Clausulas Administrativas

  • October 2019
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Clausulas Administrativas as PDF for free.

More details

  • Words: 5,319
  • Pages: 12
Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

PREGO TIPO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS POLO PROCEDEMENTO ABERTO MEDIANTE A FORMA DE ADXUDICACIÓN DE CONCURSO

1.CONDICIÓNS XERAIS. 1.1.-O presente prego constitúe o conxunto de instrucións, normas e especificacións que, xunto coas establecidas no correspondente Prego de prescricións técnicas, han de rexer na contratación para a realización dos servizos a que se refire o apartado 1 da folla resumo de especificacións (en adiante, folla resumo) do presente prego, que é considerada parte inseparable daquel a tódolos efectos, e que, previa autorización do órgano de contratación, se adxudicará mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso. 1.2 En todo o non previsto nos anteriores pregos, estarase ó disposto no Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas ( en adiante TRLCAP), aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, e no seu Regulamento Xeral aprobado polo R.D. 1098/2001, de 12 de outubro, e demais normativa aplicable. 1.3 O descoñecemento do contrato en calquera do seus termos ou dos documentos anexos que forman parte do mesmo, non eximirá ó contratista da obriga do seu cumprimento. 1.4 O contratista acepta de forma expresa a súa submisión á lexislación e pregos anteriormente citados e á xurisdición contencioso administrativa nas cuestións litixiosas que puideran derivarse deste contrato. 1.5. O adxudicatario obrigarase ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social e calquera outra de carácter xeral. 2. OBXECTO DO CONTRATO 2.1.- O obxecto do contrato é a prestación dos servizos establecidos no apartado 5 da folla resumo de especificacións. 2.2.-O Prego de prescricións técnicas no que se describen as características peculiares dos servizos revestirá carácter contractual, polo que deberá ser asinado en proba de conformidade polo adxudicatario, simultaneamente á formalización do contrato. 3. ORZAMENTO DE LICITACIÓN E EXISTENCIA DE CRÉDITO 3.1.- O importe do orzamento máximo autorizado para a contratación é o fixado no apartado 6 da folla resumo. 3.2.- A proposta económica terá carácter global, polo que incluirá tódolos factores de valoración e impostos que correspondan por razón do contrato, tendo presente, en relación co Imposto sobre o Valor Engadido, que a oferta do licitador comprende non só o prezo dos servizos, senón tamén o importe de dito imposto. 3.3.-O sistema de determinación do prezo deste contrato farase de conformidade no disposto no apartado 8 da folla resumo. 3.4.- O orzamento dos servizos será financiado con cargo á aplicación orzamentaria indicada no apartado 7 da folla resumo. No caso de tramitarse como expediente anticipado de gasto, a adxudicación quedará supeditada á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no exercicio correspondente.

