MANUAL
BÁSICO DE WORDPRESS
PARA @S BLOGFESOR@S
DE PRENSA-ESCUELA 2009/10
ÍNDICE ÍNDICE INTRODUCCIÓN INTRODUCIÓN Como crear un blog ......................................................................................... 4 Entrar na administración ................................................................................. 4
CAPÍTULO CAPÍTULO I I A portada do noso blog .................................................................................. 6 Un paseo pola administración ....................................................................... 7
C CAPÍTULO II
CAPÍTULO II Accións básicas nos blogs de Prensa-Escuela.................................................. 12 1. Crear e eliminar categorías........................................................................... 12 2. O primeiro post ou entrada......................................................................... 13 3. Editar un post................................................................................................ 14 4. Inserir, editar e borrar un enlace................................................................. 15 5. Inserir e editar imaxes.................................................................................. 16 6. Inserir (embed) un vídeo co seu reprodutor............................................... 20 7. Inserir unha presentación con Slideshare.................................................... 21 8. Inserir un arquivo de son desde Goear....................................................... 23 9. Inserir un arquivo de Scribd co seu reprodutor.......................................... 25 10. Inserir arquivos desde o PC........................................................................ 27 11. Engadir unha enquisa................................................................................. 28 12. Cambiar iconas na barra de edición de WordPress................................... 30 13. Crear enlaces a outros blogs (Blogroll)...................................................... 33 14. Crear unha páxina....................................................................................... 34 15. Dar de alta aos alumnos............................................................................. 35 16. Xestionar os comentarios........................................................................... 38 17. Xestionar borradores.................................................................................. 39 18. Moderar as entradas publicadas polos alumnos....................................... 40 19. Participar en el foro del Blog Maestro...................................................... 41
CAPÍTULO IIIIII CAPÍTULO Glosario de termos............................................................................................ 46 Links de interese............................................................................................... 47
Coa colaboración de:
2
prensaescuela.es
MANUAL
BÁSICO DE WORDPRESS
PARA @S BLOGFESOR@S
DE PRENSA-ESCUELA 2009/10
prensaescuela.es
3
INTRODUCIÓN INTRODUCIÓN Este manual é unha ferramenta básica para crear, usar e administrar blogs. A primeira parte da guía mostra como é a nova interfaz e de que forma se administran os blogs de Prensa-Escuela; no segundo apartado detállanse, paso a paso, as claves para administrar e utilizar un blog de aula; e, para rematar, inclúese un glosario básico e unha listaxe con links de interese para @s nov@s blogsfesor@s.
COMO CREAR UN BLOG 1. Os profesores que queiran crear un blog por primeira vez, deberán solicitalo previamente a través da web (www.prensaescuela.es), sección Blogs/Crea o teu blog, onde figura un formulario no que deberán rexistrarse indicando un nome de usuario e unha dirección de e-mail. Nesa mesma dirección de email recibirán un correo co seu usuario e un contrasinal, ademais dun enlace: http://blogs.prensaescuela. es/wp-signup.php. Para crear o blog, deberán picar neste enlace e introducir o seu nome de usuario e o seu contrasinal. 2. A continuación, aparecerá unha na que se lle solicitará o Nome do centro e da aula (será a dirección URL: http://blogs.prensaescuela.es/cpidebembibre5ºAPrim/) e o Título do Blog (é recomendable optar polo nome do proxecto ou outra referencia adecuada) 3. Unha vez activado o blog, o acceso poderá realizarse a través da web www.prensaescuela.es, picando na sección Blogs, e escribindo o usuario e contrasinal na sección Accede ao teu blog. 4. Se algún usuario ten xa un blog activo e quere crear outro novo, deberá picar no enlace: http://blogs. prensaescuela.é/wp-signup.php e introducir o seu nome de usuario e o seu contrasinal. A continuación aparecerá unha pantalla onde poderá crealo asignándolle un novo nome. Desde a administración, poderá visualizar cada un dos blogs creados en diferentes pestanas.
ENTRAR NA ADMINISTRACIÓN 1.1. Escríbese o nome do blog na web www.prensaescuela.es sección Blogs, apartado Accede ao teu blog, ou ben se introduce a dirección do blog na barra de ferramentas. 1.2. Unha vez na páxina, hai que ir a Administración (na columna lateral dereita) e picar en Iniciar sesión. Abrirase unha fiestra como a que aparece na imaxe seguinte onde poderá escribirse nome de usuario e contrasinal. 1.3. Picar en Iniciar sesión.
