1- Como e por que traballa un editor independente? 2- Poderías contarnos os teus proxectos actuais e futuros? 3- Como consegue un libro de artista, unha revista, ou calquera outro tipo de libro/publicación independente expresar o seu contido? 4- Inventaches/creaches algún modelo para abordar o tema da distribución? Cales son as túas influencias, se é que as hai? Hai algún tipo de símbolo ou imaxe xeral ou referencial que marque as túas decisións á hora de publicar? 5- Como consegue un editor independente manter a súa independencia, a súa autonomía e como consegue atopar a audiencia? 6- Que é unha gran audiencia para ti? 7- Como consegue unha iniciativa editorial a pequena escala asegurar a súa presenza continuada no actual contexto editorial? 8- Cres que as institucións, centros de arte, espazos públicos poden operar como distribuidores/provedores sustentables de comunicación e información libre, gratuíta? 9- Existe unha carencia de posición crítica actualmente? ENTRE/VISTA mesóstico das palabras ARTISTA – EDITOR – ARTE – LIBRO quizAis a túa pRegunta necesiTe sEr rEspondida inmeDiatamente: é Imposible que os arTistas innOvadores Rexeiten introduci-La Innovación nos seus liBros de aRte hOxe en día. a Arte está pResente en Todos os Elementos. Ler os propIos liBros fai saltaR una chispa que prende un incendiO: A continuación son os aRtistas e ediTores Innovadores oS que garanTen que sigA ardendo. Estes libros que eDitamos permIten que lles presTemos atenciOn dun modo máis Relaxado —eclipsAndo así outRas formas arTísticas—, como rEcipientes liberan as percepcións do lector. como artistA, editoR e poeTa, esta posIbilidade vén Sendo basTante seductorA, xA que ningunha outRa obra de arTe nos pErmite esta Liberdade (i)limItada para gozar liBremente do noso espíRito creativO. Ler lIbros é Básico na foRmalización do pensamentO: extEnsión De Ideas medianTe publicaciOns; presentaR mAteriais de lectuRa heTeroxéneos como Estrutura… e os/As lectoRes len persoalmenTe, Independentemente; inStalar libros en fonTes de coñecemento mAiores, como bibliotecAs. ao pasaR as páxinas riTmica-mEnte, quizais partindo dE aDiante e Indo cara aTrás, cOmo eles queiRan, os Lectores reInventan o seu liBro a paRtir do nosO. divulgAr os teus libRos sempre Trae bastantEs crebacabezas, Dado que Implica unha exTraña cOmbinación; son libRos, pero sAense dos foRmatos Típicos dE desEño Das
edIcións, dos xéneros esTablecidos Ou das técnicas naRrativas tradicionais. A veRdadeira incerTeza rEspecto aos libros xérase canDo se reflexIona sobre o seu esTatus cOmo elementos difeRenciados; os Libros dende un punto de vIsta Basicamente cRítico sOn considerAdos como algo categoRicamente diferenTe a outras formas artístIcas —materiaiS aparTheid, «intelectuAlmente lixeiros». tAmén os difeRenciamos, erroneamenTe, con detErminadas actitudes. é habituaL que moitos dos artIstas que puBlican libRos nOn son reAlmente aRtistas, desaforTunada-mEnte... poLo tanto o paradoxo que Implican os nosos liBros é o seguinte: poR que o vídeO, ou cAlquera outRo Tipo de sucEdáneo, se considEra apto para o comisariaDo, asImilable, menTres que Os libRos daLgún modo non funcIonan como «oBra de aRte» que poida ser exposta xuntO a outrAs foRmas arTísticas contEmporáneas? NormAlmente poRque Teñen moita versatIlidade. oS libros Teñen o don da versAtilidade. Alec Finlay Información sobre as publicacións: www.alecfinlay.com