Páx. 1 / 12

Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

4. PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN A adxudicación dos servizos ós que se refire o presente prego realizarase a través do procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso, ó abeiro do previsto nos artigos do TRLCAP: 73.2, 74.3, 75, 85 e 208.3, e a forma de tramitación será a especificada no apartado 4.3 da folla resumo de especificacións. 5. CAPACIDADE PARA CONTRATAR. 5.1.-Poderán tomar parte na licitación as persoas naturais ou xurídicas españolas ou estranxeiras das que a súa actividade ou obxecto social teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, que teñan plena capacidade de obrar, e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional por un ou varios dos medios indicados polo órgano de contratación, de entre os que, para tal efecto, se establecen nos artigos 16 e 19, respectivamente, da TRLCAP, e que se sinalan nos apartados 18 e 19 da folla resumo. 5.2.- En ningún caso poderán contratar coa Administración as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 20 da TRLCAP. 5.3.- Serán nulas de pleno dereito as adxudicacións de contratos a favor de persoas que carezan de capacidade de obrar ou de solvencia, e das que estean comprendidas nalgún dos supostos do artigo 20 TRLCAP. Sen prexuízo desto, o órgano de contratación poderá acordar que o empresario continúe na execución do contrato, baixo as mesmas cláusulas, polo tempo indispensable para evitar prexuízos ó interese público correspondente. 5.4.- Respecto das empresas non españolas de Estados membros da Comunidade Europea estarase ó disposto no artigo 25.2 e 26 do TRLCAP e no artigo 9 do Regulamento Xeral do TRLCAP. Respecto das empresas estranxeiras non comunitarias estarase ó disposto no artigo 23 do TRLCAP e no artigo 10 Regulamento Xeral do TRLCAP. En canto ás unións de empresarios estarase ó disposto nos artigos 24 e 31 da TRLCAP e no 24 do Regulamento Xeral. 6. DA PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS 6.1.- Forma e Prazo -Os licitadores que desexen tomar parte neste procedemento presentarán dous sobres pechados sinalados coas letras A e B e acompañándoos dos documentos prescritos no artigo 79 do TRLCAP, e que se relacionan na cláusula 6.2. -Os aludidos sobres presentaranse pechados, podendo estar lacrados, e entregaranse no rexistro da Consellería ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (sitos nos edificios administrativos do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios admitidos polo artigo 80.4 do Regulamento Xeral dentro do prazo sinalado no anuncio de licitación. A oficina de rexistro receptora, expedirá un recibo ó que presente as proposicións, no que fará consta-lo nome do licitador, a denominación obxecto do contrato e o día e hora da súa presentación. Os sobres identificaranse no seu exterior como SOBRE A (documentación administrativa) e SOBRE B (oferta económica e técnica), debendo figurar na parte superior destes a citada lenda, e nos seus centros constará a lenda “Proposición para tomar parte na contratación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso, dos servizos ... (facer constar a denominación que figura no apartado 1 da folla resumo)” e asinados polo licitador ou persoa que o represente, coa indicación do nome e apelidos ou razón social da empresa.

Páx. 2 / 12

Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

Os licitadores que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma, deberán face-lo constar así na parte exterior do sobre A, consignando tamén o seu número de inscrición. No interior de cada un dos sobres figurarán sendas follas nas que se fará consta-lo contido de cada un deles, debendo figurar, para os efectos de notificacións, o enderezo, fax e nº de teléfono do licitador. -Cando as proposicións se remitan por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo devandito órgano de contratación con posterioridade a data na que remata o prazo sinalado no anuncio. Transcorridos, non obstante, dez días naturais seguintes á indicada data sen se recibir a proposición, esta non será admitida en ningún caso. -O prazo de presentación de proposicións verase reducido á metade, respecto do que se fai constar no paragrafo anterior, nos expedientes que sexan incoados mediante tramitación urxente, previa declaración motivada do órgano de contratación (art. 71 do TRLCAP) 6.2.- DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA (SOBRE A ) Neste sobre figurará necesariamente a documentación que se relata de seguido: a) Acreditación da personalidade. Empresarios individuais

Para persoas xurídicas españolas

-Fotocopia compulsada do DNI da persoa titular ou propietaria da empresa. Expresaranse as circunstancias persoais e o domicilio actual. -Fotocopia compulsada do CIF -Copia autenticada ou compulsada da escritura de constitución ou modificación, no seu caso, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito sexa esixible conforme a lexislación mercantil. Se non o fose, copia autenticada ou compulsada da escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. -Acreditarán a súa inscrición no rexistro profesional ou comercial cando este requisito se esixa pola lexislación do Estado respectivo, ou presentación das certificacións que se indican no anexo I do Regulamento Xeral doTRLCAP.