4
prensaescuela.es
MANUAL
BÁSICO DE WORDPRESS
PARA @S BLOGFESOR@S
DE PRENSA-ESCUELA 2009/10
prensaescuela.es
5
CAPÍTULO I CAPÍTULO I A PORTADA DO NOSO BLOG A portada do blog é como a páxina inicial dun xornal e é o primeiro que verán os profesores cando carguen a dirección que Prensa-Escuela lles proporcionou. A portada está composta pola cabeceira, o post ou entrada e unha barra lateral. A CABECEIRA Identifica o blog e leva o logotipo do programa. Na parte superior dereita, o cabeceiro ten a pestana Home (que conduce á páxina principal do blog). Esta zona, pódese personalizar en cada caderno creando outras pestanas ou páxinas. Por exemplo, o Blog Mestre dispón de tres máis: Hemeroteca (coas entradas de anos anteriores), Foro (para discutir, compartir e buscar opinión e axuda sobre a ferramenta e sobre a integración do blog no aula), e Recursos Wordpress (onde se pode descargar este manual). ZONA CENTRAL Aparecen os últimos post ou entradas (artigos publicados) organizados cronoloxicamente. BARRA LATERAL Nela colócase información útil para o visitante, como o perfil do autor ou da institución, a entrada na administración do blog, enlaces de interese, un calendario de publicacións para avaliar a frecuencia de actualización da bitácora, un buscador interno, categorías de temas que publica o blog, enlaces a outros blogs amigos e páxinas recomendadas, entre outros contidos. Tamén desde esta zona pódese acceder á administración do blog (Administración – Iniciar Sesión).
6
prensaescuela.es
CAPÍTULO I
UN PASEO POLA ADMINISTRACIÓN 1. O TABOLEIRO DE CONTROL
É o “centro de operacións” do blog, o panel onde se pode editar todo o contido que estea ou que se vaia a publicar na bitácora. Está conformado por pestanas ás que se pode acceder para realizar tarefas específicas: Escribir, Administrar, Deseño e Comentarios. Tamén inclúe accesos para editar as opcións do blog e a listaxe de usuarios. 1.1. Pestana Escribir
Esta sección ofrece tres opcións: Entrada, Páxina e Enlace, nas que se profundará no capítulo II.
prensaescuela.es
7
CAPÍTULO I
1.2. Pestana Administrar
Permite xestionar as entradas, páxinas, enlaces, categorías, etiquetas, etc. Esta será a pantalla que máis se usará no blog. Por exemplo, para administrar as entradas, hai que picar en Administrar/ Entradas, o que dá acceso a todos os artigos publicados e non publicados (borradores) e permite editalos ou suprimilos. Aparece un buscador de entradas e un filtro para axilizar a procura (por data e por categoría). O procedemento é similar para xestionar os demais elementos do blog (enlaces, categorías, medios, etiquetas...). 1.3. Pestana Deseño Polo momento, non é posible seleccionar o modelo do blog xa que existe un único para todos os cadernos Prensa-Escuela. Con todo, ao longo do curso, Prensa-Escuela ofrecerá varios modelos. A partir dese momento, só haberá que situarse encima do modelo desexado e, ao facer clic co botón esquerdo, abrirase unha fiestra de previsualización. Unha vez que se decida o modelo, só haberá que picar en Activar plantilla nº... 1.4. Pestana Comentarios Poden xestionarse os comentarios enviados ao blog, tal como se mostra no capítulo 2. 1.5. Pestana Opcións do Sitio
Esta pestana está na esquina superior dereita do taboleiro de control. Permite configurar as opcións do
8
prensaescuela.es
CAPÍTULO I
blog de xeito xeral, para a escritura dos post, para a lectura dos visitantes, para os comentarios e para outras opcións que se analizarán máis adiante. 1.5.1. Xeral Pode engadirse o título do blog, colocar unha descrición curta e elixir a linguaxe que se usará no blog e no taboleiro de control, ademais doutras pequenas opcións. Á hora de darlle un título ao blog, é recomendable optar polo nome do centro, do proxecto ou outra referencia referencia axeitada posto que este nome figurará na dirección URL do blog. Esta dirección terá unha parte común a todos os blogs de Prensa-Escuela, máis o nome do voso caderno. Por exemplo, http://blogs.prensaescuela.es/cpidebembibre/ Unha vez elixidas as preferencias hai que facer clic no botón Gardar cambios, ao final da pantalla; de non facelo así, as modificacións non terán efecto. 1.5.2. Escribindo e Lendo Nestes dous campos pódese elixir variar o formato e o número de entradas que se van a mostrar na páxina principal. 1.6. Pestana Usuarios
Esta pestana permite crear usuarios para o blog e darlles diferentes permisos ou privilexios a cada un deles. Algúns poderán publicar directamente post, outros poderán enviar post para que o administrador os aprobe e outros simplemente poderán visitar e comentar no blog do mesmo xeito que os outros visitantes. As opcións dos usuarios elíxeas o administrador e delas falarase máis adiante.
prensaescuela.es
9
CAPÍTULO I NOTAS NOTAS
10
prensaescuela.es
MANUAL
BÁSICO DE WORDPRESS
PARA @S BLOGFESOR@S
DE PRENSA-ESCUELA 2009/10
prensaescuela.es
11
CAPÍTULO II CAPÍTULO II ACCIÓNS BÁSICAS NOS BLOGS DE PRENSA-ESCUELA 1. CREAR E ELIMINAR CATEGORÍAS 1.1. Unha vez na consola de administración, cando xa se introduciu o nome de usuario e o contrasinal, hai que picar na pestana Administrar e, a continuación, en Categorías.
1.2 Pulsando en Crear nova, pode engadirse o nome da categoría. Como as categorías están xerarquizadas, debe decidirse como organizalas (por exemplo, unha categoría pode depender doutra categoría superior). 1.3 Pode engadirse tamén unha breve descrición. 1.4 Para rematar, faise clic en Agregar categoría.
