1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
1. Introdución: dificultade terminolóxica A referencia ao tipo de palabras adoita realizarse mediante tres termos diferentes, algúns deles poden resultar ambiguos: partes da oración, categorías sintácticas ou gramaticais e clases de palabras son os máis usados. 1.1.
Partes da oración
Partes da oración ou partes do discurso é o termo tradicional na gramática clásica occidental pero, malia ser un termo claro, é pouco adecuado xa que: 1) Establécense uns tipos de palabras (artigo, substantivo, adxectivo, pronome, verbo, adverbio, preposición, conxunción e interxección) que responden a criterios heteroxéneos. 2) As partes da oración non se corresponden con esta clasificación, xa que non son unidades, senón funcións que mesmo poden estar desempeñadas por outras oracións. 1.2.
Categorías (sintácticas ou gramaticais)
1) Dicionário de termos linguísticos, 2, 1992, (segundo Crytal, A Dictionary of Linguistics and Phonetics, Oxford / New York, 1980) define categoría en diferentes sentidos: a) Sentido distribucional, é dicir, a categoría dependería das posición características das unidades (distribucionalismo americano). b) Clases en sentido sintáctico (nome, verbo, suxeito, sintagma), nas que se inclúen unidades pero tamén funcións. c) Propiedades definidoras das unidades (número, xénero, caso, tempo, etc.): neste sentido refírese aos morfemas flexionais. 2) Dubois e outros: Dicionário de linguística: a) Categoría como sinónimo de clase: os membros dunha categoría defínense polos ambientes sintácticos nos que poden figurar. b) Categoría no sentido de: Categorías sintácticas: non responden a criterios distribucionais, senón funcionais na frase1, pero inclúe entre os exemplos os sintagmas, que son unidades, non funcións. Isto débese a que parte da gramática xenerativa, que non traballa con funcións senón que llas asigna directamente ás unidades. Categorías gramaticais: aplicadas aos morfemas flexivos (coma na terceira acepción do Dicionário de termos linguísticos). En relación con isto está a oposición entre categorías gramaticais e categorías léxicas. Nos dous casos estamos perante categorías ou modos de significar, é dicir, tanto as unidades das categorías gramaticais coma as das léxicas teñen significado, só que nas primeiras exprésase mediante morfemas flexivos (xénero, número, tempo, caso, etc.) e nas segundas insírense as palabras léxicas (é o caso dos substantivos, adxectivos e adverbios). 1
Dubois emprega frase como sinónimo de oración. Outros autores empregan sintagma como sinónimo de frase, aínda que temos que ter en conta que hai sintagmas constituídos por unidades que non son frases. Morfoloxía galega 1 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
Como vimos, a etiqueta categoría (sintáctica ou gramatical) é empregada de xeito ambiguo: para referirse aos constituíntes sintácticos e ás unidades que os expresan. Por iso é preferible usar os termos función e unidade respectivamente. 1.3.
Clases de palabras
Clase é unha etiqueta máis xeral, así: 1) Categoría de xénero: ten repercusións semánticas (gato -a). 2) Clase de xénero: é un simple clasificador (parede, armario). Clases de palabras tampouco é sinónimo de categorías léxicas, xa que esta denominación refírese só ás unidades con significado léxico. Ademais, tamén se emprega noutras situacións e mantén o paralelismo coas denominacións de clases de frases e clases de oracións. 2. Criterios de clasificación e definición Os principais criterios de clasificación e definición son os morfolóxicos, os semánticos e os sintácticos.
abri
a
n
P T
MF
R
VT
MT
PN
abr
i
a
n
1) O criterio morfolóxico ten en conta só os morfemas flexivos (MF). 2) O criterio semántico só se fixa no tema (T). 3) O criterio sintáctico ten en conta a palabra na súa totalidade para analizar o seu funcionamento en relación con unidades superiores das que é constituínte. Estes criterios son empregados para: a) Definir cada clase de palabra (lingüística xeral). b) Describir as palabras de cada lingua concreta (lingüística descritiva). 2.1.
