Cadernos De Comentarios

  • June 2020
  • PDF

This document was uploaded by user and they confirmed that they have the permission to share it. If you are author or own the copyright of this book, please report to us by using this DMCA report form. Report DMCA


Overview

Download & View Cadernos De Comentarios as PDF for free.

More details

  • Words: 4,567
  • Pages: 28
IES UNIVERSIDADE LABORAL Profesora: Rosa María Cid Galante

COMENTARIO DE RELEVO(PERFIL TOPOGRÁFICO) Iniciamos o comentario indicando que tipo de gráfica e explicamos en que consiste esa representación ( perfil topográfico elaborado polas liñas ou curvas de nivel que son liñas que unen puntos de igual altitude). Logo diso sinalamos a dirección que ten e citamos as unidades do relevo que van aparecendo dende un punto A a un B como se estivésemos lendo. Posteriormente fragmentamos o comentario en tantos apartados como unidades van aparecendo. De cada unidade imos indicando: a)Orixe xeolóxica desa unidade b)Tipo de relevo desa unidade c)Altitude (se se indica no corte) d)Tipo de rochedo e) Serras importantes desa unidades

COMENTARIO DE CLIMOGRAMA “Trátase da representación gráfica dun clima, mediante barras e liñas. As barras representan as precipitacións e as liñas as temperaturas. En canto ás precipitacións... •

• •

Precipitacións (indicar que son as precipitacións, como se miden e como se poden originar): – Abundancia – Regularidade – MIRAR EN QUE ESTACIÓN CHOVE MÁIS, meses que chove máis e meses que chove menos (indicar mm segundo a gráfica) – FORMA DE CAER AS PRECIPITACIÓNS Temperaturas (indicar que é a temperatura, como se mide): – Temperatura media anual – Amplitude térmica (ver gráfico) – Temperatura do verán, indicar o mes máis quente e a súa temperatura – Temperatura do inverno indicar o mes máis frío e a súa temperatura – Aridez: aridez mensual (Gaussen) – A aridez xeral (Meyer) Identificación do clima Localización xeográfica



Relación do clima con outros elementos do medio.



COMENTARIO DE MAPA DO TEMPO a) Coñecementos previos Débense observar os distintos elementos de que están compostos: 1. Liñas isobaras, que son aquelas que unen puntos con igual presión e indícannos a existencia dos centros de acción: - Altas presións ou anticiclóns (símbolo: A), que son as causantes de ceos despexados e tempo estable. Recoñécense porque as liñas isobaras superan 1.015 milibares. - Ciclóns ou baixas presións (símbolo: B), causantes dos ceos nubrados e da estabilidade. Recoñécense porque neles as liñas isobaras teñen menos de 1.015 milibares de presión. A dirección do vento sempre vai das altas ás baixas presións, aínda que discorre paralelo ás liñas isobaras debido ás forzas que actúan sobre el. A proximidade ou distancia entre as liñas, que é o chamado gradiente de presión, tamén nos indica a velocidade do vento, que será maior se están máis próximas. 2. Frontes, marcan a liña e dirección do avance dunha masa de aire, pode ser unha fronte fría, se o aire é frío ou máis frío que o aire que a rodea, unha fronte cálida (representado por unha liña con semicírculos), se se trata dunha masa de aire cálida. Existe tamén a fronte ocluido (representado por unha liña que alterna triángulos e semicírculos), que se produce pola mestura das masas de aire dunha fronte fría e outro cálido, o que supón que a choiva cesa ou é moi débil. O aire frío (representado por unha liña con triángulos), ao pesar mais, forma unha especie de cuña e levanta ao aire quente, xerando estabilidade. O aire inicia un xiro contrario ás agullas do reloxo e orixínase a borrasca ou baixa presión (zona de converxencia de ventos). b) Comentario e interpretación dun mapa do tempo en superficie Sinalaranse as causas e consecuencias do tipo de tempo representado, sabendo que durante o ano produciranse múltiples e distintas situacións barométricas que condicionarán a sucesión de tipos de tempo. Entre as causas, pódense Profesora: Rosa María Cid Galante