12
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
1.5 Para eliminar unha categoría xa creada, hai que seleccionala (picando no recuadriño que aparece xunto ao nome da categoría) e facer clic en Eliminar. Os post que estaban asignados a esa categoría non se perderán, senón que pasarán á categoría xeral.
2. O PRIMEIRO POST OU ENTRADA 2.1 É preciso entrar en Administración, como se indica no paso 1, e pulsar na pestana Escribir. 2.2 Escribir unha entrada ou post. Ao picar en Escribir, aparece a seguinte pantalla:
Debe estar activada a pestana Visual (marcada na imaxe cun círculo e resaltada en negrita); se non é así, hai que presionar sobre ela. Tras engadir un título suxestivo e curto, o usuario debe escribir no espazo en branco (caixa de texto e outros recursos) a noticia que quere publicar do mesmo xeito que o faría cun procesador de texto (por exemplo Word), coa opción de escoller cor, formato ou xustificación na barra de ferramentas de edición.
prensaescuela.es
13
CAPÍTULO II
Na parte inferior da ventana, no espazo denominado Etiquetas, poden colocarse seguidas dunha coma todas as palabras que poderían identificar o post nun buscador de Internet. Un pouco máis abaixo aparece o espazo Categorías, onde aparecerán a ou as categorías nas que se arquivará o post, para así facilitar unha procura máis rápida aos visitantes. As categorías poden crearse a medida que se vaian escribindo entradas que as fagan necesarias na pestana Administrar/Categorías. Unha vez terminado o post, debe(n) elexirse a(s) categoría(s) á(s) que se asigna(n) a(s) entrada(s) (resaltadas na imaxe con dous pequenos círculos), na pestana Categorías, e marcarla(s) no recuadro. Finalmente, na beira dereita atópanse as opcións Gardar e Publicar. Ao pulsar en Gardar, o post será gardado no sistema sen que se vexa na portada do blog. Esta opción úsase cando o usuario comeza a escribir un post e necesita gardalo para terminalo e publicalo máis tarde. Se se elixe a opción Publicar, o post será visible automaticamente na portada do blog. 3. EDITAR UN POST Unha vez publicado, pode editarse o post e cambiar a redacción, engadir unha imaxe, asignarlle outra categoría, etc. Para iso hai que entrar no blog como usuario rexistrado, seleccionar o post que se quere editar e facer clic en Editar.
Aparece a mesma fiestra que ao escribir o post. Nela fanse as modificacións oportunas e púlsase en Gardar. É recomendable comprobar que todo se actualizou de forma correcta.
14
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
4. INSERIR, EDITAR E BORRAR UN ENLACE Para esta acción é conveniente ter dúas pestanas ou fiestras abertas: unha coa administración do blog e outra cun buscador como Google, no que poder buscar o enlace. Para inserir un vínculo, selecciónase o texto ou a imaxe a que se quere asignar o enlace e faise clic na icona correspondente ao vínculo (cadea) na barra de ferramentas de edición. Ábrese unha fiestra:
Cópiase a dirección e pégase no campo URL do hipervínculo. Ademais, e por comodidade, no campo Destino elíxese a opción Abrir en fiestra nova (_blank), que facilitará a navegación aos alumnos. Para cambiar o enlace, só hai que situarse nel e volver facer clic no botón Crear/Editar enlace. Para borrar un enlace, só hai que seleccionalo e pulsar sobre o botón Romper vínculo ou Desenlazar .
prensaescuela.es
15
CAPÍTULO II
5. INSERIR E EDITAR IMAXES
É aconsellable tamén traballar con dúas pestanas ou fiestras. Na pestana de Administración do blog, faise clic en Escribir entrada, ponse un título ao post, asígnaselle unha categoría e escríbese o texto que interese. Co cursor no lugar do post en que debe ir a imaxe, presiónase no botón Inserir/ editar imaxe. Na outra pestana, accédese a Google e desde alí a calquera páxina de imaxes como Flickr ( www.flickr. com) para buscar a foto. Púlsase co botón dereito sobre ela e elíxese calquera das dúas opcións que poden aparecer, dependendo do navegador: 1. Con Explorer vaise a Propiedades (1), faise clic nesta opción e cópiase o enderezo que aparece baixo o epígrafe Dirección URL na ventana que sale a continuación (2):
2. Con Firefox, elíxese Copiar a ruta da imaxe:
16
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
En calquera das dúas opcións sinaladas, hai que regresar á administración do blog e pegar a dirección da imaxe no campo URL da imaxe.