Criterio constitucional ou morfolóxico
1) Baséase na constitución morfolóxica da palabra, isto é, a existencia, tipo e características formais dos morfemas flexivos (obrigados e facultativos). Non permite definir clases xa que a mesma clase presenta características diferentes en linguas diferentes e dentro da mesma lingua (branco, fácil, 2
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
larafuzas), e mesmo hai clases diferentes que son morfoloxicamente iguais (adv., prep., e conx. en galego). 2) Con todo, pode ser útil para caracterizar algunhas clases nas linguas particulares. Así, en galego distinguimos: a) Palabras invariables: carecen de flexión obrigada (adv., prep., conx.). Non se poden diferenciar por criterios morfolóxicos, polo que son clases establecidas segundo outros criterios. Así, o parte dos adverbios poden ter os morfemas facultativos diminutivo e superlativo (amodiño, lonxísimo), mentres que as preposicións e conxuncións non. b) Palabras variables: con morfemas flexivos obrigados, nas que cómpre distinguir entre MF facultativos e obrigados (así no substantivo é obrigado o MF de xénero e número naqueles que o teñen, e facultativos os diminutivos e superlativos). Ademais, non tódalas palabras incluídas nunha mesma clase son iguais morfoloxicamente, así entre os substantivos hainos: 1. con MF de xénero e número (avó, avós, avoa, avoas); 2. con MF só de número (lei, leis); 3. invariables (nomes propios e outros coma luns) Cómpre precisar tamén que a etiqueta ADXECTIVO SUBSTANTIVADO non fai referencia a unha clase intermedia, senón á relación base – derivados, xa que unha palabra pertence sempre a unha ou outra clase. Esta etiqueta ten que ver cun dos procedementos da derivación, que se pode realizar mediante: a. Afixos. b. Transcategorización sen afixo específico, o que fai que en ocasións coincida a morfoloxía de palabras de clases diferentes, de aí a etiqueta adxectivo substantivado (que se refire, en realidade, a un substantivo). 3) En galego hai dous tipos de MF obrigados básicos: a) Verbais: verbo. b) Nominais: substantivo, adxectivo, artigo e pronome. O criterio morfolóxico non nos permite establecer as clases de palabras, xa que se poden dar situacións coma as seguintes: 1. Morfoloxías iguais en palabras de clases diferentes: subst. neno, adx. alto, part. perdido, pron. moito. 2. Nunha mesma clase hai palabras con flexións diferentes: variables e invariables (neno, Vigo) e variables con morfoloxías distintas (neno, toro). 3. As flexións características dunha clase non teñen porque darse en tódolos elementos da mesma: no verbo temos unidades modais (MMT PN) e amodais (infinitivo, xerundio e participio). -
MF
-
MF
obrigados ou constituíntes: teñen que ser adoptados polas palabras de discurso, o que implica que o tema está complementado polo significado dese MF. facultativos ou opcionais: poden presentarse ou non, e mesmo poden aparecer en palabras que non teñen morfemas obrigados coma os adverbios (amodiño, lonxísimo, comodisimamente, etc.)
3
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
4) Existe unha tradición moi antiga que inclúe o substantivo e o adxectivo dentro da clase nome, atendendo ao criterio morfolóxico por considerar que comparten flexión. Pero esta clasificación ten varias eivas: a) A flexión non é igual nos adxectivos e substantivos (lado, lento). b) A función dos mesmos MF non é igual en substantivos e adxectivos. Por exemplo, os MF de número indican singularidade ou pluralidade no substantivo, pero no adxectivo están rexidos polo substantivo co que concordan de xeito que teñen significado só con respecto a dito substantivo. c) Malia que se poida dar coincidencia formal, unha unidade só pode funcionar como substantivo ou como adxectivo, nunca as dúas cousas á vez. 2.2.