2

indicar as masas de aire xeradoras dunha determinada situación atmosférica (masa de aire tropical mariño, tropical continental, polar continental, polar marítimo e pingas frías) Entre as consecuencias, que podemos deducir do mapa do tempo representado, destacamos: - Precipitacións: localización e intensidade. - Ventos: dirección e intensidade -Nubosidade. Ao final do comentario pódese determinar o tipo de tempo concreto e a estación do ano da que é característica esta situación. Tamén é importante analizar que incidencia pode ter no medio físico, é dicir, nos chans, pendentes, vexetación, cursos fluviais, etc., COMENTARIO DUNHA CLISERIE En primeiro lugar deberase indicar que se trata dunha representación esquemática dunha cliserie (definimos cliserie) de vexetación dunha determinado lugar. Farase referencia ás circunstancias relacionadas coa súa situación xeográfica dentro do conxunto da península ibérica, enmarcándoa dentro da rexión bioxeográfica á que pertence. Aludirase a como a montaña modifica as condicións climáticas, con mención ás temperaturas, precipitacións e insolación como elementos relevantes, e as súas alteracións, tanto en función da altitude como da disposición do relevo, tendo en conta a orientación xeral da cadea montañosa. Darase conta das variacións máis relevantes que se observan en relación á altitude ( a baixas altitudes especies máis termófilas e as diferenzas entre a solana e umbría, destacando as principais desarmonías entre a vertente Norte e a Sur, (aparición da enciñeira e do carballo na zona sur ou meridional e a faia na norte. Por que?) COMENTARIO DE HIDROGRAMA 1.

Identificar o tipo de réxime dun río

Coeficiente de caudal mensual k= caudal medio de cada mes/caudal medio anual. Valor 1=sen variación de caudal Valor superior a 1= augas altas Valor infeior a 1= augas baixas Réximes nivales e mixto: os puntos onde se sitúan as medicións están en posicións elevadas preto dos nacementos dos ríos (por iso teñen pouco caudal). Teñen en común que a finais de primavera e no verán, teñen máis caudal polo desxeo. Réxime nival (puntos a máis de 2500m): máis caudal no verán (de 3 k: coeficiente de caudal) con desxeo Réxime nivo-pluvial (puntos situados entre 2000 e 2500m) máis caudal en maio ( de 2k), pero estiaxe no verán (-1k) Réxime pluvio-nival (puntos situados entre 1600 e 1800m) pico en abril-marzo. Estiaxe no verán ata outono. Réximes pluviais: caudal en función das choivas que acompañan a cada clima: Pluvial-oceánico: alto módulo absoluto ( 200 m/s) máis caudal no inverno. Suave estiaxe Pluvial mediterráneo continental: baixo caudal absoluto (-20 m/s) máis caudal na primavera e outono. Importante estiaxe. Pluvial mediterráneo litoral do levante: baixo caudal (-20 m/s) irregular, picos en outubro, febreiro e maio (ao ter tres picos distínguese do continental). Suave estiaje.

Profesora: Rosa María Cid Galante

3

Pluvial mediterráneo litoral do sur subtropical. Escasísimo caudal absoluto (-10 m/s) longo estiaje (de marzo a novembro), distínguese dos nivales en que ten o pico este réxime ten o pico no inverno 2. Identificar a zona xeográfica á que pertence. Precisamos as rexións nas que pode situarse, segundo o clima ao que pretenza 4.

Facer un comentario sobre as confederacións ás que pode pertencer, os recursos hídricos 4isponibles destas confederacións.

Finalizar comentando en xeral o uso do auga e as infraestruturas necesarias. COMENTARIO DE MAPAS TEMÁTICOS Ademais do mapa topográficos, considerados como unha cartografía básica que plasma os elementos que determinan un espazo xeográfico, tanto físicos como humanos, existen tamén outros mapas especiais. Os principais son: Mapa de isolíneas : Unen puntos de igual valor dun fenómeno mediante unhas liñas. Os máis representativos son: mapas de temperatura( liñas isotermas), mapas de precipitacións ( isoyetas), mapas de alturas ( isohipsas), mapas de aridez, de densidades…↓

Mapa de diagramas: Superponen mediante un diagrama (barras, círculos)… o fenómeno que se quere representar no espazo cuantificándoo, é dicir indicando a cantidade do aspecto que se quere representar nun espazo determinado.