Una vez inserida a imaxe, compróbase que aparece en Vista previa e púlsase o botón Inserir. A continuación gárdase o post e se pica na icona Previsualizar esta entrada. No caso de que sexa necesario editar a imaxe só hai que volver á administración, seleccionala e facer doble clic sobre a icona Inserir/editar imaxe. Por defecto, Wordpress centra a imaxe, pero se se prefire outra posición hai que pulsar de novo na icona de Inserir/editar coa imaxe seleccionada. Na pestana Aparencia, elíxese entón a posición da foto no texto, o tamaño, os bordos e o espaciado. Tamén se pode variar o tamaño facendo clic sobre a imaxe como se faría nun procesador de textos normal e ampliala ou reducila. Convén manter marcado o botón Bloquear relación de aspecto para evitar distorsionar a imaxe e marcar o espazo horizontal e vertical de separación entre o texto e a imaxe cando se elixen as opcións de aliñación Dereita ou Esquerda.
prensaescuela.es
17
CAPÍTULO II
Editar/Eliminar imaxe WordPress conta cunha segunda ferramenta que permite editar ou eliminar a imaxe. Trátase dunha icona dobre que aparece na marxe superior esquerda da foto ao seleccionala. Se se elixe o segundo (círculo vermello) elimínase a imaxe. Ao pulsar o primeiro aparece unha fiestra de edición:
18
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
Aquí pódese aliñar a imaxe elixindo o botón coa posición desexada, contorneando o texto ao redor da foto. Así mesmo, pódese pór un pé de foto, escribíndoo na caixa de Editar Epígrafe de Imaxe. Pulsando na pestana Configuracións Avanzadas pódense realizar accións similares ás da pestana Aparencia do outro editor:
Aquí, ademais doutras funcións avanzadas, aparece a dirección URL da imaxe (Fonte ); o tamaño, que sempre se pode reverter ao Tamaño Orixinal, pulsando ese botón; o Bordo, que sairá sempre por defecto cando eliximos engadir un pé de foto; e os espazos Vertical e Horizontal de separación entre o texto e a imaxe (cun valor numérico en pixels). Tras realizar todas as accións desexadas débese pulsar o botón Actualización, que aparece en calquera das dúas pestanas no bordo inferior esquerdo. Nota: Nalgúns blogs é posible que a icona de Inserir/editar imaxe (árbore) non estea activado na barra de ferramentas. Neste caso hai que picar na pestana Administrar e aí no menú TinyMCE Advanced. Para engadir ou eliminar iconas da barra de ferramentas de edición hai que seguir os pasos enumerados na sección 12 (Cambiar iconas na barra de edición de WordPress).
prensaescuela.es
19
6. INSERIR (EMBED) UN VÍDEO CO SEU REPRODUTOR
CAPÍTULO II
Para que apareza o reprodutor dun vídeo de YouTube (ou calquera outro portal como Metacafé ou Google Vídeo) inserido (embedded en inglés) no blog hai que seguir os seguintes pasos: 1. Facer clic na icona situada no extremo dereito da barra de iconas da fiestra Escribir Entrada. Ao mesmo tempo abrir a fiestra co vídeo elixido e copiar a súa dirección URL da barra de direccións do navegador.
2. Elixir o portal do menú despregable Select Video Portal (neste caso YouTube). 3. Introducir soamente a parte final (sAud3uoQWnw) da dirección URL (http://www.youtube.com/ watch?v=sAud3uoQWnw) do vídeo elixido (a que está situada despois do último signo =) na sección Insert Video ID da fiestra de inserción de vídeo (Embed Video):
4. Darlle ao botón Insert e, a continuación, Gardar a entrada pulsando o botón correspondente do editor. Débese pulsar o botón Previsualizar para comprobar que o enlace funciona. Hai que esperar un momento mentres o sistema vai buscar o vídeo ao portal elixido (non é instantáneo). O aspecto dun vídeo de YouTube no blog é o seguinte e para que funcione só queda pulsar o botón triangular central:
20
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
Nota: O reprodutor só será visible na fiestra de Previsualización ou na páxina publicada do blog. Na fiestra do reprodutor verase só o código, que sempre estará situado entre corchetes. Neste caso aparecerá do seguinte modo: [youtube sAud3uoQWnw]. Sempre que haxa código na fiestra de edición ha de manterse nunha liña aparte, separado de calquera outro texto. 7. INSERIR UNHA PRESENTACIÓN CON SLIDESHARE 1. Accédese a http://www.slideshare.net e elíxese a presentación (slide) que desexa engadirse ao post. 2. Pícase no enlace Custom, situado á dereita da caixa de código Embed.