Criterio semántico
Este criterio tampouco permite definir clases de palabras, pero aínda así pode ser útil xa que existen trazos semánticos xerais que podemos vencellar a determinadas clases. 1) Significado e realidade: a) O criterio aristotélico (e escolástico) do significado asocia os modos de predicación cos modos de ser, é dicir, considera a gramática coma un reflexo da realidade: substantivo – substancias e obxectos adxectivo – calidades e propiedades verbo – accións e procesos preposición – relacións ...
Pero isto non é sempre así, xa que os procesos poden ser expresados mediante substantivos derivados de verbos (venda, saída), as calidades por substantivos derivados de adxectivos (dignidade), etc. Así, o importante é o modo de expresar o contido, xa que nas derivacións o significado léxico de base é o mesmo, pero exprésase de xeito diferente en cada unha das clases de palabras. b) Benveniste defende a postura contraria, isto é, que é a lingua a que imprime o modo de ver a realidade. O certo é que nin a lingua é un reflexo total da realidade, nin a visión da realidade está totalmente determinada pola lingua. 2) A tradición gramatical diferenza entre palabras plenas e palabras baleiras: -
Palabras plenas Son as que teñen significado léxico. O significado léxico exprésase sempre mediante lexemas (palabras léxicas). Dentro delas adoitan incluírse os substantivos, adxectivos, verbos e
-
4
Palabras baleiras Son as que teñen significado gramatical, polo que non podemos entender baleiro como sen significado xa que toda palabra está constituída polo menos por un morfema, que é a unidade mínima con significado. Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
-
-
adverbios. - O significado gramatical pode Son a primeira simbolización que expresarse mediante: cada lingua establece da realidade, 1. palabras gramaticais; con estruturacións propias vinculadas 2. morfemas de varios tipos das á realidade, pero non determinadas palabras léxicas; por ela (Coseriu). 3. construcións que expresan As relacións de transformación só se contidos diversos, desde a palabra poden dar entre elas (formación de ata a oración enteira2. substantivos a partir de verbos, etc.). - Dentro delas adoitan incluírse o Nestes casos o significado léxico artigo, pronome, preposición e mantense, só cambia de categoría, é conxunción. dicir, preséntasenos o mesmo significado con outra forma.
Esta división responde á diferenza existente entre: a) Constituíntes radicais da palabra, que poden ser léxicos (lexemas) ou gramaticais. b) Resto dos constituíntes, que son sempre gramaticais (flexionais ou afixos derivativos). Esta distinción correspóndese con: Palabras plenas Palabras léxicas Dicionario / lexicoloxía / semántica léxica Conxunto aberto de unidades Palabras fundamentais do discurso Clases maiores Palabras de baixa frecuencia de uso
Palabras baleiras Palabras gramaticais Gramática Paradigma pechado de unidades Palabras relacionais e complementais Clases menores Palabras de alta frecuencia de uso
Por outra banda, a etiqueta de categoría léxica pode ser empregada en dous sentidos: 1. En referencia aos lexemas, é dicir, aos morfemas con significado léxico. 2. En referencia a calquera tipo de palabras, léxicas ou non (gramática xenerativa). 3) Tendo en conta o anterior, concluímos que o importante para a clasificación de palabras non é o que signifiquen, senón como o significan, o que está ligado ás características sintáctico – semánticas de cada clase. a) O significado léxico maniféstase mediante un determinado significado categorial. Así, baixo adx. e baixo adv. teñen o mesmo significado léxico manifestado mediante categorías diferentes (adx. como complemento dun substantivo e adv. como complemento dun verbo). 2
Cómpre ter en conta que o sentido dun enunciado non ten porque depender só da lingua, xa que pode estar relacionado coas circunstancias comunicativas (pragmática). Neste senso cómpre distinguir entre referencia e significado, xa que un significado pode aludir a varios referentes e un referente estar aludido mediante significados diferentes. Morfoloxía galega 5 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
b) O significado categorial non é exclusivo do significado léxico xa que, por exemplo, hai verbos e adverbios (palabras léxicas) con significado categorial e gramatical, pero non léxico (estar, ir, aquí). 4) Autores coma Coseriu defenden que o significado léxico é sempre categorial e que, ademais, o significado categorial tamén pode existir respecto do gramatical cando as palabras de significado gramatical se comportan coma as de significado léxico. a) Isto acontecería só co artigo e co pronome, clases non léxicas que teñen un significado categorial e que poden funcionar como adxectivos ou como substantivos. Así, este pode ser un adxectivo determinativo ou un pronome, tendo significado categorial pero non léxico.