Mapa de coropletas: Localizan con cores ou trazados diferentes Mapa de frechas ou de liñas: Mapas de frechas e liñas que indican nun espazo o valor que ocupa o fenómeno xeográfico desprazamentos. O grosos dos trazados van en proporción co representado. Segundo sexa maior ou menor a intensidade da cor volume do desprazamento ( migracións, fluxos turísticos, ou do trazado así será a importancia do feito ( densidade de comerciais) ? poboación, porcentaxes do PIB. Importancia industrial…)

Profesora: Rosa María Cid Galante

4

Mapas distorsionados: Cambian o tamaño real dos países para facelo proporcional ao feito que representan. Tamén esquematizan os contornos facéndoos xeométricos para poder calcular a superficie. O país representado sempre debe ser reconocible. Recórrese á utilización de círculos, cadrados ou triángulos , preferentemente.

Mapas de figuras: Utilízanse diferentes figuras xeométricas; círculos, cadrados, puntos, para localizar fenómenos puntuais nun espazo. O seu tamaño debe ser proporcional á importancia do fenómeno. Algúns mapas de figuras utilizan símbolos.

Profesora: Rosa María Cid Galante

5

Mapas temáticos ou corocromáticos: Mediante cores diferentes representan todo tipo de fenómenos indicando a súa localización ( xeolóxicos, botánicos, demográficos. →

GUIÓN – COMENTARIO DE MAPAS TEMÁTICOS. 1º PRESENTACIÓN DO MAPA: A presentación do mapa é imprescindible para realizar unha análise correcta. Na presentación debe sinalarse os aspectos xerais e identificativos do a fonte: Tipo de mapa, fenómeno xeográfico que representa ( relevo, densidade de poboación, zonas industriais…). Hai que ter en conta o título do mapa e a súa lenda. Espazo xeográfico ao que se refire (Península, Europa, Comunidade Autónoma…) e cronoloxía ( data)

2º ANÁLISIS XERAL: -Definición do fenómemo xeográfico representado -Identificación espacial mais significativa, diferenciando a grandes liñas as diferentes áreas. En moitas ocasións utilízase a diferenciación de zonas superiores ou inferiores ás medias numéricas expresadas na lenda. 3ºCOMENTARIO: - Explicación do fenómeno xeográfico analizado en cada área, determinando as causas e consecuencias. No caso de que o mapa presente unha lenda moi extensa pódense unificar áreas para simplificar o comentario, detallando o criterio que se utiliza para a unificación. O ideal é diferenciar tres ou catro áreas. 4. Non hai que esquecer que na maioría dos comentarios de mapas. O epígrafe da pregunta indícache as áreas que se deben comentar. Neste caso o comentario realízase especificamente atendendo ás preguntas.

4º CONCLUSIÓN: O comentario debe finalizar cunhas breves conclusións xerais do fenómeno analizado ( ideas máis significativas). Tamén neste último apartado pode facerse previsións futuras sobre o fenómeno representado. Nalgún caso pode ser interesante facer referencia a algún aspecto moi significativo do tema que non se sinalou anteriormente no comentario realizado. COMENTARIO DE GRÁFICOS E ESTATÍSTICAS A representación de fenómenos xeográficos a través de gráficos e estatísticas converteuse nunha ferramenta cada vez máis utilizada. Se converteu nunha técnica básica de traballo e investigación no coñecemento xeográfico actual. A información ofrécese a través de datos numéricos, e neste caso resulta moito máis fácil comprendelos e analizalos, así como observar a súa evolución no tempo e ata comparalos entre si, se se representan nun gráfico. Elaboración dun gráfico. As características que deben presentar pódense resumir nos seguintes puntos: 1. Os datos que se van a representar deber ser seleccionados, xa que se son moi abundantes o gráfico sería difícil de realizar e de interpretar. 2. A escala empregada ha de ser adecuada aos valores representados. Para iso hai que ter en conta as cifras máximas e mínimas que se van a reflectir. Profesora: Rosa María Cid Galante

6

3. Deben estar encabezados por un título que indique claramente cal é o fenómeno que se representa. Xunto ao título escribirase a súa referencia cronolóxica e a fonte de onde se obtiveron os datos. 4. Hai que seleccionar distintas cores para diferenciar claramente o que se quere representar e facilitar a súa visualización. 5. Finalmente é preciso elixir o gráfico máis adecuado aos datos que queremos representar. Utilízanse principalmente os seguintes tipos de gráficos Gráfico lineal Xeneralmente representa a evolución dun ou varios fenómenos nun período de tempo. O valor represéntase mediante unha liña. Permite establecer comparacións entre diferentes feitos xeográficos. Gráfico de barras Representa un fenómeno mediante barras cunha altura proporcional. Estas poden ser horizontais, verticais ou compostas. Utilízase para representar a evolución dun mesmo feito en distintos espazos ou para representar a súa evolución. Gráfico de sectores Utilízanse para representar datos que forman parte dun conxunto, dun mesmo aspecto xeográfico. A representación mediante sectores ofrécenos o valor cuantitativo que cada datos ten dentro do conxunto. É moi adecuado para establecer comparacións.