Contratistas non españois de Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo: Contratistas de Estados non -Informe expedido pola Misión Diplomática Permanente ou membros da Unión Europea Oficina Consular de España do lugar de domicilio da empresa, no que se faga constar que figuran inscritas no Rexistro local, profesional, comercial ou análogo ou, no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. -Informe da Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía sobre a condición de Estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial do Comercio, sempre que se trate de contratos de contía igual ou superior á prevista no artigo 203.2 do TRLCAP ou, en caso contrario, informe de que o Estado de procedencia admite á súa vez a participación de empresas españolas na contratación coa Administración, en forma substancialmente análoga.

Páx. 3 / 12

Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

b) Documentación acreditativa da representación. Os que comparezan ou asinen proposicións no nome doutro, deberán presentar copia compulsada do DNI do ou dos apoderados ou documento que regulamentariamente o substitúa. Se o licitador fose unha empresa individual, acompañarase copia autenticada ou compulsada da escritura de poder notarial outorgada polo titular ou propietario da empresa. Se o licitador fose unha persoa xurídica, achegarase copia autenticada ou compulsada da escritura de constitución da sociedade, e modificación de se-lo caso, inscrita no Rexistro Mercantil, con aqueles particulares dos estatutos ou dos acordos sociais dos que se deduza a dita representación. Se esta non resultase unicamente dos mesmos, presentarase ademais escritura de poder notarial para xustifica-la, inscrita no Rexistro Mercantil. Coa finalidade de xustificar adecuadamente a representación perante o órgano de contratación, o correspondente poder de representación deberá ter xustificada a súa suficiencia (bastanteo) pola Xunta de Galicia. c) Declaración responsable subscrita por quen asine a proposición na que se faga constar, tanto no que se refire ás persoas físicas como ás xurídicas licitantes que non se atopan incursas en prohibición de contratar, conforme ós artigos 15 a 20 da TRLCAP. d) Declaración responsable subscrita por quen asine a proposición, na que se faga constar, tanto no que se refire ás persoas físicas como ás xurídicas licitantes, que se atopa ó corrente, no momento de presenta-la súa proposición, no cumprimento das obrigas tributarias co Estado e coa Comunidade Autónoma de Galicia, das obrigas coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes e que se atopan dados de alta no Imposto de Actividades Económicas, estando ó corrente no seu pagamento e facendo constar que permanece de alta no dito imposto. En todo caso a declaración responsable terá a extensión que detalla o artigo 13 do Regulamento Xeral da TRLCAP. Todo isto, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tales requisitos se lle requira á empresa proposta como adxudicataria do contrato, concedéndoselle para tal efecto un prazo máximo improrrogable de 5 días hábiles a contar dende o seguinte á data de notificación de dito requirimento. A solicitude de tal documentación por parte da Administración, no xerará ningún dereito a favor do licitador seleccionado. e) Garantía provisional.- Será equivalente o 2% do orzamento establecido pola Administración como base da licitación, constituída nalgunha das formas que prevé o artigo 35 TRLCAP, salvo que se exima da súa prestación e así se faga constar no apartado 10 da folla resumo. f) Nos expedientes nos que non resulte preceptiva a esixencia da clasificación empresarial, o licitador presentará xustificación dos requisitos da súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional conforme ós criterios sinalados nos apartados 18 e 19 da folla resumo, de entre os previstos nos artigos 16 e 19 do TRLCAP. Nos expedientes de contratación nos que sexa esixida a clasificación empresarial, esta constituirá xustificación bastante e suficiente de que o licitador posúe a preceptiva solvencia económica e financeira, técnica e profesional, caso no que se consignará no apartado 11 da folla resumo a clasificación que debe de ser acreditada. g) Declaración realizada polo director ou xerente da empresa en relación cos seguintes datos: identificación da entidade, nome da persoa que asina a proposta, domicilio da empresa, teléfono, fax e dirección de correo electrónico da mesma. As empresas estranxeiras deberán presentar, ademais, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde para tódalas incidencias que, de xeito directo ou indirecto, puideran xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que lle puidera corresponder ó licitante.

