión a superficie edificada en planta será como máximo de 200 m2 tal como dí a disposición adicional segunda da LOUGA.

ALTURA MÁXIMA: Baixo + 1 planta, cunha altura máxima de 7,00 m. medidos según o artigo 42º 1 c) da LOUGA no centro de tódalas fachadas, dende a rasante natural do terreo ó arrinque inferior da vertente da cuberta. Según as NCSP non se contabilizarán no número de plantas os sotos e semisotos, cando sobresaian, como máximo, 1 metro dende a rasante do terreo. O aproveitamento baixo cuberta segundo as NCSP permitirase, sen computa-la súa superficie para os efectos de determina-la máxima edificable, se é o caso. Cumprirase o prescrito na LOUGA no artigo 29º 1 c) no relativo ás características do aproveitamento e a prohibición de mansardas e bufardas salvo nos casos en que formen parte da tipoloxía tradicional que no caso do municipio no existe.

PENDENTE DA CUBERTA: Será a da ordenanza das NCSP cunha pendente máxima de 30 graos con altura máxima de cumio de 3,60 m. co resto dos codicionantes do artigo 29º 1 c) da LOUGA. _____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 49

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

CONDICIÓNS XERAIS: Según o artigo 29º 1 g) para autoriza-las edificacións esixirase ter resoltos, com carácter previo e a custa do promotor, como mínimo os servizos de acceso rodado, abastecemento de auga, evacuación e tratamento das augas residuais e subministración de enerxía eléctrica ou, noutro caso, garanti-la execución simultánea coa edificación. Compleméntanse estas condicións coas prescricións dos artigos 15, 16, 17, 18 e 19 apartado 2 das NCSP e non contradigan o anteriormente prescrito.

En caso de dúbida de interpretación estarase ó disposto no artigo 6º Regras de interpretación da LOUGA.

31 de Marzo de 2009.

O arquitecto municipal,

Ado. José A. Álvarez Álvarez.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 50

Marzo-2009

DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DO NÚCLEO RURAL PRADO. MORGADÁNS

GONDOMAR

ANEXO: COPIA DAS FICHAS DO INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS.

_____________________________________________________________________________ OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL

Página 51

Marzo-2009

Related Documents

Memoria Prado
April 2020 17
Prado Museum
June 2020 9
Isabella Prado
December 2019 32
Pepe Prado Elsecretodepablo
November 2019 11
Memoria
November 2019 58
Memoria
June 2020 29