prensaescuela.es
21
CAPÍTULO II
Xusto debaixo aparecerán dúas opcións:
3. Debe copiarse o que hai na caixa For WordPress.com e pegarse na caixa de edición da entrada. Do mesmo xeito que co código de YouTube, aparecerá entre corchetes e debe manterse nunha liña independente. Tamén, igualmente, na caixa de edición aparecerá só o código e a presentación só se verá en Previsualizar esta Entrada e cando se publique a entrada no blog. Primeiro paso obrigatorio antes de usar o reprodutor de Slideshare A primeira vez que se intente inserir un arquivo de Slideshare no blog é posible que non apareza o reprodutor na pantalla. Isto é debido a que necesita que se lle indique a dimensión da imaxe. Para facelo, hai que seguir os 4 pasos indicados na imaxe:
1. Picar na pestana Opcións do Sitio. 2. Picar en SlideShare na barra de menú que sale a continuación. 3. Escribir o número 500 na fiestra Default width. 4. Picar no botón Update Settings para gardar o cambio. Esta é unha operación que cada blog só ha de facer unha vez, agás se se quere que o ancho do reprodutor sexa maior. Se é así, hai que introducir un número maior que 500, pero tendo en conta que o ancho de pantalla do blog é limitado. De todos os xeitos, a presentación de Slideshare ten unha icona para vela en modo Pantalla Completa (picar na icona marcada en vermello na seguinte imaxe):
22
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
8. INSERIR UN ARCHIVO DE SON DESDE GOEAR Ás veces unha ferramenta tan flexible como WordPress impón atallos ou estradas secundarias para chegar a un destino específico. Este é o caso dos arquivos de audio inseridos (embedded en inglés) co seu reprodutor desde Goear, unha páxina onde gardar os nosos arquivos en mp3, similar ao que YouTube significa no caso dos vídeos. Para conseguir ter unha imaxe do reprodutor de Goear co noso arquivo nunha entrada do blog debemos seguir os seguintes pasos: 1. Na páxina de Goear eliximos o arquivo e seleccionamos e copiamos o texto do cadro This song in your site:
2. Pégamolo no Bloc de Notas de Windows ou nunha páxina de Word e seleccionamos só a URL (similar ao que está seleccionado na seguinte imaxe e que supón copiar todo o código que queda entre as comiñas, pero sen incluílas). Neste caso sería http://www.goear.com/files/external.swf?file=120eb85
3. No editor de WordPress (Escribir Entrada) eliximos o botón de inserir un obxecto Flash:
4. Na fiestra que sae pegamos a URL que copiáramos do Bloc de Notas:
prensaescuela.es
23
CAPÍTULO II
5. Na seguinte fiestra, que nos pide en inglés o ancho da imaxe, escribimos 300 (ou calquera outra medida que desexemos):
6. A continuación, outra mensaxe en inglés pídenos o alto da imaxe. Aquí escríbese 200 ou calquera outra medida proporcional ao ancho que desexemos:
7. No editor da nosa entrada aparecerá un texto en código parecido ao seleccionado na imaxe seguinte. Só queda picar no botón Gardar e comprobar o resultado pulsando o botón Previsualizar esta Entrada:
8. Por último, compróbase que funciona o reprodutor de Goear incrustado pulsando o triángulo Play na ventana de previsualización da entrada: Do mesmo xeito que ocorre co código de YouTube e Slideshare, este aparece na caixa de edición da Entrada entre corchetes e só se poderá ver e utilizar o reprodutor no post publicado do blog ou na fiestra de previsualización.
24
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
9. INSERIR UN ARQUIVO DE PDFCOKE CO SEU REPRODUTOR Scribd é o portal para almacenar documentos en todos os formatos de Office, OpenOffice ou PDF que equivale a YouTube en vídeos ou a Flickr no arquivo de fotos. Para inserir (embed) o reprodutor dos documentos gardados neste portal hai que seguir os seguintes pasos: 1. Acceder á páxina de Scribd (http://www.pdfcoke.com), buscar un documento e picar na pestana Share & Embed do visor:
2. Á dereita do documento desprégase unha extensión na que hai que seleccionar o enlace Advanced da sección Embed
prensaescuela.es
25
CAPÍTULO II
3. Na fiestra que aparece a continuación (iPaper Embed Code) hai unha caixa (WordPress.com Embed Code) co código que hai que copiar picando no botón Copy:
4. Pégase o copiado no editor de texto de WordPress:
26
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
5. Pícase no botón Gardar do editor e compróbase en Previsualizar esta Entrada que aparece o reprodutor do documento de Scribd cun botón na marxe superior dereita para velo a pantalla completa:
Nota: Tanto no apartado de imaxes (Flickr) e vídeos (YouTube) como no de presentacións (Slideshare), no de arquivos de audio (Goear) ou no de documentos (Scribd) o profesor usuario debe darse de alta nos portais e subir as súas propias presentacións ou vídeos, así como animar aos seus alumnos a que o fagan. 10. INSERIR ARQUIVOS DESDE O PC Aínda que se recomenda non cargar a memoria do blog (10MB) con arquivos propios, si é posible facelo en casos excepcionais se algún dos almacéns externos como YouTube ou Slideshare non funcionasen nun momento determinado. Para inserir calquera arquivo (audio, vídeo, pdf, etc.) desde o PC seguimos os seguintes pasos: 1. Pulsar o botón situado na parte superior dereita da barra de formato da Entrada.