Páx. 4 / 12

Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

Os licitadores que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma atoparanse exentos de presentar a documentación que obre no mesmo e que estea vixente. Ademais, para facer valer tal circunstancia deberán indicar no exterior do sobre, o número de inscrición no citado rexistro. En calquera caso, deberán presentar o DNI, ou a súa copia compulsada, da persoa asinante da proposición, e a documentación esixida nos apartados f), g) e, no seu caso, o e). 6.3 OFERTAS ECONÓMICA E TÉCNICA (SOBRE B) Neste sobre “B” incluirase a seguinte documentación: a) Oferta económica.Presentarase segundo o modelo que consta como anexo I do presente prego e efectuarase para a totalidade dos servizos, incluíndo nela todo tipo de impostos, arbitrios ou taxas esixibles e en particular, o Imposto sobre o Valor Engadido. Serán inadmisibles as ofertas de maior contía da que figura no orzamento recollido no apartado 6 da folla resumo. Consideraranse incursas en presunción de temeridade aquelas proposicións económicas que cumpran o criterio descrito no apartado 13.bis da folla resumo. b) Oferta Técnica.Denomínase oferta técnica á documentación que deberá presentar o licitador, acorde cos termos esixidos no prego de prescricións técnicas, e na que se acrediten suficientemente aqueles extremos que permitan aplicar os criterios en base aos que a Mesa formulará a súa proposta e o órgano de contratación a adxudicación do contrato, tal e como se describen no apartado 13 da folla resumo. Ademais do anterior, e da documentación esixida no prego de prescricións técnicas, o licitador presentará unha memoria explicativa, na que expoña unha definición clara e precisa da metodoloxía que se empregará no desenvolvemento dos traballos, coa extensión que demande a complexidade do servizo. Describiranse igualmente todas as melloras técnicas que se propoñan para a máis eficiente execución do obxecto do contrato. O prazo máximo final proposto non excederá do que figura no epígrafe 13.1 deste Prego de cláusulas administrativas particulares.

6.4 VARIANTES O órgano de contratación autorizará a presentación de variantes á oferta básica, sempre que así se consigne expresamente no apartado 12 da folla resumo.

7.

MESA DE CONTRATACIÓN E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.

7.1. MESA DE CONTRATACIÓN O órgano de contratación estará asistido, para a adxudicación do contrato, por unha mesa de contratación constituída de conformidade co previsto no art. 79 do RXCAP. A mesa estará asistida polos técnicos asesores que se consideren necesarios, que informarán á mesa sobre as cuestións das súas respectivas competencias, a requirimento da mesma ou por propia iniciativa, pero sen dereito de voto

Páx. 5 / 12

Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

7.2. APERTURA DA DOCUMENTACIÓN E PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN 7.2.1. Rematado o prazo de presentación de proposicións, a mesa de contratación constituirase, previamente, para o exame e cualificación da documentación persoal, en función dos requisitos esixidos. Se a mesa observase defectos ou omisións emendables, ou precisase aclaracións sobre os certificados e documentos presentados ou a achega doutros complementarios, poderá conceder para iso os prazos previstos nos artigos 81.2 e 22 do RXCAP, respectivamente. A estes efectos comunicarao verbalmente ós interesados, sen prexuízo de que as circunstancias sinaladas se comuniquen por Fax (con confirmación da recepción) e se publiquen a través de anuncio do presidente da mesa de contratación no taboleiro de anuncios do órgano de contratación. A documentación requirida deberá ser entregada en man no Rexistro especificado no apartado 21 da folla resumo de especificacións. Do actuado, deixarase constancia na acta que necesariamente deberá estenderse. 7.2.2. Unha vez cualificada a documentación e emendados, de ser o caso, os defectos ou omisións dos que adoeza, procederase a determinar os licitadores que se axustan os criterios de selección con pronunciamento expreso sobre os admitidos á licitación, os rexeitados e sobre as causas do seu rexeitamento. 7.2.3. Procederase en acto público no lugar, día e hora sinalado no anuncio de licitación á apertura de proposicións. 7.2.4.