b) A eiva desta postura é que é unha clasificación funcional, non de clases de palabras (a clase de palabra pronome pode funcionar como adxectivo ou como substantivo).
Clases léxicas Clases non léxicas (gramaticais) Significado categorial Significado non categorial substantivo adxectivo verbo adverbio
2.3.
pronome (artigo)
preposición conxunción
Criterio sintáctico
1. Como vimos, os criterios morfolóxico e semántico poden ser útiles para a definición de clases de palabras, pero son insuficientes. O único criterio que nos permite definir clases de palabras é o funcional ou sintáctico. Para establecer as clases de palabras segundo este criterio temos que: a) Analizar as funcións existentes nas oracións e frases, é dicir, o papel de cada clase de palabra na constitución de unidades superiores e as súas características sintagmáticas. b) O xeito de expresar esas funcións. 2. Nas clases con significado categorial (léxico ou gramatical) hai que ter en onta tres aspectos: a) Función na unidade que constrúe e características da mesma (que adoita ser nuclear, pero non sempre). b) Combinatoria co resto de unidades que constitúen a unidade. É dicir, o contorno da unidade tamén caracteriza as diferentes clases de palabras. Exemplo: este pobre (pobre = subs.) vs. moi pobre (pobre = adx.). c) Función que desempeña a unidade constituída (frase ou oración), que non é unha característica da palabra en si, senón da frase. Así, a función de Sux ou OD é característica da frase nominal, non do substantivo; ao igual que
6
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
ser modificador directo dunha FN é unha función da FAdx, non do adxectivo3. Poden darse situacións coma as seguintes: Se as unidades teñen a mesma constitución funcional o contorno é insuficiente para definir a clase de palabra á que pertence o N, como acontece coa FAdx e a Fadv (Mod + N). Exemplo: en moi baixo o N pode ser un adxectivo ou un adverbio. Neste caso só podemos establecer a clase de palabra atendendo á función da unidade na que se integra (asento moi baixo = FAdx; fala moi baixo = FAdv). Unha mesma función pode ser expresada por máis dun tipo de frase, como é o caso do atributo. Nestes casos cómpre acudir ao contorno. Exemplo: son amigos, o N pode ser adxectivo ou substantivo dependendo do contorno (son moi amigos = adxectivo; son bos amigos = substantivo). Exemplo1: O xurado non lle deu o posto polo seu descoido na presentación do material Neste caso posto é substantivo porque: 1. Desempeña a función de N da FN. 2. Contorno: está dentro dunha FN xunto cun determinante, algo exclusivo da clase substantivo. 3. A unidade na que se inclúe ten a función de OD na unidade superior. No caso de descoido: 1. Función: N da FN. 2. Contorno: aparece un determinante. 3. Función da unidade: CC, pero esta non é unha función característica da FN, xa que tamén a pode desempeñar a FAdv, aínda que a FN adoita necesitar relacionantes. Exemplo2:
A. e R. son obreiros
A. e R. son igualables A. e R. son ricos
Estamos perante un substantivo, pero a función de núcleo na frase nominal e a función de atributo que ten dita frase non nos permiten definilo, senón que temos que recorrer ao seu contorno: admite determinantes (estes, uns, moitos) e cualificadores directos (obreiros bos), pero non outros coma adverbios (*son moi obreiros), que modifican a verbos e adxectivos. É un adxectivo que podemos definir pola función dentro da frase, a función da frase e o seu contorno: admite adverbios como modificadores (moi igualables). É un caso de ambigüidade, xa que podemos estar perante dúas palabras base diferentes: adxectivo ou substantivo.