2. Buscar o arquivo no PC (pulsando o botón Escolle arquivos para subir):
prensaescuela.es
27
CAPÍTULO II
3. Na seguinte fiestra, e unha vez seleccionado o arquivo, pulsar o botón Inserir dentro de Entrada. Aquí pódese dar ao arquivo inserido un Título, unha Lenda ou unha Descrición, escribíndoos dentro da caixa correspondente:
Así, unha grabación de audio quedaría inserida do seguinte modo:
11. ENGADIR UNHA ENQUISA Para engadir unha enquisa no blog, WordPress ten unha ferramenta propia co pequeno inconveniente de que as instrucións veñen en inglés. Para facilitar o seu uso, a continuación aparecen os pasos a seguir para inserilas nunha entrada. En primeiro lugar, hai que ir á pestana Administrar y picar en Democracy Poll:
28
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
A continuación sae a fiestra Manage Polls:
Aquí hai que seguir estes pasos para engadir unha enquisa (Add a Poll): 1. Escribir a pregunta (Question) na caixa habilitada. 2. Escribir as respostas nas caixas numeradas de 1 a 4. 3. Pulsar o botón Submit para gardar os cambios. 4. Se se queren engadir máis preguntas, pícase no botón Add an Answer. 5. Se se quere eliminar algunha das preguntas, seleccionase e púlsase o botón Remove an Answer. 6. Se se quere Activar ou Desactivar a enquisa, púlsase o botón Activate/Deactivate que aparece á dereita do listado de enquisas, cada unha delas aparecerá marcada cun número de identificación (ID), que na imaxe se mostra cun círculo vermello. 7. Se se quere Editar unha enquisa xa realizada e cambiar a pregunta ou as respostas, pícase no botón Edit. 8. Se se desexa eliminar unha enquisa do listado, púlsase no botón Delete. En último lugar, vaise á caixa de edición da Entrada donde se quere inserir a enquisa e escríbese {democracy:1} (sen espazos entre as chaves e o texto), donde o número (ID) debe responder ao que identifica á enquisa e que aparece no paso 6 da lista anterior e se pica no botón Gardar. Para finalizar, púlsase Previsualizar esta Entrada para comprobar que a enquisa aparece axeitadamente na Entrada e que ten un aspecto similar á imaxe seguinte:
prensaescuela.es
29
CAPÍTULO II
Unha vez que os lectores elixan a opción e voten pulsando o botón Vote, pódense consultar los resultados picando en View Results, que leva a unha pantalla cunha gráfica donde aparece o número de votos de cada opción e a porcentaxe se se pon o cursor encima de cada barra:
12. CAMBIAR ICONOS NA BARRA DE EDICIÓN DE WORDPRESS No caso de que a alguén lle falte algunha icona da súa barra de edición ou queira tuneala ao seu gusto hai que seguir os seguintes pasos: 1. Ir á pestana Administrar:
2. Unha vez alí picamos no enlace TinyMCE Advanced:
3. Na parte superior hai dúas barras azuis coas iconas que aparecerán no editor de textos e, baixo ela, unha caixa gris con outras iconas e botóns. Para engadir iconas arrástranse da caixa gris ás barras. Para sacarlos das barras, arrástranse á caixa gris:
30
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
4. Na parte baixa da páxina, púlsase no botón Save Changes para gardar os cambios:
Para que o sistema aplique os cambios ao blog e a barra do editor os mostre, necesitamos limpar a caché (arquivos temporais de internet) do navegador. Para facer isto, en primeiro lugar vaise ao menú Ferramentas do Explorer e elíxese Opcións de Internet:
prensaescuela.es
31
CAPÍTULO II
Na fiestra que sae a continuación elíxese Eliminar na pestana Xeral e na sección Historial de exploración:
Para finalizar, elíxense só os Arquivos temporais de Internet e pícase no botón Eliminar da fiestra seguinte:
32
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
Nota: Se se engaden demasiadas iconas, a barra invadirá o espazo da barra lateral e dificultará a edición.
Neste caso, débese axustar o número de iconas arrastrándoas á caixa gris para que a barra volva á súa dimensión orixinal ou se poden engadir as iconas nunha nova barra. Para despregar máis dunha barra hai que pulsar o botón Kitchen Sink (Fregadero). Para que aparezan todas as iconas elixidas convén ter sempre á vista todas as barras. 13. CREAR ENLACES A OUTROS BLOGS (BLOGROLL)
Nesta imaxe pode observarse como administrar a subpestana Enlace, que se atopa dentro da pestana principal Escribir. Esta sección permite crear links a outras páxinas relacionadas co blog, que sexan de interese ou que poidan resultar de utilidade para os alumnos. Os enlaces tamén se poden ordenar por categorías, por exemplo: enlaces a dicionarios, enlaces a webs de referencia, etc. Para crear un enlace, WordPress pide o Nome do enlace, por exemplo, aulaBLOG, despois la Dirección URL da páxina que se desexa enlazar ao blog (no exemplo http://www.aulablog.com/ ) e unha breve Descrición, que é un espazo opcional.
prensaescuela.es
33
CAPÍTULO II
Despois pode accederse ao espazo Categoría situado na parte inferior da páxina e seleccionar en cal das creadas debe publicarse o enlace ou crear unha escribindo un nome na caixa Agregar Categoría Nova e pulsando o botón Agregar.
Realizados estes pasos, púlsase o botón Gardar. Os blogs de referencia veranse así na páxina de inicio da bitácora na parte inferior da columna dereita (Sidebar). 14. CREAR UNHA PÁXINA
Nesta imaxe pode verse como administrar a subpestana Páxina, que está dentro da pestana principal Escribir. Páxina: Poden crearse páxinas especiais para o blog, que aparecerán debaixo da cabeceira do blog como opcións á beira da pestana Páxina de Inicio ou Home, e serán espazos con información estática, é dicir, que aínda que se publique un novo post, esa páxina seguirá estando na portada como un botón opcional ao que os visitantes poden acceder sempre. Xeralmente, créanse estas páxinas para colocar información fixa como: quen somos, obxectivos do blog ou calquera información que se desexe manter visible permanentemente para os visitantes. Para crearla, deben seguirse los mismos pasos que al escribir una entrada: colocar el título, escribir el cuerpo del post en el editor de texto y luego guardar o publicar la página creada, dependiendo si se quiere publicar o no.