Comentario de Gráficos: Comentar un gráfico consiste en saber ler e interpretar a información que proporciona.

1. PRESENTACIÓN: Empezarase identificando o tipo de gráfico e o fenómeno ou fenómenos xeográficos ao que se refire, o espazo xeográfico ao que corresponde e a cronoloxía. Non esquecer que cada tipo de gráfico representan os feitos de xeito distinto segundo os obxectivos e aspectos que se pretendan analizar. 2. ANÁLISE. A análise debe seguir as seguintes pautas 1- Definir os fenómenos xeográficos representados 2. Indicar a tendencia xeral de cada fenómeno ( aumento ou diminución) ou ben identificar diferentes partes cando se observan variacións. 3. Se o gráfico representa a evolución de varios fenómenos hai que establecer comparacións entre eles. 3. COMENTARIO: O comentario consiste en determinar, coa maior precisión posible, as causas e consecuencias que determinan a evolución dos datos representados, tendo en conta os seguintes apartados: 1. Comezar cos valores iniciais. Onde se reflicte a situación de orixe. 2. Se hai oscilacións, identificalas cronolóxica ou espacial mente, explicando as causas das mesmas. 3. Cando os datos son comparativos hai que facer referencia ás dúas ou máis situacións que se reflicten. Profesora: Rosa María Cid Galante

7

4. A comparación pode facerse ou ben sobre todo o período ou ben sobre cada unha das partes establecidas. 5.. Terminarase o comentario, explicando as causas e consecuencias dos valores finais. 4. CONCLUSIÓNS: Finalizarase o comentario coa idea ou ideas básicas que resultaron da interpretación así como indicando a previsible tendencia no futuro.

COMENTARIO DE DATOS ESTATÍSTICOS: TABOAS Elaboración dunha táboa estatística.: As táboas estatísticas presentan os datos ordenados dun xeito cuantitativa, por medio de porcentaxes ou ben mediante cifras absolutas. A información pode referirse a un só aspecto ou ben a varios aspectos pero que están relacionados. Tamén poden presentarse a cuantificación dun mesmo datos referido a diferentes espazos co obxectivo de establecer comparacións. Generalmente as táboas estatísticas contan cos seguintes elementos: 1. O título, que informa sobre o contido da táboa, o tempo e o lugar ou lugares considerados. 2. Varias columnas que posúen un encabezamiento que indica o contido de cada unha delas. 3. Os valores referidos ao aspecto estudado na táboa, que poden ser absolutos( miles, millóns) ou relativos ( %) 4. A fonte, que indica a procedencia dos datos que contén a táboa. Convén sinalar a data da bibliografía utilizada ou a do ano en que se tomaron os datos. PRODUCIÓN DE ENERXÍAS RENOVABLES ( en % ) Variación Enerxía

1988

1992 1998-1992

Solar

0,12

0,50

302

Eólica

0.01

0,08

419

Biomasa

0.56

0,63

191

Minihidráulica

0.16

0,39

144

Madioambiental

0.01

0,02

100

Xeotérmica

0.04

0,10

165

Total

0.91

2,72

220

Fonte:: Méndez, M., y Molinero, F: Geografía de España ESPERANZA DE VIDA AO NACER ( 1900-2010) ANOS

TOTAL

MULLER

HOME

1900

34.8

35,7

33,8

1950

62.1

64,3

59,8

1960

69.8

72,2

64,5

1970

72,4

75,1

69,6

1980

75,6

78,6

72,5

1990

76,5

79,3

73,6

2000

78,7

82,5

75,4

2010

80

84,3

76,6

Fonte:: INE

Comentario de estatísticas:

Profesora: Rosa María Cid Galante

8

Comentar unha estatística consiste en saber ler e interpretar a información que proporciona. Ao ser datos cuantitativos é imprescindibles ter coñecementos de operacións matemáticas e saber obter a media dos datos ( para ofrecela en determinados casos)