No acto público faranse as seguintes actuacións: - Reconto das proposicións presentadas e confrontación cos datos que figuren nos certificados estendidos polos xefes das oficinas receptoras das mesmas. - Lectura pública do número de proposicións recibidas e da identidade dos licitadores. - Invitación ós asistentes para que comproben, se o desexan, que os sobres que teñen as proposicións están na mesa e en idénticas condicións que foron entregados. - Lectura pública dos resultados da cualificación da documentación persoal, con expresión das proposicións admitidas, das rexeitadas e causa/s da non admisión destas últimas. - Invitación ós licitadores asistentes interesados a que manifesten as dúbidas que se lles ofrezan ou pidan as explicacións que estimen precisas, procedéndose pola mesa ás aclaracións e contestacións pertinentes. Pasado este momento non se admitirán máis observacións que interrompan o acto. - Apertura da documentación económica dos licitadores admitidos e lectura das ofertas económicas. - Por último, invitarase aos asistentes a que formulen as alegacións, observacións e reclamacións que consideren oportunas sobre o acto de apertura de proposicións.

7.2.5. Por parte do secretario levantarase acta que recolla sucinta e fielmente o acontecido, e asinarase polo menos polo presidente e polo secretario, así como por tódolos que presentaran reclamacións. 7.2.6. A mesa poderá acordar a elaboración de informes técnicos ou calquera outra actuación que estime conveniente para a valoración das ofertas presentadas polos licitadores. 7.2.7. Determinada pola mesa a proposición máis vantaxosa como resultado da aplicación dos criterios de adxudicación previstos no prego e do informe/s técnico/s, elevaranse ao órgano de contratación as proposicións e o informe técnico xunto coa acta e a proposta de adxudicación. 7.2.8. A proposta de adxudicación non crea dereitos a favor do empresario proposto, fronte á Administración, mentres non se adxudique o contrato por acordo do órgano de contratación.

Páx. 6 / 12

Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

8. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO En cumprimento da esixencia legal prevista nos artigos 74.3 e 86 do TRLCAP, os criterios de adxudicación dos contratos suxeitos a este Prego serán os que se especifiquen no apartado 13 da folla de especificacións, que neste concreto extremo requirira informe preceptivo da Asesoría Xurídica. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proporción no pode ser cumprida por considerarse oferta desproporcionada ou temeraria, e sempre que, en todo caso, supere os límites previstos no apartado 13.bis da folla resumo, estarase ao previsto nos artigos 86.3 e 4 do TRLCAP.

9. RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN 9.1. O órgano de contratación, á vista da proposta de adxudicación, terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios establecidos na cláusula anterior, ou declarar deserto o procedemento, motivando en todo caso a súa decisión. 9.2. Previamente á resolución de adxudicación, a mesa de contratación requirirá, ó licitador ou licitadores que vaian resultar adxudicatarios do contrato ou contratos que se deriven do procedemento aberto, (concedéndolles un prazo de 5 días hábiles) a documentación que se indica no apartado d) da cláusula 6.2, agás que a mesma obre xa en poder do órgano de contratación por haber sido aportada coa documentación persoal, ou cando se trate de empresas inscritas no Rexistro de Contratistas da comunidade Autónoma de Galicia, por resultar acreditadas as circunstancias a que ditas certificacións se refiren no citado Rexistro. 9.3. O órgano de contratación adxudicará o contrato ou contratos que puideran derivarse da presente licitación no prazo máximo de tres meses, a contar dende a apertura das proposicións. A adxudicación do contrato, unha vez acordada polo órgano de contratación e calquera que sexa o procedemento seguido, seralles notificada ós participantes na licitación, nos termos establecidos no art. 93 do TRLCAP.

10. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL A documentación que acompaña ás proposicións quedará a disposición dos licitadores que non resulten adxudicatarios unha vez adxudicado o contrato e transcorridos os prazos para a interposición de recursos. A garantía provisoria, cando a súa prestación fora esixida, devolverase inmediatamente despois da adxudicación excepto ó adxudicatario, que se lle cancelará unha vez asinado o contrato.

11. CONSTITUCIÓN DA GARANTÍA DEFINITIVA. Tal e como se establece no artigo 41 do TRLCAP, no prazo de 15 días naturais contados dende que se notifica a adxudicación do contrato, e antes de formalización do mesmo, o adxudicatario deberá acreditar, mediante a presentación do correspondente xustificante, ter constituída unha garantía definitiva, polo importe do 4% do orzamento de adxudicación, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, mediante algunha das formas previstas no artigo 36.1 do TRLCAP. Todo isto sen prexuízo do establecido no artigo 86.3. do TRLCAP, en relación coas ofertas desproporcionadas ou temerarias.

Páx. 7 / 12

Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

12. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO 12.1 O adxudicatario queda obrigado a subscribir dentro do prazo de trinta días naturais, contados a partires do seguinte á data de notificación da adxudicación o correspondente documento administrativo de formalización do contrato, previa constitución de garantía definitiva. 12.2 O contrato poderá formalizarse en escritura pública cando así o solicite o contratista, correndo ó seu cargo os gastos derivados do seu outorgamento. 12.3 Cando, por causas imputables ó contratista, non se puidese formaliza-lo contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acorda-la resolución do mesmo.

13 EXECUCIÓN DO CONTRATO 13.1.- PRAZO DE EXECUCIÓN O contratista realizará a prestación obxecto dos servizos no prazo que se estipula no apartado 9 da folla resumo e de conformidade co prego de prescricións técnicas. 13.2.- PRÓRROGAS Segundo o disposto no artigo 198 do TRLCAP, por mutuo acordo das partes e antes da súa finalización, poderase prorroga-lo contrato, unha vez ponderadas tódalas circunstancias que concorran no caso. A duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non poderá exceder de catro anos, e estas non poderán concertarse, illada ou conxuntamente, por prazo superior ó fixado orixinariamente. No caso de prórroga, o importe do contrato so poderá actualizarse tendo en conta o incremento ou diminución do IPC anual, de mutuo acordo entre as partes contratantes, e no suposto de que existan razóns suficientes para isto. A mera constatación de incrementos en diminucións do IPC non constitúe causa bastante para a modificación do prezo pactado. 13.3.- PENALIDADES POR MORA. No caso de incumprimento do contrato ou dos prazos establecidos no mesmo por causas imputables ó adxudicatario, o órgano de contratación poderá optar indistintamente por: a) Declarar resolto o contrato, con perda da garantía. b) Impoñerlle ó adxudicatario as penalidades establecidas no artigo 95 do TRLCAP. Os importes das penalidades faranse efectivos mediante a dedución dos mesmos da facturación que se produza. En todo caso, a garantía constituída responderá da efectividade daquelas. A constitución en mora non requirirá interpelación ou intimación previa por parte da Administración. 13.4.-PREZO E FORMA DE PAGAMENTO. (REVISIÓN DE PREZOS) O prezo do contrato fíxase segundo o indicado no apartado 8 da folla resumo de especificacións, e comprende a totalidade dos gastos que teña que facer fronte o adxudicatario para a prestación do servizo/s obxecto do contrato, ata a súa recepción pola Administración, incluso a parte correspondente dos seus gastos xerais e beneficios. A revisión de prezos, de ser o caso, levarase a cabo de conformidade co establecido nos artigos 103 e seguintes do TRLCAP, e segundo o disposto no apartado 16 da folla resumo en canto á aplicación da fórmula de revisión. Páx. 8 / 12

Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

O pagamento realizarase de acordo co establecido no apartado 17 da folla resumo.