34
prensaescuela.es
CAPÍTULO II 15. DAR DE ALTA AOS ALUMNOS
A plataforma Wordpress permite crear diferentes roles de usuario con distintas funcións que se detallan a continuación: Tarefas
Admin
Editor
Autor
Contrib
Entradas: Crear novas
Si
Si
Si
Si
Entradas: Publicar
Si
Si
Si
Non
Entradas: Modificar – Eliminar
Si
Si
Non
Non
Páxinas: Crear
Si
Si
Non
Non
Páxinas: Modificar – Eliminar
Si
Si
Non
Non
Categorías de Entradas: Crear
Si
Si
Non
Non
BlogRoll: Mantemento
Si
Si
Non
Non
Presentación (Plantillas e Widgets ): Modificar
Si
Non
Non
Non
Usuarios: Mantemento
Si
Non
Non
Non
Opcións (Xerais, redacción, lecturas, etc ): Mantemento
Si
Non
Non
Non
Todos os profesores de Prensa-Escuela aos que se lles asignou un blog son os seus administradores (Administrator). O rol que se engade por defecto aos alumnos que se dan de alta como usuarios é o de Contributor. O papel de Editor ou Autor pódese reservar para aqueles grupos de alumnos nos que o profesor deposite a súa confianza para publicar e editar no blog de aula sen a súa supervisión. Pestana Usuarios A pestana de usuarios está na parte superior dereita da pantalla:
Nesta pestana poden xestionarse os usuarios do blog (cambiar perfil, borrar...), seleccionando ao usuario da lista e executando a acción elixida pulsando os botóns Eliminar ou Cambiar.
prensaescuela.es
35
Existen dúas formas de engadir usuarios aos blogs:
CAPÍTULO II
-O usuario non existe na comunidade; é dicir, o correo electrónico non está asignado a ningún outro usuario. Neste caso, deberase introducir un nome de usuario (sen espazos, nin tildes, nin eñes, nin carácteres raros) e o correo electrónico.
Unha vez creado o usuario, a este chegaralle un correo electrónico cos datos de acceso. É importante que o alumno verifique que o seu xestor de correo non identifique o e-mail enviado como spam ou correo non desexado. Se fose así habería que recuperalo como correo desexado e pasalo á bandexa de entrada para gardar os datos de acceso de forma permanente e darse de alta como usuario. O contrasinal é asignado automaticamente por WordPress, aínda que o usuario pódeo modificar despois. Cando isto ocorre, o administrador recibe un correo de notificación do cambio. Para cambiar o contrasinal o alumno inicia a sesión cos datos enviados ao seu correo electrónico e pulsa a pestana Perfil, situada na parte superior dereita da pantalla inicial:
Na parte inferior da fiesta de Perfil hay dúas caixas tras o epígrafe Novo Contrasinal, onde escribirá os seus novos datos por duplicado. A continuación, pulsará o botón Actualizar Perfil e o seu contrasinal será modificado:
36
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
-O usuario xa existe na comunidade, é dicir, xa é membro dalgún outro blog. Neste caso, deberá engadirse desde o formulario onde se introduce o correo electrónico e o perfil que se lle queira dar.
Para engadir un usuario, só fai falta o correo electrónico que xa existe dentro da comunidade. Ao alumno chégalle un correo de confirmación que debe responder para darse de alta como usuario nese blog concreto. ¿Que facer no caso de que os novos usuarios non atopen ou perdan a clave de acceso ao blog? No caso de que o alumno perda o seu contrasinal o sistema enviaralle un novo á súa dirección de correo electrónico pulsando o enlace ¿Perdiches o teu contrasinal? da fiestra de inicio de WordPress:
prensaescuela.es
37
CAPÍTULO II
A continuación sae outra fiestra onde pide o nome de usuario ou dirección de e-mail. Tras escribilo, púlsase no botón Obter novo contrasinal:
16. XESTIONAR OS COMENTARIOS Cada vez que se accede á pantalla inicial ou Taboleiro, aparece unha relación de todos os comentarios recentes.
Ao picar en Ver Todo, accédese á pestana Administrar Comentarios, onde estes se poden Aprobar (publícase o comentario), Desaprobar (non aparecerán publicados ata que se considere necesario) Eliminar ou Marcar/Verificar como spam (dáse orde ao bloqueador de correo lixo Akismet para que non permita máis comentarios deste usuario).
38
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
Nesta pantalla poden verse os comentarios aprobados e en moderación e poden buscarse por palabras clave. 17. XESTIONAR BORRADORES Se para planificar o traballo o profesor gardou varios post como borradores (faise picando na opción Gardar no canto de en Publicar ao finalizar o post), pode acceder a eles de forma moi sinxela: desde a pestana Administrar/Entradas, debe situarse no formulario de procura tal como se mostra a continuación:
Pícase en Borradores. Aparece a lista de post gardados como borradores e sobre eles poden aplicarse distintas accións como eliminalos ou buscalos aplicando filtros por datas ou categorías nas que se gardou o borrador. Esta utilidade de Wordpress é moi vantaxosa para os profesores xa que lles facilita a planificación e xestión de tempos na integración dos blogs de Prensa-Escuela na aula.
prensaescuela.es
39
CAPÍTULO II
18. MODERAR AS ENTRADAS PUBLICADAS POLOS ALUMNOS
Cando un alumno co rol Contributor escribe unha entrada, non lle aparece a opción Publicar como lle aparece ao profesor, senón a de Gardar para Revisión. Así, cando o administrador entra na pantalla de Administración e pulsa sobre Administrar/Entradas, aparécelle o número de entradas realizadas polos seus alumnos pendentes de revisar (Entradas Pendentes). Se pica sobre este vínculo, aparece a seguinte fiestra:
Se o profesor pica encima do título, ten a opción de tratar o post coma se se tratase dos seus propios borradores (pode editalos, borralos ou publicalos).
