A portada non se numera. O índice, é a páxina 1. COMO INSERIR O Nº DE PÁXINA? Clicar en INSERIR – Nº de páxina c)- NOTAS Ó PÉ DE PÁXINA.Son útiles para chamar a atención do lector sobre algún feito. Empréganse para asociar anexos ó noso texto e tamén para facer unha referencia bibliográfica a unha cita mencionada no noso traballo. COMO INSERIR NOTAS A PÉ DE PÁXINA? Clicar en INSERIR – Referencia – Nota ó pé. d)- TAMAÑO DE LETRA.Débense empregar tipos de letra sim ples como Arial ou Times New Ro man, tamaño 12. Nos títulos e encabezamento podes utilizar o tamaño 14. Para destacar determinadas palabras, emprega a letra cursiva, o subliñado ou a letra negriña, pero sen abusar deles. e)- ESPACIADO ENTRE LIÑAS.É preciso separar as liñas para facilitar a lectura. Se non o fas, o teu traballo parecerá unha enorme mancha. O normal é poñer un espaciado de 1,5 COMO FORMATEAR O ESPACIADO ENTRE LIÑAS? Clicar en FORMATO – Parágrafo f)- MARXES.Ó redor do texto ten que haber un
espazo en branco nos catro bordes da páxina. É preciso que o texto “respire” Desta maneira tamén queda sitio para a encadernación. COMO ESTABLECER AS MARXES? Clicar en ARQUIVO – Configurar páxina - Marxes Marxe superior: 3 cm. Marxe inferior: 2.5 cm. Marxe esquerdo: 3 cm. Marxe dereito: 3 cm. g)- FORMATO.O mellor formato é o A4, vertical ou horizontal, porque facilita a impresión e a almacenaxe. Se o traballo é escrito á man, fai a letra clara, sen tachaduras nin correccións, espaciando as liñas, deixando as marxes, destacando os apartados, e respectando as normas citadas nestes documen tos. 6.- IMPRESIÓN Podes imprimir un borrador para facer correccións e ver se queda como queres. Se ten moitas páxinas, é mellor imprimilo en tandas e ver se vai saíndo ben. 7.- ENCADERNACIÓN Segundo o nº de páxinas, podes escoller entre grampas, cartafol, espiral, canutillo, etc. Texto baseado nun documento elaborado polo IES “Poeta Añón” e na información da páxina web da rede de bibliotecas escolares de Portugal: http://www.rbe.min-edu.pt
Biblioteca do IES “Río Miño” - Rábade (Lugo)
Como realizar un traballo escrito
A realización dun traballo escrito consiste en escoller un tema, buscar información sobre el, organizala e tomar posición sobre o seu contido. Esta guía pretende axudarche nas distintas etapas polas que ten que pasar a elaboración dun traballo de investigación.
Guía de recursos nº 1
ETAPAS NA REALIZACIÓ REALIZACIÓN DUN TRABALLO ESCRITO
1.- SELECCIÓN DO TEMA Se é o profesor quen propón o traballo, trata de entender ben o que se pretende. Se es ti quen escolle o tema, ten en conta estes criterios básicos. • Elixe unha tarefa que sexa do teu interese e que teña unha dificultade que poidas vencer. • Comproba que tés fontes de consulta onde buscar a información que necesitas. • Fai un cálculo do tempo do que dispós. Se tés pouco, debes limitar a investi-. gación. • Fíxa unha meta á que pretendes chegar co traballo.
2.2.- RECOLLIDA DE INFORMACIÓ INFORMACIÓN Despois de escollido o tema, hai que ver onde se pode atopar información sobre o mesmo. As fontes de información máis accesibles son os fondos da biblioteca. Podemos buscar datos para o traballo en varios tipos de documentos: • Diccionarios: definen o sentido das palabras.
• Enciclopedias: ofrecen unha visión xeral do tema. • Libros espoecializados: desenvolven o tema con maior profundidade. • Medios de comunicación: xornais, revistas, internet… • Entrevistas a persoas competentes na materia. • Visitas de estudo. De todas elas, POR CAL EMPEZAR ? - É aconsellable comenzar por unha obra de información xeral, como unha enciclopedia ou un manual. COMO RECOLLER A INFORMACIÓN? - Podemos facelo mediante: • Toma de notas que conteñan o esencial da información. • Pequenos resumos do contido. • Palabras clave • Esquemas ou mapas conceptuais nos que situamos graficamente os conceptos ou apartados a tratar. 3.3.- PLAN DE TRABALLO 3.1.-Cando tés reunida a información, é preciso revisar as ideas, Desta revisión ten que resultar: • A división do traballo en capítulos e subcapítulos, (cando sexa preciso). • Os aspectos ou ideas que se van presentar. 3.2.-Unha vez establecidos os apartados, faremos un FILTRADO DA INFORMACIÓN: eliminar todo o que non pertenza ó tema, o que estea confuso, e o que non teña importancia na investigación. 3.3.- Unha vez filtrada a información, ordenamos con lóxica os apartados, para iso podemos facer un índice
provisional ou un esquema con palabras clave que poderás modificar se é preciso. 4.- A REDACCIÓN DO TRABALLO Para este apartado, consulta a guía de recursos nº 2.
5.- PRESENTACIÓN E ILUSTRACIÓN É importante que o traballo teña un bo aspecto, que sexa claro e doado de ler. Para iso o mellor é empregar un procesador de texto, por exemplo, o Word. Debes ter en conta os seguintes puntos: a)- O ENCABEZAMENTO E O PÉ DE PÁXINA: No encabezamento adoita poñerse o nome do centro e o nome do traballo. E no pé de páxina, o nome dos autores do traballo e o nº de páxina. Como inserir ENCABEZAMENTO E PÉ DE PÁXINA? Clicar en INSERIR – Encabezamento e pé de páxina. b)- PAXINACIÓN: Consiste en inserir o nº de páxina. Pode poñerse en calquera dos bordes, a maioría das veces figura no ángulo inferior dereito.