Exemplo3: Estaba na casa antes das dez o núcleo da FAdv. é antes e non antes de, xa que pode aparecer só (estaba na casa antes) e ser modificado por outros adverbios (estaba na casa moito antes) ou ir precedido de preposicións, algo que non acontecería con locucións prepositivas como sería o caso de antes de (estaba na casa desde antes)
As unidades oración e frase, de nivel máis alto cá palabra, teñen constituíntes nucleares exclusivos e case únicos vinculados ás clases de palabras categoriais (verbo, substantivo, adxectivo, adverbio, pronome e artigo). 3
A atribución á palabra das funcións que en realidade desempeña a unidade que constitúe vén dada por non recoñecer a unidade frase. Con todo, ten certa xustificación xa que a función da frase está condicionada polo seu núcleo. Morfoloxía galega 7 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
2) As palabras sen significado categorial pero con significado gramatical relacional teñen a función de posibilitar ou participar na manifestación das funcións sintácticas coas unidades oración e frase. Son as preposicións e as conxuncións. a) Poden establecer relacións a dous niveis: 1. Coordinación: nivel de igualdade, é dicir, os dous termos teñen a mesma función. 2. Subordinación: relación heterofuncional de dependencia. Cómpre ter en conta que a subordinación é unha característica da relación, non da oración. b) Diferenza entre preposición e conxunción: 1. A preposición sinala sempre relacións de dependencia (de modificación). 2. A conxunción pode sinalar relacións de coordinación ou de subordinación. Cómpre ter en conta que, seguindo o exposto, non é posible establecer ningunha unidade frase preposicional (preposición + núcleo + modificador), pois sería tratar de diferente xeito a preposición e a conxunción, sendo as dúas unidades relacionais.
As funcións periféricas poden expresarse mediante diferentes unidades, pero non todas xa que adoitan vencellarse primariamente cunhas unidades e secundariamente con algunhas outras. Ademais, ao contrario das nucleares que carecen de relacionantes, as periféricas pódeno ter de xeito opcional, precisalo ou excluílo. O feito de que aparezan ou non os relacionantes está vinculado ao tipo de función (primaria se non aparecen, secundaria se aparecen). Por exemplo, a expresión do suxeito mediante unha oración precisa dunha conxunción (que viñeses resultou agradable); do mesmo xeito a expresión dun modificador mediante unha frase adxectiva non precisa de relacionante (persoa galega), pero si se se fai mediante unha frase nominal (persoa de Galiza).
1. Comenta as seguintes definicións, en particular en relación coas dadas no Dicionario de Dubois e outros:
CATEGORY: Any class of linguistic objects having properties in common. See especially sintactic category anda grammatical category. → Úsase categoría no sentido de clase, que pode ser establecida segundo criterios diferentes.
SINTACTIC CATEGORY: Any one of the various classes of object which may form part of the syntactic structure of a sentence. There are two main types: lexical categories (ordinary word – classes like noum, verb and adjective) and phrasal categories (larger units like noum phrases, verb phrases and prepositional phrases). Many theories of grammar also recognize certain intermediate categories, such as N-bar, and some theories treat sentence as a distinct syntactic category of its own type. 8
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
→ Faise referencia a características sintácticas, pero descríbense unidades. Isto ten a súa orixe nas consideracións do distribucionalismo americano e a gramática xenerativa, que identifican unidades e funcións. Porén, o certo é que non hai unha correlación directa entre elas. → Úsase categorías léxicas como sinónimo de clases de palabras desde esta perspectiva, pero non inclúe as de significado gramatical. → Con categorías intermedias refírese aos pronomes, que non teñen significado léxico, só categorial, pero poden funcionar como núcleos.