40
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
19. PARTICIPAR NO FORO DO BLOG MESTRE O Blog Mestre (http://blogs.prensaescuela.es/blogmaestro) pon a disposición de profesores e alumnos un foro para discutir, compartir e buscar opinión e axuda tanto sobre a ferramenta WordPress como sobre a integración do blog na aula.
Só hai que pulsar na pestana Foro e acceder á páxina principal onde se pode acceder a Grupos de discusión compostos por Foros específicos que, á súa vez, están identificados por temas aos que se pode acceder directamente baixando pola páxina e pulsando no título ou a través da xanela desplegable Seleccione un Foro:
prensaescuela.es
41
CAPÍTULO II
Para participar no foro como parte da comunidade de Prensa-Escuela hai que Iniciar unha sesión co mesmo usuario e contrasinal de WordPress. Para isto hai que pulsar na icona da chave, encher os campos da xanela que se desprega e pulsar o botón Iniciar Sesión:
Unha vez que se elixe o grupo, o foro e a entrada desexada pódese engadir unha resposta pulsando a icona do sobre situado na parte inferior dereita da entrada e escribindo o comentario na caixa Responder ao Tema:
42
prensaescuela.es
CAPÍTULO II
Por último, para publicar o comentario no foro hai que escribir a cantidade requirida na caixa de comprobación situada na parte inferior dereita da caixa Responder ao Tema e pulsar o botón Publicar nova resposta:
prensaescuela.es
43
CAPÍTULO II NOTAS NOTAS
44
prensaescuela.es
MANUAL
BÁSICO DE WORDPRESS
PARA @S BLOGFESOR@S
DE PRENSA-ESCUELA 2009/10
prensaescuela.es
45
CAPÍTULO III CAPÍTULO III GLOSARIO DE TERMOS Blogosfera Termo usado para referirse á totalidade de weblogs. En ocasións, o concepto blogosfera utilízase para referirse a agrupacións parciais de blogs, por exemplo: a blogosfera educativa de Voz Natura, a blogosfera política, etc. Blogroll Colección de enlaces a páxinas ou blogs que o autor le con frecuencia, que se relacionan co seu blog ou que considera son de interese para os seus visitantes. Blogger (Bloguero/a) É a persoa autora dun blog. Dirección IP Dirección de 32 bits de protocolo Internet asignada a un host ou aloxamento. Feed É un anglicismo. O seu significado é alimentar e na xerga informática refírese á subministración e actualización de datos electrónicos. Emprégase para denominar aos documentos con formato RSS que permiten aos agregadores recoller información actualizada de páxinas web. Hipervínculo Chamado tamén hiperenlace, é o mecanismo de referencia básico na rede (World Wide Web). Un hipervínculo sinala a dirección na que se atopa outro documento que foi colgado na rede e permite acceder de xeito directo á información ou ao recurso referenciado. Podcasting Consiste na elaboración de audio, en forma de programas radiofónicos, que se distribúen como arquivos de son dixital utilizando o formato RSS. O seu uso permite aos usuarios subscribirse e usar un programa que descarga as gravacións automaticamente ao computador, para poder transferilas despois. A palabra podcasting é un acrónimo das palabras: ipod e broadcasting. Post Son as entradas ou artigos que se publican nun blog. Habitualmente trátase dun texto, que pode ir acompañado de imaxes ou enlaces a outros post, contidos de audio e/ou vídeos, entre outras opcións. Postear: derivado do termo post, significa escribir e publicar un post nun blog. RSS Formato da familia do XML, desenvolvido especificamente para todo tipo de sitios que sexan actualizados frecuentemente. A información distribuída en formato RSS pode ser compartida con facilidade e usada noutros sitios web ou programas. Spam Envío masivo de correo electrónico con fins publicitarios. URL Texto curto que identifica un recurso accesible na rede. Pode ser unha páxina, documento, dirección de correo electrónico, etc.
46
prensaescuela.es
CAPÍTULO III LINKS DE INTERESE Imaxes e vídeo http://www.flickr.com/ http://www.youtube.com/?gl=ES&hl=es Sons e podcast http://www.goear.com/ http://www.imeem.com/tag/imeen http://bancoimagenes.isftic.mepsyd.es/ Presentacións e documentos http://www.slideshare.net/ http://www.pdfcoke.com/ Utilidades e recursos para blogs http://www.aulablog.com/ http://utilidades.bitacoras.com/ http://blogs.prensaescuela.es/blog/blogmaestro/ http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/
prensaescuela.es
47
CAPÍTULO III NOTAS NOTAS
48
prensaescuela.es