Lorenzo Varela

  • October 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Lorenzo Varela as PDF for free.

More details

  • Words: 519
  • Pages: 2
Lorenzo Varela (1916 -1978) Xesús Lorenzo Varela Vázquez naceu en 1916 a bordo dun barco á entrada da baía da Habana. Retorna moi cativo a Monterroso (Lugo), e en 1920 emigra novamente coa súa familia a Bos Aires. Regresaría a facer o Bacharelato en Lugo onde trabou amizade con Fole e militaría no galeguismo. En 1935 incorpórase ás Misións Pedagóxicas e ao equipo de redacción de PAN (Poetas, Andantes e Navegantes). No momento do alzamento militar, Varela, integrado na "Alianza de Intelectuais Antifascistas para a Defensa da Cultura", enrolouse como miliciano e afiliouse ao Partido Comunista. Durante a guerra percorreu as diferentes frontes alentando os combatentes. Finalizada a guerra, atravesou os Pirineos e ficou durante uns meses no campo de refuxiados de Saint Cyprien. En maio de 1939 embarcou para México, onde recuperaría o seu labor xornalístico. Dous anos despois, reencontrouse co seu pai en Bos Aires, cidade en que o agardaban intelectuais amigos como Luís Seoane, Rafael Dieste ou Arturo Cuadrado. Alí recuperou a actividade política e exerceu como crítico de arte e tradutor do portugués. O golpe de Estado do xeneral Videla en 1976 forzou a Varela a un segundo exilio. Ameazado polas organizacións paramilitares de ultradereita, saíu precipitadamente do país pola fronteira brasileira e desde alí regresou a Madrid. O apoio de Isaac Díaz Pardo e Ramón de Valenzuela resultoulle fundamental para iniciar esta nova etapa, chea de illamento e dificultades. Refuxiado na Galería Sargadelos, dedicouse ás traducións e frecuentou a tertulia do café "Gijón". Morreu en Madrid o 25 de novembro de 1978. O seu corpo foi soterrado no cemiterio familiar de Monterroso. Ademais da súa produción poética e xornalística en español, a aportación ás nosas letras de Varela concretouse en Catro poemas pra catro gravados (1944), con ilustración de Luís Seoane, e o poemario sobre a guerra civil e o exilio Lonxe (1954).

17 de maio, Día das Letras Galegas

Manuais e obras xerais sobre literatura galega VÁZQUEZ VARELA Galicia. Literatura. Hércules de ediciones Tomos 34 e 35 --- Consulta en Sala---

RODRÍGUEZ FER, CLAUDIO A literatura galega durante a guerra civil. CDU: 82.1 /ROD / lit Rexistro: 802

CARBALLO CALERO Historia da literatura galega contemporánea CDU: 82.1 / CAR / his Rexistro: 3274

RODRÍGUEZ FER, CLAUDIO Poesía galega. Crítica e metodoloxía CDU: 82.1 / ROD / poe Rexistro: 3360

FRANCISCO RODRÍGUEZ Literatura galega contemporánea CDU: 82.1 / ROD / lit Rexistro 3351

MACEIRA FERNÁNDEZ, X.M. Literatura na diáspora bonaerense CDU: 821.1 /AS-PG/ 35 Rexistro: 2845

GUTIÉRREZ IZQUIERDO, RAMÓN Lecturas de Nós. Introducción á literatura galega. CDU: 82.1 / GUT / lec Rexistro: 904

FERNÁNDEZ DEL RIEGO, F. Historia da literatura CDU: 82.1 / FER / his Rexistro: 3345

QUEIXAS ZAS e GÓMEZ SÁNCHEZ Breve historia da literatura galega CDU: 82.1 / QUE / bre Rexistro: 146 MÉNDEZ FERRÍN. X.L. De Pondal a Novoneyra CDU: 82.1 / MÉN / de Rexistro: 6139

Catálogo da biblioteca do IES As Mariñas: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ Bitácora:

http://biblioteca.acelblog.com

QUEIXAS ZAS e GÓMEZ SÁNCHEZ Historia xeral da literatura galega. CDU: 82.1 / GÓM / his Rexistro: 238 VV.AA Álbum de literatura (con diapositivas) CDU: 82.1 / ROD / álb Rexistro: 3530

Related Documents

Lorenzo Varela
October 2019 13
Varela
June 2020 12
Tirado Varela
May 2020 12
017 Varela
November 2019 11
Lorenzo 1
October 2019 14
Equipo Lorenzo
November 2019 22