Ensayo sobre la ceguera José Saramago Un home parado ante un semáforo en vermello queda cego de súpeto. É o primeiro caso dunha “cegueira branca” que se espalla de xeito fulminante. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os cegos terán que se enfrontar co que existe de máis primitivo na natureza humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo. Ensaio sobre a cegueira é a ficción dun autor que nos alerta sobre “a responsabilidade de ter ollos cando outros os perderon”. José Saramago obríganos a parar, pechar os ollos e ollar. Recuperarmos a lucidez e rescatarmos o afecto son dúas propostas fundamentais dunha novela que é, asemade, unha reflexión sobre a ética do amor e a solidariedade. A adquisición deste libro foi proposta por unha alumna.