1. PRESENTACIÓN: Empezarase identificando o tipo de fonte xeográfica ( táboa estatística) e os datos que ofrece ( o título da táboa), o espazo xeográfico ao que corresponde, a cronoloxía, e a forma na que se ofrecen os datos ( valores absolutos ou relativos) 2. ANÁLISE. A análise debe seguir as seguintes pautas: 1- Definir o fenómeno xeográfico representa 2. Indicar a tendencia xeral de cada fenómeno ( aumento ou diminución) ou ben identificar diferentes partes cando se observan variacións. Neste último caso é necesario dividir a serie en partes. 3. Se a estatística presenta a evolución de varios fenómenos hai que establecer comparacións entre eles. 3. COMENTARIO: O comentario consiste en determinar, coa maior precisión posible, as causas e consecuencias que determinan a evolución dos datos representados, tendo en conta os seguintes apartados: 1. Comezar cos valores iniciais. Onde se reflicte a situación de orixe. 2. Se hai oscilacións, identificalas cronolóxica ou espacial mente, explicando as causas das mesmas. 3. Cando os datos son comparativos hai que facer referencia ás dúas ou máis situacións que se reflicten. 4. A comparación pode facerse ou ben sobre todo o período ou ben sobre cada unha das partes 5. Terminarase o comentario explicando as causas e consecuencias dos valores finais. 4. CONCLUSIÓNS: Finalizarase o comentario coa idea ou ideas básicas que resultaron da interpretación así como indicando a previsible tendencia no futuro.

COMENTARIO DE IMAXES DE XEOGRAFÍA



INTERPRETACIÓN

Debemos observar de forma atenta os elementos máis relevantes da imaxe e distinguir se é un espazo natural ou humanizado; neste último caso, indicaremos se é unha paisaxe agraria ou rural, urbana, industrial ou de servizos.



ANÁLISES DOS ELEMENTOS

Consiste en enumerar e describir os elementos visibles na imaxe, para o cal debemos diferencialos uns de outros distinguindo, por exemplo, entre os elementos físicos (relevos, solos, vexetación, cursos de auga) e os elementos humanos (núcleos de poboación, edificacións, usos do solo, infraestruturas, etc.).



COMENTARIO DA IMAXE:

Trátase de aplicar sobre os elementos da imaxe os coñecementos que temos deles. Debemos, en definitiva, destacar as súas características principais e a relación entre os seus elementos, expoñer a súa evolución, as súas transformacións e as causas destas, avaliar a acción humana sobre a paisaxe e tirar conclusións: -Se se trata dun espazo natural, debemos deducir o medio climático que representa e explicar as súas características, e a vexetación que se dá nel. -Se é unha paisaxe humanizada, debemos comentar as condicións económicas do espazo representado, valorar o impacto das actividades humanas e expresar razoadamente a nosa opinión para conservalo ou reconstruílo.

COMENTARIO DE TEXTOS XEOGRÁFICOS

Os tipos de textos xeográficos:

Profesora: Rosa María Cid Galante

9

• •

Segundo a súa natureza, o texto pode ser de carácter científico, periodístico, un ensaio, un informe, etc. Segundo a súa temática, os textos xeográficos poden clasificarse en textos de xeografía física e textos de xeografía humana: o Textos de xeografía física: máis frecuentes tratan de xeomorfoloxía, climatoloxía, hidrografía, bioxeografía ou edafoloxía. o Os textos de xeografía humana comprenden temas moi diversos como a poboación, o poboamento, as actividades económicas, a xeopolítica, os desequilibrios espaciais, a ordenación do territorio, etc.

COMENTARIO DE TEXTOS XEOGRÁFICOS: Deben seguir estes pasos:







Preparación do comentario: o Informarse previamente sobre o tema xeográfico que trata o texto. o Lectura comprensiva do texto e a procura nun dicionario do significado das palabras que se descoñezan. o Subliñado das ideas principais e secundarias, así como dos termos xeográficos que aparezan. o Elaboración dun esquema que inclúa as ideas principais e relacione cada unha delas coas ideas secundarias. Para iso, segundo os casos, pode seguirse a mesma orde en que aparecen as ideas no texto, ou poden agruparse por temas. Interpretación do texto: o Tipo de texto: segundo a súa natureza e temática o Autor, título, data do texto o Espazo xeográfico ao que se refire e cronoloxía da información, se consta no texto. Comentario do texto: o Aclaración de termos xeográficos do texto subliñados na fase de preparación. o Realización dun resumo introdutorio que inclúa o tema do texto e as ideas principais e secundarias que trata, tomando como base o esquema que realizamos na fase de preparación. o Explicación de cada grupo de ideas do esquema, que se poñerán en relación cos coñecementos que se teñen sobre o tema. Poden mencionarse causas, consecuencias, etc.