GRAMMATICAL CATEGORY: Any one of various categories which may be present in particular languages an which, when present, oblige all the word in a relevant class always to appear in one of two or more distinct grammatical forms, depending on the grammatical enviroment. For example, English has the category of number for noums, and so every noun must always appear in either a singular or a plural form; there is no possibility of avoiding the choice. Apart from number, common grammatical categories include aspect, gender, mood, person, tense and voice (sense 1), though others occurs in some languages. Of those just named, only person appear to be universally present in languages (Trask, R. L. (1997): A student’s Dictionary of Language and Linguistics, London, Arnold). → Preséntanse do punto de vista formal (flexións obrigadas). 2. J. C. Moreno Cabrera distingue entre “partes do discurso” e “partes da oración”. Comenta a caracterización das primeiras e o que di a propósito das segundas:
“Denominamos partes del discurso a quellas clases formales de elementos mínimo dotados de significado que comparten una serie de propiedades morfológicas, sintácticas y semánticas en que pueden agruparse los elementos léxicos de cualquier lengua natural” “Determinadas secuencias de partes del discurso – a veces solas y otras veces modificadas por otras partes del discurso – podrán aparecer como representantes de ciertas partes de la oración a las que se asignará una función sintáctica dependiendo de la posición estructural que ocupen en la jerarquía de las partes de la oración” (Curso universitario de lingüística general 1991, I, 384 e 386). → Partes do discurso: non debe confundirse con partes da oración, xa que con partes do discurso refírese ás palabras, mencionando os criterios para identificar as diferentes clases de palabras. Pero fala de elementos léxicos, polo que non sabemos se se refire só ás categorías léxicas ou tamén ás gramaticais. Ademais, debe referirse a elementos mínimos do punto de vista sintáctico, non morfolóxico. → Partes da oración: refírese ás funcións sintácticas, ás clases funcionais expresadas mediante unidades (partes do discurso, é dicir, palabras). Porén, os constituíntes funcionais da oración poden vir expresados por palabras, frases ou oracións. 3. A distinción entre palabras léxicas e gramaticais non é absoluta, e pode contemplarse outro tipo intermedio, como fan L. Tesnière e E. Coseriu. Analiza e compara as súas propostas:
a) L. Tesnière: 9
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
No seu capítulo dedicado ás “espèces des mots” (Élements de syntaxe structurale, 1959, 51 – 94), L. Tesnière distingue entre “mots pleins” e “mots vides”, as primeiras “chargés d’une fonction sémantique” (cheval) en tanto que as segundas son “simples outils grammaticaux” (le), o cal, para el, vén a coincidir coa diferenza entre “sémmantèmes” e morphèmes“ doutros autores e tamén coa diferenza, no plano funcional, entre “mots constituifs” e “subsidiaires”, segundo sexan capaces ou non de ser núcleo. O fr., gal., etc. “réunissent souvent dans le même mote des éléments pleins et des éléments vides”: son os “mots composites” (chevaux e mangèrent en Les chevaux mangèrent le foin). Ademais, L. Tesnière distingue dentro das palabras plenas entre as “palabras plenas particulières” (cheval) e as “palabras plenas xerais” (quelqu’un). As primeiras expresan á vez “idées particulières” (contido semántico) e as “catégories générales qui permettent de les saisir” (contido “catégorique”: substantivo en cheval, etc.). As segundas teñen contido “categórico”, pero non propiamente “semántico”. Son plenas, non baleiras, pola súa capacidade de funcionaren como núcleo (55 e ss.). → Distinción entre: Palabras plenas, con significado léxico (semantema = lexema), entre as que á vez distingue: - Palabras plenas particulares: con significado léxico e significado categorial. - Palabras plenas xerais: só teñen significado categorial Palabras baleiras, con significado gramatical. → O significado léxico maniféstase necesariamente mediante unha categoría sintáctica, pero hai palabras sen significado léxico que teñen significado categorial (pronomes).