13.5.- GASTOS ESIXIBLES O ADXUDICATARIO O adxudicatario estará obrigado a satisfacer os gastos, se os houbese, dos anuncios de licitación e, tamén, os de formalización do contrato, cando este se formalice en escritura pública. Así mesmo, serán de conta do adxudicatario, atopándose incluídos no orzamento ofertado, os impostos de calquera índole que graven os diversos conceptos, incluído o Imposto sobre o Valor Engadido, sen que, polo tanto, poidan ser estes presentados como partidas independentes.

13.6.- DIRECCIÓN E INSPECCIÓN DOS TRABALLOS. O órgano de contratación ten facultade para exercer, dun xeito continuado e directo, a inspección do dos servizos contratados, sen prexuízo de que poida confiar tales funcións dun modo complementario a calquera dos seus órganos ou representantes. No caso de que durante a prestación do servizo a empresa adxudicataria precisase modificar a composición do equipo humano aplicarase o seguinte procedemento: - A empresa adxudicataria xustificará por escrito, detallada e suficientemente o motivo do cambio. Dado que tódolos accesos aos sistemas son nominais, a empresa adxudicataria comunicará co tempo suficiente o cambio das persoas que prestan o servizo para que os accesos sexan autorizados ou denegados. - A empresa adxudicataria presentará os posibles candidatos cun perfil de cualificación técnica igual ou superior ao da persoa que se pretende substituír. - A empresa adxudicataria planificará un período de solapamento entre o persoal saínte e entrante para evitar perdas de coñecemento e calidade.

13.7.- RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA. O contratista será responsable da calidade técnica dos servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato.

13.8.- DO PRAZO DE GARANTÍA De conformidade co artigo 110.3 do TRLCAP, o prazo de garantía do presente contrato, caso de ser procedente, é o estipulado no apartado 14 da folla resumo. Unha vez cumprido o obxecto do contrato, coa conformidade do órgano de contratación, daráselle curso á cancelación da garantía definitiva.

13.9.- PROPIEDADE INTELECTUAL A propiedade de tódolos productos informáticos, así como de tódolos documentos, estudos, códigos e información que puideran obterse na execución do contrato, será da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. En ningún caso, a empresa adxudicataria poderá facer libre uso dos productos informáticos, nin da documentación e información sinalada, sen a autorización expresa da Consellería.

Páx. 9 / 12

Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

13.10.- PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL A empresa adxudicataria estará obrigada ao seguimento das normas sobre a confidencialidade de datos e declarará documentalmente que se responsabilizará de que os tratamentos de datos de carácter persoal que poidan realizar no marco da prestación dos servizos faranse conforme ás instruccións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e con absoluto respecto das normas de seguridade adoptadas, de conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e no Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal.

14. OBRIGAS LABORAIS E SOCIAIS. 14.1 O adxudicatario contará co persoal para a execución do contrato. Dito persoal dependerá exclusivamente do adxudicatario, quen terá tódolos dereitos e deberes inherentes á súa condición de empregador, sendo a Administración contratante allea a ditas relacións laborais. Incumbe especificamente ó empresario o cumprimento das disposicións vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e de seguridade e saúde no traballo. 14.2 O contratista procederá inmediatamente, se fose necesario, á substitución do persoal que, adscrito ó servizo, resulte manifestamente inadecuado a xuízo da Administración contratante, de forma que a execución do contrato quede sempre asegurada.

15. MODIFICACIÓN DO CONTRATO Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razón de interese público nos elementos que o integran, sempre que sexan debidas a necesidades novas ou a causas imprevistas, xustificándoo debidamente no expediente, e de conformidade co establecido no artigo 101 do TRLCAP. As condicións do contrato deberán formalizarse conforme ó disposto no artigo 54 do TRLCAP.