Profesora: Rosa María Cid Galante

10

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: unidades do relevo reflectidas (podes ir por tramos) e expoñer toda información que se saiba. 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, asentamento humano, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante

11

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidosTemperaturas, precipitacións, oscilación térmica, aridez, etc...Hidrografía, vexetación. 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, vexetación, influxo na agricultura, asentamento humano, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante

12

Profesora: Rosa María Cid Galante

13

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: altas presións, baixas presións, frontes, ventos, isobaras, isotermas, ventos. 3.-Conclusión : tempo que vai a haber na península.

Profesora: Rosa María Cid Galante

14

Profesora: Rosa María Cid Galante

15

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (mapa e tipo de mapa, gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: Precipitacións en España e tipos de precipitacións e forma desta, distribución irregular dos recursos hídricos en función da climatoloxía. 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, vexetación, asentamento humano, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante

16

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: réximes fluviais, meses de altos e baixos caudais, determinar a tipoloxía de réxime e por que 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, asentamento humano, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante

17

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: os escalonamentos da vexetación na montaña 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, asentamento humano, aproveitamento económico, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante

18

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (mapa e tipoloxía de mapa, gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos e neste caso a vexetación e en concreto a localización do carballo na península: características da árbore, factores que inflúen no seu desenvolvemento, aproveitamento económico.... 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, asentamento humano, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante

19

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (mapa e tipo de mapa, gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: Recursos hídricos en España, balance, distribución, accións que se emprenderon para corrixir o desequilibrio hídrico. 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como tipoloxía de solo, influxo na agricultura, asentamento humano, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante

20

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (mapa e tipo de mapa, gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: a industria en España (ver libro) 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como asentamento humano,, renda per cápita, densidade de poboación, inmigración, etc...)

Profesora: Rosa María Cid Galante

21

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, tipo de gráfica, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos tipoloxía de empresas en España (ver libro) 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como características da industria en España, I+D, incentivos estatais e Plans de desenvolvemento...)

Profesora: Rosa María Cid Galante

22

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, tipo de gráfico, etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: Enerxía consumida en España. Definir enerxía, tipos de enerxía que consumimos en España, produción desta (ver libro) e consumo desta. 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como a dependencia exterior en materia enerxética, avances na investigación das enerxías renovables...

Profesora: Rosa María Cid Galante

23

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: redes de transporte que hai en España, definilas, explicar as características (ver libro) 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos densidade de poboación, núcleos neurálxicos industriais, etc.

Profesora: Rosa María Cid Galante

24

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: indicar como é a natalidade, a mortalidade, esperanza de vida, datas destacadas nos que hai aumento ou perda de poboación, forma da pirámide. 3.-Conclusión: consecuencias desta estrutura de poboación, inmigración, fecundidade....

Profesora: Rosa María Cid Galante

25

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (mapa e tipoloxía de mapa, gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: definición de cidade, xerarquía, metrópole, indicar a distribución da xerarquía...(ver libro) 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como industria, turismo, redes de transporte....)

Profesora: Rosa María Cid Galante

26

1.- Definir a tipoloxía da imaxe ou do documento: identifica-lo sistema de representación (gamas, lineal etc.), así como a información que contén e a súa estrutura (tipos de datos, escalas…), localizala no espazo e no tempo, fonte de información, data. 2.- Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflectidos: plano, tipo de planos, partes, edificación... 3.-Conclusión (pode relacionarse con aspectos diversos como relevo, hidrografía, vías de comunicación...

Profesora: Rosa María Cid Galante

27

Repite o mapa as veces que poidas

Repite o mapa as veces que poidas

Profesora: Rosa María Cid Galante

28

Related Documents

Comentarios
June 2020 22
Cadernos De Pesquisa
June 2020 5
Comentarios
June 2020 19
Comentarios
June 2020 12