b) E. Coseriu: E. Coseriu distingue tres clases de palabras en relación co siginificado: “1) palabras lexemáticas, que estructuran y representan la realidad extralingüística, como, por ejemplo, hombre, bosque, blanco, correr, etc.; 2) palabras categoremátricas (“pronombres”) que representan sólo la forma de estructuración de lo extralingüístico (que funcionan, por tanto, como sustantivos, adjetivos, etc.), pero que no representan ninguna materia extralingüística determinada, como, por ejemplo, yo, éste, aquí, ahora; 3) palabras morfemáticas (o “instrumentales”) que no funcionan de modo inmediato como configuradoras del “mundo”, sino sólo en relación con outras palabras, en la estructuración del hablar, como, por ejemplo, y, o, sobre, en, si, no, etc. Sólo las palabras lexemáticas pertenecen con pleno derecho al léxico y, en consecuencia, al objeto propio de la lexicología.” (Gramática, semántica, universales 1978, 133) → Palabras lexemáticas: as que nos permiten facer unha primeira representación da realidade extralingüística. É o mesmo concepto có de palabras baleiras particulares de Tesnière. → Palabras categoremáticas: refírense á forma de estruturación da realidade extralingüística, pero non a realidades concretas, como é o caso dos pronomes. Coincide entón coa definición de palabras plenas xerais de Tesnière (pronomes),
10
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
porén tamén inclúe adverbios (aquí, agora) xa que dentro da clase adverbio pode haber elementos sen significado léxico. É dicir, aínda que o significado léxico poida manifestarse na clase adverbio, non ten porque facelo en tódolos seus elementos. → Palabras morfemáticas: fai referencia aos relacionantes (preposicións e conxuncións), pero de novo inclúense adverbios (si, non), xa que certos adverbios poden carecer de significado léxico e tamén de significado categorial (funcionando, polo tanto, como morfemas).
2. Examina primeiro que criterios se empregan nas “definicións” de substantivo,
adxectivo, pronome, verbo, adverbio e preposición na Gramática galega (1986) de R. Álvarez e outros. A continuación fai un repasalo polo criterio morfolóxico aplicado ás palabras variables:
“Os sustantivos son palabras que denotan entidades, sexan estas seres vivimos, cousas inanimadas ou conceptos abstractos. Teñen marcas de xénero e número de seu e non condicionadas polas necesidades de concordancia dentro do enunciado. A súa función básica é a de seren núcleo da frase nominal” (53) Gramática galega
Criterio semántico
Criterio morfolóxico
Os sustantivos son palabras que denotan entidades, sexan estas seres vivimos, cousas inanimadas ou conceptos abstractos. Teñen marcas de xénero e número de seu e non condicionadas polas necesidades de concordancia dentro do enunciado.
Comentario
-
-
-
Criterio sintáctico
A súa función básica é a de seren núcleo da frase nominal.
Aparece en primeiro lugar, o que parece dar indicar unha certa xerarquización na que este criterio sería o máis importante. Porén, na definición de clases de palabras o criterio prioritario é o sintáctico, seguido do morfolóxico e, finalmente, o semántico. Denotan entidades en sentido amplo, o que tamén inclúe accións e calidades. Rexen concordancia, pero non sempre teñen porque manifestarse as marcas de xénero e de número (e non por iso deixan de rexer concordancia). As marcas ou morfemas de número son máis xerais, pero as de xénero son moito máis limitadas. Así, é posible a neutralización do número (víveres, miolos, cóxegas), pero no caso do xénero non podemos falar de neutralización, senón de restrición (Xan). A función de núcleo da FN tamén pode ser asumida por un pronome ou un artigo que asuma as características do substantivo. Polo que a definición debería ser completada: 1. É núcleo da FN. 2. A FN (que non o substantivo) pode desempeñar as funcións de Sux., CD, CI, CAx., CPvo., Atr. ou CPrep. 3. As características internas da FN (contorno) permiten a presenza de modificadores directos realizados mediante FAdx. (can pequeno) e de determinantes, unha función exclusiva da FN (o can pequeno).
