Fol Riscos

  • May 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Fol Riscos as PDF for free.

More details

  • Words: 881
  • Pages: 4
ACTIVIDADE “FOL” – 3ª AVALIACIÓN “Seguridade e Hixiene”

1.- Busca a norma mais importante en materia de riscos laborais en España, indica a data do B.O.E. no que se publicou e a páxina web onde a atopaches. Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, de 8 novembro. B.O.E. 10/11/1995 http://www.insht.es/InshtWeb/Contenidos/Normativa/TextosLegales/LeyPrevenc ion/PDFs/leydeprevencionderiesgoslaborales.pdf

2.- Como se define “risco laboral”. Artigo 4.2: Entenderase risco laboral como a posibilidade de que un traballador sufra un determinado dano derivado do traballo. Para calificar un risco dende o punto de vista da súa gravidade, valoraranse conxuntamente a probabilidade de que se produza un dano e a severidade do mesmo.

3.- Onde aparecen regulados os dereitos e obrigas de empresarios e traballadores fronte aos riscos laborais. Capítulo III: Dereitos e obrigas. 4.- Sinala cales das seguintes afirmacións corresponden a obrigas do empresario e cales a dereitos e obrigas dos traballadores, e xustifica por que: •

Avisar que unha instalación está en mal en estado.

Obriga do traballador, segundo o Artigo 2.4.: Informar de inmediato o seu superior acerca de calquera situación, que o seu xuízo, entrañe, por motivos razoables, un risco para a saúde e seguridade dos traballadores. • Poñer o casco na obra. Obriga do traballador, segundo o Artigo 2.2.: Utilizar correctamente os medios e equipos de protección facilitados polo empresario, de acordo coas instruccións recibidas deste. •

Organizar un curso de primeiros auxilios.

Obriga do empresario, segundo o Artigo 19.1.: O empresario deberá garantir que o traballador reciba unha formación teórica e práctica en materia preventiva. • Elaborar un plan de evacuación e comunicalo. Obriga do empresario, segundo o Artigo 20.: O empresario deberá analizar as posibles situacións de emerxencia e adoptar as medidas necesarias en materia de

primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dos traballadores designando para elo ó persoal encargado de poñer en práctica estas medidas e comprobando periodicamente o seu correcto funcionamento. • Informar de cómo se usa unha nova máquina. Obriga do empresario, segundo o Artigo 18.1.: O empresario adoptará as medidas adecuadas para que os traballadores reciban toda a información necesaria sobre unha nova máquina. •

Avaliar o risco existente nun novo posto de traballo nun almacén de madeiras.

Obriga do empresario, segundo o Artigo 21.1.a: Informar o antes posible os traballadores afectados a existencia de dicho risco. • Facilitar unha revisión médica aos traballadores dunha industria química. Obriga do empresario, segundo o Artigo 22.1.: O empresario garantirá os traballadores o seu servicio a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ó traballo. •

Eximir a unha traballadora embarazada de levantar cargas pesadas.

Obriga do empresario, segundo o Artigo 26.2.: O empresario deberá determinar, previa consulta cos representantes dos traballadores, a relación dos postos de traballo exentos de riscos a estes efectos. 5.- Concepto de saúde segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). Estado completo de benestar físico mental e social e non soamente da ausencia de enfermidade. 6.- ¿Cales son os danos derivados do traballo?. Segundo o Artigo 4.3.: as enfermidades, patoloxías ou lesións sufridas con motivo ou ocasión do traballo. 7.- Define accidente laboral e enfermidade profesional. A lexislación determina que un accidente laboral é toda lesión corporal que o traballador sufra con ocasión ou por consecuencia do traballo que execute por conta allea (art. 115 LXSS). A enfermidade profesional ven definida no Art. 116 da Lei Xeral de Seguridade Social: “ A contraída a consecuencia do traballo executado por conta allea nas actividades que se especifiquen no cadro que se aprobe polas disposicións de aplicación e desenrolo desta lei, e que proceda pola acción de elementos ou sustancias que en dito cadros e indiquen para cada enfermidade profesional”.

8.- Cales son as condicións de traballo ou factores de risco que poden xerar riscos para a saúde. 1. Derivados das condicións de seguridade: o Estructurais. o Manexo de equipos. 2. Derivados das condicións ambientais. 3. Derivados da organización do traballo. 4. Derivados da carga de traballo. 5. Derivados do factor humano. 9.- Clasifica os seguintes casos segundo o grupo de factores de risco ao que pertenzan: •

esforzo de levantar unha caixa do chan. Derivados da carga de traballo.



Un pintor enriba dunha escada. Derivados das condicións de seguridade: Factores estructurais.



Manexo dunha serra circular para cortar. Derivados das condicións de seguridade: Factores de manexo de equipos.



Traballo dun vixiante nocturno. Derivados da organización do traballo.



Manexo dunha carretilla elevadora por parte dun menor de idade sen experiencia. Derivados do factor humano.



Uso de ácido corrosivo nun laboratorio. Derivados das condicións ambientais.

10.- Enumera e describe a secuencia de accións para levar a cabo unha avaliación das condicións de traballo nunha empresa. A Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais, obriga ao empresario a velar pola seguridade e a saúde dos traballadores e avaliar as condicións que se dan no lugar de traballo. O principal labor do empresario será planificar a acción preventiva. PROCESO DA AVALIACIÓN: 1. Recompilar información das distintas condicións e características que se dean nos postos de traballo. 2. Identificar e valorar os factores de risco, e os traballadores que están expostos a eses perigos. 3. Tomar decisións para eliminar aqueles riscos que sexa posible evitar. 4. Avaliar aqueles factores que nos poden evitarse, tomando as medidas oportunas para a diminución do risco do traballador.

Related Documents

Fol-riscos
May 2020 9
Fol-riscos
May 2020 14
Fol Riscos
May 2020 5
Fol-riscos
May 2020 12
Fol-riscos
May 2020 7
Fol
April 2020 10