16. EXTINCIÓN DO CONTRATO O contrato extinguirase por cumprimento ou por resolución. 16.1.- Cumprimento e conformidade O contrato entenderase cumprido polo contratista cando este realizara, de acordo cos termos do mesmo e a satisfacción da Administración, a totalidade do seu obxecto. A constatación do seu cumprimento esixirá, por parte da Administración, un acto formal e positivo de conformidade dentro do mes seguinte de producirse a realización do obxecto do contrato, salvo que dada a natureza e características do servizo a prestar, sexa esta innecesaria, tal e como acontece nos contratos nos que só se constitúa ou xeren obrigas de facer ou de actividade. (Artigo 110.2 do TRLCAP) 16.2.- Resolución Son causas de resolución dos contratos de servizos sinaladas nos artigos 111 e 214 de TRLCAP, amén do establecido no artigo 22 do mesmo corpo legal en canto ós efectos da falta de capacidade, solvencia e das prohibicións para contratar. Así mesmo, poderá motivar a resolución do contrato, a xuízo do órgano de contratación, as reiteradas deficiencias na execución do contrato ou a interrupción da execución mesma, salvo

Páx. 10 / 12

Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

caso de forza maior. Unicamente terán a consideración de casos de forza maior os consignados no artigo 144.2 do TRLCAP. A resolución do contrato dará dereito ó contratista, en todo caso, a percibi-lo prezo dos servizos que efectivamente tivese realizado con arranxo ó contrato ós que a Administración lles prestará a súa conformidade.

17 . NATUREZA XURÍDICA E XURISDICCIÓN COMPETENTE. 17.1 A totalidade da documentación que presente o licitador, tanto económica como técnica en xeral: poderá ser redactada en calquera dos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma Galega. Cando se trate de empresas estranxeiras deberán acompaña-la tradución oficial. 17.2 O órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpreta-lo contrato, resolve-las dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalo por razóns de interese público, acorda-la súa resolución e os efectos desta. Os seus acordos poñerán fin a vía administrativa e serán inmediatamente executivos. Finalizada a vía administrativa as cuestións litixiosas que poidan xurdir entre as partes substanciaranse ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de acordo co disposto no artigo 7 do TRLCAP, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, agás que se opte, previamente, por interpor recurso de reposición potestativo ante o devandito órgano de contratación (arts. 116 e seguintes da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.)

Santiago de Compostela, Aprobado A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Coñecido na súa totalidade e conforme. O contratista

Páx. 11 / 12

Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela

MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA

DON/DONA……………………………………………………………………………………………con enderezo en……………………………………………………………………………………….. nº de fax e teléfono ..................................................................... C.P………………………., provisto de D.N.I. nº………………………… expedido en……………………., con data…………………………..,…… en nome propio ou en representación de………………………………………………………………,CIF nº………………., (a representación da cal acredita coa escritura de poder que bastanteada en forma acompaña), sabedor da licitación por (invitación, prensa, publicación oficial, póñase data do documento en cuestión)…………………………e das condicións e requisitos que se esixen para concorrer á licitación e adxudicación do contrato de………………………………………………………………………………………………………. ………………………………………………………………………………………………………….. DECLARA: 1º.- Que coñece o Prego de cláusulas administrativas e os anexos coas condicións técnicas que lle serven de base a convocatoria do citado contrato, e que os acepta incondicionalmente na totalidade do seu contido. 2º.- Que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar coa Administración e que se compromete en nome………………..(propio ou da empresa a que representa) a cumprir o contrato co estrita suxeición ós documentos citados de acordo coa seguinte oferta: -Prezo (en letras e números)………………………………………………………………………. ……………………………………………………………, IVE engadido. -Prazo total de execución (expresado en anos, meses, semanas ou días, segundo proceda) e………………………….expresando, con todo detalle as entregas e os prazos parciais se os houbera. 3º.- Así mesmo, comprométese ó cumprimento das disposición vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e de seguridade e saúde no traballo. Lugar, data e sinatura do licitador

Páx. 12 / 12

Related Documents