“Os adxectivos son palabras que expresan cualidades atribuídas a obxectos denotados polos sustantivos. Formalmente non se distinguen dos sustantivos e coma eles admiten morfemas de xénero e número, mais coa diferencia de que os do adxectivo 11
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
están condicionados gramaticalmente. A súa función é secundaria, xa que, salvo en caso de sustantivación, unicamente poden ser adxacentes nunha frase nominal, na que é núcleo o sustantivo, ou núcleo do predicado nominal.” (69) Gramática galega Criterio semántico
Criterio morfolóxico
Criterio sintáctico
Os adxectivos son palabras que expresan cualidades atribuídas a obxectos denotados polos sustantivos. Formalmente non se distinguen dos sustantivos e coma eles admiten morfemas de xénero e número, mais coa diferencia de que os do adxectivo están condicionados gramaticalmente. A súa función é secundaria, xa que, salvo en caso de sustantivación, unicamente poden ser adxacentes nunha frase nominal, na que é núcleo o sustantivo, ou núcleo do predicado nominal.
Comentario
-
É unha caracterización aceptable, que mira en certo modo cara á sintáctica.
-
Admiten morfemas de xénero e número, pero tanto o xénero coma o número están rexidos polo substantivo. Por esta razón, ao igual ca no substantivo, o significado de número é máis xeral có de xénero.
-
A función de ser adxacente nunha frase nominal (Atr. Mod, CPvo.) non é do adxectivo, senón da FAdx. da que este é núcleo. Ademais, cumpriría dicir tamén que só admite unha FAdv. como modificador directo. A referencia á substantivación non é pertinente, xa que ante unha forma que funciona coma un substantivo non podemos dicir que estamos perante un adxectivo substantivado, senón perante un substantivo (aínda que derive dun adxectivo).
-
“Denomínase pronomes a distintos grupos de palabras caracterizadas por careceren dunha significación constante, concreta e determinada – no sentido en que a teñen sustantivos e adxectivos –, polo que non ‘nomean’ senón que ‘sinalan’. Cada un deses grupos de palabras constitúe un inventario fechado, organizado nun sistema. En canto á súa función, unhas formas poden ser núcleo e outras adxacentes na frase nominal.” (157) “O verbo caracterízase fundamentalmente frente ás outras clases de palabras pola súa capacidade para expresa-lo tempo e o modo da cláusula, ademais do número e persoa do suxeito. A súa función obrigatoria é a de núcleo da Frase Verbal.” (295) “O adverbio defínese como un vocábulo invariable en xénero e número que modifica un verbo (Comín moito), un adxectivo (Ese neno é ben guapo), outro adverbio (Está moi lonxe), e mesmo unha oración enteira (Simplemente, non quero ir). [...] En canto ao significado, os adverbios completan o sentido da unidade á que van subordinados, expresando unha circunstancia.” (421) “As preposicións son palabras que funcionan como elementos de enlace, poñendo en relación un ‘antecedente’ con outro elemento, sustantivo ou palabra ou grupo de palabras en función sustantiva, que se constitúe en complemento daquel. Tódalas preposicións son invariables en canto á forma.” (477) 12
Morfoloxía galega 2008/2009 USC
1. A palabra como constituínte sintáctico 1.2. Clases de palabras
13
Morfoloxía galega 2008/2009 USC